Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Capacitar ao alumnado para que saiba deseñar estudos epidemiolóxicos.
Capacitar ao alumnado para que saiba analizar estudos epidemiolóxicos.
Capacitar ao alumnado para que saiba realizar un metaanálise completo, desde a procura bibliográfica ata a interpretación dos resultados
1: Conceptos básicos “ ma non troppo”: taxa, proporción, odds, razón, e os seus erros de interpretación.
2: Incidencia e prevalencia: usos, mal(usos) e abusos. Relación entre ambas as medidas
3: Medidas de efecto ou de asociación e os seus erros de interpretación
4: Clasificación dos deseños epidemiolóxicos: mitos, erros e propostas
5: O estudo experimental como paradigma dos estudos epidemiolóxicos
6: O estudo de cohortes e o seu equivalente o estudo de casos e controis
7: Outros deseños en epidemioloxía
8: Revisións sistemáticas
9: Metaanálise: Teoría e práctica
Ahlbom A, Alfredsson L, Alfvén T, Bennet A. Fundamentos de epidemiología. Siglo XXI Editores, 2010.
Rothman KJ. Modern Epidemiology. Ed Little, Brown and Co. 1986. Libro de referencia en epidemioloxía onde se explican de modo detallado os diferentes deseños epidemiolóxicos. Recoméndase preferentemente esta primeira edición. Existen edicións posteriores.
Gordis L. Epidemiology. Elsevier, 2019.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
Deseñar e analizar estudos epidemiolóxicos
Competencias específicas da materia:
Coñecer os diferentes deseños de estudos epidemiolóxicos
Saber detectar rumbos en estudos epidemiolóxicos
Saber expor un proxecto de metaanálise nun contexto epidemiolóxico
Na primeira sesión o profesor orientará sobre a bibliografía mais relevante para o estudo dos temas. Nas clases presenciais o profesor sinalará os obxectivos que o alumno deberá alcanzar, presentará os temas destacando os aspectos máis fundamentais fomentando a participación dos alumnos.
Con anterioridade ás sesións de seminario o profesor comunicará os obxectivos do mesmo, facilitará a bibliografía básica e orientará sobre a búsqueda de bibliográfica complementaria, e organizará o traballo en diferentes grupos para favorecer o traballo de equipo. O alumno deberá traballar previamente sobre o tema.
A sesión de Seminario será moi activa e participativa asumindo o profesor o papel de introductor do tema e orientador e moderador das discusións, realizando os alumnos as presentacións dos temas a estudo.
O alumno realizará unha lectura comprensiva dos materiais de clase e da bibliografía recomendada, e reflexionará sobre os contidos da materia
Pasarase lista. Os alumnos con máis do 10% de faltas non poderán presentarse ao exame.
Os alumnos deberán facer tódolos traballos obligatorios que se lles poñan.
O exame contará ata un 100% da nota. O peso do exame poderá baixar no caso de que os profesores indiquen a realización de determinadas actividades aos alumnos. O posible peso destas actividades, no caso de facerse, poderá ser até dun 30% da nota final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións" da USC.
Os traballos que se presenten nas clases interactivas deben ser realizados fóra do horario de clases. Como traballo persoal os alumnos teñen que ampliar pola súa conta os contidos das clases teóricas, utilizando para iso a bibliografía entragada e as bases de datos necesarias para localizar información para os traballos.
Ademais, para o exame da materia é necesario tempo de estudo. Este tempo é pouco se levan ao día as clases interactivas e as clases teóricas.
Atender a todas as clases, consultar todas as dúbidas e participar activamente nos seminarios e nos traballos en grupo que o profesor encargue.
El Bahi Takkouche Souilamas
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812268
- Correo electrónico
- bahi.takkouche [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alberto Ruano Raviña
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812267
- Correo electrónico
- alberto.ruano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula Prácticas M. Preventiva e S. Pública |
22.11.2024 16:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula Prácticas M. Preventiva e S. Pública |
17.06.2025 16:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula Prácticas M. Preventiva e S. Pública |