Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo central da asignatura é desenvolver a competencia de deseñar, planificar e avaliar unidades, actividades e propostas didácticas de Ciencias Experimentais para a educación secundaria.
Pode desglosarse no desenvolvemento destas capacidades:
– Ser capaz de identificar as tarefas implicadas nun modelo de deseño de propostas didácticas de Ciencias Experimentais para a educación secundaria e aplicalas á análise e deseño das mesmas.
- Ser capaz de empregar criterios susceptibles de ser contrastados na análise didáctica dos contidos de ciencias experimentais en materiais curriculares de Secundaria e de propoñer modificacións para o seu uso en clase.
- Ser capaz de aplicar diferentes criterios para a selección e secuenciación de contidos de ciencias experimentais.
- Ser capaz de formular actividades de aprendizaxe baseadas en problemas auténticos para traballar nas clases de ciencias experimentais en secundaria (ESO e Bacharelato).
1 DESEÑO CURRICULAR NA ESO E NO BACHARELATO
Modelo de deseño, planificación e avaliación de propostas de ensinanza en Ciencias Experimentais: Criterios para a formulación de obxectivos e organización dos contidos. Papel do alumnado, profesorado e curriculum.
Deseño de unidades didácticas: formular obxectivos de aprendizaxe; establecer e estruturar contidos de conceptos, procedementos e actitudes; organizar os contidos en secuencia; ter en conta os problemas de aprendizaxe.
Estratexias de instrucción: metodoloxías, actividades e recursos de aprendizaxe.
O curriculum como programa de actividades nunha perspectiva de desenvolvemento de competencias: deseñar actividades para o alumnado; combinar diferentes metodoloxías e recursos
Estratexias de avaliación: avaliación da aprendizaxe, de obxectivos e contidos: avaliación continua; cartafol.
2 O CURRÍCULO OFICIAL DAS MATERIAS DE CIENCIAS
O novo currículo oficial. Significado e consecuencias de tomar as competencias como eixo do currículo.
Estructura do currículo nas materias de ciencias.
Análise dos criterios de avaliación dunha selección de materias de ciencias e as súas implicacións no deseño curricular.
3 ANÁLISE DIDÁCTICA E DESEÑO DE PROPOSTAS DE ENSINO
Análise didáctica de contidos transversais ás materias de ciencias, exemplos: as prácticas científicas e o traballo científico; a indagación; as aplicacións da ciencia e as dimensións ciencia / tecnoloxía / sociedade; o traballo experimental; a Historia da ciencia.
Análise didáctica de contidos de bioloxía e xeoloxía, exemplos: Os seres vivos e a organización celular; Procesos de nutrición; Os ecosistemas; Herencia biolóxica e evolución. Orixe das rochas; Os procesos xeolóxicos e o tempo en Xeoloxía; A orixe do relevo e a Tectónica de placas; A terra como sistema: procesos internos e externos
Análise didáctica de contidos de física e química, exemplos: As forzas e os movementos; A mecánica do Universo; Materia e enerxía. Transferencias de enerxía; Estrutura e propiedades da materia; Cambios químicos e as súas repercusións.
Análise de propostas de ensino: libros de texto e actividades
Deseño de propostas de ensino: deseño de secuencias de actividades.
Bibliografía básica
– Caamaño, A. (2011). Didáctica de la física y la química. Graó.
– Cañal, P. (coord) (2011). Didáctica de la biología y la geología. Graó.
-Coll, C.; Martín, E. e Marchesi, A. (2023). Nuevo currículo, nuevos desafíos educativos.Sm. https://issuu.com/gruposmespana/docs/nuevo_curriculo_libro?fr=sYzBmMTU4…
Bibliografía complementaria:
- Domínguez Castiñeiras, J. M. (editor), (2007). Actividades para la enseñanza en el aula de ciencias. Fundamentos y planificación. Santa Fe (Argentina): Ediciones UNL (Universidad Nacional del Litoral).
- Driver, R. Squires, A.; Rushworth, P.; e Wood-Robinson, (1999). V. Dando sentido a la ciencia en secundaria. Madrid: Aprendizaje Visor.
- García-Carmona, A. (2011). Aprender Física y Química mediante secuencias de enseñanza investigadoras. Fundamentación y propuestas para Educación Secundaria. Málaga: Aljibe.
- Jiménez Aleixandre, M. P. (coord.), (2003), Enseñar Ciencias. Barcelona: Graó.
- Jiménez Aleixandre, M. P., Lorenzo, F. e Otero, L. (coords.) (1997) ACES. Aprendiendo Ciencias en la Enseñanza Secundaria. Materiales para el alumno. Universidade de Santiago de Compostela: Servicio de Publicacións.
- Jiménez Aleixandre, M. P., Lorenzo, F. e Otero, L. (coords.) (2002). ACES. Aprendiendo Ciencias en la Enseñanza Secundaria. Materiales para el Profesorado. Santiago de Compostela: Maxín.
- Geli, A.M. (2000). La evaluación de los procesos y de los resultados en la enseñanza de las ciencias. En J. Perales e P. Cañal (Eds.) Didáctica de las ciencias experimentales. Marfil.
-Pozo, J.I. e Gómez Crespo, M.A. (1998). Aprender y enseñar ciencias. Desde el conocimiento cotidiano al conocimiento científico. Morata.
-Pro Bueno, Antonio de (Ed.), (2008). El desarrollo del pensamiento científico-técnico en Educación Primaria. Madrid: Ministerio de Educación, Política Social y Deporte. Secretaría General Técnica. Subdirección General de Información y Publicaciones.
- Sanchez, G. Pro, A. e Valcarcel, M.V. (1997) La utilización de un modelo de planificación de unidades didácticas: el estudio de las disoluciones en educación secundaria. Enseñanza de las ciencias. 15(1), 35-50
- Sanchez, G. e Valcarcel, M.V. (1993) Diseño de unidades didácticas en el área de ciencias experimentales. Enseñanza de las ciencias, 11(1), 33-44.
– Sanmartí, N. (2007). 10 Ideas clave: Evaluar para aprender.Graó.
- Sampson, V. e Schleigh (2013). Scientific argumentation in Biology. 30 Classroom Activities. NSTA press.
- Tiberghien, A., Vince, J., e Gaidioz, P. (2009). Design-based Research: case of a teaching sequence on mechanics. International Journal of Science Education, 31 (17), 2275–2314.
- Revistas especializadas: Alambique, Boletín das Ciencias, Enseñanza de las Ciencias, Eureka, Educación Química, Internacional Journal of Science Education, Journal Research in Science Teaching, Research in Science Education, Revista de Educación, Revista Electrónica de Enseñanza de las Ciencias, Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado.
Xerais
Que os estudantes sexan capaces de:
- CG3. Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias dos respectivos ensinos, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, asi como a orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
- CG4. Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe nas materias propias da especialización cursadas.
- CG6. Deseñar e desenvolver metodoloxicas didácticas tanto grupales como personalizadas, adaptadas á diversidade dos estudantes.
- CG7. Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, a formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos que faciliten a vida en sociedade, a toma de decisións e a construción dun futuro sustentable.
- CG8. Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudante e promover a súa capacidade para aprender por si mesmo e con outros e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais.
- CG9. Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula e abordar problemas de disciplina e resolución de conflitos.
- CG10. Deseñar e realizar actividades formais e non formais que contribuyan a facer do centro un lugar de participación e cultura na contorna no que estea situado.
- CG12. Participar na avaliación, investigación e a innovación dos procesos de ensino e aprendizaxe, comunicando as súaas conclusións e as razónns que as sustentan. A comunidade educativa e outros profesionais da educación.
- CG16. Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.
- CG17. Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ao longo do seu posterior desenvolvemento profesional.
- CG18. Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a contornas educativas novos ou pouco coñecidos.
Específicas asociadas ao módulo xenérico
- CE-G3. Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
- CE-G13. Coñecer e aplicar recursos e estratexias de educación no respecto e valor da diversidade lingüística e as súas implicacións educativas.
Específicas asociadas ao módulo específico
Que os estudantes sexan capaces de:
- CE-E4. Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
- CE-E5. Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
- CE-E8. Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e posta en valor as achegas dos estudantes.
- CE-E9. Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
- CE-E10. Co�ecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
- CE-E11. Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
- CE-E12. Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
- CE-E13. Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
- CE-E14. Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
Transversais:
Que os estudantes sexan capaces de:
- CT-1. Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
- CT-2. Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros l�xicos na toma de decisións.
- CT-3. Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarios.
A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial, podendo realizarse parcialmente de forma virtual.
O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais que figuran na bibliografía básica. No Campus Virtual estarán dispoñibles os materiais, tanto das sesións expositivas como interactivas, así como enlaces a recursos. Para o correcto funcionamento da materia é imprescindible consultar de forma habitual a información proporcionada no curso habilitado a tal efecto.
A metodoloxía baséase na participación do alumnado e o seu protagonismo na aprendizaxe en todas as clases, mesmo as que pretenden a presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia. As clases interactivas procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada no estudo de casos, a análise de proxectos e a resolución de problemas relacionados co deseño curricular en Ciencias en Secundaria.
Todas as tarefas do alumnado (estudo, traballos, uso do ordenador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas polos docentes tanto na aula, telemáticamente, ou nas sesións de titoría. Nestas atenderase aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionada coa materia. O alumnado, coa orientación dos docentes, analizará criticamente materiais e proxectos didácticos; e deseñará propostas didácticas.
Os contidos da parte interactiva forman parte integral da materia. Establecerase comunicación co alumnado a través da aula virtual, onde estarán dispoñibles os materiais e presentacións utilizados na clase.
Está previsto realizar un total de catro actividades concatenadas de deseño curricular nas distintas sesións interactivas, dúas tarefas individuais e dúas en grupo.
A avaliación comprobará o desenvolvemento efectivo das competencias. Combinarase a avaliación continua (Parte 1) coa realización dunha proba final complementaria (parte 2).
Parte 1. Avaliación continua:
a. Asistencia e participación activa nas actividades individuais e en pequeno grupo desenvolvidas na aula; asistencia ás sesións interactivas e de titoría.
b. Elaboración e presentación de traballos (dous individualmente ou en pequenos grupos), como análises curriculares ou de propostas e programacións didácticas, e elaboración e presentación oral dunha unidade didáctica en grupo.
Parte 2: Proba final
c. Proba final individual, de carácter presencial, complementaria á avaliación continua, dos contidos correspondentes á programación das partes expositiva e interactiva.
Contribución de cada un dos apartado á cualificación final:
Parte 1
- Apartado a: 10%
- Apartado b: 40%
Parte 2
- Apartado c: 50%
Para obter puntuación no apartado a será necesaria a asistencia, como mínimo, ao 80% das clases. A xustificación das faltas terase en conta para non perder o dereito a avaliación continua, mais non proporcionarán puntuación no apartado de asistencia (apartado a). Na primeira e segunda oportunidade da primeira convocatoria é necesario obter como mínimo un 40% (4 sobre 10) na Parte 2 (apartado c) para que se lle poda sumar a puntuación da Parte 1 (apartados a e b). O alumnado que non teña puntuación na Parte 1 será cualificado unicamente coa nota da parte 2 (apartado c), que ao representar o 50% do total non será superior a 5.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás que se programasen de forma coordinada.
Avaliación do alumnado con Dispensa de Asistencia e/ou Exención de Docencia Completa
O alumnado con Dispensa de Asistencia e/ou Exención de docencia as todas as sesións, se así se determina, será avaliado do mesmo xeito como se indica a continuación.
En cumprimento da instrución 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a execución de asistencia a clase, este alumnado deberá acordar un plan de traballo e avaliación específico que incluirá:
-Un programa de actividades relacionadas coas sesións expositivas e interactivas con prazos de entrega determinados. Isto representará o 50% da puntuación final.
-A realización dunha proba escrita na que amose a adquisición das competencias obxecto de avaliación na materia (50%).
Traballo presencial do alumnado: total 21 horas
- Clases expositivas: 9 horas.
- Clases interactivas: 12 horas.
Traballo persoal do alumnado (non presencial): total 54 horas
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 16 horas.
- Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos derivados da materia: 20 horas
- Actividades en biblioteca, lecturas recomendadas, procuras bibliográficas: 15 horas.
- Realización de exame: 3 horas.
Recoméndase a inmersión na bibliografía recomendada, co obxectivo de poder suscitar dúbidas e preguntas nas sesións presenciais. O carácter activo da metodoloxía require o protagonismo do alumnado na súa propia aprendizaxe.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
− Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Lucia Casas Quiroga
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Teléfono
- 881812007
- Correo electrónico
- l.casas.quiroga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
19:00-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
27.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
01.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 21 |