Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 68 Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 16 Total: 100
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1.- Transmitir os contidos fundamentais, mediante a explicación dos temas do programa.
2.- Ensinar a traballar, mediante a leitura, o debate e o comentario de textos.
3.- Alentar o diálogo, promover o debate, animar á reflexión, mediante a participación nas explicacións e os comentarios.
4.- Preparar para a docencia da filosofía:
1. Fomentando as capacidades expositivas, argumentativas, discursivas e dialóxicas.
2. Fomentado as capacidades críticas e construtivas.
3. Fomentando o sentimento e o xuízo morais.
4. Propiciando as tomadas de postura ante temas filosófica e moralmente relevantes.
5. Capacitando para o exercicio profesional, utilizando materiais, medios e recursos diversos.
6. Capacitando para a elaboración de materiais didácticos e para o aproveitamento de recursos xa existentes.
A Filosofía: o seu estatuto, o seu valor social e o seu papel na educación.
1. Estatuto epistemolóxico da Filosofía.
1.1. Filosofía e Filósofa/o.
1.2. Filosofía e Ciencia.
1.3. Filosofía e Literatura.
1.4. Filosofía e Arte.
2. Función e valor social e educativo da Filosofía.
2.1. Filosofía e Política.
2.2. Filosofía e Ética.
3. Filosofía e educación para a cidadanía.
3.1. Filosofía e Democracia.
3.2. Filosofía e Educación.
4. Relixións: historia, cultura, filosofía.
1. BÁSICA
Badiou, Alain: La filosofía, otra vez, Errata Naturae, Madrid, 2010.
Comte-Sponville, André: La filosofía. Qué es y cómo se practica, Paidós, Barcelona, 2012.
Fernández Liria, Carlos: ¿Para qué servimos los filósofos?, Los libros de la catarata, Madrid, 2012.
García Morente, Manuel: Símbolos del pensador. Filosofía y pedagogía (Seguido de un ensayo de Juan José García Norro), Ediciones Encuentro, Madrid, 2012.
Nussbaum, Martha C.: Sin fines de lucro. Por qué la democracia necesita de las humanidades, Katz Editores, Madrid, 2010.
Vattimo, Gianni: Vocación y responsabilidad del filósofo, Herder editorial, Barcelona, 2012.
2. COMPLEMENTARIA
Adorno, Theodor: Filosofía y superstición, Alianza/Taurus, Madrid, 1972.
Althusser, Louis: Segundo manifiesto por la filosofía, Manantial, Buenos Aires, 2010.
Antiseri, Dario: Cómo se razona en filosofía. Por qué y cómo enseñar historia de la filosofía, Unión Editorial, Madrid, 2013.
Derrida, Jacques: La filosofía como institución, Gránica, Barcelona, 1984.
Derrida, Jacques: Le droit à la philosophie du point de vue cosmopolitique, Éditions Unesco-Verdier, Vendôme, 1997.
Guisán, Esperanza: De la útil inutilidad de la Filosofía. Discurso Inaugural de Apertura del Curso 2005-2006, Universidad de Santiago de Compostela, 2005.
Guisán, Esperanza: Ética sin religión. Para una educación cívica laica, Alianza, Madrid, 2009.
Martínez Quintanar, Miguel: Filosofía, Baía Edicións, A Coruña, 2022.
Martínez Quintanar, Miguel: Historia da Filosofía, Baía Edicións, A Coruña, 2023.
Martínez Quintanar, Miguel & Regueiro Tenreiro, Manuel: Ser cidadán, Galinova, A Coruña 2011; Saber convivir, Galinova, A Coruña, 2011.
Ortega y Gasset, José: ¿Qué es filosofía?, Revista de Occidente en Alianza Editorial, Madrid, 1988.
Rorty, Richard: Filosofía como política cultural, Paidós Ibérica, Barcelona, 2010.
Rorty, Richard: Filosofía y futuro, Gedisa, Barcelona, 2010.
Rousseau, Jean-Jacques: Emilio ou da educación, Servizo de Publicacións da USC, Santiago de Compostela, 2006.
Russell, Bertrand: Ideales políticos, Técnos, Madrid, 2009.
Zambrano, María: Filosofía y educación, ECU, Alicante, 2011.
Ademais, ao comezo do curso, facilitarase bibliografía específica para temas e/ou cuestións concretos.
1.- Xerais
(CX1) Coñecer os contidos curriculares das materias relativas á especialización docente correspondente.
(CX2) Coñecer o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procesos de ensino e aprendizaxe respectivos.
(CX7) Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, a formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos que faciliten a vida en sociedade, a tomada de decisións e a construción dun futuro sustentábel.
2.- Específicas
(CE-E1) Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
(CE-E2) Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas ensinanzas.
3.- Transversais
(CT-1) Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
TRABALLO PRESENCIAL NAS AULAS
1.- Docencia expositiva: explicación dos contidos do programa polo profesor, aberta á participación, o confronto e o debate.
2.- Docencia interactiva: realización de exercicios prácticos consistentes en debates e comentarios de temas/textos escollidos, presentados por un/ha estudante e orientados polo profesor. Alternativa e/ou complementariamente, poderán realizarse individualmente na aula virtual.
3.- Actividades tutoriais grupais: 1ª) realización e avaliación dos exercicios prácticos (1ª semana); 2ª) avaliación das sesións (1ª, 2ª, 3ª e 4ª semanas); e 3ª) valorización dos resultados (4ª semana).
TRABALLO AUTÓNOMO DO/A ESTUDANTE
1.- Estudo: preparación da materia polo/a aluno/a, podendo usárense os materiais recomendados polo profesor ou, previa consulta a este, outros que respondan aos contidos da materia.
2.- Tutorías: consulta e seguimento singularizados ao dispor do/a aluno/a.
A avaliación será continua e conxunta da teoría e a práctica, mediante exercicios. A través destes e, caso de ser necesario, do exame final serán avaliadas todas as competencias.
1.- Cada exercicio poderá receber a cualificación de 0 a 1 punto, téndose en conta a participación oral e a realización escrita.
2.- Para superar a materia será necesario realizar o 80% dos exercicios e obter a puntuación de +5, dun total posíbel de 10 puntos.
3.- Para obter nota (notábel, sobresaliente, matrícula) será necesario realizar un exame, tipo test, dos contidos do programa. Neste caso, a puntuación mínima outorgada no exame será +5.
4.- Para poder presentarse ao exame final será necesario ter realizado o 60% dos exercicios.
5.- A superación da materia por medio da avaliación continua exclúe a posibilidade de presentarse ao exame final.
6.- O exame final consistirá na realización dunha proba tipo test correspondente aos temas do programa.
Os/as estudantes exentos de asistencia ás aulas presenciais, para superar a materia, deberán realizar os exercicios preceptivos (dando conta deles nunha sesión oral) e o exame final.
DIMENSIÓNS DA AVALIACIÓN
Na avaliación continua, os exercicios representarán o 50% da cualificación, correspondendo ao exame tamén un 50%.
Caso de realizarse o exame final, este representará o 50% da cualificación, correspondendo aos exercicios tamén un 50%.
ESIXENCIA DE ORIXINALIDADE
Se alguén copiar, en calquer momento, suspenderá o curso. Por copiar enténdese: (a) o plaxio, tentar facer pasar por texto escrito por un/ha algún texto escrito por outro (prácticas); (b) responder a cuestións no exame non de memoria, senón mediante o emprego de apuntamentos, bibliografía ou informacións, cuxo uso non está autorizado no exame, ou mediante substitucións sexa da persoa sexa do exercicio.
Tempo de traballo: 100h (4 ECTS). Estas horas repártense da seguinte maneira:
1) Horas presenciais semanais: 7 horas (docencia expositiva e interactiva). No total, 28 horas no semestre.
2) Horas non presenciais semanais: 1 hora, recomendada para a leitura dos temas/textos. Aproximadamente, 7 horas no semestre.
3) Tempo de estudo semestral: 65 horas (traballo do/a aluno/a).
1.- Leitura previa ás aulas, e releitura posterior, dos textos dos temas.
2.- Asistencia e participación nas aulas.
3.- Preparación dos temas marcados seguindo as pautas indicadas.
4.- Consulta de dúbidas nas aulas ou en tutorías.
Tutorías: Serán 6 horas semanais (presenciais e/ou telemáticas), fixadas ao comezo de cada semestre, que figurarán na páxina da Facultade de Filosofía da USC, na secretaría do departamento de Filosofía e Antropoloxía e na porta do gabinete.
O meu gabinete é nº327, no 3º andar da Facultade de Filosofía (Praza de Mazarelos s/n). O teléfono 881-812526 e o enderezo electrónico: luisg.soto [at] usc.es (luisg[dot]soto[at]usc[dot]es).
Polo que respecta á actividade formativa (desenvolvemento da docencia, realización de probas, etc.), serán de aplicación todas as disposicións da USC (Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, etc.) e da lexislación xeral atinentes.
Nomeadamente, chámase a atención sobre:
1) Responsabilidade ambiental: “En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia, pídese ter en conta as seguintes indicacións que mellorarán a responsabilidade ambiental no emprego de recursos: Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios; sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados; imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”; non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes, e evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos”.
2) Perspectiva de xénero: “En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá da aula como nos traballos académicos encomendados”.
3) Cadro institucional e privacidade: 1) É obrigatorio o uso da conta de correo rai. 2) É obrigatorio o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade. 3) Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo. 4) Terase en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, entendéndose privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia. 5) É obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos, que se pode consultar aquí:
https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Luis Modesto Garcia Soto
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 881812526
- Correo electrónico
- luisg.soto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | SEMINARIO 1-2º ANDAR (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Martes | |||
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | SEMINARIO 1-2º ANDAR (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | SEMINARIO 1-2º ANDAR (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
15.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4-5 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
23.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4-5 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |