Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Grega, Filoloxía Latina
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Reflexionar sobre o papel da cultura clásica na historia da educación e no mundo actual.
Aprender a programar desde un punto de vista curricular a materia de Cultura Clásica
Coñecer os recursos e mecanismos ao dispor para profesores e alumnos de cara ao ensino e a aprendizaxe da materia.
Confeccionar un proxecto docente no ámbito da cultura clásica.
1. A Cultura Clásica no Ensino Secundario Obrigatorio.
1.1. Antecedentes
1.2. Lexislación vixente.
1.2. O Deseño Curricular Básico de Cultura Clásica: obxectivos, contidos e criterios de avaliación.
2. Ensinar Cultura Clásica no século XXI: por que, para que?
2.1. A nosa visión do pasado, as diferentes visións do pasado.
2.2. Utilizacións e reutilizacións do antigo: da estética á política.
2.3. O papel do "mundo clásico" na educación de Occidente.
3. Recursos e materiais para o ensino da Cultura Clásica.
3.1.O carácter optativo da materia e o axeitamento da súa ensinanza á realidade particular de cada centro e dos seus alumnos.
3.2. O libro de texto. Textos e lecturas. O papel da lectura adaptada dun clásico.
3.3. Soportes audiovisuais: películas, series, óperas. Obradoiros didácticos.
3.4. Cultura Clásica e TIC.
4. O traballo por proxectos. Realización dun proxecto orixinal.
Bibliografía básica:
Beard, Mary and John Henderson, El mundo clásico. Una breve introducción, trad. española Alianza Editorial, Madrid 2016.
Brague, R., Europa, la vía romana, trad. española Madrid, 1995.
Curtius, E.R., Literatura Europea y Edad Media Latina, trad. española México-Madrid, 1981-84 (reimpresión).
Eliot, T.S., La unidad de la cultura europea: notas para la definición de la cultura, trad. española, Madrid 2003
Ordine, N., La utilidad de lo inútil. Manifiesto, Barcelona , Acantilado, 2014 (4ª reimpr).
Settis, S., El futuro de lo clásico, trad. española, Madrid 2006.
Bibliografía complementaria:
Assmann, J., Das kulturelle Gedächtnis. Schrift, Erinnerung und politische Identität in frühen Hochkulturen, München 1999.
Grafton, A., Most, G., Settis, S., The classical Tradition, Cambridge MAS, 2010.
Signes Codoñer,J., Antón Martínez, B., Conde Parrado, P, González Manjarrés,M.A., Izquierdo, J.A. (eds.), Antiquae Lectiones. El legado clásico desde la Antigüedad hasta la Revolución Francesa, Madrid, 2005.
Básicas e xerais:
CG4 - Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensinanza e aprendizaxe nas materias propias da especialización cursadas.
Transversais:
CT1 - Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet
CT2 - Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando errores lóxicos na toma de decisións
Específicas:
CEG1 - Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións
CEG7 - Coñecer e aplicar recursos e estratexias de información, titoría e orientación académica e profesional
Alternancia de clases teóricas e prácticas. Nas clases teóricas exporanse os puntos fundamentais nos que se debe insistir para que os alumnos recapaciten sobre a importancia do legado clásico na cultura actual. Nas clases prácticas proporcionarase material de todo tipo: libros, xogos, material audiovisual e de soporte informático para que os alumnos poidan elaborar unidades didácticas relacionadas cos temas teóricos.
Esixirase a presentación por parte dos alumnos dun proxecto docente artellado arredor dun núcleo temático proposto polos profesores. O proxecto será elaborado en grupo. O traballo será supervisado polos profesores, que proporcionarán materiais bibliográficos, recursos informáticos e suxestións para encauzar a súa elaboración.
Empregarase a aula virtual para subir materiais de traballo.
Avaliación continua. Terase en conta tanto a asistencia e participación activa nas sesións expositivas e interactivas (40% da nota final), como o proxecto elaborado coa supervisión e seguimento dοs profesores (60%).
O sistema de avaliación é o mesmo nas dúas oportunidades.
Os alumnos con exención de docencia presencial serán avaliados unicamente por un traballo final que será acordado co profesor a principio do cuatrimestre.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia ten 6 créditos ECTS, xa que logo 150 horas de traballo do estudante que se concretan en 21 horas de docencia nas aulas, das cales 9 serán de carácter expositivo e 12 de carácter interactivo. O resto das horas divídense entre as dedicadas a actividades non presenciais dirixidas polos profesores (lectura de artigos específicos, prácticas con textos na casa), e as horas restantes, dedicadas ao estudo autónomo por parte do alumno.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
Os traballos serán entregados en formato dixital a través de Campus Virtual. Nas exposicións débense empregar as técnicas que menos residuos xeren, evitando plásticos e materiais tóxicos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
Recomendase facer uso de linguaxe inclusiva tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos.
NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
O alumnado con necesidades educativas especiais deberá falar co docente dentro das dúas primeiras semanas do semestre, presentando o informe emitido polo SEPIU, co fin de adaptar o plan de traballo e avaliación si fose preciso.
Maria Teresa Amado Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Grega
- Teléfono
- 881811888
- Correo electrónico
- mariateresa.amado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marcos Dieste Trillo
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Correo electrónico
- marcos.dieste [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
20.05.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
26.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |