Psicoloxía da Radicalización Política
Autoría
M.A.M.
Grao en Psicoloxía
M.A.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.09.2025 10:00
16.09.2025 10:00
Resumo
Este traballo consiste nunha revisión sistemática da literatura existente sobre o proceso de radicalización, relacionándoa coa teoría da busca de significado e o modelo 3N (Necesidade, Narrativa, Rede) proposto por Kruglanski et al. O obxectivo é comprender e sintetizar os principais achados, tanto empíricos como teóricos, que explican como esta perda de significado pode levar á radicalización, lexitimando a violencia e a integración en redes radicais. Con este fin, realizouse unha revisión de 24 artigos en diferentes bases de datos. Estes artigos proporcionan evidencias empíricas e teóricas de que a necesidade de recuperar un sentido de valor persoal é a forza motriz do proceso de radicalización e que as redes sociais e a narrativa interactúan de xeitos clave neste proceso.

Dirección
SABUCEDO CAMESELLE, JOSE MANUEL (Titoría)

Tribunal
Pazo Álvarez, Paula (Coordinador)
SABUCEDO CAMESELLE, JOSE MANUEL (Titor do alumno)

Efectos secundarios da intervención con fármacos estimulantes no Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH): actualización dunha revisión sistemática
Autoría
N.C.S.
Grao en Psicoloxía
N.C.S.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.09.2025 10:00
16.09.2025 10:00
Resumo
O Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade (TDAH) é un dos trastornos do neurodesenvolvemento máis frecuentes en idade escolar, persistindo en máis da metade dos casos na idade adulta. Se ben a recomendación á hora de tratar as dificultades asociadas é comezar con medidas psicoterapéuticas e educativas antes de empregar tratamentos farmacolóxicos, a utilización destes últimos está incrementando cada vez máis. Os fármacos máis utilizados son os estimulantes, xa que presentan un bo perfil de eficacia e seguridade. Porén, existen algúns efectos adversos que, se ben raramente supoñen riscos graves, convén estudalos e telos en conta. O obxectivo desta investigación é recoller evidencia actualizada sobre ditos efectos secundarios asociados aos estimulantes indicados para o TDAH, tanto a curto como a longo prazo. Para acadalo, levouse a cabo unha revisión sistemática conformada por 20 artigos en liña coa temática a abordar. Existindo discrepancia entre eles e manténdose unha boa eficacia e tolerabilidade en termos xerais, as anfetaminas presentan maior risco psiquiátrico e cardiovascular, mentres que o metilfenidato asóciase, en menor medida, a efectos cardiovasculares. O resto dos efectos adversos (perda de apetito, alteracións no sono etc.) son frecuentes, pero tamén leves, transitorios e manexables. Non obstante, aínda quedan moitas incógnitas, especialmente sobre os efectos da exposición prolongada a estes tratamentos. Futuras investigacións deberán afondar máis nisto e enfocarse en personalizar os tratamentos para cada paciente, adaptándoos aos riscos individuais.

LOSADA VAZQUEZ, MARIA CONCEPCION (Titoría)
LOSADA VAZQUEZ, MARIA CONCEPCION (Titoría)
Tribunal
MARTINEZ VISPO, CARMELA (Presidente/a)
LINDIN NOVO, MONICA (Secretario/a)
Arce Fernández, Ramón (Vogal)
MARTINEZ VISPO, CARMELA (Presidente/a)
LINDIN NOVO, MONICA (Secretario/a)
Arce Fernández, Ramón (Vogal)
Terapia cognitivo-conductual fronte ao tratamento farmacolóxico no trastorno do estado de ánimo: unha revisión sistemática
Autoría
A.D.F.
Grao en Psicoloxía
A.D.F.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.09.2025 13:30
16.09.2025 13:30
Resumo
Millóns de persoas en todo o mundo sofren trastornos do estado de ánimo, como a depresión e o trastorno bipolar. Estas enfermidades afectan gravemente a calidade de vida e o funcionamento diario. A medicación e a terapia cognitivo-conductual (TCC) son dous tratamentos amplamente utilizados. Esta revisión sistemática compara a efectividade de ambas intervencións. Os resultados amosan que tanto a TCC como o tratamento farmacolóxico son eficaces, aínda que con diferenzas: a TCC ofrece un maior beneficio a longo prazo e reduce o risco de recaídas, mentres que a medicación proporciona un alivio máis rápido dos síntomas. A elección do tratamento debe considerar a gravidade dos síntomas, as características individuais e as preferencias da persoa. En moitos casos, a combinación de ambas estratexias representa a opción máis eficaz.

REAL DEUS, JOSE EULOGIO (Titoría)
REAL DEUS, JOSE EULOGIO (Titoría)
Tribunal
REAL DEUS, JOSE EULOGIO (Titor do alumno)

Afectación do trastorno por consumo de sustancias no declive das funcións cognitivas
Autoría
I.D.V.
Grao en Psicoloxía
I.D.V.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.09.2025 10:30
16.09.2025 10:30
Resumo
As persoas con trastorno por consumo de sustancias presentan con frecuencia alteracións nas distintas función executivas, repercutindo na súa capacidade para regular a conducta, adaptarse a cambios e tomar decisión adecuadas en situacións complexas. A evaluación destos déficits resulta de gran relevancia para a comprensión das consecuencias neurocognitivas do consumo crónico desta sustancia e para orientar os abordaxes terapéuticos. No presente traballo revisáronse estudios publicados entre os anos 2004 e 2023, co obxectivo de identificar os principais dominios executivos afectados nesta población, analizar as diferencias no rendimiento cognitivo respeto a persoas sen consumo e explorar se os déficits atopados gardan relación coas alteracións no córtex prefrontal descritas na literatura. As tareas neuropsicolóxicas máis empregadas nos estudios foron a Go/No-Go, la Stop Signal Task, el Wisconsin Card Sorting Test, la Iowa Gambling Task e probas de memoria como díxitos directos e inversos. Na maior parte dos casos, os usuarios de cocaína obtiveron un rendemento inferior ao dos grupos controles. Os resultados amosan un patrón consistente de deterioro en función como o control inhibitorio, a memoria de traballo, a flexibilidade cognitiva e a toma de decisión. De este xeito, varios traballos que empregaron técnicas de neuroimaxe funcional reportaron unha menor activación en rexións do córtex prefrontal, así como a implicación de áreas subcorticais compensatorias, o que presume unha reorganización no funcionamento cerebral asociada ao consumo prolongado.

CESPON GONZALEZ, JESUS (Titoría)
CESPON GONZALEZ, JESUS (Titoría)
Tribunal
CESPON GONZALEZ, JESUS (Titor do alumno)

As guías de tratamento educativo do TEA en España: unha análise crítica
Autoría
A.F.S.
Grao en Psicoloxía
A.F.S.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.09.2025 11:30
16.09.2025 11:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao abordou a análise comparativa das guías publicadas polas Comunidades Autónomas de España sobre o tratamento educativo do alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA). O traballo partiu do plantexamento dun problema central: a falta de homoxeneidade nos protocolos autonómicos, o que pode derivar en desigualdades significativas na calidade da atención educativa que reciben os estudantes con TEA segundo o seu lugar de residencia. Esta análise cobra especial relevancia nun contexto no que a prevalencia do TEA aumentou de forma considerable e onde a lexislación vixente, tanto nacional como internacional, esixe respostas inclusivas, equitativas e fundamentadas na evidencia científica. Para iso, empregouse unha metodoloxía cualitativa de tipo descriptivo-documental. Seleccionáronse e analizáronse cinco guías autonómicas: Galicia, Andalucía, Asturias, Estremadura e a Comunidade Valenciana. A análise organizouse arredor de categorías como fundamentación teórica, protocolos de intervención, medidas educativas, participación familiar e adecuación normativa. Entre os principais achados, identificáronse diferenzas substanciais na actualización diagnóstica, os enfoques metodolóxicos e o nivel de concreción das propostas. Algunhas comunidades carecen mesmo dunha guía propia. Como conclusión, propúxose a necesidade de elaborar unha guía marco supracomunitaria que garanta a equidade, fomente boas prácticas e mellore a coherencia na atención educativa do alumnado con TEA en todo o Estado.

Rivas Torres, Rosa María (Titoría)
Rivas Torres, Rosa María (Titoría)
Tribunal
Rivas Torres, Rosa María (Titor do alumno)

Relación entre Sintomatoloxía depresiva e actividade cerebral
Autoría
C.G.G.
Grao en Psicoloxía
C.G.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.09.2025 12:30
16.09.2025 12:30
Resumo
O presente traballo analiza a relación entre a sintomatoloxía depresiva en poboación adulta e a actividade eléctrica cerebral medida mediante potenciais evocados (ERPs). Realizouse unha revisión sistemática de 14 estudos empíricos en mostras non clínicas ou subclínicas, que avaliaron compoñentes como RewP, P300, LPP, FRN e CNV en tarefas de recompensa, anticipación e procesamento emocional, incorporando nalgúns casos análises complementarios, como o de compoñentes principais (PCA), para explorar patróns latentes de procesamento cerebral. Os resultados mostran unha redución consistente na amplitude de varios compoñentes en persoas con maior sintomatoloxía depresiva. O RewP relaciónase con menor sensibilidade ao reforzo positivo; o P300, LPP e FRN reflicten unha implicación emocional atenuada #ante estímulos positivos ou ambiguos; e o CNV presenta patróns heteroxéneos, con activación anticipatoria desorganizada en función de trazos como a impulsividade. O PCA permitiu matizar estes achados ao illar dimensións funcionais comúns vinculadas á depresión. En conxunto, os datos apoian unha visión dimensional do malestar psicolóxico e suxiren que os ERPs, combinados con métodos como o PCA, poderían ser marcadores útiles para detectar vulnerabilidade emocional e complementar a avaliación clínica.

AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA (Titoría)
Rodríguez Salgado, Dolores Cotitoría
AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA (Titoría)
Rodríguez Salgado, Dolores Cotitoría
Tribunal
AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA (Titor do alumno)
Rodríguez Salgado, Dolores (Titor do alumno)

A relación entre o uso de redes sociales e a ansiedade social: diferenzas en función do sexo
Autoría
N.G.I.
Grao en Psicoloxía
N.G.I.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.09.2025 10:00
16.09.2025 10:00
Resumo
As redes sociais forman parte da nosa vida diaria, pero cada vez existen máis evidencias da existencia dun uso problemático das mesmas e da súa relación con distintos problemas de saúde mental, entre eles, a ansiedade social. Ademais, diversos estudos sinalan a existencia de diferenzas en función do sexo. Esta revisión bibliográfica tivo como obxectivo analizar a relación entre o uso de redes sociais e a ansiedade social en función do sexo. Tras a realización da procura nas bases de datos PubMed e PsycInfo, seleccionáronse 10 estudos publicados nos últimos cinco anos. Os resultados amosaron a existencia dunha asociación entre o uso de redes sociais e a ansiedade social, aínda que non se puido establecer unha conclusión acerca da direccionalidade da mesma. A maioría dos traballos sinalan que esta relación é máis frecuente en mulleres. Identificáronse variables mediadoras como a baixa autoestima e a insatisfacción coa imaxe corporal, e observáronse diferenzas en función do tipo de uso das redes sociais, sendo o uso pasivo o máis vinculado á ansiedade social. Póñese de relevo a necesidade de incorporar a análise en función do sexo e de examinar os factores de risco en investigacións futuras, co fin de orientar estratexias de prevención e intervención máis adaptadas e que contribúan a un mellor coñecemento desta relación.

López Durán, Ana (Titoría)
López Durán, Ana (Titoría)
Tribunal
López Durán, Ana (Titor do alumno)
López Durán, Ana (Titor do alumno)
A influencia da sintomatoloxía anxiosa no procesamento de expresións faciais emocionais
Autoría
A.L.R.
Grao en Psicoloxía
A.L.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.09.2025 13:00
16.09.2025 13:00
Resumo
O presente traballo revisa os estudos empíricos que empregan potenciais evocados (PE) para estudar a influencia da ansiedade trazo en tarefas que utilizan estímulos faciais emocionais na poboación nova con niveis subclínicos de ansiedade. A través dos seis artigos finalmente incluídos, observouse en gran parte deles predisposición a unha maior captación emocional de estímulos emocionais ameazantes fronte a neutros, e polo tanto a un sesgo atencional cara a estímulos relacionadas coa ameaza en etapas tanto temperás como tardías do procesamento visual. Alén disto, en compoñentes coma o LPP incrementouse a amplitude con niveis elevados de ansiedade trazo. Os resultados en xeral foron diversos e non se atopou un padrón uniforme entre todos os estudos, probablemente debido á heteroxeneidade de paradigmas experimentais empregados.

Pazo Álvarez, Paula (Titoría)
Pazo Álvarez, Paula (Titoría)
Tribunal
Pazo Álvarez, Paula (Titor do alumno)
Pazo Álvarez, Paula (Titor do alumno)
Terapia de Aceptación e Compromiso e manexo da dor crónica
Autoría
A.L.V.
Grao en Psicoloxía
A.L.V.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.09.2025 10:00
16.09.2025 10:00
Resumo
A dor crónica é unha problemática sanitaria cunha alta prevalencia e con importantes repercusións psicolóxicas, sociais e funcionais. Dende diferentes disciplinas médicas trátase de diminuír ou eliminar a dor, os seus síntomas e/ou as súas consecuencias. No campo da saúde mental a psicoloxía busca mellorar a calidade de vida dos pacientes, reducindo o malestar emocional e os problemas asociados como a depresión, a ansiedade ou incluso a ideación suicida, entre outros, tratando de incrementar a calidade de vida das persoas. A terapia psicolóxica analizada no presente traballo é a Terapia de Aceptación e Compromiso (TAC; Acceptance and Commitment Therapy, ACT), pertencente ás terapias de terceira xeración, que se centra na flexibilidade psicolóxica como clave para a mellora vital e funcional, a través de diversos procesos como a aceptación. Realizouse a investigación mediante unha revisión bibliográfica para coñecer a eficacia da TAC a través da revisión de dez ensaios clínicos aleatorizados publicados en Pubmed e Scopus. A TAC demostrou ser eficaz no manexo da dor crónica, mellorando a aceptación, a calidade de vida e reducindo síntomas de ansiedade, depresión e catastrofismo. A intervención demostrou efectos positivos en diferentes formatos de aplicación: a distancia con apoio terapéutico, autoguiado e de microaprendizaxe e formato presencial. A aceptación da dor emerxe como mecanismo clave de mellora.

OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Titoría)
OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Titoría)
Tribunal
MARTINEZ VISPO, CARMELA (Presidente/a)
LINDIN NOVO, MONICA (Secretario/a)
Arce Fernández, Ramón (Vogal)
MARTINEZ VISPO, CARMELA (Presidente/a)
LINDIN NOVO, MONICA (Secretario/a)
Arce Fernández, Ramón (Vogal)
Modulación da dor por mindfulness: rexións e mecanismos neurais. Unha revisión sistemática.
Autoría
A.M.V.
Grao en Psicoloxía
A.M.V.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.09.2025 10:00
16.09.2025 10:00
Resumo
Aínda que a dor cumpre funcións adaptativas, pode volverse incapacitante en patoloxías como a dor crónica. Os tratamentos convencionais non sempre resultan eficaces e mesmo poden agravar a situación. Neste contexto, o mindfulness preséntase como unha alternativa prometedora, aínda que non existen suficientes evidencias que respalden a súa eficacia clínica. Particularmente, existe descoñecemento sobre os mecanismos neurais implicados na súa posible eficacia, e dar resposta a esta lagoa constitúe o obxectivo do presente estudo. Esta revisión sistemática analiza como o mindfulness, entendido tanto como meditación como rasgo disposicional, modula a percepción da dor en persoas sas, analizando estudos que emplean neuroimaxe ou o efecto de fármacos para profundizar nos mecanismos neurais. A busca realizouse na base de datos PubMed, e seleccionáronse os estudos relevantes co xestor de referencias Rayyan. Incluíronse 7 documentos que cumpriron os criterios de selección, aos que se engadiron 3 referencias adicionais. Os estudos clasificáronse en dous bloques: aqueles que analizan rexións cerebrais implicadas na modulación da dor mediante mindfulness, e os que exploran o papel dos opioides endóxenos. Os achados mostran que o mindfulness modula significativamente rexións clave do procesamento sensorial, afectivo e cognitivo da dor, asociándose cun aumento na actividade de rexións como a cortiza somatosensorial, a ínsula e a cortiza cingulada, e unha desactivación de rexións como o tálamo e a substancia gris periacuedutal. Ademais, atópase que o seu efecto analxésico non parece depender de opioides endóxenos. Estes resultados contribúen a unha mellor comprensión das bases neuronais nas que se sustenta o mindfulness como modulador da dor, e apoian a eficacia da súa aplicación terapéutica.

Carrillo De la Peña, María Teresa (Titoría)
Carrillo De la Peña, María Teresa (Titoría)
Tribunal
MARTINEZ VISPO, CARMELA (Presidente/a)
LINDIN NOVO, MONICA (Secretario/a)
Arce Fernández, Ramón (Vogal)
MARTINEZ VISPO, CARMELA (Presidente/a)
LINDIN NOVO, MONICA (Secretario/a)
Arce Fernández, Ramón (Vogal)
O proxecto Soteria no tratamento dos trastornos psicóticos: unha revisión bibliográfica
Autoría
S.M.L.
Grao en Psicoloxía
S.M.L.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.09.2025 10:30
16.09.2025 10:30
Resumo
Dende a súa orixe na década de 1970, o enfoque Soteria propuxo un dispositivo residencial de carácter non coercitivo, centrado no acompañamento relacional e cun uso mínimo de antipsicóticos. Este traballo realiza unha revisión crítica da evidencia empírica sobre o modelo Soteria como alternativa ao ingreso psiquiátrico convencional en casos de psicoses agudas. A revisión inclúe catorce estudos seleccionados por criterios de relevancia metodolóxica e clínica, entre os que se atopan estudos empíricos, revisións narrativas e revisións sistemáticas. Os resultados suxiren que o modelo Soteria pode ofrecer oportunidades clínicas comparables ou superiores ao tratamento hospitalario estándar, especialmente en termos de funcionamento social, autonomía, redución do uso de psicofármacos e prevención de recaídas. Ademais, identifícanse fortalezas éticas e estruturais do enfoque, como a súa organización horizontal, a creación dun ambiente “coma na casa” e a promoción de vínculos significativos. Non obstante, tamén se sinalan limitacións metodolóxicas nos estudos existentes, así como barreiras normativas, institucionais e culturais para a súa implementación. Conclúese que Soteria representa unha alternativa clínica viable e, ao mesmo tempo, unha proposta que cuestiona os fundamentos do modelo biomédico hexemónico. A súa análise convida a repensar as prácticas psiquiátricas contemporáneas e a explorar formas de atención máis humanas, respectuosas e orientadas á recuperación.

GUTIERREZ GARCIA, EMILIO (Titoría)
GUTIERREZ GARCIA, EMILIO (Titoría)
Tribunal
GUTIERREZ GARCIA, EMILIO (Titor do alumno)

Impacto da Covid-19 no desenvolvemento infantil. Unha comparación entre países.
Autoría
E.P.P.
Grao en Psicoloxía
E.P.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.09.2025 12:00
16.09.2025 12:00
Resumo
A pandemia de Covid-19 supuxo unha disrupción global sen precedentes, que obrigou a implementar diversas medidas de prevención sanitaria, como o confinamento, illamento social e uso xeneralizado de máscaras. Este traballo analiza o impacto das devanditas medidas no desenvolvemento infantil abarcando desde o nacemento ata os 12 anos, centrándose en tres dimensións crave: o desenvolvemento da linguaxe, socioemocional e a lectoescritura. A través dunha revisión narrativa de literatura científica, compáranse estudos procedentes de países do norte (Suecia, Noruega e Finlandia) e do sur de Europa (España, Portugal e Italia) considerando a severidade das restricións aplicadas en cada contexto. Os achados indican que as medidas máis restritivas tenden a afectar negativamente o desenvolvemento infantil, especialmente no ámbito escolar, onde se observan retrocesos na aprendizaxe de lectoescritura e unha redución da interacción entre iguais. En etapas máis temperás, o impacto relaciónase con atrasos na linguaxe e menor estimulación social. Os resultados suxiren que o nivel de afectación non depende unicamente das políticas nacionais, senón tamén da contorna onde crecen os nenos. Factores como a fenda dixital, a falta de apoio familiar, as condicións de vivenda ou o acceso desigual á educación intensifican os efectos negativos en contextos vulnerables. Conclúese a necesidade de deseñar políticas públicas sensibles ao contexto social e de intervencións especificas dirixidas a reducir o impacto de futuras crises na infancia máis desfavorecida.

Estrato socioeconómico e conduta antisocial
Autoría
S.P.R.
Grao en Psicoloxía
S.P.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.09.2025 11:00
16.09.2025 11:00
Resumo
Neste traballo analizouse o papel que ten o estrato socioeconómico (SES) na aparición de condutas antisociais (ASB) en contornas urbanas contemporáneas, tomando como marco teórico o modelo ecolóxico de Bronfenbrenner. O obxectivo principal foi estudar se o SES actúa como un factor de risco directo no ASB ou se a súa influencia está mediada ou moderada por variables situadas noutros niveis do sistema ecolóxico. Para responder a esta cuestión realizouse unha revisión sistemática mediante a base de datos PsycInfo, empregando como descritores o status socioeconómico e a conduta antisocial. Seleccionáronse finalmente 14 artigos empíricos revisados por pares e publicados a partir de 1990. Os resultados apuntan maioritariamente a que a relación entre o status socioeconómico e a conduta antisocial non é directa, senón que está mediada ou moderada por terceiras variables. Entre os factores mediadores destacan as características do barrio, os estilos paternais, a adaptación escolar ou a afiliación ós pares; mentres que como moderadores destacan o temperamento individual e o propio SES. Estes resultados apoian unha interpretación ecolóxica da conduta antisocial, na que diversas influencias contextuais e individuais interactúan de forma bidireccional. Conclúese que o estrato socioeconómico non determina de forma illada as condutas antisociais, senón que esta se desenvolve no medio dunha complexa rede de factores de risco e protección.

GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Titoría)
GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Titoría)
Tribunal
GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Titor do alumno)

Nesgos no procesamento emocional de caras en depresión: unha revisión de estudos con potenciais evocados
Autoría
N.R.G.
Grao en Psicoloxía
N.R.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
17.09.2025 11:30
17.09.2025 11:30
Resumo
A depresión maior ou DM é un trastorno do estado de ánimo caracterizado por un estado anímico triste persistente e a perda de pracer ou interese ao realizar actividades, anteriormente pracenteiras, durante un período mínimo de dúas semanas, todos os días ou case todos os días. Nestas persoas, o nesgo cara o contido emocional con valencia negativa podería ter un papel importante, tanto no aumento da vulnerabilidade inicial a este trastorno, como no incremento do risco a que se volva recorrente. Así, o obxectivo principal deste estudo foi realizar unha revisión sistemática dos estudos que estudiasen os posibles nesgos no procesamento temperá e tardío de caras con diferentes expresións emocionais, en mostras con persoas con depresión maior (DM), empregando a técnica de potenciais evocados. Os resultados derivados dos traballos revisados suxiren que as persoas cun diagnóstico de DM mostran efectivamente este nesgo de negatividade. Estas persoas dedican máis recursos atencionais e perciben mellor, os estímulos congruentes co seu estado de ánimo. Por outra parte, os resultados psicofisiolóxicos mostran que este nesgo modula compoñentes que reflexan etapas tanto temperás (P1, P2, N170) como tardías de procesamento (P3, LPP ou N450).

Revisión dos aspectos clave para o desenvolvemento vocacional e a elección de carreira dos adolescentes.
Autoría
S.R.S.
Grao en Psicoloxía
S.R.S.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.09.2025 11:30
16.09.2025 11:30
Resumo
Este traballo de revisión bibliográfica sistematizada busca analizar os principais factores psicolóxicos e sociais que inflúen no desenvolvemento vocacional e a elección de carreira nos adolescentes. A través da análise de 19 estudos empíricos recentes, identifícanse variables individuais como a autoeficacia, os intereses vocacionais, a motivación persoal, os trazos de personalidade e a idade, xunto con factores contextuais como o apoio familiar, a calidade da orientación educativa, a contorna sociocultural e o estatus socioeconómico. Entre os achados máis relevantes destaca o papel central da autoeficacia, que actúa como mediadora entre outras variables clave (intereses e habilidades, motivación, planificación de metas...) e o desenvolvemento vocacional. Ademais, obsérvase que o apoio de figuras significativas (especialmente nais e orientadores escolares) pode afectar na toma de decisións vocacionais. En conclusión, os resultados concordan cos supostos das teorías integrais do desenvolvemento vocacional de Lent, Brown e Hackett (1994). Sinálase, con todo, a dificultade de clasificar os factores dentro dun único marco teórico, así como a complexidade metodolóxica derivada de estudar a suxeitos nun período vital tan dinámico como a adolescencia, marcada pola incerteza, a presión social e os cambios na identidade persoal.

TORRES MAROÑO, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
TORRES MAROÑO, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
TORRES MAROÑO, MARIA DEL CARMEN (Titor do alumno)

Influencia das pautas de crianza en relacións posteriores
Autoría
I.R.R.
Grao en Psicoloxía
I.R.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.09.2025 10:00
16.09.2025 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao examina a influencia das pautas de crianza recibidas durante a infancia na calidade das relacións afectivas na adultez nova. A través dunha revisión sistemática de dez investigacións recentes, analízanse o rol do apego e o condicionamento emocional como mecanismos crave na configuración dos vínculos íntimos. Os resultados indican que un estilo de crianza autoritativo, baseado en afecto e estrutura, favorece o desenvolvemento dun apego seguro, asociado con relacións estables e satisfactorias. Pola contra, estilos autoritarios, neglixentes ou permisivos relaciónanse con apegos inseguros que dificultan a regulación emocional e deterioran a calidade relacional. Así mesmo, identifícanse factores moduladores como o xénero, a presenza do pai e o contexto sociocultural. A presenza afectiva e democrática do pai asóciase cunha maior responsabilidade afectiva e vínculos máis saudables. Ademais, obsérvase que un clima familiar positivo na adolescencia actúa como factor protector fronte á violencia relacional e a disfunción emocional nas relacións adultas. A evidencia revisada subliña a importancia de intervir de forma temperá nos estilos parentais e de promover programas educativos e de prevención centrados no apego. Conclúese que as experiencias temperás de crianza teñen un impacto duradeiro sobre a capacidade de establecer vínculos afectivos sans, equilibrados e duradeiros, o que reforza a necesidade de políticas públicas que favorezan contornas familiares seguros e emocionalmente dispoñibles.

ALCARAZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Titoría)
ALCARAZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Titoría)
Tribunal
Novo Pérez, Mercedes (Presidente/a)
CASTRO BALSA, MARIA JOSEFA (Secretario/a)
REAL DEUS, JOSE EULOGIO (Vogal)

O risco suicida no Trastorno Límite da Personalidade
Autoría
P.S.J.
Grao en Psicoloxía
P.S.J.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.09.2025 10:00
16.09.2025 10:00
Resumo
Non me deixa adxuntar o traballo dáme erro. Intenteino de todas as formas, o único que podo facer é pasar o resumo por correo. El Trastorno Límite de la Personalidad (TLP) es un trastorno psicológico de elevada complejidad clínica y una condición que, por los datos alarmantes sobre el riesgo suicida, debería ocupar un lugar prioritario en la agenda de la salud mental pública. La literatura científica revisada señala que el suicidio continúa en aumento y supone un riesgo elevado en las personas con TLP, lo que pone de manifiesto una estrecha relación entre este trastorno y el riesgo suicida. No obstante, los mecanismos subyacentes que explican este riesgo siguen siendo poco comprendidos. En este contexto, se lleva a cabo una revisión bibliográfica con el objetivo de profundizar en la comprensión de estes mecanismos, identificar perfiles de mayor vulnerabilidad y examinar factores de protección y estrategias útiles para la prevención. Los resultados muestran que la desregulación emocional, el sentimiento de vacío y la percepción de ser una carga para los demás son factores psicológicos clave que predicen la ideación suicida e influyen en su persistencia. Además, se evidencia un perfil de alto riesgo en adolescentes y adultos jóvenes con TLP, marcado por el inicio temprano de las conductas autolesivas, múltiples intentos de suicidio, elevada comorbilidad y uso frecuente de los servicio de salud mental, a menudo sin respuesta preventiva eficaz. También se identifican factores protectores como el sentido de la vida, los estilos de humor adaptativos, estrategias cognitivas como la distracción o el apoyo social, y líneas de investigación emergentes basadas en herramientas tecnológicas. En conjunto, los hallazgos señalan la necesidad de desarrollar abordajes clínicos integrales, aunque se requeriría más investigación, especialmente mediante estudios longitudinales, que esclarezcan la naturaleza de esta relación y ahonden en los factores protectores identificados para reforzar su eficacia en la reducción del riesgo.

Intelixencia emocional e redemento académico en estudantes universitarios
Autoría
G.C.T.H.
Grao en Psicoloxía
G.C.T.H.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.09.2025 12:00
16.09.2025 12:00
Resumo
A etapa universitaria supón un momento clave no desenvolvemento vital, marcado por esixencias académicas, adaptación a novos contextos e altos niveis de estrés e ansiedade. Neste contexto, a Intelixencia Emocional (IE) emerxe como un posible factor protector fronte ao malestar emocional e un facilitador do rendemento académico. O presente traballo ten como obxectivo principal revisar a literatura científica dos últimos 10 anos sobre a relación entre a IE e o rendemento académico en estudantes universitarios, a través dunha revisión sistematizada de 14 artigos. Os resultados amosan maioritariamente unha relación positiva entre IE e rendemento académico, aínda que con excepcións. Destácase o papel mediador da IE xunto con outras variables. Analízase tamén a influencia de variables demográficas como o xénero e a área de estudo, así como a relación entre IE, ansiedade ante os exames e estrés académico. Polo tanto, a IE é relevante para o éxito académico, polo seu impacto directo e pola súa capacidade para potenciar outras variables. As institucións educativas deberían fomentar o desenvolvemento emocional do alumnado como parte dun enfoque integral de educación superior.

A Vocación como Proceso dirixido polo Significado: unha Interpretación Vocacional da Viaxe do Heroe
Autoría
M.T.V.
Grao en Psicoloxía
M.T.V.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.09.2025 12:30
16.09.2025 12:30
Resumo
A presente investigación teórica explora o concepto de vocación como un proceso dirixido pola busca de significado, fenómeno que é á vez esquema do mundo que orienta a acción e percepción subxectiva de sentido na vida. Analízanse as raíces históricas e mitolóxicas do termo, así como o perenne das súas implicacións, esquecidas tras unha evolución dende un contexto relixioso cara a unha comprensión máis secular, pero recuperables dende a súa definición contemporánea. A través dunha reinterpretación do mito heroico, sostense que a Viaxe do Heroe proporciona un marco psicolóxico que integra perspectivas biolóxicas, filosóficas e mitolóxicas relativas á vocación. Así, a vocación revélase como unha sofisticada estratexia adaptativa simultaneamente exitosa no evolutivo, no social e no individual. Unha aproximación psicolóxica ás fases clásicas da Viaxe heroica arroxa unha nova luz sobre o concepto de vocación, e ofrece unha análise das súas diferentes facetas: a Chamada como interese que orienta a busca de significado e favorece a exploración, a Transformación como aprendizaxe e alteración voluntaria da cosmovisión e da identidade, e o Servizo como compartición do valor obtido e contribución á comunidade. A complexa relación entre individuo e mundo social analízase, destacando a importancia da liberdade e responsabilidade individual no desenvolvemento vocacional, á vez que se cuestionan enfoques sociais e educativos que o dificultan. A vocación é un proceso único para cada persoa, no que a busca de significado e realización persoal se entrelazan coas necesidades dos demais, constituíndo así un acto de amor ao próximo e un legado para a humanidade.