Turismo experiencial en Noia. O patrimonio vencellado ao pan artesán. Saberes e sabores no Forno de Víctor.
Autoría
P.A.R.
Grao en Xestión Cultural (2ªed) virtual
P.A.R.
Grao en Xestión Cultural (2ªed) virtual
Data da defensa
07.07.2025 13:00
07.07.2025 13:00
Resumo
A importancia do pan na cultura popular galega segue vixente e a súa testemuña na localidade de Noia (A Coruña) continúa a ser evidente pois existen aínda numerosos fornos de pedra que son parte integral do patrimonio preindustrial da localidade. Estes antigos cocedoiros comunais foron así mesmo no pasado espazos de encontro veciñal, de transmisión xeracional de saberes e de intercambio de sabores.

Dirección
CUPEIRO LOPEZ, PATRICIA (Titoría)
CUPEIRO LOPEZ, PATRICIA (Titoría)
Tribunal
González Pereira, Miguel (Coordinador)
BALIÑAS PEREZ, JOSE CARLOS (Presidente/a)
Gusman Correia de Araújo Barbosa, Maria Inês (Secretario/a)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Vogal)

A metáfora conceptual na iconografía da arte
Autoría
E.P.A.V.
Grao en Xestión Cultural (2ªed) virtual
E.P.A.V.
Grao en Xestión Cultural (2ªed) virtual
Data da defensa
16.09.2025 16:00
16.09.2025 16:00
Resumo
O presente traballo xorde coa idea de analizar as metáforas conceptuais na iconografía ao longo de distintas épocas e estilos artísticos, e investigar como estas metáforas reflicten certas estruturas cognitivas. Partindo dos estudos de lingüística cognitiva de Lakoff e Johnson, coa axuda da semiótica de Charles Pierce e coa metodoloxía para a análise das obras de arte de Panofsky, proponse unha análise interdisciplinar para ofrecer así unha interpretación que recoñeza a dimensión cognitiva, simbólica e cultural da imaxe. Outro dos obxectivos expostos no traballo é o de examinar se as metáforas visuais reflicten estruturas cognitivas universais ou pola contra son construcións culturais específicas. Como conclusión principal obtívose que a metáfora conceptual é fundamental para comprender a iconografía na historia da arte, xa que permite ver as estruturas cognitivas que organizan tanto a creación como a interpretación de imaxes. Ademais, constatouse que estas metáforas aparecen de maneira recorrente en diferentes épocas e estilos artísticos, e que a súa presenza non sempre é universal e explícita. Quedou tamén de manifesto a importancia da combinación de disciplinas para tratar a complexidade do fenómeno metafórico na arte, integrando perspectivas lingüísticas, filosóficas e artísticas para unha interpretación máis completa.

González Pereira, Miguel (Titoría)
González Pereira, Miguel (Titoría)
Tribunal
González Pereira, Miguel (Coordinador)
Veiga Rodriguez, Alejandro S (Presidente/a)
VARELA ZAPATA, JESUS (Secretario/a)
Enríquez Martínez, Iván (Vogal)

Liminalidade e Transición: Ritos de Pasaxe nas Transmasculinidades
Autoría
N.B.F.
Grao en Xestión Cultural (2ªed) virtual
N.B.F.
Grao en Xestión Cultural (2ªed) virtual
Data da defensa
16.09.2025 12:30
16.09.2025 12:30
Resumo
Os ritos de pasaxe son manifestacións culturais que marcan a transición entre estados vitais, sociais ou temporais. Este Traballo de Fin de Grao explorará este concepto aplicado ás experiencias das persoas trans, concretamente aos homes trans e transmasculinidades. Partindo da conceptualización de Van Gennep (1909), analizaremos os procesos de separación, transición e agregación para entender como as persoas transmasculinas conceptualizan e experimentan as súas propias transicións, tanto médicas como sociais. O traballo está estruturado en dúas partes complementarias. Na primeira, a través dunha análise cualitativa e centrada en entrevistas, recollerá as perspectivas de tres xeracións de homes trans e persoas transmasculinas: o Ares Piñeiro López (1972), o Éric Dopazo (1993) e o Shiloh Shakin (2006). Esta aproximación interxeracional permitirá identificar elementos rituais e antropolóxicos que acompañan estas transicións, reflexionando sobre os desafíos e significados que definen as transmasculinidades no contexto contemporáneo. Na segunda parte, de carácter práctico, desenvolveremos o podcast Um T com Nee, concebido como unha aplicación directa dos coñecementos teóricos. A través dun enfoque achegado á autoetnografía, o podcast combinará a recollida da experiencia da transición hormonal do investigador coa análise de ritos de pasaxe de diversas culturas. Así, cada episodio establecerá un diálogo entre as mudanzas derivadas da hormonación e os procesos rituais doutras sociedades, evidenciando que as transicións forman parte da condición humana. O obxectivo deste traballo é ofrecermos unha perspectiva antropolóxica sobre a diversidade de experiencias trans, contribuíndo ao coñecemento dun ámbito aínda pouco estudado. Ademais, colocaremos o foco na importancia dos ritos persoais e comunitarios como ferramentas para reforzar a axencia das persoas trans.

OCA GONZALEZ, LUZIA (Titoría)
OCA GONZALEZ, LUZIA (Titoría)
Tribunal
González Pereira, Miguel (Coordinador)
FERNANDEZ HERRERO, BEATRIZ (Presidente/a)
DOPICO GONZALEZ, MONTSERRAT (Secretario/a)
ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Vogal)

Ferrol en chamas: memoria histórica de 1972 e do X de Marzal dende unha perspectiva de xénero
Autoría
I.F.C.
Grao en Xestión Cultural (2ªed) presencial
I.F.C.
Grao en Xestión Cultural (2ªed) presencial
Data da defensa
08.07.2025 11:00
08.07.2025 11:00
Resumo
O traballo de fin de grao baséase na investigación dos sucesos históricos ocorridos o 10 de marzo de 1972 en Ferrol, aplicando unha novidosa perspectiva de xénero que permita incluír nas narrativas o papel fundamental que tiveron as mulleres. Focalizaremos o noso interese no grupo coñecido popularmente como “Mulleres do 72”. Para a realización do traballo levaremos a cabo un baleirado da bibliografía e materiais de variada natureza (audiovisuais,etc.) existente sobre o tema en concreto e sobre os anos do tardofranquismo en tanto que contexto no que tivo lugar o episodio de protesta do noso interese. Levamos a cabo un proxecto de historia oral (entrevista e encontro con unha desas mulleres) e unha consulta de fotografías e prensa de época co obxectivo de poder ter testemuños de primeira man e manexar fontes primarias. Ademais da investigación, a nosa intención é reflexionar sobre a posible elaboración dun espazo de lembranza ou memoria colectiva que achegue o episodio histórico de protesta obreira e de represión por parte do réxime franquista ás novas xeracións.

CABANA IGLESIA, ANA (Titoría)
CABANA IGLESIA, ANA (Titoría)
Tribunal
González Pereira, Miguel (Coordinador)
VEIGA ALONSO, JOSE RAMON (Presidente/a)
DIAZ GEADA, ALBA (Secretario/a)
ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Vogal)
González Pereira, Miguel (Coordinador)
VEIGA ALONSO, JOSE RAMON (Presidente/a)
DIAZ GEADA, ALBA (Secretario/a)
ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Vogal)
Sesenta anos das Xornadas de Folclore Galego. Un paseo sonoro
Autoría
C.G.S.
Grao en Xestión Cultural (2ªed) presencial
C.G.S.
Grao en Xestión Cultural (2ªed) presencial
Data da defensa
12.09.2025 12:30
12.09.2025 12:30
Resumo
As Xornadas de Folclore Galego naceron no 1969 no marco da programación de Educación y Descanso coincidindo coa celebración das festas do Apóstolo en Santiago de Compostela. Dende entón sufriron múltiples transformacións, adaptándose aos tempos, ao público e aos cambios sociais pero mantendo como sinal de identidade o uso da Praza da Quintana como espazo simbólico e escenario principal. Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo principal recompilar, investigar e analizar a historia das Xornadas, para logo propoñer unha intervención que contribúa a preservar a memoria colectiva e o valor cultural deste evento no contexto urbano compostelán. Como obxectivos específicos inclúense: o inventariado do fondo documental de Gerardo Salgado (promotor do evento), a localización e estudo de imaxes e arquivos sonoros de interese e a reflexión crítica sobre a evolución e o futuro deste encontro tradicional. A proposta final concrétase no deseño dun paseo sonoro que serve como ferramenta de difusión e dinamización cultural que celebre os sesenta anos de historia deste evento.

CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Presidente/a)
OCA GONZALEZ, LUZIA (Secretario/a)
González Pereira, Miguel (Vogal)

Tolemia e psiquiatría na España Contemporánea. Aproximación dende unha perspectiva histórica e cultural.
Autoría
J.L.B.
Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
J.L.B.
Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
Data da defensa
20.02.2025 11:30
20.02.2025 11:30
Resumo
A tolemia sempre existiu, presente dunha forma ou outra no imaxinario colectivo, pero a súa observación dende un punto de vista psiquiátrico enmárcase nas transformacións do inicio da modernidade. En España, do mesmo xeito que outros países occidentais, durante o século XX consolídase a hexemonía discursiva da psiquiatría sobre a tolemia. A análise histórica desas décadas caracterizadas pola inestabilidade política, unha opresiva ditadura e unha transición democrática, pódenos axudar a comprender como os agora chamados “trastornos mentais” son obxecto de estigma, como o sistema psiquiátrico baséase nun modelo bio-médico e de que forma gardan relación entre os dous. Neste traballo buscaremos aproximarnos á polimorfa conceptualización da tolemia; á construción da disciplina psiquiátrica e ao seu arraigamento na institución manicomial e ao tratado e entendemento cultural do “tolo” hata os anos 70. Todo iso dende unha perspectiva histórica e humanística e partindo da base de que os estudos da tolemia e a psiquiatría fúndanse ao redor de constantes debates que, a día de hoxe, continúan.

FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO (Coordinador)
BALIÑAS PEREZ, JOSE CARLOS (Presidente/a)
DIAZ GEADA, ALBA (Secretario/a)
FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO (Vogal)

As meigas na construción da identidade cultural galega
Autoría
L.L.V.
Grao en Xestión Cultural (2ªed) virtual
L.L.V.
Grao en Xestión Cultural (2ªed) virtual
Data da defensa
08.07.2025 13:00
08.07.2025 13:00
Resumo
A meiga, historicamente asociada ao saber tradicional, ás crenzas populares vencelladas á natureza e a roles situados fóra da ortodoxia académica, pasou nas últimas décadas a ocupar un lugar destacado na construción da identidade cultural galega contemporánea. Durante xeracións, estas mulleres foron esenciais nas comunidades rurais como sanadoras e conselleiras, nun tempo no que o acceso á medicina formal era limitado. A súa exclusión das institucións académicas, o afastamento da autoridade eclesiástica e o feito de que a maioría fosen viúvas ou solteiras situábaas á marxe do sistema social dominante, e a súa marxinación estendeuse até ben entrado o século XX. Hoxe, a figura da meiga foi reinterpretada a través de marcos políticos, turísticos, literarios e audiovisuais, o que favoreceu a súa integración no imaxinario colectivo, tanto local como foráneo como representación da tradición galega herdada e explotada como recurso para a promoción turística.

FREIRE PAZ, ELENA (Titoría)
FREIRE PAZ, ELENA (Titoría)
Tribunal
González Pereira, Miguel (Coordinador)
BALIÑAS PEREZ, JOSE CARLOS (Presidente/a)
FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO (Secretario/a)
CABANA IGLESIA, ANA (Vogal)

Programa de difusión do Arquivo Provincial da Deputación de Lugo
Autoría
F.P.L.C.
Grao en Xestión Cultural (2ªed) virtual
F.P.L.C.
Grao en Xestión Cultural (2ªed) virtual
Data da defensa
07.07.2025 11:30
07.07.2025 11:30
Resumo
O presente proxecto consiste na elaboración dun programa institucional de difusión para o Arquivo da Deputación Provincial de Lugo (ADPL). O obxectivo a cumprir é dobre: por unha banda, búscase transformar a percepción social estereotipada dos arquivos como espazos alleos e complexos, por outra, trátase de dar resposta ás actuais esixencias en materia de difusión arquivística, tal como se contempla en diferentes marcos normativos. No galego, en particular, figura na Lei 7/2014, de arquivos e documentos de Galicia, que subliña a difusión como unha das funcións públicas fundamentais dos arquivos. O programa estrutúrase en diversas accións estratéxicas agrupadas en catro grandes áreas de actuación: o desenvolvemento dunha páxina web propia cunha arquitectura de información clara e funcionalidades avanzadas, a presenza activa e regular do Arquivo nas redes sociais para promover unha comunicación próxima e interactiva coa cidadanía, a organización habitual de exposicións, obradoiros, visitas guiadas e outras actividades culturais de carácter presencial e virtual, e a implementación dunha estratexia sostible e rigorosa de dixitalización documental que forneza o conxunto das accións de difusión. A metodoloxía proposta no traballo baséase na revisión documental e normativa, na análise comparada de experiencias semellantes noutras institucións e no deseño dunha estratexia comunicativa coidadosa e adaptada ás características específicas do ADPL e ao contexto cultural e institucional galego. Ademais, proponse un modelo integrado e continuo de avaliación e seguimento, que permita medir e mellorar as distintas accións e actividades desenvolvidas, garantindo a súa pertinencia e eficacia na práctica arquivística.

FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO (Titoría)
FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
González Pereira, Miguel (Coordinador)
ANGUITA JAEN, JOSE MARIA (Presidente/a)
CASTRO REDONDO, RUBEN (Secretario/a)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Vogal)
González Pereira, Miguel (Coordinador)
ANGUITA JAEN, JOSE MARIA (Presidente/a)
CASTRO REDONDO, RUBEN (Secretario/a)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Vogal)
A construción da cultura dende o comunitario. A outra cara das industrias culturais. Retos, oportunidades e casos de éxito.
Autoría
M.Q.B.
Grao en Xestión Cultural (2ªed) virtual
M.Q.B.
Grao en Xestión Cultural (2ªed) virtual
Data da defensa
11.09.2025 16:00
11.09.2025 16:00
Resumo
Este traballo propón un percorrido dende o conceptual ao territorial para pensar os dereitos culturais tomándolle o pulso á realidade a través da cultura de base e a súa vinculación coas políticas públicas nunha xestión institucional marcada polas industrias culturais. Parte dunha revisión teórica e legal, apoiada en datos estatísticos para contextualizar o marco no que operan os axentes culturais non hexemónicos especialmente no rural galego. O estudo céntrase no ámbito do GDR Ulla-Tambre-Mandeo e recolle a experiencia directa de asociacións culturais activas na zona. A través da análise de convocatorias institucionais e entrevistas, visibilízanse tanto as potencialidades como as barreiras que afrontan estes colectivos, que a miúdo sustentan o tecido cultural con poucos recursos, moita vontade e escaso recoñecemento. Este traballo non busca respostas pechadas, senón abrir preguntas sobre que significa garantir o dereito á cultura dende o público, que papel xoga o territorio e a diversidade nesa ecuación e que apoios precisan os que fan cultura dende abaixo, defendendo unha ollada que recoñeza o comunitario, o plural e o rural como eixos lexítimos e necesarios para pensar a cultura como un dereito.

ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Secretario/a)
Gusman Correia de Araújo Barbosa, Maria Inês (Vogal)