Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Área externa M.U en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Coñecemento das bases sociodemográficas do proceso de envellecemento
• Coñecemento do proceso de desenvolvemento psicosocial no envellecemento
• Coñecemento dos principais sistemas e procedementos de avaliación psicosocial no envellecemento
• Envellecemento demográfico
• Mitos e actitudes sobre a vellez
• Sistemas de relacións na vellez
• Avaliación das dimensións sociais
Bibliografía básica:
-Abellán, A., Aceituno, P., Pérez, J., Ramiro, D., Ayala, A. e Pujol, R. (2019). Un perfil de las personas mayores en España, 2019. Indicadores estadísticos básicos. Madrid, Informes Envejecimiento en red (22).
- Ayalon & Tesch-Römer (eds.) (2018). Contemporary Perspectives on Ageism. Cham: Springer Nature.
- Celdrán, M. e Serrat, R. (2020). Participación social y cívica. En C. Triadó, M. Celdrán, y F. Villar (coords.). Desarrollo adulto y envejecimiento (pp. 241-262). Madrid: Alianza editorial.
-Cinderby, S., Cambridge, H., Attuyer, K., Bevan, M., Croucher, K., Gilroy, R. y Swallow, D. (2018). Co-designing Urban Living Solutions to Improve Older People’s Mobility and Well-Being. Journal of Urban Health, 95(3), 409–422. doi:10.1007/s11524-018-0232-z
-Steels, S. (2015). Key characteristics of age-friendly cities and communities: A review. Cities(47), 45-52. doi:10.1016/j.cities.2015.02.004
-Wahl HW. (2015) Theories of Environmental Influences on Aging and Behavior. In: Pachana N. (eds) Encyclopedia of Geropsychology. Springer, Singapore.
-Wahl, H. & Oswald, F. (2010). Environmental perspectives on ageing. In D. Dannefer & C. Phillipson The SAGE handbook of social gerontology (pp. 111-124). London: SAGE Publications Ltd doi: 10.4135/9781446200933.n8
Suministrarase material bibliográfico a través da aula virtual.
Bibliografía complementaria:
Bazo, T. y García, B. (2006). Envejecimiento y sociedad. Una perspectiva internacional. Madrid: Panamericana.
Bazo, M. T. (2012). Envejecimiento poblacional y el reto de la dependencia. Valencia: Nau Libres. Valencia.Blanca, M. J., Sánchez, C., y Trianes, M.V. (2005). Cuestionario de evaluación de estereotipos negativos hacia la vejez. Revista Multidisciplinar de Gerontología, 15(4), 212-220
Castellano, C. L. & Miguel, A. (2010). Estereotipos viejistas en ancianos: actualización de la estructura factorial y propiedades psicométricas de dos cuestionarios pioneros. Revista Internacional de Psicología y Terapia Psicológica,10, 259-278.
Dykstra, P. (2006). Aging and social support. Blackwell Encyclopedy of Sociology (pp. 88-93).
Kerssley, K. M., Huebschmann, M. (2002). The 21st century campus: gerontological perspectives. Educational Gerontology, 28, 835-851.
Litwin, H. (2007). What reality matters in the social network-mortality association? A multivariate examination among older Jewish-Israelis. European Journal of Ageing 7, 71-82.
López J. & Díaz, M.P. (2013). La modernización social de la vejez en España. Revista Internacional de Sociología, 71(1), 65-89.
Lubben, J. et al. (2006). Performance of an abbreviated version of the Luben Social Network Scale among three european community-dwelling older adult population. The Gerontologist, 46(4), 503-513.
Pinazo, S. (2006). Relaciones sociales. En C. Triadó y F. Villar (coords). Psicología de la vejez (pp.253-285). Madrid: Alianza Editorial.
Pinazo, S. (2013). Reflexionando sobre la vejez a través del cine. Una aproximación incomplete. Informació Psicològica, 105, 91-109.
Shaw, B. A. (2007). Tracking changes in social relations throughout late life. Journal of Gerontology: Social Sciences 62B (2), S90-S99.
Wenger, G. C. (1991). A network typology: From theory to practice. Journal of Aging Studies 5(2), 147-162.
Zunzunegui, M. V. (2004). Dimensiones interculturales de las redes sociales: necesidad de armonizar los conceptos y las medidas de las redes sociales en gerontología. Revista Española de Geriatría y Gerontología 39(4), 255-260.
Zunzunegui, M.V. et al. (2003). Social networks, social integration and social engagement determine cognitive decline in community-dweling Spanish older adults. Journal of Gerontology: Social Sciences 58B(2), S93-S100.
XERAIS
CG1 - Coñecer nivel avanzado o proceso de envellecemento normal e patolóxico dende o punto de vista social.
CG8 - Saber aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problema a ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de os contextos interdisciplinares relacionados coa Psicoxerontoloxía.
BASICAS
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
TRANSVERSAIS
CT1 - Saber obter, analizar e sintetizar información especializada.
CT2 - Mostrar un sentido crítico razoable, curiosidade intelectual e capacidade de argumentación sobre problemas complexos.
ESPECIFICAS
CE11 - Saber identificar e formular problemas de investigación e participar no deseño e desenvolvemento de proxectos de investigación en
Psicoxerontoloxía.
CE12 - Coñecer, aplicar e interpretar análise de datos aplicada ao estudo do envellecemento
CE1 - Saber aplicar as teorías sobre o envellecemento na conceptualización dos casos e situacións concretas
As sesión de clase combinan a exposición dos contidos teóricos por parte da profesora con metodoloxía activas e participativas, traballando especialmente a través do aprendizaxe por proxectos.
A exposición dos contidos pretende introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, dar unha visión global dos diferentes temas e relacionar coñecementos. Para isto, a exposición se acompañará, cando sexa pertinente, de organizadores previos, definicións, cadros sinópticos, esquemas, etc. O apoio de material visual e recursos en rede empregaranse para aclarar os contidos tratados.
A exposición teórica intercalarase con actividades interactivas nas que se levarán a cabo diferentes tarefas en grupo (por exemplo: kahoots, debates, busca de información en rede, etc...)
Rematados os contidos expositivos, o alumnado traballará fundamentalmente a través de proxectos onde se aborde o envellecemento social. Desta forma, preténdese favorecer a adquisición de competencias prácticas e aplicadas así como favorecer aprendizaxes activos e significativos.
Convén destacar que o alumnado tamén terá que levar a cabo aprendizaxes e traballos de forma autónoma fóra das sesións de clase presenciais.
As titorías individuais e/ou de grupo, a demanda do alumnado, servirán para aclarar ou comentar aspectos do traballo realizado nas clases. Faranse nos horarios sinalados e no despacho da profesora.
As tarefas desta materia poderían estar vinculadas a proxectos ApS e outras iniciativas de innovación social. Tamén poden incluir prácticas de campo.
Para cada un dos temas proporcionaranse as diapositivas empregadas nas exposicións, ao que se lle poderá engadir materiais de estudio especificamente para cada tema tratado (ex.:lecturas obrigatorias). A totalidade do material estará a disposición do alumnado no Campus Virtual da USC.
-Participación nas clases: 40% (10% asistencia; 30% actividades de participación: reflexións, cuestionarios, etc.).
-Revisión, análise e crítica do coñecemento dun tema: 60% (traballo por proxectos).
O sistema de cualificación poderá ser substituído na súa totalidade, de forma consensuada, por unha actividade de traballo por proxectos.
Asistencia a clase
A materia axustarase ao disposto no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado polo Consello de Goberno o 25 de novembro de 2024.
A asistencia a clase é un dereito e un deber do estudantado e está vinculada á participación activa no proceso de ensino-aprendizaxe. A súa incidencia no sistema de avaliación desta materia será a seguinte (art. 1.2 do Regulamento):
a) A asistencia valorarase como un factor máis na avaliación continua.
b) A asistencia suporá un 10% da cualificación final da materia (dentro do apartado de participación).
c) Para superar a materia ou presentarse ao exame final, será obrigatoria unha asistencia mínima do 90% ás actividades docentes presenciais programadas.
O estudantado poderá xustificar as ausencias por causas recollidas no artigo 3 do regulamento (como enfermidade, obrigas públicas, situacións familiares ou outras debidamente acreditadas). A falta de asistencia non xustificada poderá ter efectos negativos na avaliación continua, especialmente cando implique a non realización de actividades avaliables.
Debido ao carácter fortemente cooperativo, colaborativo e presencial do traballo por proxectos, nesta materia non se admite dispensa de asistencia.
Alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo
Elaborarase un procedemento contando co Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU) para facilitar a participación e avaliación do alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas
Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificacións – Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida iniciar contra o/a estudante infractor/a. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citar aos autores e ás fontes.
O tempo total de estudo e traballo do/a estudante para superar esta materia é de 75 horas (25 horas por crédito), distribuídas do seguinte xeito:
- Clases presenciais: 24 horas (9 horas expositivas, 12 interactivas e 3 de titorías)
- Traballo tutelado do/a alumno/: 16 horas
- Traballo autónomo do/a estudante: 35 horas
Análisis detallado dos materiais suministrados e capacidade para o traballo en equipo.
* RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse a través da aula virtual. Non se entregarán traballos en papel para esta materia.
* PERSPECTIVA DE XÉNERO
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. A guía de linguaxe non sexista da USC estará publicada no Campus Virtual da materia.
* Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
* Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
* Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
* Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
* PROTECCIÓN DE DATOS: Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos da USC: https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
Rebeca Vázquez Fente
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Sabela Carme Mallo López
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813736
- Correo electrónico
- sabelacarme.mallo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 11 |
Xoves | |||
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 11 |
Venres | |||
19:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 11 |
13.01.2026 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
16.06.2026 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |