Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Facilitar o coñecemento e dominio aplicado das claves metodolóxicas e epistemolóxicas da investigación cualitativa e das técnicas de achegamento á realidade asociadas.
2. Afondar nos soportes conceptuais, teóricos e metodolóxicos nos que se sustenta o proceso de planificación socioeducativa.
3. Delimitar as fases e identificar aspectos significativos no deseño de programas socioeducativos.
4. Seleccionar procedementos e instrumentos metodolóxicos adecuados á finalidade do programa e a cada unha das súas fases.
5. Interpretar os programas socioeducativos e o seu deseño como unha tarefa compartida que concreta unha visión global de intervención nun territorio, comunidade ou grupo.
6. Valorar o deseño de programas como unha ferramenta de futuro sustentada no profundo coñecemento do presente.
7. Analizar os modelos de avaliación de programas socio-comunitarios.
8. Coñecer as técnicas e instrumentos para a recollida de información na avaliación de programas socio-comunitarios.
9. Estudar as fases da avaliación de programas
Seminario 1: Deseño de programas socioeducativos
1. A planificación socioeducativa como instrumento para a transformación social.
Concreción terminolóxica.
2. O deseño de programas: elementos e fases.
- As bases contextuais e o diagnóstico da realidade socioeducativa. Procedementos, métodos e técnicas. Investigación-acción participativa
- A formulación de alternativas: marco conceptual, obxectivos, contidos e propostas de avaliación.
3. A implementación do programa: factores de xestión.
Seminario 2: Metodoloxía da avaliación de programas de intervención socio-comunitaria
1. Fundamentos e conceptos básicos sobre a avaliación de programas socio-comunitarios
2. O proceso xeral da avaliación de programas socio-comunitarios: o deseño da avaliación
3. Paradigmas e Modelos de avaliación de programas socio-comunitarios
4. A avaliación da implementación
5. Técnicas e instrumentos para a recollida de datos e información na avaliación de programas socio-comunitarios
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Alvira, M.F. (1991). Metodología de la evaluación de programas. CIS.
Fernández-Ballesteros, R. (1996). Evaluación de programas. Una guía práctica en ámbitos sociales, educativos y de salud. Síntesis Psicología.
Ferraces, M.J., Godás, A., e García, J. (2019). Cómo realizar un estudio científico en Ciencias Sociales, de la Educación y de la Salud. Dykinson.
Lukas, J.F. e Santiago, K. (2009). Evaluación educativa. Alianza editorial.
Pérez Serrano, G. (2016). Diseño de proyectos sociales. Aplicaciones prácticas para su planificación, gestión y evaluación. Narcea
Pino-Juste, M. (2017). Diseño y evaluación de programas educativos en el ámbito social. Alianza Editorial.
Parcerisa, A. (coord.), (2021) Planificación de proyectos socioeducativos participativos. Graó
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Campbell, T.D. e Stanley, C.J. (1966). Experimental and Quasi-Experimental Designs for Research. Rand McNally & Company.
Chinmann, M., Imm, P., e Wandersman, A. (2004). Getting to outcomes 2004: Promoting accountability through methods and tools for planning, implementation and evaluation. RAND Corporation. Disponible en http:///www.rand.org.
Donaldson, I.S. e Scriven, M. (2003). Evaluating social programs and problems. LEA.
Díez, E.J. (2013). Investigación-acción participativa: el cambio cultural con la implicación de los participantes. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 16(3), 115-131. file:///C:/Users/Usuario/Downloads/Dialnet-InvestigacionaccionParticipativa-4611716.pdf
Fernández, T. e Ponce de León, L. (coords.) (2016). Elaboración, gestión y evaluación de proyectos sociales. Pirámide.
Folgueiras, P. e Sabariego, M. (2018). Investigación-acción participativa. El diseño de un diagnóstico participativo. REIRE (Revista d’innovació i Recerca en Educació) 11(1), 16-25 // ISSN: 2013-2255 // http://doi.org/10.1344/reire2018.11.119047
García, G. e Ramírez, J. M. (2009). Manual práctico para elaborar proyectos sociales. Siglo XXI.
García, M.J. (2014). Diseño, desarrollo y evaluación del programa educativo socio-comunitario global con padres "Su educación, nuestra prioridad" en un centro de educación primaria en California. Revista Internacional de Educación para la Justicia Social (RIEJS), 3(1), 191-216. https://cutt.ly/Hb4m4Pi
Patton, Q.M. (2001). Qualitative evaluation and research methods. Sage.
Pereda C. e De Prada, M.A. (2014). Investigación-Acción participativa y perspectiva dialéctica. Arxius de Ciencias Sociales, 31, 57-68.
https://cutt.ly/Yb4QlEH
Rossi, P.H., Freeman, H.E., e Lipsey, M.W. (1999). Evaluation. A systematic approach. Sage.
Santos Rego, M.A., Godás Otero, A., e Lorenzo Moledo, M.M. (2009). Evaluation of the implementation of a socio-educational program with immigrant families: A case study. Evaluation and Program Planning, 32(1), 21-30.
Susinos, T., Saiz-Linares, A., & Ruiz-López, J. (2022). “Queremos que esto llegue a mucha gente” o cómo la movilización del conocimiento sostiene la investigación social participativa. Archivos Analíticos de Políticas Educativas, 30(154). https://doi.org/10.14507/epaa.30.6794
Taylor-Powell, E., Rossing, B. e Geran, J. (1998). Evaluating collaboratives. Reading the potencial. University of Wisconsin (Dispoñible en www1.uwex.edu/ces/pubs/)
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Aplicar os coñecementos adquiridos para a resolución en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos multidisciplinares relacionados coa súa área de estudo
CG3 - Comunicar as conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT01 - Coñecer e respectar a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, fomentando unha cultura de paz, a conciencia democrática e unha resolución pacífica de conflitos así como os mecanismos básicos para a participación cidadá como exercicio que rexe a elaboración das Memorias de Responsabilidade Social Universitaria da USC
CT02 - Incorporar os principios de igualdade de xénero entre homes e mulleres e de accesibilidade universal segundo as recomendacións da USC na súa II Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, os Criterios de Elaboración dunha Linguaxe Profesional e Non Sexista e o Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao Acoso Sexual e ao Acoso por Razón de Sexo, Orientación Sexual e Identidade de Xénero
CT03 - Desenvolver aptitudes para o traballo cooperativo e colaborativo a través da participación en equipos; dentro e fose da aula, empregando habilidades de negociación e responsabilidades no desempeño das tarefas asignadas nas materias e módulos do Máster. Presentación e elección de valores como son o esforzo, respecto e compromiso coa procura da calidade no proceso de ensino-aprendizaxe como signo de identidade
CT04 - Xerar unha actitude para a sustentabilidade ambiental e o consumo responsable desde os principios que rexen o Plan de Desenvolvemento Sustentable da USC
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1 - Recoñecer a dimensión científica do proceso investigador na área socio-histórico-educativa
CE3 - Aplicar modelos e procedementos de investigación a problemas concretos da educación, asociando as súas contribucións a procesos de acción-intervención educativa e á implementación de programas
CE5 - Coñecer os principais enfoques e estratexias da avaliación de programas na intervención socio-comunitaria
A metodoloxía docente combina diferentes elementos: clases teóricas, actividades de aula, traballos autónomos de carácter monográfico individual e grupal, titorización do proceso de ensinanza e aprendizaxe, etc., propiciando en todo momento o compromiso coa aprendizaxe significativa.
Tamén, de ser factible, contémplase a realización de prácticas de campo (visitas a institucións socioeducativas), incluso compartidamente con outras materias, como actividade relevante para o coñecemento e conexión co desenvolvemento práctico da planificación e avaliación de programas.
Para o óptimo desenvolvemento do proceso formativo resulta imprescindible o traballo persoal continuado das alumnas e alumnos, tanto na lectura reflexiva e crítica dos materiais de referencia e na busca de novas achegas, como na participación activa no desenvolvemento das sesións.
Aula virtual. A materia dispón dunha aula na plataforma virtual da USC onde poderán consultarse todos os materiais, prácticas e informacións relativas ao seu desenvolvemento. É interesante a entrada semanal á mesma para un correcto seguimento da materia.
ACTIVIDADES
a) Asistencia e participación activa nas sesións de clase e titoría.
b) Realización das actividades de aula e entrega da seguinte práctica obrigatoria da materia:
- Elaboración dun esquema do deseño e avaliación dun programa socioeducativo, atendendo a todas as fases e tarefas requiridas. (En parellas)
c) Elaboración do deseño e avaliación dun programa socioeducativo (síntese comentada), atendendo a todas as fases e tarefas requiridas. (Individual).
d) Recensión de dúas referencias bibliográficas/documentais seguindo o esquema e características proporcionadas polas profesoras.
ALUMNADO ACOLLIDO Á AVALIACIÓN POR MÓDULOS
A Comisión Académica do Máster, reunida o 6 de xuño de 2014, aproba ofertar a avaliación por Módulos para o alumnado que cumpra as condicións estipuladas e que, libremente, decida adscribirse. Neste caso as actividades e criterios de avaliación da materia son os seguintes:
Actividade a) requisito para proceder á avaliación
Actividade b) 30% cualificación
Actividade de avaliación do Módulo I 70% cualificación
A avaliación por módulos implica que o alumno/a deberá realizar un traballo individual que consistirá na análise en profundidade dunha tese de doutoramento. Este sistema de avaliación é explicado ao alumnado polo coordinador/a do Módulo.
ALUMNADO EXCEPCIONALMENTE DISPENSADO DE ASISTENCIA
O alumnado excepcionalmente dispensado de asistencia, segundo a Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral da Universidade de Santiago de Compostela (https://cutt.ly/eb9KiQz), con exención total de docencia (https://cutt.ly/rb9KkQC), ou que por circunstancias imprevistas inescusables debidamente acreditadas, non realice o desenvolvemento planificado da materia (asistencia mínima ao 80% das sesións de cada seminario e realización de todas as actividades de aula), seguirá as seguintes actividades e criterios de avaliación:
Actividade c) 80% cualificación
Actividade d) 20% cualificación
ALUMNADO MATRICULADO COMO COMPLEMENTO DE FORMACIÓN
O alumnado matriculado na materia como complemento de formación metodolóxica seguirá as seguintes actividades e criterios de avaliación
Actividade a) requisito para proceder á avaliación
Actividade b) Actividades de aula 20% cualificación
Actividade c) 80% cualificación
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC
Clases expositivas: 9 horas
Clases interactivas: 12 horas
Titorías obligatorias: 3 horas
Actividades: 51 horas
Traballo total do alunmo/a: 75 horas
O alumnado debe adicar un tempo para revisar todos os temas abordados nas sesións expositivas e aclarar dúbidas coa docente. As actividades realizadas na sesión de aula deben ser obxecto de reflexión para analizar a relación teoría-práctica.
ASISTENCIA A CLASES
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (https://cutt.ly/Vb9VQQP). Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
CORREOS ELECTRÓNICOS
En todo o proceso de comunicación mediante correo electrónico profesoras-alumnado, empregarase exclusivamente o enderezo da USC (@rai.usc.es). O alumnado debe establecer as medidas que lle permitan ter un seguimento actualizado deste medio de comunicación.
USO DO MÓBIL E ORDENADOR
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil e ordenador persoal na aula (presencial ou telemática) ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polas docentes. A actividade académica (clases/titorías) é un proceso privado de comunicación e intercambio entre o/a docente e os alumnado matriculado na materia, responsabilizándose quen incumpra das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo, en cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
NORMATIVA APA
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
Unha guía resumida en castelán pódese atopar na seguinte dirección: https://cutt.ly/Vb9BN8E
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL NA ELABORACIÓN DE TRABALLOS
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
Se as docente da materia solicitan a entrega en papel, prégase cumprir as seguintes indicacións que
mellorarán a responsabilidade ambiental no emprego de recursos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://cutt.ly/wb9NEzs
PROTECCIÓN DE DATOS Lémbrase a obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Del Mar Lorenzo Moledo
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813758
- Correo electrónico
- mdelmar.lorenzo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Antonio Garcia Vinuesa
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- a.garcia.vinuesa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
09.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
05.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |