Ir o contido principal

A Asociación do IV Ciclo do Campus de Lugo coñece a riqueza cultural e patrimonial de Estremadura

Alumnado de IV Ciclo da USC, no santuario da Virxe de Guadalupe, en Cáceres
Alumnado de IV Ciclo da USC, no santuario da Virxe de Guadalupe, en Cáceres
Medio centenar de estudantes sénior na sede universitaria luguesa visitan Plasencia, Mérida, Cáceres, Tujillo e Hervás nunha viaxe de estudos que remata este mércores

Medio centenar de estudantes sénior integrados na Asociación de IV Ciclo do Campus de Lugo está gozar estes días dunha viaxe a Estremadura, no marco da que as 50 persoas participantes terán a oportunidade de coñecer de primeira man a riqueza cultural e patrimonial desta rexión.

A expedición universtiaria promovida pola asociación que preside Cristina Pérez comezou este itinerario cultural o pasado domingo, cando se desprazaron ata a localidade estremeña de Trujillo, para logo organizar visitas ás cidades de Mérida e Cáceres, así como á localidade de Guadalupe, pertencente á comarca das Villuercas e onde se atopa o santuario da Virxe de Guadalupe.

Logo de percorrer algúns dos enclaves patrimoniais e urbanos máis emblemáticos da provincia de Cáceres, a delegación universitaria luguesa fará este mércores unha última parada na localidade de Hervás, o centro administrativo e comercial da comunidade do Val do Ambroz, onde poderán pasear polas rúas do seu barrio xudeu para logo continuar a súa viaxe de regreso á capital luguesa.

Visita ao teatro romano de Mérida
Visita ao teatro romano de Mérida
Visita ao teatro romano de Mérida
Visita ao teatro romano de Mérida
Alumnado de IV Ciclo da USC, diante da catedral de Plasencia
Alumnado de IV Ciclo da USC, diante da catedral de Plasencia
Visita a Cáceres
Visita a Cáceres
Visita a Trujillo
Visita a Trujillo
Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.10.2024.