Programa Vírate: Intervención dirgida a menores que agreden sexualmente.
Autoría
S.A.R.
Grao en Criminoloxía
S.A.R.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
30.06.2025 11:30
30.06.2025 11:30
Resumo
Este Trabajo de Fin de Grado presenta el diseño de un programa de intervención criminológica dirigido a menores que cumplen una medida judicial por la comisión de los delitos contra la libertad sexual, comprendidos en el Título VIII del Código Penal (1995). La propuesta surge ante la baja probabilidad de encontrar, en la comunidad gallega, intervenciones específicas para esta tipología delictiva. El proyecto ha sido diseñado para que resulte su aplicación en esta comunidad, con el objetivo principal es reducir el riesgo de reincidencia a través de la intervención sobre los factores de riesgo dinámicos identificados por la criminología como precipitantes de la conducta delictiva. Así, desde un enfoque multisistémico, basado principalmente en el modelo cognitivo-conductual, se abordan aspectos tales como: el reconocimiento de la problemática, la sexualidad saludable, la autoestima, la empatía con la víctima, la autorregulación emocional y la detección de aspiraciones personales y sociales. El programa se estructura en siete módulos, con actividades semanales que combinan dinámicas teórico-prácticas grupales con un trabajo personal del menor. Para evidenciar la efectividad de este programa, se propone una evaluación intergrupos utilizando una versión adaptada del Protocolo para la Evaluación de Delincuentes Sexuales Juveniles II (J-SOAP-II), proponiendo un grupo experimental y un grupo control, con el objetivo de obtener resultados comparativos que demuestren la validez de esta intervención. En definitiva se espera que, tras la aplicación, el grupo experimental muestre una disminución significativa en factores de riesgo vinculados a la conducta sexual ilícita.

Dirección
PICON PRADO, EDUARDO (Titoría)
PICON PRADO, EDUARDO (Titoría)
Tribunal
PICON PRADO, EDUARDO (Titor do alumno)
PICON PRADO, EDUARDO (Titor do alumno)
A retórica no ordenamento xurídico contemporáneo
Autoría
G.A.A.
Grao en Dereito
G.A.A.
Grao en Dereito
Data da defensa
20.02.2025 11:00
20.02.2025 11:00
Resumo
A retórica é un arte que se practica dende o inicio dos tempos do ser humano racional. Este arte na actualidade moi pouco estudiado é unha gran ferramenta de poder para os operadores xurídicos contemporáneos. Dentro deste traballo trátase de entender a importancia da aplicación que ten a retórica sobre os operadores xurídicos. Para chegar ao fin desexado é importante coñecer os fundamentos do tema, xa que a retórica vai estreitamente ligada á argumentación xurídica e unha precisa da outra para complementarse e chegar ao fin que se persegue, que sempre ten que ser a xusticia. Esta arma de poder chamada retórica é tratada dende a antigua Grecia por grandes filósofos como Platón, Aristóteles, Cicerón, entre outros. Pero aínda no século XX, segue sendo un tema estudiado por filósofos como Charles Perelman, Robert Alexy. Na actualidade a filosofía do dereito dentro das facultades de dereito cada vez ten menos presencia. A argumentación xurídica e a retórica que son artes que se practican dende fai moito tempo, pero na actualidade están perdendo forzas debido a que non se fomenta o seu estudio dentro das aulas das universidades, cando en realidade estas dúas señoras cando se unen teñen un poder de convición moi alto, algúns chámano manipulación psicolóxica, pero outros o entendemos como a condución da alma cara a xusticia. Como todo neste mundo, temos unha vertente positiva da retórica que é a xa mencionada, aquela que ten como objexectivo final a búsqueda da verdade e a aplicación da xusticia, pero tamén ten a súa parte negativa, xa que, qué pasa si alguén a usa para facer o mal? Por iso é de suma importancia saber identificar con qué intención se está a aplicar este arte

OTERO PARGA, MILAGROS MARIA (Titoría)
OTERO PARGA, MILAGROS MARIA (Titoría)
Tribunal
OTERO PARGA, MILAGROS MARIA (Titor do alumno)

A aportación de proba obtida por particulares no proceso penal
Autoría
N.A.P.
Grao en Dereito
N.A.P.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 13:15
26.06.2025 13:15
Resumo
O obxectivo deste traballo limítase a unha análise das probas que os particulares poden achegar nos procesos penais. En primeiro lugar, e para orientar o lector, ofrécese un breve esbozo dos principios reitores neste ámbito. Baixo estas premisas, preséntanse os conceptos teóricos necesarios en materia de ilegalidade e regra de exclusión. Para axudar a crear unha comprensión completa da situación, estudamos os efectos deste fenómeno e, en particular, o risco ao que se expón os dereitos e liberdades fundamentais tanto das partes como de terceiros. A partir desta base de coñecemento, procedemos a examinar a diversa xurisprudencia que chegou aos nosos tribunais: desde as sentenzas pioneiras, o coñecido caso Falciani, e ata a actualidade. Observamos os requisitos esixidos polos tribunais para a admisibilidade destas probas nos procesos penais. Finalmente, recollemos as consecuencias derivadas dos cambios na dirección xurisprudencial ante a ausencia dunha declaración normativa eficiente e sólida.

RODRIGUEZ ALVAREZ, ANA (Titoría)
RODRIGUEZ ALVAREZ, ANA (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ ALVAREZ, ANA (Titor do alumno)

Contratos internacionais. Límites ó exercicio da autonomía da vontade do art. 3 do Regulamento Roma I: contratos domésticos e intra-UE (arts. 3.3 e 3.4 Roma I).
Autoría
P.A.S.
Grao en Dereito
P.A.S.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 12:00
26.06.2025 12:00
Resumo
Este traballo ten por obxecto a análise do alcance da autonomía da vontade no contexto da elección do Dereito aplicable nas obrigas contractuais internacionais desde a óptica dos artigos 3.3 e 3.4 do Regulamento Roma I. Para iso, estúdase, por unha banda, o ámbito de aplicación do artigo 3.3, facendo especial fincapé en expor cando nos atopamos ante unha situación interna e cando ante unha situación internacional, onde cobra especial importancia o estudo da recente Sentenza do TXUE Inkreal. Así mesmo, trátase de expor o efecto que xorde da elección de lei en supostos conflitivos como a remisión a corpos normativos non estatais, a denominada lex mercatoria e o papel que xogará a autonomía material nesa elección. Así mesmo, incidirase igualmente en coñecer o ámbito de aplicación do artigo 3.4, os Estados que poden ser considerados Estados membros e a natureza das normas de Dereito comunitario que efectivamente teñan carácter de disposicións imperativas; tendo presente o problema que implica que a aplicación esixida polo artigo sexa a da lex fori, e a relación espacial con outras normas incluídas en instrumentos normativos comunitarios. Unha vez delimitado este ámbito de aplicación e a natureza das normas dos devanditos artigos, estudarase a relación das disposicións imperativas internas coas leis de policía recollidas no artigo 9 do Regulamento Roma I.

MASEDA RODRÍGUEZ, JAVIER (Titoría)
MASEDA RODRÍGUEZ, JAVIER (Titoría)
Tribunal
MASEDA RODRÍGUEZ, JAVIER (Titor do alumno)

Os contratos formativos
Autoría
D.A.S.
Grao en Dereito
D.A.S.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 11:00
26.06.2025 11:00
Resumo
No presente traballo analízase a evolución e regulación dos contratos formativos en España, destacando o seu papel na inserción laboral e na cualificación profesional da mocidade. O Real Decreto-lei 32/2021 introduciu modificacións clase na sua regulación, establecendo o contrato formativo con días modalidades: formación en alternancia e obtención da práctica profesional adecuada ao nivel de estudos. Historicamente, os contratos formativos foron evolucionando para adaptarse ás necesidades do mercado laboral e do sistema educativo. Anteriormente coexistían distintas figuras, como o contrato en prácticas e o contrato de formación e aprendizaxe, o que xeraba certa confusión e segmentación. A reforma buscou simplificar o marco legal e mellorar a integración da formación coa experiencia laboral. A repercusión desta reforma localízase na necesidade de reducir a temporalidade e mellorar a empregabilidade xuvenil. Establecéronse novas condicións para garantir o cumprimento do obxectivo formativo destes contratos, evitando o seu uso fraudulento como man de obra barata sen formación real. Ademais, a reforma facilita unha maior coordinación entre empresas e entidades educativas para mellorar a calidade da formación recibida. A nova regulación presenta avances en termos de protección e dereitos das persoas traballadoras en formación, pero tamén fai referencia á carga administrativa que supón para as empresas e á necesidade dunha supervisión efectiva para previr abusos. Polo tanto, o éxito destes contratos dependerá da súa correcta implementación e da capacidade das institucións para fomentar o seu uso axeitado, asegurando que realmente contribúan á cualificación profesional e á estabilidade laboral da mocidade traballadora en España.

FERNANDEZ MARTINEZ, SILVIA (Titoría)
FERNANDEZ MARTINEZ, SILVIA (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ MARTINEZ, SILVIA (Titor do alumno)

O delito de asasinato: o asasinato hiperagravado do artigo 140.1 CP.
Autoría
H.A.Y.
Grao en Dereito
H.A.Y.
Grao en Dereito
Data da defensa
30.06.2025 12:00
30.06.2025 12:00
Resumo
O asasinato é o máis grave dos delitos contra a vida recollidos no Código penal. Malia atoparse dende antigo castigado coas penas máis severas, no ano 2015 o lexislador introduciu, a través do artigo 140.1 CP, un tipo hiperagravado por tres circunstancias que determinan a imposición da prisión permanente revisable, sobre as cales recaerá o obxecto principal desta análise. Para iso, é necesario partir do estudo dos elementos constitutivos do asasinato, xa que, como se expoñerá máis adiante, están estreitamente relacionados con moitos dos problemas que plantea a aplicación do artigo 140.1 CP. Asemade, analizaranse brevemente os demáis aspectos comúns do tipo básico, así como o tipo agravado. A continuación, abordaranse os problemas máis recurrentes relativos á aplicación e interpretación das circunstancias do artigo 140.1 CP, particularmente en relación coa súa proclividade á vulneración do principio non bis in idem, atendendo ás solucións, xeralmente carentes de consenso, achegadas pola xurisprudencia e a doutrina. Ademais, a través deste estudo individualizado das diferentes circunstancias, reflectiranse as principais e numerosas críticas postas de relieve por diversos autores en relación coa súa introdución no texto punitivo. Finalmente, exporanse os problemas de constitucionalidade que parecen rodear a prisión permanente revisable, así como as críticas (novamente numerosas) das que foi obxecto.

BRAGE CENDAN, SANTIAGO BERNARDO (Titoría)
BRAGE CENDAN, SANTIAGO BERNARDO (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ-PORTOMEÑE SEIJAS, FERNANDO ANTONIO (Presidente/a)
Valeije Álvarez, María Inmaculada (Secretario/a)
GUINARTE CABADA, GUMERSINDO (Vogal)

A Administración Exterior
Autoría
L.A.D.
Grao en Dereito
L.A.D.
Grao en Dereito
Data da defensa
27.06.2025 11:00
27.06.2025 11:00
Resumo
No marco da Constitución Española, as relacións internacionais son competencia exclusiva do Estado. O Goberno dirixe a Política exterior, o que fai do seu presidente unha figura clave. Cabe destacar a importancia formal do Rei, ao que se lle atribúe un papel de representación. Ao poder lexislativo correspóndelle autorizar algúns tratados e ser informado do resto, mentres que outros tratados, que implican a cesión do exercicio de competencias derivadas da Constitución, requiren dunha lei orgánica. A política exterior divídese en varias etapas: elaboración, execución e control. O modelo de control lexislativo difire en distintos países. Con todo, é importante considerar que a política exterior das moitas autocracias que existen no mundo non pode ser analizada nos mesmos termos, considerando o funcionamento da Administración dos réximes totalitarios e o marcado personalismo na toma de decisións noutros casos. Tamén cobra relevancia a interacción entre a política interior e a política exterior. O principio de unidade de acción no exterior é importante para asegurar a boa coordinación. A nivel práctico, isto implica que os distintos departamentos non actúen de forma totalmente independente. A acción exterior das Comunidades Autónomas está prevista en varios estatutos de autonomía. O Tribunal Constitucional pronunciouse sobre o caso de Cataluña: as Comunidades poden levar a cabo actividades fóra de España no exercicio das súas competencias, pero non poden manter as relacións entre suxeitos internacionais propias do dereito internacional. No relativo á Política Exterior e de Seguridade Común é necesario destacar o labor do Alto Representante e do presidente do Consello Europeo. Aínda que a política exterior é competencia dos Estados membros, estes deben ser leais, o que implica non actuar contra os intereses da Unión Europea.

VILLANUEVA TURNES, ALEJANDRO (Titoría)
VILLANUEVA TURNES, ALEJANDRO (Titoría)
Tribunal
VILLANUEVA TURNES, ALEJANDRO (Titor do alumno)

Análise xurídica da resposta institucional á violencia de xénero: especial referencia á Lei Orgánica 1/2004.
Autoría
E.B.L.
Grao en Dereito
E.B.L.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 17:30
26.06.2025 17:30
Resumo
A violencia de xénero é unha manifestación de desigualdade estrutural entre homes e mulleres que se exerce no ámbito das relacións afectivas, onde a muller é sempre o suxeito pasivo e o home o suxeito activo. Esta forma de violencia, que durante moito tempo permaneceu oculta e normalizada, xerou unha crecente preocupación e rexeitamento social que motivou a transformación das políticas públicas e xurídicas orientadas á súa erradicación. No ámbito legal, esta evolución concretouse na aprobación de normas que abordan a violencia de xénero desde unha perspectiva integral, superando a concepción exclusivamente penal para incorporar medidas de prevención, asistencia e protección ás vítimas. A Lei Orgánica 1/2004 constitúe un punto de inflexión, ao establecer unha resposta transversal que implica diferentes órganos e ámbitos, tanto xudiciais como sociais. Ademais da normativa, tamén se produciu unha importante evolución doutrinal e xurisprudencial, coa participación de distintas instancias xurídicas e académicas que contribuíron a definir os límites, retos e posibilidades da loita contra esta forma específica de violencia. Entre as medidas máis destacadas atópanse as de carácter cautelar e a creación de órganos xudiciais especializados que permiten unha resposta máis áxil e eficaz. Este traballo céntrase no estudo do tratamento procesual destas situacións, analizando os instrumentos xurídicos existentes, os dereitos recoñecidos ás vítimas e os mecanismos activados para garantir a súa protección. Conclúe valorando os avances acadados e sinalando a necesidade de seguir mellorando os recursos e a formación profesional para acadar unha xustiza máis sensible, próxima e efectiva.

Alonso Salgado, Cristina (Titoría)
Alonso Salgado, Cristina (Titoría)
Tribunal
Alonso Salgado, Cristina (Titor do alumno)

A responsabilidade patrimonial por danos causados a terceiros durante a fase de execución dun contrato administrativo.
Autoría
S.B.P.
Grao en Dereito
S.B.P.
Grao en Dereito
Data da defensa
27.06.2025 10:00
27.06.2025 10:00
Resumo
As Administracións Públicas recorren frecuentemente ás distintas fórmulas contractuais existentes -entre elas, os contratos administrativos- para a xestión dos servizos públicos da súa titularidade, para a construción e xestión de infraestruturas, etc. Durante a execución destes contratos públicos pódense ocasionar danos ou perxuízos aos cidadáns. Ante tal situación, a lexislación prevé unha regra xeral de atribución de responsabilidade patrimonial ao contratista ou concesionario, así como unha serie de exepcións segundo as que a responsabilidade recae na Administración contratante. O réxime xurídico aplicable e a xurisdición competente para coñecer das eventuais reclamacións será diferente en función dos suxeitos intervintes. Non obstante, non existen regras claras que permitan dar unha resposta unívoca á cauística que se pode presentar. Neste traballo procurarase sistematizar os criterios de aplicación analizando os pronunciamentos xurisprudenciais e a doutrina dos órganos administrativos en materia de contratación pública.

Santiago Iglesias, Diana (Titoría)
Santiago Iglesias, Diana (Titoría)
Tribunal
Santiago Iglesias, Diana (Titor do alumno)

Trastorno por consumo de substancias opioides
Autoría
L.C.L.
Grao en Criminoloxía
L.C.L.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
01.07.2025 17:00
01.07.2025 17:00
Resumo
O trastorno por consumo de opiáceos maniféstase cando un individuo emprega estes fármacos de maneira incorrecta ou perigosa, o que dá lugar a un consumo problemático que se volve habitual. Este comportamento inflúe de maneira significativa na vida cotiá da persoa, afectando a súa saúde física, emocional, social e laboral. No canto de empregar a expresión técnica trastorno por consumo de opioides, en moitos casos elíxense palabras como dependencia ou adicción aos opiáceos para referirse a este asunto. A dependencia descríbese como unha situación na que o corpo se afixo á droga; de xeito que, ao deixala de consumir, aparecen síntomas de abstinencia que poden ser severos e difíciles de soportar. Por outra banda, a adicción relaciónase cun trastorno crónico do cerebro no que a persoa sente un impulso compulsivo cara ao consumo da substancia, mesmo recoñecendo que iso lle causa un grave dano a súa saúde e ao seu contorno. O perigo de desenvolver este tipo de trastorno increméntase notablemente cando se fai un uso indebido dos opiáceos. Isto inclúe tomar doses máis altas das prescritas, usalos con máis frecuencia da recomendada, empregar os medicamentos con fins recreativos para buscar unha sensación de euforia, ou consumir opioides que non son da propia receita. Co aumento deste problema en diversas partes da sociedade, é esencial crear conciencia sobre as súas orixes, efectos e maneiras de previlo. Polo tanto, este traballo ten como obxectivo destacar a seriedade do trastorno por consumo de opiáceos e fomentar unha reflexión sobre o uso responsable destes medicamentos, así como a necesidade de intervencións dende o ámbito legal, sanitario e educativo.

VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
TORRES IGLESIAS, ANGELA JUANA (Presidente/a)
ARROJO ROMERO, MANUEL (Secretario/a)
VIDAL MILLARES, MARIA (Vogal)

O marco xurídico da produción da enerxía eólica en Galicia. Entre a simplificación administrativa e a desregulación ambiental.
Autoría
R.C.L.
Grao en Dereito
R.C.L.
Grao en Dereito
Data da defensa
01.07.2025 13:30
01.07.2025 13:30
Resumo
Na actualidade o sector eólico en Galicia está a vivir un parón no que respecta á instalación de novos parques que permitan avanzar na produción desta enerxía renovable. Malia as iniciativas lexislativas e empresariais que buscan incentivar o crecemento deste sector, a tramitación dos proxectos estase a ver comprometida por unha serie de decisións xudiciais, nomeadamente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e pola oposición dalgúns sectores da sociedade, que impulsan a maioría de procesos contenciosos. A importancia do sector eólico atinxe a cuestións tanto materiais, económicas e de afectación territorial; como ambientais. Neste traballo, tratamos de achegarnos ao marco normativo que regula a produción de enerxía eólica en Galicia, así como a unha serie de figuras xurídico-administrativas e lexislativas problemáticas que, como resposta a estas dificultades, vén impulsando o lexislador autonómico. Unha serie de cambios normativos que nos últimos anos someteron este sector a continuas reformas e medidas de simplificación administrativa. Neste contexto, analízase se as reformas introducidas nos procedementos administrativos de autorización de proxectos eólicos se corresponden cunha vontade de simplificación e axilización de trámites ou se, en cambio, esconden unha tendencia cara á desregulación, a eliminación de garantías de protección do interese xeral, a relaxación de controis ambientais ou á redución da participación pública nos procesos administrativos de toma de decisións.

PUENTES COCIÑA, BELTRAN (Titoría)
PUENTES COCIÑA, BELTRAN (Titoría)
Tribunal
SANJURJO RIVO, VICENTE ANTONIO (Presidente/a)
VILLANUEVA TURNES, ALEJANDRO (Secretario/a)
ARENAS MEZA, MIGUEL ENRIQUE (Vogal)

Xuizos paralelos en redes sociais: un estudo sobre o caso de Juana Rivas
Autoría
M.C.G.
Grao en Criminoloxía
M.C.G.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
30.06.2025 13:00
30.06.2025 13:00
Resumo
Os xuízos paralelos crean opinións polarizadas e radicais con respecto a procesos penais popularizados nos medios de comunicación e ás partes implicadas neles, que poden chegar a afectar aos seus dereitos fundamentais. Neste escenario, as redes sociais actúan coma unha caixa de resonancia destes discursos, aumentando a súa perigosidade e podendo condicionar ao desenrolo dos procesos. Por isto, o presente traballo ten por obxecto analizar o caso de Juana Rivas mediante un análise de contidos, aplicando unha metodoloxía analítico-descritiva con diversas categorías de análise a un corpus de mensaxes na rede social X.

HAZ GOMEZ, FRANCISCO EDUARDO (Titoría)
HAZ GOMEZ, FRANCISCO EDUARDO (Titoría)
Tribunal
HAZ GOMEZ, FRANCISCO EDUARDO (Titor do alumno)

As intervencións telefónicas no proceso penal
Autoría
N.C.M.
Grao en Dereito
N.C.M.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 11:30
26.06.2025 11:30
Resumo
O traballo presentado a continuación desenvólvese sobre as medidas de intervención telefónica como dilixencias de investigación levadas a cabo no proceso penal. Abordarase en qué consisten estas medidas e cales son as esixencias que prevé a actual Lei de Enxuizamento Criminal para adoptalas conforme a dereito.

Noya Ferreiro, Maria Lourdes (Titoría)
Noya Ferreiro, Maria Lourdes (Titoría)
Tribunal
Noya Ferreiro, Maria Lourdes (Titor do alumno)

A influencia da socialización e a personalidade na delincuencia xuvenil
Autoría
N.C.P.
Grao en Criminoloxía
N.C.P.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
30.06.2025 12:30
30.06.2025 12:30
Resumo
Este traballo académico analiza a influencia dos procesos de socialización e dos rasgos de personalidade na delincuencia xuvenil en España. A través dun enfoque cualitativo e unha análise estatística de datos entre os anos 2018 e 2023, estúdase o perfil do menor infractor e os factores de risco asociados; como a desestruturación familiar, o fracaso escolar, o consumo de drogas ou a pertenza a grupos antisociais. O traballo tamén examina a evolución dos delitos cometidos polos menores, sendo os máis frecuentes as lesións, os roubos e os hurtos, e destaca un aumento na reincidencia. Ademais, analízase a eficacia das medidas xudiciais aplicadas e propónse o Modelo do Triple Risco Delitivo como marco explicativo da continuidade delitiva. O estudio conclúe que é necesario un enfoque integral de prevención e intervención que combine apoio familiar, educativo e comunitario para reducir a delincuencia xuvenil e favorecer a reinserción social.

Sobral Fernández, Jorge (Titoría)
Sobral Fernández, Jorge (Titoría)
Tribunal
Sobral Fernández, Jorge (Titor do alumno)

Traballo Fin de Grao
Autoría
L.C.M.
Grao en Dereito
L.C.M.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 19:00
26.06.2025 19:00
Resumo
O presente traballo analiza a influencia da IA no proceso penal, máis concretamente na proba, así como os efectos da IA na recollida e análise da proba penal, sinalando vantaxes como a eficiencia ou a maior capacidade de tratamento de datos, pero tamén riscos coma a falsificación de probas, a opacidade dos algoritmos, a posibilidade de sesgos discriminatorios ou a vulneración dos principios procesuais. Acompañadas estas cuestións dos principais desafíos legais e éticos derivados do uso da IA, como a garantía do debido proceso, a supervisión humana, a transparencia dos sistemas utilizados ou a necesidade dunha normativa clara que protexa os dereitos fundamentais e asegure a lexitimidade das decisións xudiciais automatizadas. Tamén se explora o marco normativo europeo e español, incluíndo a recente aprobación do Regulamento (UE) 2024/1689 sobre IA, así como outras disposicións clave como o RGPD, a LOPDGDD e a Carta de Dereitos Dixitais. Finalmente, estúdanse nel se a IA pode mellorar os aspectos técnicos e operativos da xustiza penal sen que esta eficiencia se impoña sobre os dereitos das persoas e os principios do Estado de Dereito, concluíndo que a IA pode ser unha ferramenta útil para complementar a labor do xuíz, pero que debe ser aplicada con cautela.

Detección do dano psicolóxico simulado en accidente de tráfico mediante tarefas de coñecemento e recoñecemento de síntomas
Autoría
V.C.M.
Grao en Criminoloxía
V.C.M.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
30.06.2025 16:00
30.06.2025 16:00
Resumo
Os accidentes de tráfico son un fenómeno que ten unha importante repercusión na saúde mental de quen o sofre, sendo un traballo psicolóxico forense determinar a existencia o inexistencia dunha pegada psicolóxica. No seguinte traballo abordarase, dende opunto de vista da psicoloxía forense, o dano psicolóxico que se deriva dos accidentes de tráfico. Para iso, levarase a cabo una aproximación legal e epidemiolóxica dos accidentes de tráfico, así como das súas consecuencias dende un punto de vista psicolóxico mediante unha evaluación forense. Una vez tratada a parte conceptual, presentarase un estudio empírico para coñecer a utilidade da entrevista clínico-forense, do inventario SCL-90-R e dun cuestionario que aborda os síntomas do Trastorno por Estrés Postraumático en casos de accidentes de tráfico; así como a relevancia que ten a orde de aplicación destes instrumentos. Recurriuse a un deseño de simulación no que se pediu aos participantes (quenes no debían ser víctimas dun accidente de tráfico grave) que simularan o dano psicolóxico que presentaría una vítima real.

Seijo Martínez, María Dolores (Titoría)
Seijo Martínez, María Dolores (Titoría)
Tribunal
Seijo Martínez, María Dolores (Titor do alumno)

O impacto da intelixencia artificial e a tecnoloxía deepfake sobre os dereitos fundamentais. Especial incidencia sobre a privacidade e a liberdade de información
Autoría
S.C.R.
Grao en Dereito
S.C.R.
Grao en Dereito
Data da defensa
30.06.2025 10:30
30.06.2025 10:30
Resumo
O presente traballo pretende aportar unha reflexión sobre a resposta do ordenamento xurídico ante a auxe da intelixencia artificial e tecnoloxías conexas, cuxa expansión está modificando rápida e profundamente o contexto económico, político e social actual. Tras analizar o concepto de “intelixencia artificial” e facendo unha especial referencia ás ultrasuplantacións, procedemos a examinar as cuestións éticas que suscita a súa utilización e o seu impacto sobre os principios estruturais do Estado social e democrático de Dereito. Destacando a importancia de contar cun réxime normativo que protexa os principios democráticos e os dereitos fundamentais dos seus cidadáns en todos os aspectos das súas vidas, este traballo enfócase principalmente na vulneración dos dereitos da personalidade e nas liberdades de expresión e información mediante a profundización na lexislación comunitaria e nacional vixente.

FERNANDEZ RODRIGUEZ, JOSE JULIO (Titoría)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, JOSE JULIO (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ RODRIGUEZ, JOSE JULIO (Titor do alumno)

Análise comparativo do procedemento ante o Tribunal do Xurado e o Procedemento Penal Abreviado
Autoría
N.C.S.
Grao en Criminoloxía
N.C.S.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
26.06.2025 12:30
26.06.2025 12:30
Resumo
A Institución do Xurado tivo un gran recoñecemento na nosa historia xurídica como símbolo de liberdade e participación directa dos cidadáns no poder xudicial. A Lei Orgánica que desenvolve o mandato constitucional do artigo 125, relacionado con esta participación, foi promulgada en 1995, polo que se asenta sobre as bases dun proceso ordinario común que hoxe en día é substituído por un procedemento abreviado máis áxil e eficiente, sen sacrificar as garantías procesuais fundamentais. O presente traballo céntrase en, a través dunha revisión de diversas fontes bibliográficas, analizar os principais aspectos nos que se diferenzan ambos os procedementos, prestando especial atención ás distintas fases procesuais que compoñen cada un. A pesar de asentarse sobre a mesma base, o tratamento de cada fase procesual e as implicacións que teñen sobre as garantías e dereitos dos encausados son substancialmente distintos.

Varela Gomez, Bernardino (Titoría)
Varela Gomez, Bernardino (Titoría)
Tribunal
Varela Gomez, Bernardino (Titor do alumno)

Herdanza dixital
Autoría
M.C.M.
Grao en Dereito
M.C.M.
Grao en Dereito
Data da defensa
17.02.2025 11:00
17.02.2025 11:00
Resumo
Este traballo dedicase á análise da definición e das posibles formas de transmisión da herdanza dixital. Está motivado polo interese que suscita este tema, dada a tendencia ascendente da creación da nova xeración de contidos e archivos dixitais resultantes da interacción en liña en múltiples aspectos da vida cotiá. Configurouse en base a perceptiva revisión bibliográfica da normativa legal e de diferentes publicacións e textos xurídicos de expertos. Inclúense tamén algunhas valoracións publicadas en blogs e páxinas webs de avogados e notarios de exercicio. Durante este traballo podremos coñecer que é a herdanza dixital, que activos a compoñen, o concepto de identidade dixital e a relevancia, cada vez maior, que teñen os bens dixitais que a conforman. Tratarei de explicar que acontece con todos eses bens dixitais no momento que o causante falece, e que suxeitos están lexitimados para encargarse deles e das instruccións que o causante deixe para despois da súa morte. Ademais, analizarase a forma na que se transmite o patrimonio dixital e toda a problemática que recolle o termo do testamento dixital.

MADRIÑAN VAZQUEZ, MARTA (Titoría)
MADRIÑAN VAZQUEZ, MARTA (Titoría)
Tribunal
MADRIÑAN VAZQUEZ, MARTA (Titor do alumno)

Traballo fin de grao
Autoría
C.C.V.
Grao en Criminoloxía
C.C.V.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
30.06.2025 16:30
30.06.2025 16:30
Resumo
A comorbilidade entre o trastorno bipolar e o trastorno por consumo de substancias supón un problema complexo no sistema de xustiza penal, en particular á hora de determinar o grao de responsabilidade penal do acusado. A ausencia dunha regulación legal expresa obriga aos tribunais a operar mediante construcións xurisprudenciais que, aínda que permiten a aplicación de circunstancias exoneratorias ou atenuantes baseadas na alteración das facultades volitivas e cognitivas do acusado, provocan unha disparidade interpretativa significativa. Esta circunstancia pon de manifesto a necesidade dunha abordaxe interdisciplinar que avance cara á consolidación de criterios uniformes que garantan unha resposta penal coherente e técnica adaptada á realidade clínica do acusado.

VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Titor do alumno)

Utilidade actual da argumentación xurídica
Autoría
E.C.P.
Grao en Dereito
E.C.P.
Grao en Dereito
Data da defensa
19.02.2025 12:00
19.02.2025 12:00
Resumo
Este Traballo Fin de Grao aborda a evolución e relevancia contemporánea da argumentación xurídica, elemento central no exercicio do dereito desde a antigüidade ata a actualidade. Ao longo da historia, a argumentación xurídica foi evolucionando dende as súas raíces na retórica clásica, pasando polas grandes achegas de autores como Aristóteles, Cicerón e, en tempos máis recentes, Ronald Dworkin ou Robert Alexy. A pesar dos avances tecnolóxicos e da crecente influencia da intelixencia artificial no ámbito xurídico, a capacidade de argumentación segue sendo insubstituíble para a interpretación, aplicación e defensa do dereito. O estudo destaca como a argumentación xurídica segue a ser un piar fundamental para garantir decisións xustas e equitativas nun contexto global cada vez máis complexo e tecnolóxico. Ademais, explorase o seu papel na protección dos dereitos fundamentais, destacando a importancia dun enfoque humanístico e ético no exercicio do dereito.

Responsabilidade por produtos defectuosos na era dixital
Autoría
J.D.B.
Grao en Dereito
J.D.B.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 10:30
26.06.2025 10:30
Resumo
Atopámonos nunha época na que a sociedade está sometida a numerosos e recorrentes cambios debido á dixitalización dos servizos e á forma de organizar a mesma. Isto implica que determinados ámbitos xurídicos se vexan obrigados a actualizar as súas pretensións e a forma de regular as situacións ou conflitos que se inscriben neles; isto é algo que ocorre no ámbito da responsabilidade por produtos defectuosos. Trátase dun dereito constitucionalmente protexido, concretamente no artigo 51 da Constitución Española, no cal se establece que os poderes públicos deben garantir a defensa dos consumidores e usuarios. A protección dos consumidores tamén é competencia da Unión Europea, regulada en distintos artigos do TFUE e do TUE; concretamente, no artigo 4.2.f do TFUE e no artigo 3.3 do TUE. Dentro do abundante acervo comunitario en materia de protección dos consumidores, destaca, entre os actos máis recentes, a Directiva (UE) 2024/2853 do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de outubro de 2024, sobre responsabilidade polos danos causados por produtos defectuosos e pola que se derroga a Directiva 85/374/CEE do Consello (en diante, a Directiva); esta pretende facer fronte a esta nova realidade actualizando as disposicións anteriores que regulan esta materia, especialmente tendo en conta os novos problemas que poden xurdir a causa dos avances técnicos. Este traballo centrarase principalmente na análise desta Directiva e dos cambios que introduciu respecto das normativas anteriores que regulaban esta materia; de como se modifica o réxime de responsabilidade dos produtores e importadores que implica esta nova forma de utilizar a intelixencia artificial para fabricar produtos que posteriormente se lanzan ao mercado onde os consumidores os adquiren; e, se é o caso, de como responderán polos danos que os devanditos produtos poidan ocasionar a estes ou a terceiros.

GARCIA RUBIO, MARIA PAZ (Titoría)
GARCIA RUBIO, MARIA PAZ (Titoría)
Tribunal
GARCIA RUBIO, MARIA PAZ (Titor do alumno)

Os Traballos da Comisión de Dereito Internacional en materia de responsabilidade dos Estados nas situacións de Sucesión de Estados. Un estudo sobre o estado da cuestión
Autoría
D.D.F.
Grao en Dereito
D.D.F.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 13:00
26.06.2025 13:00
Resumo
O presente TFG analiza desde unha perspectiva xurídica os traballos levados a cabo pola Comisión de Dereito Internacional e os Grupos de Traballo na materia de responsabilidade por feitos internacionalmente ilícitos nos casos onde ocorre á súa vez unha sucesión de Estados. En primeiro lugar, exponse as consideracións que se toman en conta por parte da Comisión para levar a cabo o seu labor sobre o tema, incluíndo as delimitacións do seu alcance e os principios preliminarmente acordados. Seguidamente expóñense os resultados dos traballos desde os seus inicios en 2017 ata a actualidade, analizando os artigos que foron aprobados provisionalmente e aquelas cuestións crave aínda por desenvolver. Para acabar, expóñense os temas e razóns valorados por este organismo para proxectar os desafíos futuros da súa axenda e analízanse tamén as implicacións dos diferentes puntos de vista expresados polas delegacións nacionais, reflectindo os debates existentes dunha práctica estatal non unificada.

ARENAS MEZA, MIGUEL ENRIQUE (Titoría)
ARENAS MEZA, MIGUEL ENRIQUE (Titoría)
Tribunal
ARENAS MEZA, MIGUEL ENRIQUE (Titor do alumno)

O axente encuberto no proceso penal
Autoría
N.D.D.
Grao en Dereito
N.D.D.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 18:00
26.06.2025 18:00
Resumo
Nas últimas décadas, o auxe de novas formas de delincuencia, especialmente a delincuencia organizada, o tráfico de drogas, a trata de persoas e o terrorismo, esixiu unha profunda transformación do dereito penal e procesual. Este tipo de delitos, caracterizados pola súa complexidade estrutural, o seu alto grao de planificación e ocultación, así como o seu alcance transnacional, puxeron de manifesto os límites dos métodos de investigación tradicionais. Ante delitos cada vez máis sofisticados, o sistema procesual tivo que despregar ferramentas de intervención extraordinarias, entre as que destaca a figura do axente encuberto, regulada no artigo 282 bis da LECrim. Esta figura está suxeita a unha serie de estritos requisitos legais debido á súa pronunciada restrición de dereitos fundamentais, que, nun Estado de dereito como o noso, demanda a aplicación do axeitado criterio de proporcionalidade, non exento de problemas.

Beneficios fiscais a maternidade na Lei do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas
Autoría
A.D.T.
Grao en Dereito
A.D.T.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 13:00
26.06.2025 13:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo estudar os diversos beneficios fiscais na maternidade no marco da Lei do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, que constitúen unha ferramenta fundamental para apoiar ás familias e fomentar a natalidade. A protección familiar é un mandato constitucional articulado a través de políticas sociais e fiscais. As medidas públicas de apoio e protección da maternidade enmárcanse dentro de políticas de apoio á familia, á infancia e á igualdade de xénero. Examinaranse os diversos beneficios fiscais, as prestacións económicas e as diversas axudas. Un dos principais beneficios fiscais por maternidade é a dedución por maternidade no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, que será obxecto dun estudo detallado. Ademais, analizarase o seguinte: como estas medidas contribúen a mellorar a situación económica das familias, fomentar a natalidade, apoiar a igualdade de xénero e que beneficios achegan á sociedade no seu conxunto. Os beneficios fiscais por maternidade en España representan un conxunto de medidas destinadas a aliviar a carga financeira das familias, promover as taxas de natalidade e facilitar a conciliación da vida laboral e persoal. A dispoñibilidade de deducións no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, prestacións económicas e axudas contribúen a unha sociedade máis equitativa e inclusiva.

RUIBAL PEREIRA, LUZ MARIA (Titoría)
RUIBAL PEREIRA, LUZ MARIA (Titoría)
Tribunal
RUIBAL PEREIRA, LUZ MARIA (Titor do alumno)

Sensibilidade do SCL-90-R para a avaliación da simulación en Incapacidade Temporal
Autoría
A.E.R.
Grao en Criminoloxía
A.E.R.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
30.06.2025 17:00
30.06.2025 17:00
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo o análise da capacidade de simulación dunha enfermidade mental dunha poboación non psiquiátrica, co propósito de obter una Incapacidade Temporal. Para iso, neste estudo empelouse o cuestionario SCL-90-R, ao que os suxeitos debían responder en dúas ocasión distintas; a primeira sendo una resposta honesta, e a segunda unha resposta simulada. Mediante o análise dos resultados, descubriuse que a poboación ten una capacidade óptima de simulación. A estratexia de simulación seguida polos participantes foi a acumulación de síntomas, e iso propiciou que tiveran resultados moi superiores aos da poboación xeral, e tamén aos da poboación psiquiátrica coa que foron comparados. Ademais, mediante o análise dos índices de validez, detectouse á maior parte dos individuos como simuladores, o que indica que a ferramenta non é aplicable á totalidade dos casos.

Arce Fernández, Ramón (Titoría)
Arce Fernández, Ramón (Titoría)
Tribunal
Arce Fernández, Ramón (Titor do alumno)
Arce Fernández, Ramón (Titor do alumno)
Análise da xurisprudencia do Tribunal Supremo sobre o crebafolguismo
Autoría
C.A.F.D.L.P.
Grao en Dereito
C.A.F.D.L.P.
Grao en Dereito
Data da defensa
30.06.2025 11:00
30.06.2025 11:00
Resumo
Neste traballo contense unha análise xurisprudencial no ámbito do dereito laboral sobre o tema do crebafolguismo, unha práctica prohibida lexislativamente só na súa vertente externa, pero que, tanto doutrina como xurisprudencia, encargáronse de impedir tamén nas súas vertentes interna e tecnolóxica. Antes da análise ofrécese un estudio sobre o seu concepto e as súas restricións legais. A práctica do crebafolguismo ten lugar cando os traballadores exercitan o seu dereito fundamental de folga recoñecido no art. 28.2 da Constitución Española, máis concretamente, cando os traballadores folguistas vense substituídos por traballadores externos, internos ou por elementos tecnolóxicos, por iso é tan importante ver como o Tribunal Supremo reacciona ante estas situacións.

GARATE CASTRO, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
GARATE CASTRO, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
MELLA MENDEZ, LOURDES (Presidente/a)
MIRANDA BOTO, JOSE MARIA (Secretario/a)
MANEIRO VAZQUEZ, YOLANDA (Vogal)
MELLA MENDEZ, LOURDES (Presidente/a)
MIRANDA BOTO, JOSE MARIA (Secretario/a)
MANEIRO VAZQUEZ, YOLANDA (Vogal)
Análise dos delitos cibernéticos: cracking, hacking e estafa informática
Autoría
C.F.R.
Grao en Criminoloxía
C.F.R.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
27.06.2025 12:00
27.06.2025 12:00
Resumo
A día de hoxe, a maioría das persoas viven en sociedades dixitais de tal maneira que as súas actividades tanto persoais, profesionais, de lecer, etc. realízanse por medio do ciberespazo, o que posibilitou unha nova oportunidade atractiva para os delincuentes na comisión das súas condutas fraudulentas. Estes suxeitos empregan técnicas cada vez máis sofisticadas, aproveitándose así mesmo das debilidades existentes na persecución dos delitos cibernéticos e na insuficiencia de medidas de seguridade implementadas nos sistemas informáticos. No presente traballo, analizarase en profundidade o ciberdelito, as súas características e categorizaciones. Ademais, examinarase a normativa vixente tanto no contexto internacional como nacional, do mesmo xeito que a figura do victimario e da vítima. En particular, prestarase atención no delito de cracking, hacking e estafa informática. Por último, tratarase brevemente os mecanismos de control social formais e as medidas de seguridade pertinentes.

CASTRO CORREDOIRA, MARIA (Titoría)
CASTRO CORREDOIRA, MARIA (Titoría)
Tribunal
CASTRO CORREDOIRA, MARIA (Titor do alumno)

A oferta pública de adquisición de valores
Autoría
A.G.G.
Grao en Dereito
A.G.G.
Grao en Dereito
Data da defensa
30.06.2025 11:00
30.06.2025 11:00
Resumo
No seguinte Traballo de Fin de Grao realizarase un exame exhaustivo e fundamentado dunha figura económica clásica, a Oferta Pública de Adquisición de valores. Comezará centrando e introducindo a figura, e seguirá cunha explicación da mesma, así como a contextualización histórica e legal deste instrumento económico, ofrecendo una visión xeral da figura e delimitando o marco xurídico ao que se encontra suxeita, tanto dentro da fronteira da Unión Europea como a nivel estatal. Posteriormente, e para unha mellor compresión, explicaranse os diferentes tipos de Ofertas Públicas de Adquisición existentes e como se encontran contempladas na lexislación española, o proceso vixente para levar a cabo unha OPA adecuadamente e os distintos organismos que deben supervisala e aprobala para que esta teña plena eficacia legal. Seguidamente, falarase brevemente dos dereitos que rodean a figura do accionista da empresa opada, ademais dunha breve crítica a regulación española e europea. Explicaranse tamén os mecanismos legais existentes que axudan as empresas a protexerse contra as Ofertas, de forma tanto previa como posterior ao seu lanzamento, e a legalidade acerca do uso destes medios defensivos. Para rematar, expoñeranse brevemente algúns matices prácticos das OPAS trasladados aos caos reais acaecidos en España, concluíndo ca que posiblemente sexa a Oferta Pública de Adquisición mais relevante a nivel nacional, o caso Endesa de 2005 e o caso BBVA-Sabadell.

HERNANDEZ RODRIGUEZ, FRANCISCO (Titoría)
HERNANDEZ RODRIGUEZ, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
HERNANDEZ RODRIGUEZ, FRANCISCO (Titor do alumno)

A proba de intelixencia no proceso social.
Autoría
X.G.T.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
X.G.T.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
A actividade de intelixencia xa non é unha actividade exclusiva dos Estados, pois a evolución tecnolóxica e os cambios culturais, expandiron o seu uso ás organización empresariais. Atopa gran utilidade na actividade probatoria, encadrándose no control empresarial as actividades tradicionais de obtención de intelixencia, dando lugar a unha xeración constante de información probatoria, especialmente, grazas ao uso intensivo da tecnoloxía; e que se reclasifican aos medios de proba tradicionais regulados pola nosa LEC, pese a sua ineficacia, ou dificultades de encaxe, dadas as notables diferencias nas suas características, intensidade ou modo de producción, sendo notable a posible vulneración sistemática de dereitos fundamentais, e o gran uso de novas tecnoloxías; motivo polo cal, analizase a importancia da intelixencia no mundo do traballo, así como as condicións de validez procesal, na orde social, das actividades de intelixencia adoptadas baixo forma de control empresarial, e se propón a creación dun novo tipo de medio de prueba, que permita unha regulación procesual máis garantista.

MANEIRO VAZQUEZ, YOLANDA (Titoría)
MANEIRO VAZQUEZ, YOLANDA (Titoría)
Tribunal
MANEIRO VAZQUEZ, YOLANDA (Titor do alumno)

Transfusións de sangue nos testigos de jehová: análisis ético-jurídico
Autoría
V.A.G.G.
Grao en Dereito
V.A.G.G.
Grao en Dereito
Data da defensa
21.02.2025 12:00
21.02.2025 12:00
Resumo
Os Testigos de Jehová rexeitan as transfusións de sangue baseándose nunha interpretación bíblica, chocando esta decisión co seu dereito á vida. Esta postura resulta polémica, sobre todo cando afecta a menores de idade, e refírese a situacións de grave risco para a saúde. No presente traballo realízase unha análise dos dereitos afectados, ponderando cal prevale en cada situación e ata onde se pode limitar o seu exercicio, atendendo principalmente ao criterio da autonomía da liberdade. Garantir a liberdade é o criterio preferente, con todo, cando se trata de menores en risco grave debe priorizarse o seu interese superior prevalecendo o dereito á vida e á asistencia sanitaria do menor sobre as conviccións relixiosas.
Os Testigos de Jehová rexeitan as transfusións de sangue baseándose nunha interpretación bíblica, chocando esta decisión co seu dereito á vida. Esta postura resulta polémica, sobre todo cando afecta a menores de idade, e refírese a situacións de grave risco para a saúde. No presente traballo realízase unha análise dos dereitos afectados, ponderando cal prevale en cada situación e ata onde se pode limitar o seu exercicio, atendendo principalmente ao criterio da autonomía da liberdade. Garantir a liberdade é o criterio preferente, con todo, cando se trata de menores en risco grave debe priorizarse o seu interese superior prevalecendo o dereito á vida e á asistencia sanitaria do menor sobre as conviccións relixiosas.
Dirección
OTERO PARGA, MILAGROS MARIA (Titoría)
OTERO PARGA, MILAGROS MARIA (Titoría)
Tribunal
OTERO PARGA, MILAGROS MARIA (Titor do alumno)
OTERO PARGA, MILAGROS MARIA (Titor do alumno)
Análise criminolóxica da prostitución e da trata de persoas ca fin da súa explotación sexual
Autoría
M.G.C.
Grao en Criminoloxía
M.G.C.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
26.06.2025 13:00
26.06.2025 13:00
Resumo
O presente traballo de fin de grao aborda unha análise criminolóxica da prostitución e da trata de persoas con fins de explotación sexual, diferenciando ambos fenómenos para evitar a confusión conceptual. A través dunha revisión bibliográfica, examínanse as diversas tipoloxías da prostitución, incluindo as novas formas dixitais, así como os complexos factores causais que impulsan tanto a oferta como a demanda. Profundízase nos modelos legais de regulación da prostitución (prohibicionista, abolicionista, regramentista). O estudo enfatiza a grave violación de dereitos fundamentais que supón a explotación sexual, e afóndase no perfil das víctimas, principalmente mulleres e nenas, así como dos tratantes e proxenetas. Finalmente, evalúanse as principais medidas de prevención e intervención, subliñando a necesidade dun enfoque integral que inclúa a educación, a sensibilización social e unha forte persecución do crime organizado.

BRAGE CENDAN, SANTIAGO BERNARDO (Titor do alumno)

Avaliación forense do dano psicolóxico simulado da violación a través do PAI
Autoría
C.G.F.
Grao en Criminoloxía
C.G.F.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
08.07.2025 11:30
08.07.2025 11:30
Resumo
A violencia sexual, e en particular a violación, constitúe un dos delitos máis graves polo seu impacto devastador nas vítimas. O seu estudo criminolóxico e psicolóxico resulta clave para protexer ás vítimas, e detectar posibles simulacións que afecten ao funcionamento do sistema e contraveñan a presunción de inocencia. Este estudo empírico ten como obxectivo valorar a efectividade do Inventario de Avaliación da Personalidade (PAI) para a avaliación psicolóxico-forense do dano derivado dunha violación. Adoptouse un deseño de simulación no que 50 mulleres cumprimentaron o PAI baixo dúas condicións diferentes: simulación e realidade. Na de simulación debían responder tratando de simular o dano psicolóxico consecuencia dunha violación, mentres que na de realidade a resposta debía ser honesta. O análise das respostas revelou que eran capaces de simular sintomatoloxía que non padecían e atribuíla a unha violación. Ademais, eran capaces de simular síntomas propios do dano psicolóxico deste tipo de violencia sexual (p. e., Trastorno de estrés postraumático, depresión e ansiedade). Para conseguir esta simulación fixeron uso de dúas estratexias de simulación: a agrupación indiscriminada de síntomas e a severidade de síntomas. Pola súa parte, os indicadores de validez do PAI (IMN, SIM, FDR) mostraron unha baixa sensibilidade na detección da simulación. En consecuencia, e pensando na práctica profesional, en caso de usar o PAI neste tipo de avaliación debe facerse sempre integrado dentro dun protocolo multimétodo e multi-medida. Investigacións futuras deberían continuar investigando a sensibilidade do PAI para a detección da simulación, e integrar ademais o estudo da especificidade.

VILARIÑO VAZQUEZ, MANUEL (Titoría)
VILARIÑO VAZQUEZ, MANUEL (Titoría)
Tribunal
Sobral Fernández, Jorge (Presidente/a)
Seijo Martínez, María Dolores (Secretario/a)
Novo Pérez, Mercedes (Vogal)

Crimes históricos cometidos por mulleres na historia criminolóxica española e a súa catalogización Psiquiátrico Forense
Autoría
N.G.F.
Grao en Criminoloxía
N.G.F.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
01.07.2025 17:30
01.07.2025 17:30
Resumo
Este traballo, a través dunha revisión de distintas fontes científicas e xurídicas, centrouse no estudo de mulleres delincuentes, máis especificamente de mulleres homicidas, na historia de España desde finais do século XX ata a actualidade, identificando patróns históricos, sociais e legais que influíron na percepción da criminalidade feminina no noso país. Ademais, levou a cabo unha análise da súa catalogación psiquiátrico-forense, relacionando os distintos supostos coa historia da psiquiatría e as diferentes achegas das teorías criminolóxicas. Apreciouse unha clara diferenza entre a percepción social dun crime cometido por un home e o cometido por unha muller, atribuíndolle a esta última un trastorno tanto de tipo biolóxico como psicolóxico que predisponía a conduta delituosa. Con este traballo preténdese reflexionar acerca da importancia deste tema debido ao aumento de criminalidade feminina e a súa falta de abordaxe científica ao longo da historia.

TORRES IGLESIAS, ANGELA JUANA (Titoría)
TORRES IGLESIAS, ANGELA JUANA (Titoría)
Tribunal
TORRES IGLESIAS, ANGELA JUANA (Titor do alumno)

Presunción de inocencia e xuízos paralelos: Impacto no tribunal por xurado.
Autoría
C.G.N.
Grao en Dereito
C.G.N.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 15:30
26.06.2025 15:30
Resumo
O traballo analiza o impacto dos xuízos paralelos e da xustiza mediática sobre o principio de presunción de inocencia, especialmente nos casos xulgados por xurado. Destácase como a cobertura informativa, moitas veces sensacionalista, pode afectar a percepción pública e mesmo influír na imparcialidade do proceso xudicial. A diferenza fundamental entre xustiza estatal e mediática radica no respecto ao procedemento legal e á temporalidade: mentres a xustiza formal se basea en probas e garantías, a mediática adiántase a emitir xuízos sen sentenza firme. Profúndase no contido e regulación do principio de presunción de inocencia, tanto no ámbito constitucional español coma nos tratados internacionais, e en como este principio pode verse comprometido pola presión mediática. Tamén se analiza a necesidade dunha actividade probatoria válida e suficiente para desvirtuar a presunción de inocencia, así como os efectos da proba ilícita no proceso penal. Dedícase un apartado ao papel dos medios na creación de “xuízos paralelos” e como estes poden distorsionar o relato xudicial, afectando dereitos fundamentais. Finalmente, examínase a figura do xurado, especialmente vulnerable á influencia da opinión pública, con casos como o de Dolores Vázquez como exemplo dun erro influenciado por factores alleos ao xuízo. O traballo conclúe coa necesidade de protexer o proceso penal fronte ás interferencias mediáticas, reforzar a ética xornalística e garantir un equilibrio entre a liberdade de información e o respecto aos dereitos fundamentais.

Aproximación á complexa relación entre as sancións administrativas e penais: o principio ne bis in ídem
Autoría
C.G.L.
Grao en Dereito
C.G.L.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 11:30
26.06.2025 11:30
Resumo
Este traballo aborda a problemática relación entre o Dereito administrativo sancionador e o Dereito penal, centrándose nos límites do poder punitivo do Estado e no principio ne bis in ídem, que impide sancionar dúas veces polos mesmos feitos. En primeiro lugar, estúdanse as diferenzas entre ambos sistemas sancionadores, revisando diversas teorías doutrinais: as cualitativas, que sosteñen que o penal e o administrativo protexen bens xurídicos distintos; as cuantitativas, que os diferencian pola gravidade das sancións; as formais, que se basean no órgano que impón a sanción; e as mixtas, que combinan criterios anteriores. Analízanse tamén as posturas de autores relevantes e o papel do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, que emprega criterios como a natureza do ilícito e a severidade da sanción para determinar se un procedemento ten carácter penal. Posteriormente, o traballo examina as diferenzas procedementais entre ambas as ordes, como o órgano sancionador, a imparcialidade, o dereito á defensa ou a presunción de inocencia. En canto ás diferenzas materiais, destácanse cuestións como o principio de legalidade, a culpabilidade, a autoría e a imposición de sancións privativas de liberdade. A segunda parte do traballo dedícase ao estudo do ne bis in ídem, explicando a súa evolución, o seu recoñecemento xurisprudencial e a súa regulación legal actual. Desenvólvese a teoría da tripla identidade (suxeito, feito e fundamento), necesaria para a súa aplicación, e discútese sobre supostos nos que non se aplica, como cando as sancións protexen bens xurídicos distintos ou en contextos de suxeición especial. Finalmente, conclúese que a distinción entre ambas as ordes sancionadoras carece dunha base dogmática sólida e que o sistema actual precisa dunha reforma que clarifique os seus principios, garanta os dereitos fundamentais e evite tanto a duplicidade sancionadora como situacións de impunidade.

Almeida Cerreda, Marcos (Titoría)
Almeida Cerreda, Marcos (Titoría)
Tribunal
Almeida Cerreda, Marcos (Titor do alumno)

A Unión Europea ante o cambio climático: O Pacto Verde
Autoría
V.G.G.
Grao en Dereito
V.G.G.
Grao en Dereito
Data da defensa
27.06.2025 12:30
27.06.2025 12:30
Resumo
Neste traballo analizaremos a participación da UE no réxime xurídico internacional en materia de cambio climático desde un enfoque xurídico e histórico. Explícase como a CMNUCC de 1992 deu orixe ao réxime xurídico internacional nesta materia. Posteriormente, o Protocolo de Quioto de 1997 supuxo o primeiro compromiso xurídicamente vinculante, aínda que con limitacións importantes, como a non ratificación por parte dos Estados Unidas e a exclusión dos países en desenvolvemento de obrigas cuantificadas. Con todo, o Acordo de París de 2015 presenta unha nova estratexia máis inclusiva e flexible que inclúe no seu compromiso aos países en desenvolvemento para presentar as NDC. Por outra banda, tamén consideraremos o liderazgo da UE na loita contra o cambio climático, impulsando acordos como o de París e desenvolvendo iniciativas e regulacións propias malia os obstáculos impostos polos EUA e outros emisores clave. Entre as inciativas da UE para acadar a neutralidades climática en 2050 destaca o PVE, con metas como reducir un 55% as emisión para 2030. Inclúe a implementación da Axentda 2030 e a aprobación da Lei do Clima Europea, que converte eses obxectivos en vinculantes. Para acadalos, o PVE establece múltiples estratexias que buscan encamiñar Europa cara a recuperación ecolóxica, a evolución do sistema alimentario, a mobilidade cara un modelo sostible, a descarbonización do sistema enerxético, a movilización da industria a prol dunha economía limpia e circular, facer fronte á eficiencia enerxética da construcción e propón acadar a contaminación cero para un entorno sen sustancias tócias. Además, o PVE prevé o seu financiamento a través do Fondo de Transición Xusta, que mobilizará ata 260.000 millóns de euros anuais ata 2030, sendo tamén imprescindible a colaboración do sector privado.

LIROLA DELGADO, MARIA ISABEL (Titoría)
LIROLA DELGADO, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
LIROLA DELGADO, MARIA ISABEL (Titor do alumno)

O pacto de mellora na Lei de Dereito Civil de Galicia
Autoría
M.D.L.I.R.
Grao en Dereito
M.D.L.I.R.
Grao en Dereito
Data da defensa
30.06.2025 12:00
30.06.2025 12:00
Resumo
No presente Traballo de Fin de Grao analizarase unha figura típica do dereito civil galego: o pacto de mellora. Trátase dun pacto sucesorio que permite a unha persoa con veciñanza civil galega transmitir en vida bens ou dereitos aos seus descendentes, beneficiándose dunha importante redución da carga fiscal. A diferenza da herdanza tradicional, o pacto de mellora permite que os bens se transmitan antes do falecemento do titular, aínda que pode establecerse que a adquisición sexa efectiva tras a súa morte. Este pacto está regulado na Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, converténdose así nunha figura moi relevante en Galicia, xa que na maior parte de España este tipo de negocios xurídicos están prohibidos. Ao longo deste traballo, levarase a cabo un estudo detallado das características tanto obxectivas como subxectivas do pacto de mellora, así como das causas e consecuencias da súa ineficacia. Ademais, profundarase naqueles aspectos que foron menos desenvolvidos pola lexislación co obxectivo de achegar unha visión máis completa e periférica desta figura xurídica tan relevante na nosa Comunidade Autónoma.

Acoso escolar e saúde mental: os trastornos depresivos como consecuencia psicosocial
Autoría
L.J.A.
Grao en Criminoloxía
L.J.A.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
01.07.2025 17:00
01.07.2025 17:00
Resumo
O acoso escolar é un fenómeno que cada vez está máis presente na nosa sociedade e sobre o cal xorden preguntas achega do por que se produce e que consecuencias provoca. Ao longo deste traballo abordaranse os múltiples factores que rodean o acoso escolar coa finalidade de achegar luz sobre o tema. Para iso levará a cabo unha revisión bibliográfica co obxectivo de abordar a relación entre sufrir algún tipo de acoso escolar e padecer, como consecuencia do mesmo, trastornos depresivos e outro tipo de patoloxías. Así mesmo, tamén se busca contextualizar este fenómeno e coñecer as causas, os tipos e os principais axentes implicados. Tamén, realizarase unha análise da resposta penal ante este tipo de situacións e unha comparativa entre os protocolos de actuación aplicados nos centros educativos de Galicia e País Vasco; e os programas KiVa e Zero, sobre os cales se efectuará unha análise para coñecer a súa efectividade.

BRAÑAS GONZALEZ, ANTIA (Titoría)
BRAÑAS GONZALEZ, ANTIA (Titoría)
Tribunal
BRAÑAS GONZALEZ, ANTIA (Titor do alumno)

A relación entre a xente nova e a administración pública
Autoría
M.L.F.
Grao en Dereito
M.L.F.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 10:00
26.06.2025 10:00
Resumo
Este traballo de fin de grao analiza a relación entre a xuventude e a administración pública, poñendo especial énfase no papel que xogan as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na participación activa e o acceso a servizos públicos por parte da xente nova. Partindo dunha caracterización do colectivo xuvenil como grupo social específico, estúdanse as competencias administrativas en materia de mocidade, a normativa vixente, e a estrutura organizativa dedicada a este ámbito. A continuación, examínase como o uso das TIC transformou a forma en que a mocidade se relaciona coa administración, tanto en termos de participación democrática como no acceso a dereitos e servizos. Analízanse tamén datos europeos sobre habilidades dixitais e uso da internet en mozos de entre 16 e 24 anos, establecendo correlacións que evidencian brechas de acceso ou exclusión dixital. O traballo aborda o dereito e deber de relacionarse electrónicamente coas administracións públicas segundo as leis 39/2015 e 40/2015, así como o impacto da xurisprudencia neste ámbito, cunha especial e importante mención ao contexto universitario galego. Por último, identifícanse as principais barreiras que enfronta a mocidade na súa relación coa administración e ilústranse mediante estudos de caso como o bono cultural, as axudas ao alugueiro en Galicia e o Ingreso Mínimo Vital. O obxectivo desta análise é achegar unha visión crítica sobre a situación para comprender ata que punto as políticas públicas actuais responden ás necesidades reais da mocidade, así como detectar os factores que dificultan un vínculo eficaz entre este colectivo e a administración. Ademais, esta análise propón algunha solución para mellorar esta situación, ofrecendo unha base para futuras propostas que favorezan unha maior accesibilidade, inclusión e participación xuvenil nos asuntos públicos.

Nogueira López, María da Alba (Titoría)
Nogueira López, María da Alba (Titoría)
Tribunal
Nogueira López, María da Alba (Titor do alumno)

Análisis das atitudes da sociedade e institucións españolas ante a inmigración.
Autoría
J.L.S.
Grao en Criminoloxía
J.L.S.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
17.02.2025 12:00
17.02.2025 12:00
Resumo
O aumento sustancial da poboación inmigrante en España xerou na sociedade española toda una variedad de reaccións, tanto de aceptación como de rexeitamento. Para coñecer os motivos que subxacen á existencia de diferentes perfís actitudinais, no presente traballo lévase a cabo un estudo panorámico da literatura existente a fin de analizar se se basan en feitos demostrados empíricamente ou se, pola contra, se fundamentan en toda unha serie de ideas falsas ou distorsionadas da realidade social. No marco do obxeto de estudo tamén resulta relevante prestar atención ao papel influinte dos medios de comunicación na opinión pública, as políticas en materia de migración en España e na Unión Europea, e os modelos de inclusión e integración social existentes no noso país.

ALLONES PEREZ, CARLOS ANTONIO J (Titoría)
ALLONES PEREZ, CARLOS ANTONIO J (Titoría)
Tribunal
ALLONES PEREZ, CARLOS ANTONIO J (Titor do alumno)

Marcas non tradicionais: últimas tendencias
Autoría
M.M.L.J.
Grao en Dereito
M.M.L.J.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 10:00
26.06.2025 10:00
Resumo
O presente traballo de fin de grao aborda o concepto de marcas non tradicionais, un tema relevante na actualidade debido ao seu impacto na propiedade industrial e á súa relación coas tendencias tecnolóxicas e sensoriais do mercado. O obxectivo principal é analizar como estas marcas, que van máis alá dos signos distintivos convencionais, están a transformar o panorama legal e comercial. A evolución histórica da marca establece o marco para entender como foron cambiando os enfoques sobre os signos distintivos ao longo do tempo, destacando a importancia do dereito de propiedade industrial. A continuación, analízase o contexto xurídico e o concepto legal de marca, distinguindo entre os diferentes tipos de marcas tradicionais e non tradicionais. Afóndase no dereito de exclusividade e nas prohibicións de rexistro, tanto absolutas como relativas, que inflúen no proceso de protección legal das marcas. O núcleo do traballo céntrase nas marcas non tradicionais, dividíndoas en visuais e non visuais. As primeiras inclúen marcas tridimensionais, de cor, de patrón e de posición, mentres que as segundas abarcan marcas olfativas, sonoras, de sabor e de textura. Examínase cada tipo de marca en detalle, tendo en conta as súas características, desafíos legais e casos relevantes. Finalmente, abórdase a nova era das marcas non tradicionais, subliñando como a innovación tecnolóxica está a impulsar a necesidade de adaptar o marco xurídico. En conclusión, o traballo pon de manifesto como as marcas non tradicionais están a configurar o futuro da propiedade industrial, desafiando a normativa existente e demandando unha actualización na regulación legal para facer fronte a estes novos desafíos.

Fernández-Albor Baltar, Ángel (Titoría)
Fernández-Albor Baltar, Ángel (Titoría)
Tribunal
Fernández-Albor Baltar, Ángel (Titor do alumno)

Papel das representantes das traballadoras na protección dos dereitos laborais dentro da empresa. Especial mención á protección fronte o acoso sexual.
Autoría
D.L.O.
Grao en Dereito
D.L.O.
Grao en Dereito
Data da defensa
20.02.2025 10:00
20.02.2025 10:00
Resumo
A través deste Traballo de Fin de Grao desenvólvense as competencias das representantes das traballadoras para a protección dos dereitos laborais dentro da empresa, a través da regulamentación do Estatuto dos Traballadores, outras normativas, xurisprudencia e doutrina. Faise especial mención á protección fronte ao acoso sexual e o acoso con razón de sexo: como detectalo e como actuar fronte a el a travésdas ferramentas sindicais.

MIRANDA BOTO, JOSE MARIA (Titoría)
MIRANDA BOTO, JOSE MARIA (Titoría)
Tribunal
MIRANDA BOTO, JOSE MARIA (Titor do alumno)

O delito de acoso como forma de violencia de xénero e o emprego de novas tecnoloxías.
Autoría
M.L.G.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
M.L.G.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
Data da defensa
30.06.2025 11:30
30.06.2025 11:30
Resumo
O obxectivo deste traballo é analizar o delito de acoso recollido no artigo 172.ter do Código Penal. En concreto, preténdese estudalo dende unha perspectiva de xénero, tendo en conta que unha das razóns polas que se incorporou ao ordenamento xurídico foi asumir as obrigas establecidas polo Convenio do Consello de Europa de 2011 sobre a prevención e loita contra a violencia contra a muller e a violencia doméstica para os Estados parte nel. Tamén pretende explicar como as novas tecnoloxías impactaron nos métodos e medios empregados para cometer actos de acoso. Todo isto basándose nun exame da xurisprudencia e doutrina vixentes sobre este delito.

PEREZ RIVAS, NATALIA (Titoría)
PEREZ RIVAS, NATALIA (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ-PORTOMEÑE SEIJAS, FERNANDO ANTONIO (Presidente/a)
Valeije Álvarez, María Inmaculada (Secretario/a)
GUINARTE CABADA, GUMERSINDO (Vogal)
VAZQUEZ-PORTOMEÑE SEIJAS, FERNANDO ANTONIO (Presidente/a)
Valeije Álvarez, María Inmaculada (Secretario/a)
GUINARTE CABADA, GUMERSINDO (Vogal)
Un desafío xurídico para o dereito internacional: Os Sistemas de Armas Autónomas Letais.
Autoría
C.L.F.
Grao en Dereito
C.L.F.
Grao en Dereito
Data da defensa
01.07.2025 11:00
01.07.2025 11:00
Resumo
Os Sistemas de Armas Autónomas Letais enténdense, en termos xerais, como sistemas de armamento capaces de seleccionar e atacar obxectivos sen intervención humana directa nas súas funcións críticas. A súa autonomía variable esperta unha gran preocupación, especialmente nos sistemas completamente autónomos. Por este motivo, a comunidade internacional insiste na necesidade de manter un control humano significativo e a responsabilidade humana sobre o uso da forza, que en ningún caso pode ser transferida a unha máquina. Na actualidade non existe un tratado internacional específico sobre os SAAL, aínda que existen propostas para desenvolver un no futuro. A principal vía para regular estes sistemas autónomos é a Convención sobre Certas Armas Convencionais (CCW) e o seu Grupo Xeral de Expertos (GGE). Grazas ao traballo de ambos, conseguiuse consolidar a plena aplicación do Dereito Internacional Humanitario e desenvolveron unha lista de principios reitores que constitúen unha base sobre a que seguir traballando. En canto ás propostas de regulación, a comunidade internacional divídese entre quen defenden unha regulación internacional que prohiba ou restrinxa os SAAL e quen consideran máis axeitado continuar cunha autorregulación baseada no soft law. En calquera caso, os SAAL deben respectar os principios fundamentais do DIH, concretamente o principio de distinción (entre combatentes/obxectivos militares e poboación civil/bens civís), proporcionalidade (evitar danos civís excesivos en relación coa vantaxe militar) e precaución. A capacidade dos SAAL para aplicar estes principios en contornos bélicos complexos segue xerando serias dúbidas.

JORGE URBINA, JULIO (Titoría)
JORGE URBINA, JULIO (Titoría)
Tribunal
JORGE URBINA, JULIO (Titor do alumno)
JORGE URBINA, JULIO (Titor do alumno)
Lei do divorcio de 1932 e a súa aplicación en Santiago de Compostela.
Autoría
A.L.S.
Grao en Dereito
A.L.S.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 11:45
26.06.2025 11:45
Resumo
O presente traballo está centrado no divorcio español, en particular, o divorcio de 1932 durante a Segunda República. Para entender a historia desta lei, é necesario partir desde a definición de matrimonio, así como da evolución do divorcio desde o Dereito romano ata a lei actual española. A continuación, contextualízase e leva a cabo unha análise xurídica da Lei de Divorcio de 1932. Por último, conclúese coa abordaxe dun caso na Galicia rural. Mediante o exame de dúas causas penais revélase de modo implícito a incoación dun xuízo de divorcio promovido por unha muller. Este enfoque ten como obxectivo proporcionar un exemplo práctico da implementación da lei prevista, e os problemas cos que se atopaban moitas mulleres á hora de exercer o seu dereito de divorcio.

BOUZADA GIL, MARIA TERESA (Titoría)
BOUZADA GIL, MARIA TERESA (Titoría)
Tribunal
BOUZADA GIL, MARIA TERESA (Titor do alumno)

O Impacto das Cláusulas Abusivas nos Contratos de Arrendamento Urbano no Acceso á Vivenda da Xuventude
Autoría
L.M.C.
Grao en Dereito
L.M.C.
Grao en Dereito
Data da defensa
01.07.2025 12:30
01.07.2025 12:30
Resumo
O problema actual da vivenda afecta con maior intensidade ás clases medias e baixas do noso país e, sobre todo, á xente nova, que ve a posibilidade de acceder ao uso ou á propiedade dunha vivenda como algo moi afastado. Este traballo pretende analizar as principais causas que nos levaron a esta situación, tanto sociais como xurídicas, e relacionaranse coa regulación normativa vixente do contrato de arrendamento de vivenda e do uso distinto ao de vivenda, co fin de analizar o seu impacto e detectar posibles propostas de mellora lege ferenda. Así mesmo, realizarase unha análise do equilibrio que se debe acadar entre as fórmulas normativas que pretenden a protección da figura do arrendatario e o dereito de uso e goce da propiedade privada do arrendador, sen que este último quede totalmente limitado.

REBOLLEDO VARELA, ANGEL LUIS (Presidente/a)
MADRIÑAN VAZQUEZ, MARTA (Secretario/a)
CARBALLO FIDALGO, MARTA (Vogal)

Os Poderes do empresario e o respecto aos dereitos fundamentais dos traballadores
Autoría
M.M.M.
Grao en Dereito
M.M.M.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 10:00
26.06.2025 10:00
Resumo
Neste traballo analízase o exercicio dos poderes do empresario dentro da relación laboral e os seus límites fronte os dereitos fundamentais dos traballadores, con especial atención ao poder de vixilancia e control e ao dereito á intimidade no entorno dixital. Estúdase o poder de dirección, o poder de vixilancia e control e o poder disciplinario, pero a investigación céntrase en como estes deben exercitarse con respecto aos dereitos dos traballadores constitucionalmente proclamados. O núcleo do traballo enfócase particularmente nos desafíos que propoñen as novas tecnoloxías utilizadas polo empresario como instrumentos de control como a videovixilancia, o monitorieo, xeolocalización e a súa incidencia no dereito á intimidade e desconexión dixital das persoas traballadoras. Como marco legal fundamental utilízase a Lei Orgánica 3/2018, de Proteción de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais, para delimitar o exercicio destas prácticas empresariais, establecendo requisitos de proporcionalidade, información previa e respecto á dignidade do traballador. Así mesmo, exponse o papel que ocupa o triple xuízo de proporcionalidade como instrumento clave para ponderar as medidas adoptadas polo empresario e o respecto aos dereitos fundamentais dos traballadores, incorporando a tal fin xurisprudencia relevante como o caso Barbulescu. En definitiva, conclúese que, se ben o empresario dispón de amplas facultades, estas non son ilimitadas nin poden exercerse de forma arbitraria nin vulnerar os dereitos dos traballadores. O uso equilibrado de eses poderes é esencial, especialmente nunha contorna dixital cada vez máis complexa e desafiante.

Alvarez Gonzalez, Teresa Eva (Titoría)
Alvarez Gonzalez, Teresa Eva (Titoría)
Tribunal
Alvarez Gonzalez, Teresa Eva (Titor do alumno)

Bases organizativas da Policía Nacional en España
Autoría
A.M.G.
Grao en Criminoloxía
A.M.G.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
30.06.2025 12:00
30.06.2025 12:00
Resumo
Este traballo ten como fin levar a cabo un estudo sobre o modelo actual do Corpo Nacional de Policía en España, co obxectivo de recoller a normativa, bases, estrutura, etc. dun corpo tan famoso e á vez descoñecido como é a Policía Nacional. En primeiro lugar, levará a cabo un repaso da historia do Corpo, partindo da súa orixe e avanzando polas diferentes reformas ás que se viu sometido co paso dos anos ata chegar ao modelo actual. Doutra banda, revisarase a diversa normativa á que este se ve suxeito, desde a propia Constitución ata a normativa interna do Corpo. Seguidamente, botaremos unha ollada ao proceso existente na actualidade para acceder aos diversos postos da Policía Nacional, a preparación e formación dos policías do futuro e as diferentes vías para ascender e especializarse unha vez dentro do propio Corpo. Continuarase cun estudo das diversas unidades existentes, así como da súa estrutura e organización por todo o territorio nacional, á vez que se recollerán e tratarán as súas funcións e competencias para finalizar cunha ollada cara ao presente e/o futuro próximo a través de diversos aspectos e frontes que teñen ou terán unha especial importancia nos vindieros anos para o Corpo Nacional de Policía.

Miguez Macho, Luis (Titoría)
Miguez Macho, Luis (Titoría)
Tribunal
Miguez Macho, Luis (Titor do alumno)
Miguez Macho, Luis (Titor do alumno)
Perspectiva de futuro do imposto corporativo mínimo global
Autoría
A.M.C.
Grao en Dereito
A.M.C.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 10:00
26.06.2025 10:00
Resumo
O propósito de este traballo é analizar as medidas do Segundo Pilar propostas pola OCDE para establecer un tipo impositivo mínimo global para o imposto de sociedades do 15%. Este imposto cupón unha das maiores reformas internacionais do sistema tributario ata a data polo que é de suma importancia entender cómo se vai aplicar dito imposto asi como as súas posibles consecuencias.

GARCIA NOVOA, CESAR (Titoría)
GARCIA NOVOA, CESAR (Titoría)
Tribunal
GARCIA NOVOA, CESAR (Titor do alumno)
GARCIA NOVOA, CESAR (Titor do alumno)
Análise do ADN no Proceso Penal
Autoría
S.M.C.
Grao en Dereito
S.M.C.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 16:00
26.06.2025 16:00
Resumo
O presente traballo ten por obxecto a análise das mostras de ADN no que respecta ao seu valor probatorio e á súa presenza ao longo do proceso penal. En España, a reforma levada a cabo no ano 2015 introduciu a posibilidade da obtención coactiva da mostra ante a negativa da persoa investigada, previa autorización xudicial. Trataremos de analizar como afecta a súa obtención á orde constitucional e aos dereitos fundamentais, así como examinar os problemas que poden derivarse da súa aplicación: en que supostos é aplicable; baixo que condicións; como debe ser a resolución xudicial autorizante; como levar a cabo a recollida e análise e, en definitiva, o proceso ao que se somete esta dilixencia tan problemática mediante a posible execución coactiva da recollida e análise do ADN. Ademais, existen na historia procesual penal española dous casos mediáticos merecentes dunha especial atención no que respecta a dita proba, polo que os mencionaremos e analizaremos durante o desenvolvemento do traballo que a continuación se presenta.

Breve análise do dereito á liberdade de expresión na era dixital.
Autoría
H.N.K.
Grao en Dereito
H.N.K.
Grao en Dereito
Data da defensa
30.06.2025 13:00
30.06.2025 13:00
Resumo
O presente traballo aborda o complexo panorama da liberdade de expresión na era dixital, con especial atención ao impacto das redes sociais. Nun primeiro momento, examínase este dereito fundamental desde unha perspectiva xurídica, destacando as garantías constitucionais e legais que o protexen nos estados democráticos. Así mesmo, analízanse outros dereitos intimamente relacionados coa liberdade de expresión, como o dereito á información. A continuación, afóndase nos riscos xerados a raíz do avance das tecnoloxías da información, en concreto, na censura e na proliferación de discursos de odio ou desinformación. Finalmente, o traballo expón os distintos mecanismos de control e regulación vixentes, tanto no plano nacional como internacional. Analízanse tanto as respostas dos estados como as políticas de moderación de contidos das plataformas dixitais.

GUDE FERNANDEZ, ANA MARIA (Titoría)
GUDE FERNANDEZ, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
GUDE FERNANDEZ, ANA MARIA (Titor do alumno)

Prisión provisional, factores criminóxenos e resocialización
Autoría
S.O.L.
Grao en Dereito
S.O.L.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 16:30
26.06.2025 16:30
Resumo
A prisión provisional, medida cautelar restritiva, expón tensións entre o proceso penal e os dereitos fundamentais. Aínda que concibida como excepcional e subsidiaria, o seu uso estendeuse máis alá do previsto, converténdose en moitos casos nunha pena anticipada que afecta a aquelas persoas que aínda non foron condenadas. Esta realidade xera non só unha vulneración de principios como a presunción de inocencia, senón tamén consecuencias persoais, sociais e xurídicas de gran calado. Unha das cuestións máis preocupantes é o efecto criminóxeno que pode ter o encarceramento previo ao xuízo. O contacto con contornos penitenciarios e con internos condenados pode producir unha “contaminación criminóxena” en individuos que, en ocasións, resultan inocentes. A isto súmase o impacto psicolóxico, a perda de vínculos sociais e laborais, e a dificultade de reinserción tras a escarceración. A análise aborda tamén o concepto de resocialización, entendido como un proceso activo de reeducación e reintegración social. Dende esta perspectiva, cuestiónase se a prisión provisional, tal como se aplica na práctica, cumpre coas esixencias constitucionais de orientar as penas cara á rehabilitación. Ademais, examínase a responsabilidade do Estado ante casos de prisión provisional indebida, a escasa efectividade dos mecanismos de revisión xudicial e a necesidade de reforzar as garantías procesuais. Proponse alternativas como a xustiza restaurativa e sublíñase a importancia de políticas penitenciarias centradas na educación, a atención psicolóxica e a inserción laboral como ferramentas para reducir a reincidencia.

A copaternidade como modelo familiar contemporáneo.
Autoría
S.O.M.
Grao en Dereito
S.O.M.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 12:30
26.06.2025 12:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao analiza o fenómeno da copaternidade como un modelo familiar emerxente no que dúas ou máis persoas, sen vínculo romántico, deciden compartir a crianza dun fillo/a. Investiga as súas orixes, o seu desenvolvemento en España e a falta de regulación específica sobre o tema, así como a súa comparación con outros sistemas xurídicos. Desde unha perspectiva xurídica, examina os contratos de copaternidade, a filiación e a patria potestade, así como os diversos conflitos que poderían xurdir pola falta de regulación específica. Tamén aborda outros aspectos como a multiparentalidade e a posibilidade de que este concepto poida ser utilizado para eludir a lei en relación coa xestación subrogada. Desde unha perspectiva ética, analiza os dereitos do neno e o seu interese superior, avaliando se este modelo garante un ambiente estable e seguro para o seu axeitado crecemento e desenvolvemento. Este proxecto conclúe que, aínda que a copaternidade non constitúe necesariamente un novo modelo familiar, presenta certos desafíos legais e éticos que requiren unha regulación clara. É necesario abordar esta realidade desde unha perspectiva integral que garanta tanto a seguridade xurídica dos proxenitores como a protección do menor, garantindo o seu crecemento e desenvolvemento nun entorno axeitado.

Rodríguez Boente, Sonia Esperanza (Titoría)
Rodríguez Boente, Sonia Esperanza (Titoría)
Tribunal
Rodríguez Boente, Sonia Esperanza (Titor do alumno)

A xornada laboral e os tempos de descanso. Regulación, xurisprudencia e acordos colectivos.
Autoría
H.P.P.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
H.P.P.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
Data da defensa
17.02.2025 10:30
17.02.2025 10:30
Resumo
Este traballo céntrase na análise de diversos aspectos relacionados coa regulación do tempo de traballo, os descansos e as vacacións no marco laboral español, tanto dende unha perspectiva normativa coma xurisprudencial, tendo moi en conta tamén a negociación colectiva. Examínase como a lexilación española evolucionou historicamente para establecer límites claros sobre a xornada laboral máxima, tomando como referencia o marco constitucional actual. Tamén se abordan distintas categorías de tempo dentro da xornada laboral como o tempo de traballo efectivo, tempo de dispoñibilidade e descanso. Neste sentido, discútense casos específicos, como as pausas para ir ao baño ou os cambios de turno. O traballo tamén explora as regulacións sobre os tempos de descanso, incluindo descansos breves durante a xornada, descanso diario e semanal, así como as vacacións anuais retribuídas. Examínanse as disposicións nacionais e as europeas, en concreto, a Directiva 2003/88/CE. Finalmente, trátase sobre a recente proposta de reducir a xornada laboral máxima semanal a 37,5 horas, anunciada en decembro de 2024.

VILLALBA SANCHEZ, ALICIA (Secretario/a)
FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO (Vogal)
MELLA MENDEZ, LOURDES (Presidente/a)
VILLALBA SANCHEZ, ALICIA (Secretario/a)
FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO (Vogal)
Traballo Fin de Grao
Autoría
M.P.L.
Grao en Dereito
M.P.L.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 11:00
26.06.2025 11:00
Resumo
Este traballo é unha exploración da incidencia da invención estrela de Jeremy Bentham, o Panóptico ou Casa de Inspección, na reforma penitenciaria española do século XIX a través dun exemplo práctico: o cárcere do partido xudicial de Lugo, inaugurada no 1887, en plena onda de construcción de cárceres modelo en España. A súa edificación prodúcese nun contexto de consolidación do dereito penitenciario ilustrado, e de cambios lexislativos que convertirán a pena de prisión en el piar central da súa normativa penal. Búscase comprender a razón de ser da súa planta pseudo-panóptica, una verdadeira anomalía con antecedentes moi escasos na práctica constructiva do momento, no que proliferaba o modelo radial ou o ‘panóptico-local’. A través dunha revisión da literatura especializada, trázase un percorrido pola invención da prisión panóptica, facendo un breve repaso da vida do seu creador e incidindo na evolución do concepto de inspección central ao longo da Historia e nas distintas fontes das que, consciente o inconscientemente, bebe Jeremy Bentham á hora de idear este instrumento para o exercicio do poder. Logo de detallar os principios ideolóxicos que articulan o modelo, afóndase na incidencia que tivo a nivel internacional para despois poñer o foco na penitenciaría lucense, nacida nun ambiente de reforma a ritmos irregulares. Finalmente, suxírese unha hipótese sobre a súa morfoloxía inusual e aparentemente xa superada a finais de século.

ORTEGO GIL, PEDRO (Presidente/a)
Rodríguez Boente, Sonia Esperanza (Secretario/a)
SEGURA ORTEGA, MANUEL (Vogal)

A planificación da sucesión na esfera dixital
Autoría
M.P.R.
Grao en Dereito
M.P.R.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 12:30
26.06.2025 12:30
Resumo
Nun contexto marcado pola crecente dixitalización da vida cotiá, o presente traballo pretende analizar a problemática xurídica derivada da planificación da sucesión na esfera dixital. A tal fin, estúdase o alcance da autonomía da vontade do causante respecto do destino sucesorio dos seus bens e dereitos dixitais, de carácter tanto patrimonial como extrapatrimonial. Así mesmo, leva a cabo un labor de delimitación conceptual ao redor de realidades aínda difusas, como o controvertido debate sobre a existencia do “testamento dixital” ou que debe entenderse por “bens e dereitos dixitais”. Todo iso dende a intersección que se dá entre o Dereito sucesorio, o Dereito de contratos e o Dereito da persoa, así como as dificultades que xorden ao tentar aplicar institucións tradicionais a novas formas de patrimonio que distan física e conceptualmente da noción de patrimonio analóxico. Finalmente, examínase o papel da actual Lei Orgánica de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais (LOPDPGDD), que constitúe o marco normativo base para a regulación da sucesión dixital.

ESPIN ALBA, ISABEL (Titoría)
ESPIN ALBA, ISABEL (Titoría)
Tribunal
ESPIN ALBA, ISABEL (Titor do alumno)
ESPIN ALBA, ISABEL (Titor do alumno)
Evolución e teoría da selección sexual: unha revisión narrativa sobre as diferenzas sexuais na agresión humana.
Autoría
S.P.C.
Grao en Criminoloxía
S.P.C.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
17.02.2025 11:00
17.02.2025 11:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é facer unha revisión narrativa sobre as diferenzas sexuais na violencia seguindo a perspectiva evolucionista. A agresión humana presenta diferenzas significativas entre sexos, sendo os homes os que mostran os niveis máis altos de violencia. Desde hai un século, a psicoloxía evolucionista ha tentado ofrecer diversas explicacións a este fenómeno, por iso no presente texto repasarase o proposto na literatura científica co fin de brindar unha visión de conxunto actualizada sobre esta área. Trataranse factores psicolóxicos, sociais e biolóxicos, tentando comprender como estes veñen condicionados polos procesos evolutivos dos que falaba Charles Darwin.

ESMORIS ARRANZ, FRANCISCO JOSE (Titoría)
ESMORIS ARRANZ, FRANCISCO JOSE (Titoría)
Tribunal
ESMORIS ARRANZ, FRANCISCO JOSE (Titor do alumno)

A dependencia funcional da Policía Xudicial respecto dos órganos xurisdicionais e fiscais
Autoría
A.P.F.
Grao en Dereito
A.P.F.
Grao en Dereito
Data da defensa
30.06.2025 11:30
30.06.2025 11:30
Resumo
No presente Traballo de Fin de Grado analizarase o sistema de doble dependencia orgánica e funcional nas actuacións da Policía Xudicial respecto do Poder Executivo e Xudicial, centrándonos especialmente na dependencia funcional en relación cos órganos xurisdicionais e fiscais. Levarase a cabo un estudo normativo a cerca da introducción da Policía Xudicial no noso ordenamento xurídico; coa conseguinte explicación da súa composición, prinicpios de actuación e funcións. Finalizando co elenco de actuacións atribuidas á Policía Xudicial e recollidas na Ley de Axuizamento Criminal.

CATALINA BENAVENTE, MARIA DE LOS ANGELES (Titoría)
CATALINA BENAVENTE, MARIA DE LOS ANGELES (Titoría)
Tribunal
CATALINA BENAVENTE, MARIA DE LOS ANGELES (Titor do alumno)

Personalidade escura e actitudes cara o fraude: un estudo con poboación penitenciaria e comunitaria.
Autoría
P.P.G.
Grao en Criminoloxía
P.P.G.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
08.07.2025 11:00
08.07.2025 11:00
Resumo
En calqueira aspecto da criminalidade existen numerosas variables a considerar para explicar satisfatoriamente a comisión delitiva. Porén, cando se trata da delincuencia económica atopamos explicacións de corte máis utilitarista ou oportunista que, por si soas, non engloban a complexidade de dito fenómeno. Con esta investigación búscase incidir nas variables persoais vencelladas coa Personalidade Escura que presentan unha relación cos xa mencionados delitos. Para iso, compararase unha mostra comunitaria con outra penitenciara na busca de diferencias significativas nas seguintes variables: psicopatía, tríada escura, desconexión moral e tendencia ao fraude. Todas elas evaluaranse con escalas científicamente validadas para identificar os posibles rasgos de personalidade que se relacionan coa delincuencia económica.
En calqueira aspecto da criminalidade existen numerosas variables a considerar para explicar satisfatoriamente a comisión delitiva. Porén, cando se trata da delincuencia económica atopamos explicacións de corte máis utilitarista ou oportunista que, por si soas, non engloban a complexidade de dito fenómeno. Con esta investigación búscase incidir nas variables persoais vencelladas coa Personalidade Escura que presentan unha relación cos xa mencionados delitos. Para iso, compararase unha mostra comunitaria con outra penitenciara na busca de diferencias significativas nas seguintes variables: psicopatía, tríada escura, desconexión moral e tendencia ao fraude. Todas elas evaluaranse con escalas científicamente validadas para identificar os posibles rasgos de personalidade que se relacionan coa delincuencia económica.
Dirección
Sobral Fernández, Jorge (Titoría)
Sobral Fernández, Jorge (Titoría)
Tribunal
Sobral Fernández, Jorge (Presidente/a)
Seijo Martínez, María Dolores (Secretario/a)
Novo Pérez, Mercedes (Vogal)
Sobral Fernández, Jorge (Presidente/a)
Seijo Martínez, María Dolores (Secretario/a)
Novo Pérez, Mercedes (Vogal)
Análise do Imposto Temporal de Solidariedade das Grandes Fortunas
Autoría
A.Q.A.
Grao en Dereito
A.Q.A.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 12:00
26.06.2025 12:00
Resumo
No ano 2022 apróbanse en España unha serie de medidas dirixidas a paliar os efectos na economía provocados pola guerra de Ucraína. Entre elas, atópanse varios tributos novos, sendo o máis polémico o Imposto Temporal de Solidariedade das Grandes Fortunas, que é obxecto de análise no presente traballo. Este gravame configúrase como complementario ao Imposto sobre o Patrimonio e unha gran parte da súa regulación remite á lei deste último para o seu desenvolvemento. Caracterízase polas súas finalidades harmonizadora e recaudatoria, que provocan conflito coa autonomía financeira das Comunidades Autónomas. Afecta aos suxeitos pasivos, que son en todo caso persoas físicas, titulares dun patrimonio superior aos 3.000.000 de euros. A súa introdución no noso ordenamento fixo xurdir moitos debates, tanto polo seu contido material como polas cuestións formais implicadas na súa aprobación.

IGLESIAS CASAIS, JOSE MANUEL (Titoría)
IGLESIAS CASAIS, JOSE MANUEL (Titoría)
Tribunal
IGLESIAS CASAIS, JOSE MANUEL (Titor do alumno)

O Ministerio Fiscal como investigador no proceso penal de adultos
Autoría
A.R.M.
Grao en Criminoloxía
A.R.M.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
27.06.2025 16:00
27.06.2025 16:00
Resumo
O presente traballo realiza unha revisión bibliográfica sobre o papel do Ministerio Fiscal como director da fase de investigación no proceso penal de adultos en España, analizando o seu marco xurídico, evolución histórica e debates doutrinais. Examínase a proposta de transformar o modelo procesual penal español, actualmente dirixido por un xuíz de instrución, cara a un sistema no que o fiscal asuma a dirección da investigación, creándose a figura do xuíz de garantías para tutelar os dereitos fundamentais. Esta reforma busca reforzar a imparcialidade xudicial ao separar nitidamente as funcións de investigar e xulgar. Existen críticas e obstáculos relevantes fronte a esta transformación, sendo a obxección máis destacada a que alude á organización xerárquica do Ministerio Fiscal e a súa dependencia respecto do poder executivo. A atribución da instrución ao Ministerio Fiscal parece inviable sen unha reforma previa e profunda do seu estatuto orgánico. A devandita reforma debe ser capaz de garantir a súa plena autonomía fronte ao goberno para asegurar a imparcialidade da investigación e fortalecer a confianza cidadá no sistema de xustiza.

Inteligencia Artificial y discriminación automatizada: ¿justicia algorítmica o sesgo sistemático?
Autoría
S.R.F.
Grao en Dereito
S.R.F.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 13:30
26.06.2025 13:30
Resumo
Na era da intelixencia artificial, onde algoritmos opacos deciden se unha persoa obtén un emprego, un préstamo ou incluso a liberdade, este traballo analiza criticamente un dos desafíos máis urxentes do Dereito contemporáneo: a discriminación automatizada. A través dunha metodoloxía cualitativa baseada na análise documental e no estudo de casos emblemáticos (COMPAS, Amazon e o scoring crediticio), evidénciase como os sistemas de IA poden reproducir e amplificar sesgos estruturais baixo unha aparencia de obxectividade técnica. O traballo explora o marco normativo europeo e español, examina as consecuencias xurídicas e sociais destas decisións automatizadas, e aborda a complexa cuestión da atribución de responsabilidade. Destácase especialmente a recente xurisprudencia do TXUE, que reforza o dereito a unha revisión significativa das decisións automatizadas con efectos xurídicos. Así mesmo, propóñense solucións lexislativas e de gobernanza algorítmica para garantir a transparencia, a equidade e a rendición de contas no desenvolvemento e uso dos sistemas de IA. Este TFG non pretende só ofrecer unha reflexión académica, senón tamén un chamamento á acción xurídica ante un fenómeno que transforma silenciosamente as regras do xogo democrático. Fronte á fascinación tecnolóxica, o Dereito debe exercer a súa función esencial: protexer ás persoas, especialmente ás máis vulnerables, fronte a novas formas de exclusión invisíbel.

As normas en materia de protección de datos persoais no marco xurídico da defensa da competencia: sentenza «Meta Platforms Inc.»
Autoría
C.R.D.
Grao en Dereito
C.R.D.
Grao en Dereito
Data da defensa
30.06.2025 13:30
30.06.2025 13:30
Resumo
O presente traballo analiza a interacción entre o Dereito da competencia e a protección de datos persoais no mercado dixital, partindo do estudo sistemático dos diferentes marcos normativos que regulan estes ámbitos: o Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD), as normas de defensa da competencia da Unión Europea, especialmente o artigo 102 do TFUE, e o novo Regulamento de Mercados Dixitais (DMA). A continuación, exponse como esta interrelación se manifesta na práctica para partir da análise da recente sentenza do TJUE do 4 de xullo de 2023, Meta Platforms Inc. (C-252/21). O obxectivo deste traballo é amosar como o tratamento indebido de datos persoais na contorna dixital actual pode ser non só unha infracción da normativa de protección de datos, senón que tamén un indicio de prácticas anticompetitivas susceptibles de sanción por parte das autoridades competentes. Así mesmo, pretende evidenciar a necesidade de cooperación entre as autoridades nacionais de competencia e as autoridades de control en materia de protección de datos para garantir a tutela dos dereitos dos cidadáns e o correcto funcionamento do mercado interior.

NEIRA BARRAL, DANIEL (Titoría)
NEIRA BARRAL, DANIEL (Titoría)
Tribunal
NEIRA BARRAL, DANIEL (Titor do alumno)
NEIRA BARRAL, DANIEL (Titor do alumno)
O sharenting e a patria potestade
Autoría
A.R.C.
Grao en Dereito
A.R.C.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 13:00
26.06.2025 13:00
Resumo
O presente traballo parte do estudo e do concepto da patria potestade (ou a actual responsabilidade parental), así como dos elementos que a conforman. A continuación, analiza o fenómeno do sharenting, entendida como a práctica pola cal os proxenitores comparten las redes sociais imaxes e información persoal dos seus fillos menores de idade e dos riscos que isto poda merar nos menores, como o ciberacoso o as pegadas dixitais. Ademais, continúa analizando os conflitos xurídicos que este fenómeno poda xerar, relacionados con dereitos coma a intimídate, a propia imaxe e a protección de datos persoais. Neste último momento, pasarase a un análises da reposta outorgada polo ordenamento xurídico español, mediante o analice da CE, da LO 1/1982 ou tamén da LOPDGDD.

O branqueo de capitais e as parcelas máis difusas da súa regulación en España.
Autoría
M.R.G.
Grao en Dereito
M.R.G.
Grao en Dereito
Data da defensa
30.06.2025 12:30
30.06.2025 12:30
Resumo
Debido á globalización e á conxuntura socioeconómica imperante no mundo actual, o branqueo de capitais converteuse nun dos delitos más común a escala nacional e internacional , o cal supón un gran desafío e exixe un esforzo significativo e coordinación ás autoridades nacionais e organismos internacionais para evitar graves danos ao sistema económico. Así, no presente traballo exporei unhas ideas principais sobre a natureza do delito e os distintos factores que nel interveñen para logo enfocarme, dentro do ámbito do Dereito español, naquelas modalidades comisivas e variantes do delito que máis polémica e debate suscitaron na doutrina; para iso, contraporei as diferentes posicións existentes e incidirei en que dixo a xurisprudencia no tocante a eses termos. Polo tanto, o obxectivo principal do presente escrito é ofrecer un conxunto de datos sobre os conceptos máis difusos e que o lector poida esclarecer as dúbidas que teña en relación aos significados de certos conceptos e como se castigan no noso ordenamento xurídico; concretamente, refírome ao delito de autobranqueo de capitais e á posibilidade de concurso real entre o delito fiscal e o delito de branqueo de capitais.

GUINARTE CABADA, GUMERSINDO (Titoría)
GUINARTE CABADA, GUMERSINDO (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ-PORTOMEÑE SEIJAS, FERNANDO ANTONIO (Presidente/a)
BRAGE CENDAN, SANTIAGO BERNARDO (Secretario/a)
Valeije Álvarez, María Inmaculada (Vogal)

Residencia das persoas xurídicas a efectos fiscais: adquisición e perda
Autoría
R.R.N.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
R.R.N.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
Data da defensa
11.07.2025 10:00
11.07.2025 10:00
Resumo
No presente traballo analízase a residencia fiscal das persoas xurídicas desde a perspectiva do Dereito tributario, abordando a súa adquisición e perda, así como as implicacións derivadas da súa determinación. Partimos dunha delimitación previa sobre que entidades están suxeitas a gravame polos impostos sobre a renda, distinguindo entre persoas xurídicas con e sen personalidade xurídica. Estudamos o concepto de residencia fiscal desde a perspectiva do Dereito interno, centrando a análise nos puntos de conexión que establece a normativa do Imposto sobre Sociedades, así como na presunción legal de residencia prevista para entidades situadas en territorios de baixa tributación. Tamén se aborda o papel dos establecementos permanentes e a súa relevancia no marco da suxeición fiscal. Por outra banda, analízase a noción de residencia no ámbito internacional, especialmente nos Convenios para evitar a Dobre Imposición (CDI) e no Modelo de Convenio da OCDE, salientando os criterios para resolver conflitos de dobre residencia e a importancia da sede de dirección efectiva. Ademais, afóndase na perda da residencia fiscal e as súas consecuencias xurídicas e fiscais, con especial atención ao réxime do “exit tax” ou imposto de saída regulado polo artigo 19 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do Imposto sobre Sociedades. Finalmente, examínase a compatibilidade desta figura co Dereito da Unión Europea, a través da xurisprudencia do TXUE e a transposición da Directiva (UE) 2016/1164. Todo isto contextualízase nun contorno económico globalizado, onde a determinación da residencia fiscal adquire especial relevancia para evitar situacións de dobre imposición e preservar a seguridade xurídica do contribuínte.

Villaverde Gómez, María Begoña (Titoría)
Villaverde Gómez, María Begoña (Titoría)
Tribunal
Villaverde Gómez, María Begoña (Titor do alumno)

Exoneración de inocentes a través da innovación na análise de mostras de ADN
Autoría
C.R.L.
Grao en Criminoloxía
C.R.L.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
01.07.2025 18:00
01.07.2025 18:00
Resumo
Este traballo centrouse no estudo de casos reais nos que o ADN serviu para declarar a inocencia de persoas que foron privadas de liberdade de maneira errónea, concretamente por delitos de homicidio e/o agresións sexuais, a través dunha revisión bibliográfica de carácter xurídico e científico, prestando especial atención aos diferentes avances na incorporación desta técnica na xustiza. Ademais, preséntase unha análise exhaustiva dos fundamentos técnicos do ADN, describindo os seus elementos estruturais e os principais métodos empregados en xenética forense. Conclúese que a incorporación da xenética no ámbito xudicial supuxo un gran avance na calidade, fiabilidade e desenvolvemento, tanto das investigacións como do posterior proceso de axuizamento, axudando non só a esclarecer casos, senón tamén a corrixir erros que viñan arrastrando ao longo da historia. Con este traballo ponse de relevo a necesidade do desenvolvemento constante desta nova tecnoloxía, que inclúe o ADN como unha ferramenta para garantir o debido proceso e reforzar a confianza social na xustiza.

SALAS ELLACURIAGA, ANTONIO (Titoría)
SALAS ELLACURIAGA, ANTONIO (Titoría)
Tribunal
SALAS ELLACURIAGA, ANTONIO (Titor do alumno)

Os pactos prematrimoniais en previsión de ruptura no Dereito español
Autoría
M.R.S.
Grao en Dereito
M.R.S.
Grao en Dereito
Data da defensa
01.07.2025 11:00
01.07.2025 11:00
Resumo
A progresiva contractualización das relacións familiares durante os últimos 50 anos propiciou que os futuros cónxuxes, os cónxuxes, e mesmo os convivintes more uxorio, con anterioridade ou durante o matrimonio, así como antes ou durante a convivencia de feito, respectivamente, subscriban acordos a fin de regular as consecuencias persoais e patrimoniais dunha eventual e futura ruptura. Semellantes acordos coñécense popularmente como «pactos prematrimoniais en previsión de ruptura», aínda que tamén se lles denomina, de forma máis ampla, «pactos pre-ruptura», «pactos en previsión da ruptura familiar» ou «pactos familiares en previsión de ruptura». A extensa regulación que destes pactos conteñen algúns Dereitos civís autonómicos -en particular, o Dereito civil catalán- contrasta coa ausencia de regulación destes acordos polo Código Civil, en cuxo marco só por vía xurisprudencial se lles outorga validez, sempre que cumpran os límites xerais que á autonomía da vontade impón o art. 1255 do mesmo Código. Así as cousas, a partir da doutrina xurisprudencial e científica desenvolvida ata o momento, o presente Traballo de Fin de Grao pretende sistematizar o réxime xurídico aplicable no Dereito común aos pactos prematrimoniais en previsión de ruptura, sen esquecer, por unha banda, as solucións que ás principais controversias suscitadas sobre esta figura aportan os Dereitos civís autonómicos -algunhas das cales, de lege ferenda, poderían incorporarse ao Código Civil- e, por outra, a peculiar situación das parellas de feito, en auxe, ao igual que os pactos aquí analizados, durante os últimos anos no noso país.

Herrero Oviedo, Margarita Cristina (Titoría)
Herrero Oviedo, Margarita Cristina (Titoría)
Tribunal
GARCIA RUBIO, MARIA PAZ (Presidente/a)
LETE ACHIRICA, JAVIER (Secretario/a)
ESPIN ALBA, ISABEL (Vogal)
GARCIA RUBIO, MARIA PAZ (Presidente/a)
LETE ACHIRICA, JAVIER (Secretario/a)
ESPIN ALBA, ISABEL (Vogal)
Branqueo de diñeiro 4.0: novas fronteiras dixitais.
Autoría
A.R.S.
Grao en Criminoloxía
A.R.S.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
26.06.2025 11:00
26.06.2025 11:00
Resumo
De entre as actividades ilícitas con maior repercusión a nivel global, atopámonos co branqueo de diñeiro, o cal se viu influído -ao igual que a maior parte dos delitos- polo avance das novas tecnoloxías, transformación dixital que someteu ao sector financieiro ao máis estrito cumprimento normativo en materia de loita contra o branqueo de diñeiro (AML), baixo a éxida de varias institucións que levan xa décadas poñendo o foco na prevención dun problema cun crecemento desenfreado, atendendo no só a dito fenómeno como tal, senón tamén ás súas múltiples manifestacións dixitais, dende as xa case primitivas tarxetas de prepago ata os máis novidosos criptoactivos, ambos os cales teñen algo en común que os fai tan valiosos para o seu uso neste ámbito criminal: a súa capacidade de interconectividade grazas ao auxe da globalización.

ABEL SOUTO, MIGUEL (Titoría)
ABEL SOUTO, MIGUEL (Titoría)
Tribunal
ABEL SOUTO, MIGUEL (Titor do alumno)
ABEL SOUTO, MIGUEL (Titor do alumno)
A negativa a contratar como abuso de posición dominante
Autoría
M.S.C.
Grao en Dereito
M.S.C.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 13:30
26.06.2025 13:30
Resumo
Este traballo analiza a negativa para contratar como forma de abuso de posición dominante prohibida polo artigo 102 do TFUE. Aínda que as empresas teñen en principio liberdade para decidir con quen contratan, esta liberdade pode verse limitada cando ostentan unha posición dominante no mercado. En certos casos, negarse a subministrar produtos ou servizos pode considerarse unha conduta excluínte sempre que o insumo sexa indispensable, a negativa elimine a competencia, se limite o desenvolvemento do mercado (en caso de dereitos de propiedade intelectual) e non exista xustificación obxectiva. Estúdanse tres grupos de casos de negativa a contratar: a negativa para subministrar a competidores, a denegación de acceso a infraestruturas esenciais e a negativa para conceder licenzas sobre dereitos de propiedade intelectual. O traballo examina a evolución xurisprudencial dos Tribunais da Unión Europea a través de casos crave como Commercial Solvents, Bronner, Magill, IMS Health e Microsoft, identificando os elementos que configuran unha negativa para contratar como conduta ilícita e a súa diferenza coa aparición de novas figuras como as chamadas restricións de acceso.

FRAMIÑAN SANTAS, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
FRAMIÑAN SANTAS, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
FRAMIÑAN SANTAS, FRANCISCO JAVIER (Titor do alumno)
FRAMIÑAN SANTAS, FRANCISCO JAVIER (Titor do alumno)
Avaliación forense do dano psicolóxico simulado da violación a través do PAI
Autoría
L.S.F.
Grao en Criminoloxía
L.S.F.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
08.07.2025 11:30
08.07.2025 11:30
Resumo
A violencia sexual, e en particular a violación, constitúe un dos delitos máis graves polo seu impacto devastador nas vítimas. O seu estudo criminolóxico e psicolóxico resulta clave para protexer ás vítimas, e detectar posibles simulacións que afecten ao funcionamento do sistema e contraveñan a presunción de inocencia. Este estudo empírico ten como obxectivo valorar a efectividade do Inventario de Avaliación da Personalidade (PAI) para a avaliación psicolóxico-forense do dano derivado dunha violación. Adoptouse un deseño de simulación no que 50 mulleres cumprimentaron o PAI baixo dúas condicións diferentes: simulación e realidade. Na de simulación debían responder tratando de simular o dano psicolóxico consecuencia dunha violación, mentres que na de realidade a resposta debía ser honesta. O análise das respostas revelou que eran capaces de simular sintomatoloxía que non padecían e atribuíla a unha violación. Ademais, eran capaces de simular síntomas propios do dano psicolóxico deste tipo de violencia sexual (p. e., Trastorno de estrés postraumático, depresión e ansiedade). Para conseguir esta simulación fixeron uso de dúas estratexias de simulación: a agrupación indiscriminada de síntomas e a severidade de síntomas. Pola súa parte, os indicadores de validez do PAI (IMN, SIM, FDR) mostraron unha baixa sensibilidade na detección da simulación. En consecuencia, e pensando na práctica profesional, en caso de usar o PAI neste tipo de avaliación debe facerse sempre integrado dentro dun protocolo multimétodo e multi-medida. Investigacións futuras deberían continuar investigando a sensibilidade do PAI para a detección da simulación, e integrar ademais o estudo da especificidade.
A violencia sexual, e en particular a violación, constitúe un dos delitos máis graves polo seu impacto devastador nas vítimas. O seu estudo criminolóxico e psicolóxico resulta clave para protexer ás vítimas, e detectar posibles simulacións que afecten ao funcionamento do sistema e contraveñan a presunción de inocencia. Este estudo empírico ten como obxectivo valorar a efectividade do Inventario de Avaliación da Personalidade (PAI) para a avaliación psicolóxico-forense do dano derivado dunha violación. Adoptouse un deseño de simulación no que 50 mulleres cumprimentaron o PAI baixo dúas condicións diferentes: simulación e realidade. Na de simulación debían responder tratando de simular o dano psicolóxico consecuencia dunha violación, mentres que na de realidade a resposta debía ser honesta. O análise das respostas revelou que eran capaces de simular sintomatoloxía que non padecían e atribuíla a unha violación. Ademais, eran capaces de simular síntomas propios do dano psicolóxico deste tipo de violencia sexual (p. e., Trastorno de estrés postraumático, depresión e ansiedade). Para conseguir esta simulación fixeron uso de dúas estratexias de simulación: a agrupación indiscriminada de síntomas e a severidade de síntomas. Pola súa parte, os indicadores de validez do PAI (IMN, SIM, FDR) mostraron unha baixa sensibilidade na detección da simulación. En consecuencia, e pensando na práctica profesional, en caso de usar o PAI neste tipo de avaliación debe facerse sempre integrado dentro dun protocolo multimétodo e multi-medida. Investigacións futuras deberían continuar investigando a sensibilidade do PAI para a detección da simulación, e integrar ademais o estudo da especificidade.
Dirección
VILARIÑO VAZQUEZ, MANUEL (Titoría)
VILARIÑO VAZQUEZ, MANUEL (Titoría)
Tribunal
Sobral Fernández, Jorge (Presidente/a)
Seijo Martínez, María Dolores (Secretario/a)
Novo Pérez, Mercedes (Vogal)
Sobral Fernández, Jorge (Presidente/a)
Seijo Martínez, María Dolores (Secretario/a)
Novo Pérez, Mercedes (Vogal)
A vantaxe inxusta como instrumento de protección do contratante con discapacidade no Código Civil español
Autoría
M.S.M.
Grao en Dereito
M.S.M.
Grao en Dereito
Data da defensa
01.07.2025 11:30
01.07.2025 11:30
Resumo
O presente traballo analiza os cambios introducidos en materia de Dereito de Contratos pola Lei 8/2021, do 2 de xuño, pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica, que trae por obxectivo adaptar o ordenamento xurídico español aos postulados da Convención das Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade do 13 de decembro de 2006. O traballo estrutúrase en tres partes: en primeiro lugar, unha parte introdutoria que versa sobre o contrato e os seus elementos, focalizada no consentimento e na protección da parte débil contratante. En segundo lugar, un estudo sobre o novo tratamento das persoas con discapacidade tanto a nivel nacional como internacional, culminando coa análise da Lei 8/2021. Por último, os últimos epígrafes están dedicados ao estudo da regulación no Código Civil español da vantaxe inxusta, a través dunha comparación detallada con outros instrumentos europeos que tamén prevén a súa regulación.
O presente traballo analiza os cambios introducidos en materia de Dereito de Contratos pola Lei 8/2021, do 2 de xuño, pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica, que trae por obxectivo adaptar o ordenamento xurídico español aos postulados da Convención das Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade do 13 de decembro de 2006. O traballo estrutúrase en tres partes: en primeiro lugar, unha parte introdutoria que versa sobre o contrato e os seus elementos, focalizada no consentimento e na protección da parte débil contratante. En segundo lugar, un estudo sobre o novo tratamento das persoas con discapacidade tanto a nivel nacional como internacional, culminando coa análise da Lei 8/2021. Por último, os últimos epígrafes están dedicados ao estudo da regulación no Código Civil español da vantaxe inxusta, a través dunha comparación detallada con outros instrumentos europeos que tamén prevén a súa regulación.
Dirección
Herrero Oviedo, Margarita Cristina (Titoría)
Herrero Oviedo, Margarita Cristina (Titoría)
Tribunal
GARCIA RUBIO, MARIA PAZ (Presidente/a)
LETE ACHIRICA, JAVIER (Secretario/a)
ESPIN ALBA, ISABEL (Vogal)
GARCIA RUBIO, MARIA PAZ (Presidente/a)
LETE ACHIRICA, JAVIER (Secretario/a)
ESPIN ALBA, ISABEL (Vogal)
As publicacións en redes sociais como proba no proceso penal.
Autoría
A.S.C.
Grao en Dereito
A.S.C.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 18:30
26.06.2025 18:30
Resumo
As plataformas dixitais convertéronse nun espazo onde os usuarios comparten información persoal, opinións e mesmo indicios de posibles ilícitos penais. Neste contexto, xorde a necesidade de examinar a validez e os límites da utilización destas publicacións no ámbito xudicial. Este traballo examina o marco xurídico que regula a admisibilidade das probas dixitais, con especial atención ós dereitos fundamentais. Estúdanse os criterios que os tribunais empregan para valorar a autenticidade e fiabilidade deste tipo de probas, así como os conflitos que poden xurdir entre os dereitos fundamentais dos imputados e o interese na persecución do delito. Ademais, analízanse as dificultades que xorden á hora de estudar a autenticidade e integridade destas probas, debido á súa fácil manipulación e falsificación. Neste contexto, elaborase unha a revisión da Lei de Axuizamento Criminal (LACRIM), ca reforma de 2015, que estableceu un marco máis preciso para a investigación tecnolóxica. Este traballo ten como obxecto as publicacións en redes sociais como probas xudiciais e dentro de estas analízanse as mensaxes a través de aplicacións de mensaxería privadas (como os correos electrónicos ou o Whatsapp) ou as publicacións en plataformas públicas ou semi-públicas (como Instagram, X ou Facebook). O estudo pon de manifesto a necesidade de atopar un equilibrio entre a eficacia da xustiza e o respecto ós dereitos fundamentais, así como de actualizar a lexislación para adaptarse ós desafíos que presentan as novas tecnoloxías no proceso penal.

Os Incoterms
Autoría
M.S.B.
Grao en Dereito
M.S.B.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 11:00
26.06.2025 11:00
Resumo
Os Incoterms, tamén coñecidos como Termos Comerciais Internacionais, son unha serie de normas internacionais privadas desenvolvidas pola Cámara de Comercio Internacional. Estes termos non son obrigatorios e deben ser incorporados polas partes ao contrato para ser aplicables. Estes termos teñen como obxectivo facilitar a compravenda internacional de mercadorías, aínda que tamén son aplicables nas compravendas nacionais. Para cumprir con éxito esta función, a Cámara de Comercio Internacional actualízaos con frecuencia variable. Desde os Incoterms de 1980, estas modificacións establécense cada dez anos, o que leva á regulación actual dos Incoterms de 2020. Este traballo de fin de grao explorará a evolución histórica dos Incoterms, así como as diversas formas de clasificalos. Finalmente, realizarase un estudo individual de cada un dos termos incluídos no texto dos Incoterms de 2020.

Operacións de fusións e adquisicións
Autoría
R.S.C.
Grao en Dereito
R.S.C.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 10:30
26.06.2025 10:30
Resumo
Este traballo constitúe unha análise sobre as operacións de fusións e adquisicións empresariais, abarcando todos os ámbitos e aspectos fundamentais deste tipo de procesos. O enfoque deste estudo lévase a cabo desde a perspectiva xurídica, sen prexuízo da necesaria aproximación económica para aglutinar todas as variables destas operacións corporativas. O aproveitamento de sinerxías, a creación de valor, a execución da correspondente Due Diligence nos seus diversos ámbitos, así como as múltiples modalidades posibles á hora de levar a cabo esta estratexia de crecemento empresarial, son fundamentos teóricos que se desenvolven ao longo deste traballo, co obxectivo de proporcionar unha visión periférica destas operacións ao tempo que se sintetizan os conceptos abstractos que se albiscan neste ámbito. Por outra parte, prantexase a necesidade de executar unha planificación axeitada e oportuna respecto ás potenciais continxencias derivadas deste tipo de operación corporativa, dado que non están exentas de problemáticas nin riscos. Por último, cómpre destacar que este elaborado proceso consta de tres fases claramente diferenciadas que, a diferenza doutro tipo de operacións, abrangue non só a fase contractual e as súas principais cláusulas, senón tamén a relevancia das fases precontractual e postcontractual. O presente traballo consta de 15.173 palabras.

A responsabilidade patrimonial das administracións públicas no funcionamento dos servizos públicos: especial mención ás Entidades Locais.
Autoría
F.S.M.
Grao en Dereito
F.S.M.
Grao en Dereito
Data da defensa
01.07.2025 13:00
01.07.2025 13:00
Resumo
O presente traballo céntrase en analizar a responsabilidade patrimonial das Administracións Públicas polo funcionamento dos servizos públicos con especial mención ás entidades locais. Ao longo do desenvolvemento do epigrafiado faise un estudo dos diferentes elementos caracterizadores da institución da responsabilidade patrimonial: o seu carácter unitario, directo e obxectivo. Así mesmo, é obxecto de análise o fundamento xurídico da responsabilidade patrimonial, con atención particular ao establecido tanto na Constitución Española como o desenvolto na lexislación ordinaria da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público. Abórdase os diversos requisitos da responsabilidade patrimonial: o dano efectivo, avaliable economicamente e individualizado, relación de causalidade, existencia de antixuricidade e a forza maior como causa de exoneración da responsabilidade. Amáis, faise un destacado tratamento na responsabilidade patrimonial das administracións locais polos danos causados na vía pública, incluíndo no seu exame o relativo a doutrina consultiva seguida no noso ordenamento xurídico. Finalmente, cómpre facer mención a que o traballo enfócase na investigación do procedemento administrativo de reclamación de responsabilidade patrimonial, distinguindo as distintas fases do mesmo. En definitiva, a finalidade do presente traballo é afondar no estudo dunha institución que protexe os dereitos dos particulares e que efectiviza na práctica os mandatos constitucionais de cumprimento de valor de xustiza e igualdade dos españois ante a lei.

ARENAS MEZA, MIGUEL ENRIQUE (Secretario/a)
Santiago Iglesias, Diana (Vogal)

Fenómeno migratorio. propostas xurídicas no marco do dereito constitucional e a sociedade internacional
Autoría
X.S.L.
Grao en Dereito
X.S.L.
Grao en Dereito
Data da defensa
18.02.2025 12:00
18.02.2025 12:00
Resumo
O propósito deste traballo é o acercamento e retrospectiva dos movementos migratorios previos, as medidas adoptadas para paliar o dito suceso e solucións socio-xurídicas e de seguridade no contexto do século vinteún. Achegamos xustificacións xurídicas no marco do dereito internacional e estatal para fundamentar non só desde a óptica teórica senón tamén desde a epistemolóxica.
O propósito deste traballo é o acercamento e retrospectiva dos movementos migratorios previos, as medidas adoptadas para paliar o dito suceso e solucións socio-xurídicas e de seguridade no contexto do século vinteún. Achegamos xustificacións xurídicas no marco do dereito internacional e estatal para fundamentar non só desde a óptica teórica senón tamén desde a epistemolóxica.
Dirección
FERNANDEZ RODRIGUEZ, JOSE JULIO (Titoría)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, JOSE JULIO (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ RODRIGUEZ, JOSE JULIO (Titor do alumno)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, JOSE JULIO (Titor do alumno)
Contratos y negocios bancarios en Roma
Autoría
T.S.V.
Grao en Dereito
T.S.V.
Grao en Dereito
Data da defensa
19.02.2025 17:00
19.02.2025 17:00
Resumo
O presente traballo ten como fin analizar a figura dos banqueiros e a súa implicación nos contratos e negocios bancarios existentes na antiga Roma. Ao longo do estudo, examínanse as características e requisitos que deben cumprir os banqueiros, así como o labor que estes desempeñan nas distintas actividades bancarias. De igual forma, leva a cabo unha análise do emprego dos libros contables como ferramentas importantes para o rexistro das diversas actividades bancarias, así como o papel que desempeña a confianza nas relacións existentes entre o banqueiro e o seu cliente. Ademais, abórdase o tema relativo ás obrigacións dos banqueiros e a eventual responsabilidade que xorde destas relacións. Tamén se analizan brevemente os contratos e negocios bancarios máis comúns: o mutuo, o constitutum, o receptum argentarii. Unha atención especial dedícase ao contrato de depósito, nas súas diferentes variantes, e tamén á poxa. Esta análise permite reflexionar sobre como as prácticas bancarias da antiga Roma sentaron as bases de principios financeiros que aínda hoxe rexen as institucións bancarias modernas, subliñando a vixencia de conceptos como a confianza e a transparencia.

SIXTO DA SILVA, MARIA ESPERANZA (Titoría)
SIXTO DA SILVA, MARIA ESPERANZA (Titoría)
Tribunal
SIXTO DA SILVA, MARIA ESPERANZA (Titor do alumno)

Los programas de prevención de delitos en el ámbito empresarial (compliance).
Autoría
A.T.Q.
Grao en Dereito
A.T.Q.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 11:00
26.06.2025 11:00
Resumo
Este traballo analiza os programas de cumprimento normativo como instrumentos clave para previr a responsabilidade penal das persoas xurídicas, conforme o artigo 31 bis do Código Penal. Analízase o marco xurídico de dita responsabilidade, os requisitos legais que deben cumprir estos programas para ser considerados eficaces, e os criterios xurisprudenciais que determinan o seu valor eximente ou atenuante. Dedícase especial atención á figura do Oficial de Cumprimento, así como ás súas funcións e responsabilidade. Finalmente, estúdanse os canles internos de denuncia e as investigacións internas, mecanismos esenciais para detectar e previr conductas irregulares dentro da empresa.

Valeije Álvarez, María Inmaculada (Titoría)
Valeije Álvarez, María Inmaculada (Titoría)
Tribunal
Valeije Álvarez, María Inmaculada (Titor do alumno)

A elección dos vogais do Consello Xeral do Poder Xudicial: crise na independencia xudicial
Autoría
L.T.M.
Grao en Dereito
L.T.M.
Grao en Dereito
Data da defensa
27.06.2025 13:00
27.06.2025 13:00
Resumo
O presente traballo analiza o sistema de elección dos vogais do Consello Xeral do Poder Xudicial, con especial atención á súa evolución normativa e ao debate actual ao redor da súa politización. Ante a reiterada falta de cumprimento dos prazos legais para a renovación do órgano (especialmente evidente no bloqueo institucional máis recente, prolongado durante máis de cinco anos), esta análise examina a orixe do sistema establecido na Constitución Española de 1978 e o seu desenvolvemento posterior a través de diversas reformas lexislativas. Abórdase de forma detallada a elección dos vogais tanto de procedencia xudicial como non xudicial nas distintas leis orgánicas que regularon o CXPX (1980, 1985, 2001, 2013, 2018 e 2024), analizando os cambios introducidos, as críticas doctrinales e as decisións do Tribunal Constitucional. Así mesmo, exponse o conflito entre dous modelos de designación: o parlamentario, que defende a elección de todos os vogais polas Cortes Xerais; e o xudicial, que propón que os doce vogais de procedencia xudicial sexan elixidos directamente por Xuíces e Maxistrados. O estudo inclúe unha análise das propostas de reforma presentadas polos principais partidos políticos, a postura oficial adoptada polo propio CXPX e as recomendacións emitidas polo Grupo de Estados contra a Corrupción (GRECO) do Consello de Europa, achegando así unha perspectiva comparada e aliñada cos estándares internacionais. Finalmente, formúlanse unha serie de propostas orientadas a reforzar a independencia do CXPX e a promover un modelo de autogoberno que asegure a súa neutralidade institucional.

RODRIGUEZ ALVAREZ, ANA (Presidente/a)
VALIÑO CES, ALMUDENA (Secretario/a)
Alonso Salgado, Cristina (Vogal)
RODRIGUEZ ALVAREZ, ANA (Presidente/a)
VALIÑO CES, ALMUDENA (Secretario/a)
Alonso Salgado, Cristina (Vogal)
O ADN no proceso penal
Autoría
A.U.R.
Grao en Dereito
A.U.R.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 17:00
26.06.2025 17:00
Resumo
O presente traballo analiza a cuestión da utilización do ADN no proceso penal; con atención ao marco normativo español explórase a tensa relación entre a administración de xustiza e a privacidade, analizando ademais os límites xurídicos da obtención, almacenamento e valoración da proba de ADN no proceso penal. Afóndase no lacónico carácter da lexislación reguladora do ADN, a cal deixou á xurisprudencia a tarefa de delimitar os dereitos e obrigas dos suxeitos implicados para finalmente abordar diversos debates xurídicos abertos arredor da proba de ADN, como o seu almacenamento en bases de datos ou a súa relación cos dereitos fundamentais. Este traballo configúrase como unha defensa de que a proba de ADN debe ser unha aliada do xulgador á hora de impartir xustiza e nunca un instrumento de control. A ciencia avanza, do mesmo xeito que o fai o dereito, mais deben facelo de forma parella, asegurando que a procura da verdade procesal non se impoña en ningún caso sobre os dereitos dos individuos.

A acusación popular
Autoría
S.V.D.B.
Grao en Dereito
S.V.D.B.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 12:00
26.06.2025 12:00
Resumo
A acción popular é unha institución que permite a calquera cidadán español intervir nun proceso penal como parte acusadora, mesmo que non se vise prexudicado ou ofendido polo delito. Está regulada no artigo 125 da Constitución, que a recoñece como un medio para que os cidadáns participen na administración de xustiza, así como nos artigos 101 e 270 da Lei de Enxuicio Criminal. A acción popular ten como obxectivo garantir a axeitada tutela xudicial dos bens protexidos pola lei. Non obstante, a xurisprudencia encargouse de modular o seu réxime, establecendo límites obxectivos, subxectivos e temporais máis alá dos requisitos formais establecidos na LECrim (Lei Común de Enxuicio Criminal). Este traballo aborda o exercicio da acción pública a través duns antecedentes históricos necesarios, os límites legais e xurisprudenciais aos que está suxeita a súa intervención no proceso, así como os últimos intentos de reforma e, por suposto, o proxecto de lei presentado en xaneiro deste ano 2025.

Análise da seguridade cidadá no sistema constitucional vixente.
Autoría
A.V.G.
Grao en Dereito
A.V.G.
Grao en Dereito
Data da defensa
30.06.2025 10:00
30.06.2025 10:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é analizar a lexislación española sobre a seguridade cidadá, realizando un repaso polas competencias das Forzas e Corpos de Seguridade, pola súa actuación, polas súas relacións cos órganos competentes e polas sancións e infraccións, para determinar ou non a necesidade de endurecer ou atenuar a lexislación vixente.
O obxectivo deste traballo é analizar a lexislación española sobre a seguridade cidadá, realizando un repaso polas competencias das Forzas e Corpos de Seguridade, pola súa actuación, polas súas relacións cos órganos competentes e polas sancións e infraccións, para determinar ou non a necesidade de endurecer ou atenuar a lexislación vixente.
Dirección
FERNANDEZ RODRIGUEZ, JOSE JULIO (Titoría)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, JOSE JULIO (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ RODRIGUEZ, JOSE JULIO (Titor do alumno)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, JOSE JULIO (Titor do alumno)
Evolución histórica e regulación actual da Policía Local, con especial mención a Policía Local de Galicia
Autoría
A.V.P.
Grao en Criminoloxía
A.V.P.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
17.02.2025 10:00
17.02.2025 10:00
Resumo
O propósito de este traballo radica na necesidade de explorar a evolución histórica da Policía como corpo de seguridade en España, dende o siglo XIX ata a actualidade, así como examinar a súa regulación actual cun enfoque particular no caso de Galicia. Búscase analizar e diferenciar as distintas etapas que foi atravesando esta institución ao longo do tempo, tendo en conta os cambios políticos, sociais e dinásticos que foron marcando a historia do noso país, así como o desenvolvemento e configuración da Policía.
O propósito de este traballo radica na necesidade de explorar a evolución histórica da Policía como corpo de seguridade en España, dende o siglo XIX ata a actualidade, así como examinar a súa regulación actual cun enfoque particular no caso de Galicia. Búscase analizar e diferenciar as distintas etapas que foi atravesando esta institución ao longo do tempo, tendo en conta os cambios políticos, sociais e dinásticos que foron marcando a historia do noso país, así como o desenvolvemento e configuración da Policía.
Dirección
Miguez Macho, Luis (Titoría)
Miguez Macho, Luis (Titoría)
Tribunal
Miguez Macho, Luis (Titor do alumno)
Miguez Macho, Luis (Titor do alumno)
Factores que determinan a elección de Especialidade no Sistema MIR
Autoría
M.Z.N.
Grao en Dereito
M.Z.N.
Grao en Dereito
Data da defensa
19.02.2025 12:15
19.02.2025 12:15
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza os factores determinantes na elección de especialidade médica dentro do sistema de formación MIR en España. A través do estudo dos datos de adxudicación de prazas entre 2020 e 2023, identifícanse tendencias crave que reflicten a influencia de aspectos académicos, vocacionais e estruturais na toma de decisións dos aspirantes. Examínanse as especialidades máis e menos demandadas, a distribución por xénero na elección de especialidade, o impacto da localización xeográfica na selección de praza e o efecto das políticas de incentivo na cobertura de áreas críticas como Medicina Familiar e Comunitaria. A análise baséase nunha metodoloxía cuantitativa, empregando ferramentas como Excel e PowerBI para a visualización de datos. Os resultados revelan que especialidades altamente competitivas, como Dermatoloxía e Cirurxía Plástica, manteñen unha adxudicación temperá debido ao seu prestixio e condicións laborais favorables. En contraste, especialidades cunha maior carga asistencial e menor recoñecemento social, como Medicina de Familia, presentan unha menor demanda a pesar do incremento na oferta de prazas. Ademais, o estudo mostra unha tendencia persistente na diferenciación por xénero na elección de especialidade e unha relación significativa entre o prestixio hospitalario e a preferencia dos aspirantes. As conclusións deste traballo destacan a importancia de implementar estratexias que equilibren a distribución de especialistas no sistema sanitario, promovendo incentivos adecuados para as especialidades menos demandadas e asegurando unha cobertura eficiente das necesidades de saúde en España.

FERREIRO SEOANE, FRANCISCO JESUS (Titoría)
FERREIRO SEOANE, FRANCISCO JESUS (Titoría)
Tribunal
FERREIRO SEOANE, FRANCISCO JESUS (Titor do alumno)