Iconas da Arte de todos os tempos e postergadas cara o futuro nas magníficas obras asinadas polos máis estupendos mestres, as mulleres; deusas, virxes ou adúlteras, damas da alta sociedade ou prostitutas, vestidas e sobre todo espidas; enchen a Historia da Arte e as paredes dos grandes e pequenos museos, mais son moi poucas as que asinan os lenzos colgados neles.
Vítimas da discriminación sexista do sistema e da súa historia; escrita desde a desigualdade de xénero que creou a visión universal, aínda imperante hoxe en día, que sostén a ideoloxía patriarcal e o seu relato artístico; as mulleres creadoras e as súas creacións ficaron menosprezadas e silenciadas por unha violenta política de ocultación sistemática, afirmando con ela a dominación masculina da arte e creando unha falsa identidade entre creatividade, cultura, beleza, verdade e masculinidade..
Campus de Lugo
Herstory II. Descubrindo unha nova historia da Arte
10, 11, 12, 13 de febreiro de 2025 de 10:30 a 12:30 h