Desde o Programa de Doutoramento Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas (PDM2SNICA), interuniversitario das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, organizouse o seguinte curso de doutoramento.
Profesorado: Rafael Muñoz Sola e Óscar López Pouso, Profesores Titulares de Matemática Aplicada, Universidade de Santiago.
Obxectivos:
1.Diversos conceptos de solución débil de ecuacións en derivadas parciais (EDP).
2.A aplicación de ferramentas da Análise Funcional ao estudo teórico das EDP. En concreto, aos problemas de existencia e unicidade de solución, de dependencia continua da solución respecto dos datos e de regularidade da solución.
3.A aplicación de teorías abstractas a problemas concretos.