Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="http://assets.usc.gal/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Ámbito de coñecemento
Ciencias de la educación.
Centro(s)
Facultade de Ciencias da Educación
Rúa Prof. Vicente Fráiz Andón, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813717 (Conserxaría)
881813879 (Decanato)
educacion.decanato@usc.gal
Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte)
Avda. Xoan XXIII, 15782
Santiago de Compostela
881812016
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Zosimo Lopez Pena
Contacto
master.secundaria@usc.es

O máster ofrece a formación pedagóxica e didáctica esixida pola normativa vixente aos futuros profesores da Educación Secundaria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas e como requisito imprescindible para o ingreso nos Corpos de Profesores habilitados para a docencia nos mesmos. Este Máster impártese na Facultade de Ciencias da Educación (Rúa Prof. Vicente Fráiz Andón, s/n, Campus Sur).

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 4311008
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 40

    Decano/a ou director/a do centro:
    MARIA DEL MAR LORENZO MOLEDO

    Coordinador-a do título:
    Zosimo Lopez Pena
    master.secundaria@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    434/2009 do 3/12/2009 (DOG 15/12/2009)

    Data de publicación no BOE:
    11/07/2011

    Data da última acreditación:
    30/04/2015

    O obxectivo fundamental do Máster é ofrecer a formación pedagóxica e didáctica esixida pola normativa vixente aos futuros profesores da Educación Secundaria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas e como requisito imprescindible para o ingreso nos Corpos de Profesores habilitados para a docencia nos mesmos.

    Así, procura capacitar ao futuro profesorado para que poida ensinar os contidos da área de coñecemento na que se formou no grao, actuar profesionalmente como membro dun equipo docente participando no marco dunha comunidade educativa situada nun contexto sociocultural concreto e exercer de facilitador da aprendizaxe do alumno, chegando a ser plenamente competente nas funcións titoriais de orientación persoal, académica e profesional.

  • Créditos que deberá cursar o alumno para obter a titulación:

    Obrigatorios (módulo xenérico) 16
    Optativos (vínculados á especialidade) 26
    Prácticas Externas Obrigatorias 12
    Traballo Fin de Máster 6
    Total 60

    A estrutura do máster contempla as 6 especialidades seguintes:

    1. Especialidade de Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática
    a) Itinerario da especialidade docente en Ciencias Experimentais (campus de Santiago/Lugo)
    b) Itinerario da especialidade docente en Matemáticas (campus de Santiago)
    c) Itinerario da especialidade docente en Tecnoloxía e Informática (non ofertado)

    2. Especialidade de Ciencias Sociais e Humanidades
    a) Itinerario da especialidade docente en Ciencias Sociais, Xeografía e Historia (campus de Santiago)
    b) Itinerario da especialidade docente en Filosofía (campus de Santiago)

    3. Especialidade de Formación Profesional
    a) Itinerario da especialidade docente en Sector Servizos (campus de Santiago)
    b) Itinerario da especialidade docente en Sector Primario e Secundario (campus de Lugo)
    c) Itinerario da especialidade docente en Formación e Orientación Laboral (non ofertado)

    4. Especialidade de Linguas e Literaturas
    a) Itinerario da especialidade docente en Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá (campus de Santiago)
    b) Itinerario da especialidade docente en Linguas Estranxeiras (campus de Santiago/Lugo)
    c) Itinerario da especialidade docente en Cultura e Linguas Clásicas (campus de Santiago)

    5. Especialidade de Artes
    a) Itinerario da especialidade docente en Música (campus de Santiago)
    b) Itinerario da especialidade docente en Artes Plásticas e Visuais (campus de Santiago)

    6. Especialidade de Orientación educativa (campus de Santiago)

  • O máster ofrece a formación pedagóxica e didáctica esixida pola normativa vixente aos futuros profesores da Educación Secundaria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas e como requisito imprescindible para o ingreso nos Corpos de Profesores habilitados para a docencia nos mesmos. Este Máster impártese na Facultade de Ciencias da Educación. Avda de Xoán XXIII, s/n. Campus Norte.

  • O proceso de acceso e admisión, de acordo coa Orde ECI/3858/2007 que regula este Máster, realizarase por especialidades en función da titulación que se posúe . Os estudantes indicarán dentro da especialidade, de forma orientativa, o itinerario da súa preferencia. No caso da especialidade de Formación Profesional os itinerarios ofertados terán os mesmos efectos que as especialidades.
    Os estudantes que posúan unha titulación que lles dea acceso a máis dunha especialidade poderán solicitar varias especialidades indicando a orde de preferencia, que será vinculante para a asignación das prazas
    Establécense perfís de acceso segundo as especialidades do Máster. O seu carácter profesionalizador fai necesaria a correspondencia entre a titulación que lle dá acceso ao Máster e a especialidade elixida. Como criterio xeral considérase que os ou as aspirantes deberán cursar como mínimo 60 créditos ECTS de estudos superiores en materias relacionadas coa especialidade. A modo de orientación esta correspondencia entre algunhas das titulacións actuais e as especialidades do Máster establécensese na táboa seguinte. Esta relación non é exhaustiva nin vinculante e a Comisión Académica do Máster ou a instancia universitaria que corresponda decidirá en cada caso.
    Especialidade en Ciencias Experimentais, Matemáticas e Tecnoloxía e Informática
    a) Itinerario da especialidade docente en Ciencias Experimentais :
    Enxeñarías
    Licenciatura/Grao en Bioloxía
    Licenciatura/Grao en Biotecnoloxía
    Licenciatura/Grao en Ciencias Ambientais
    Grao en Ciencias Experimentais
    Grao en Ciencias Biomédicas
    Licenciatura/Grao en Ciencias do Mar
    Licenciatura/Grao en Farmacia
    Licenciatura/Grao en Física
    Grao en Nutrición Humana e Dietética
    Licenciatura/Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
    Licenciatura/Grao en Química
    Licenciatura/Grao en Veterinaria
    Licenciatura/Grao en Xeoloxía
    Grao en Nanociencia e Tecnoloxía pola UAB
    Grao en Xenética
    Arquitectura
    Arquitectura Técnica
    Diplomatura/Grao en Máquinas Navais
    Diplomatura/Grao en Navegación Marítima
    Enxeñarías Técnicas
    Licenciatura/Grao en Máquinas Navais
    Licenciatura/Grao en Matemáticas
    Licenciatura/Grao en Náutica e Transporte Marítimo

    b) Itinerario da especialidade docente en Matemáticas :
    Arquitectura
    Enxeñarías
    Licenciatura/Grao en Física
    Licenciatura/Grao en Matemáticas
    Grao en Nanociencia e Tecnoloxía pola UAB
    Grao en Xenética

    Os alumnos procedentes de países de lingua diferente ao galego, portugués ou español deberán acreditar o nivel de lingua galega: Celga II, ou española: B2, consonte o Acordo do Consello de Goberno da USC do 30 de xullo de 2018.

    De non posuíren algún dos títulos, a USC realizaralles unha proba de nivel e, de non superala, deberán asistir a un curso intensivo de galego ou español no primeiro semestre até acadaren o nivel requirido.

    Os alumnos/as deberán acreditar un nivel B1 de competencia lingüística nunha lingua estranxeira, de acordo co establecido no Marco Común Europeo de Referencia para as linguas segundo a recomendación Nº R (98) 6 do Comité de Ministros de Estados Membros, do 17 de outubro de 2000. Esta acreditación deberá realizarse de xeito previo ou simultáneo á formalización da matrícula.

  • Mobilidade

    Contémplase a posibilidade de mobilidade de estudantes, recibindo alumnado doutras universidades que estean realizando un máster semellante ou enviando estudantes a outras universidades. A este respecto, aplicarase a normativa da Universidade de Santiago de Compostela.
    A Universidade de Santiago de Compostela recolle nas súas Liñas estratéxicas o desenvolvemento dun plan de internacionalización para mellorar a súa posición como universidade de referencia no espazo universitario global aberto polas políticas europeas e as políticas internacionais. Neste ámbito, a Universidade de Santiago de Compostela mantén unha proposta decidida por reforzar as conexións e os
    programas de mobilidade e cooperación con outros sistemas universitarios, en especial na contorna europea e latinoamericano.
    Entre os obxectivos dos programas de mobilidade está o que os estudantes que se acollan a eles poidan beneficiarse da experiencia social e cultural, mellorar a súa curricula de cara á incorporación laboral, etc. Ademais, a participación dos alumnos nestes programas fortalece a capacidade de comunicación, cooperación, adaptación e comprensión doutras culturas.
    A Universidade de Santiago de Compostela ten centralizada a xestión dos programas de intercambio e mobilidade na Oficina de Relacións Exteriores (ORE). Esta Oficina ten como misión dar resposta ás necesidades de estudantes, profesores e PAS no ámbito da mobilidade nacional e internacional. Nesta Oficina hai unha unidade de apoio, a Unidade de Convenios, que ten como finalidade a tramitación, rexistro e seguimiento dos convenios de cooperación no ámbito académico e cultural.
    Con obxecto de coordinar a acción de todos os axentes que participan nos programas de mobilidade a USC aprobou Reglamento da Universidade de Santiago de Compostela sobre os Intercambios Universitarios de Estudantes mediante o cal se ofrece unha información precisa aos estudantes e aos profesores que participan nos programas, e ademais facilítase e ordena o control do procedemento administrativo que mellora toda a xestión destes programas.
    Ademais dos responsables dos servizos centralizados mencionados arriba, o Máster contará coa colaboración de varios profesores que actuarán como coordinadores académicos cuxa función será autorizar e asistir nas súas decisións académicas aos estudantes propios e de acolleita.
    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
    Portal Internacional

    Prácticas

    De acordo coa Orde ECI/3858/2007, o Practicum realizarase en colaboración coas institucións educativas da Comunidade Autónoma de Galicia establecida mediante Convenio da Administración Educativa da Comunidade Autónoma e a Universidade de Santiago de Compostela. A Administración Educativa da Comunidade Autónoma fixará así mesmo as condicións para acceder ao status de centro e titor de prácticas.
    O obxectivo final do módulo de Practicum é posibilitar tómaa de contacto directa coa organización e realidade dos centros de educación secundaria e a súa comunidade educativa, e co traballo docente nos diversos niveis en que se concreta (ISO, Bacharelato, FP). A simultaneidade entre teoría e práctica facilitará
    a adquisición das competencias persoais e profesionais que require a función docente, ao posibilitar a integración e contraste de saberes, e o adestramento nas habilidades e destrezas requiridas na profesión.
    Constituiranse comisións para o deseño, seguimento e evolución do Practicum, nas que participarán tanto profesorado universitario que imparte docencia no máster e supervisa as prácticas e profesorado dos centros que exerce a función de titor de alumnado en prácticas ou de dirección nos centros.
    O seguimento do Prácticum será compartido polo profesor titor (do centro educativo) e o profesor supervisor (universitario). En Plan de Prácticas establecerá as funcións de cada un.
    A supervisión do Practicum e a Orientación do Traballo Fin de Máster, de entrada, poderá facelas calquera profesor dos módulos xenérico ou específico. A comisión académica marcará as directrices para este encargo.
    Redactarase un plan de prácticas, no que se establecerán os procedementos: asignación de prazas e titores, preparación, desenvolvemento e avaliación. A USC asinará un convenio coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia que dará cobertura á realización dunhas Prácticas de calidade.
    Definiuse o proceso de Xestión das prácticas externas que ten por obxecto establecer como se organizan e xestionan as prácticas dos estudantes en empresas e institucións de forma que se garanta a calidade, o recoñecemento académico e o aproveitamento máis adecuado das mesmas por parte dos/as estudantes da USC. Estas prácticas están orientadas a completar a formación dos alumnos e titulados universitarios así como facilitar o seu acceso ao mundo profesional.
    Co obxectivo de comprobar o correcto desenvolvemento das prácticas por parte das entidades colaboradoras e do propio alumnado así como para detectar situacións irregulares e carencias do proceso, decidíronse implantar os seguintes mecanismos de control, sen prexuízo doutros que puidesen engadirse:
    - Orientación ao estudante a través do coordinador de prácticas.
    - Medición da satisfacción dos estudantes e empresas a través de enquisas.
    - Xestión de queixas e reclamacións a través do centro e da Oficina de Análise das Reclamacións
    - Memoria do proceso e Plan de mellora anual.

  • O traballo de Fin de Máster terá unha carga de 6 créditos. Para iniciar o Traballo de Fin de Máster será necesario superar todas as maaterias do primeiro cuadrimestre. No momento da presentación do traballo o alumno deberá ter superado todos os demais créditos necesarios para o título e poderá ser presentado en ambos cuadrimestres.
    O Traballo Fin de Máster presentarase de ordinario ao final do segundo cuadrimestre, unha vez superados todos os demais créditos. Despois do primeiro ano de impartición tamén se ofrecerá ao alumnado que cumpra os requisitos a posibilidade de examinarse do Traballo Fin de Máster ao finalizar o primeiro cuadrimestre, co obxecto de que non teña necesidade de esperar ao final do curso académico para completar os estudos deste máster.
    As condicións de organización, realización, presentación, titorización e avaliación dos Traballos de Fin de Máster serán obxecto dun Regulamento do Traballo de Fin de Máster.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.05.2023.