Entrega da Medalla “Domingo García-Sabell Rivas”

Distinción ao Profesor Jesús Salgado, catedrático de Psicoloxía do Traballo e Recursos Humanos da Facultade de Relacións Laborais e RRHH
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) acaba de premiar coa Medalla “Domingo García-Sabell Rivas” de investigación en Ciencias Económicas e Sociais, a traxectoria investigadora do Profesor Jesús Salgado, catedrático de Psicoloxía do Traballo e Recursos Humanos na nosa Facultade.
As Medallas de Investigación da RAGC premian as traxectorias singulares e consolidadas en investigación desenvolvidas por científicos en activo en Galicia, ademais de fomentar a promoción da ciencia e a tecnoloxía galegas para tratar de difundir á sociedade o aprecio polos valores científicos.
A entrega da medalla tivo lugar no transcurso dun acto de conmemoración do Día da Ciencia en Galicia o pasado mércores, 4 de outubro, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.