Ir o contido principal

Campus de Lugo

Administración e control territorial do Reino de Galicia na Idade Moderna

• 24 e 25 de novembro de 10:00 a 12:00 na aula 11 da Facultade de Humanidades• 27 de novembro de 2025 de 10:00 a 14:00 AHPL

O seminario terá por obxecto reflexionar sobre o Reino de Galicia na Idade Moderna, no momento en que está totalmente incorporado á Coroa de Castela, pero con especificidades como a exclusión de voto propio nas Cortes ou a creación da primeira audiencia xudicial que rompía o espazo da Real Chancillería de Valladolid.
O seminario tratará de aborda-la administración dun territorio moi poboado, o máis densamente de toda a Península Ibérica, pero que se asentaba de maneira particular no territorio, dun xeito laxo, con moitos núcleos de poboación (+30.000) agrupados en parroquias (3.600), sen grandes baleiros pero tamén sen grandes cidades (ningunha de máis de 25.000 hab.). Todo iso repercutiu na maneira en que se exerceu o control, tanto de vista político como militar, pero sobre todo fiscal, na que é capital entende-lo sistema señorial, polo cal eran individuos e institucións diferentes á monarquía quen en realidade mandaban nos pobos, vilas e cidades da Galicia Moderna

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.10.2025.