Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivos instrutivos:
1. Proporcionando ao alumnado un marco conceptual, pretendemos que alcance a comprender e abordar a orientación e intervención psicopedagóxica desde unha perspectiva preventiva, global e institucional.
2. Ofrecendo ao alumnado un coñecemento da situación profesional dos membros dos servizos de orientación e intervención psicopedagóxica, queremos que lles permita analizar e tomar decisións consecuentes respecto das necesidades existentes na escola en relación coas demandas institucionais e as funcións que a lexislación lles asigna.
3. Poñendo a disposición do alumnado os instrumentos de orientación e intervención psicopedagóxica, aspiramos a que comprendan as posibilidades e as limitacións que teñen no proceso de transformación da realidade educativa.
Obxectivos formativos:
Cos obxectivos formativos pretendemos que o alumnado:
1. Comprenda a importancia de ter explícita unha teoría da aprendizaxe escolar coherente co modelo de orientación e intervención psicopedagóxica asumido.
2. Desenvolva unha postura reflexiva e crítica sobre as principais alternativas no ámbito da orientación e intervención psicopedagóxica.
3. Adquira enfoques, estratexias de aprendizaxe e métodos característicos do traballo intelectual.
4. Faga seus hábitos de traballo autónomo, independente e autodirixido.
5. Se apropie de hábitos de traballo grupal cooperativo.
Núcleos temáticos:
1.Modelos de intervención psicoeducativa: Dos modelos baseados no alumno-problema aos modelos contextuais.
2.Marco teórico de referencia dun modelo contextual de intervención psicoeducativa: O enfoque de sistemas para a comprensión dos problemas educativos como realidades sistémicas. O enfoque socio-construtivista sobre os procesos de ensinanza e aprendizaxe.
3.Principios de intervención psicoeducativa derivados dos enfoques sistémico e construtivista
4.Os escenarios da intervención psicoeducativa: Dos contextos sociais e interpersoais ao alumnado. Comunidade, familia e escola: intervención psicoeducativa para favorecer unha relación construtiva. O centro educativo como organización e como sistema: intervención psicoeducativa para impulsar culturas escolares colaborativas e o traballo en equipo do profesorado. As interaccións na aula: intervención psicoeducativa na organización e dinámicas de aula. O alumnado: intervención psicoeducativa no proceso de ensinanza e aprendizaxe
5.Intervención psicoeducativa pensada desde unha concepción inclusiva da educación para dar resposta á diversidade do alumnado: A educación inclusiva como educación para todos. Ámbitos de intervención psicoeducativa para promover unha educación sen exclusións. Propostas de intervención psicoeducativa para propiciar a inclusión educativa.
Pola metodoloxía de traballo nesta materia, carece de sentido a distinción entre bibliografía básica e complementaria. O que se ofrece ao alumnado é un dosier documental cun conxunto de lecturas coas que procede realizar o informe-síntese ao que se fai referencia no apartado de metodoloxía. Esta bibliografía obrigatoria, xunto cunha ampla relación de referencias optativas figuran na Guía docente que esta á disposición do alumnado no Campus Virtual. A orde bibliográfica aquì expresada corresponde á secuencia temporal que o alumnado deberá seguir para poder desenvolver as actividades de aprendizaxe previstas no programa da materia.
1. Graziano, N. (1999). La crisis de la escuela: Una reflexión en torno al problema de su especificidad. Revista Herramienta, núm. 10. https://herramienta.com.ar/articulo.php?id=874
2. Vélez, B. (2011). La escuela en tiempos de crisis: Puntos de fuga para re-instaurar la esperanza en contextos post-desastre. Folios, núm. 34, pp. 25-35.
3. Gurpegui, J. E mainer (2013). La crisis de la escuela como problema. Modos de educación, crítica de la crítica y formas de resistencia. Conciencia social, núm, 17, pp. 13-25.
4. MEC (1987). Calidad de la enseñanza e innovación educativa. En Proyecto para la reforma de la enseñanza. Educación infantil, primaria, secundaria y profesional. Propuesta para debate. Madrid: Centro de Publicaciones del Ministerio de Educación y Ciencia. Ler e resumir só capítulo 4. Calidad de la enseñanza e innovación educativa, pp. 59-64.
5. Stainback, S., Stainback, W. e Jackson, H.J. (1999). Hacia las aulas inclusivas. En S. Stainback e W. Stainback, Aulas inclusivas. Madrid: Narcea. Ler e resumir só o capítulo 1. Hacia las aulas inclusivas, pp. 21-35.
6. Esteve, J.M., (2001). El sistema educativo ante la encrucijada del cambio: una mirada hacia el futuro. http://www.unrc.edu.ar/publicar/cde/2h3.html
8. Bonafé, J. e Imbernón, F. (2008). Innovar en la teoría y en la práctica. Cuadernos de Pedagogía, nú, 385, pp. 62-65.
9. Escudero, J.M. (1988). La innovación y la organización escolar. En R. Pascual (Coord.), La gestión educativa ante la innovación y el cambio. Madrid: Narcea.
10. Solé, I. (1994). Asesoramiento, orientación y supervisión. Cuadernos de Pedagogía, núm 223.
11. Giné, C. (2005). El asesoramiento desde la perspectiva de la educación inclusiva. En C. Monereo y J. I. Pozo (Coords.), La práctica del asesoramiento educativo a examen. Barcelona: Graó.
12. Solé, I. (1998). Los modelos de intervención. En I. Solé, Orientación educativa e intervención psicopedagógica. Barcelona: ICE-Horsori.
13. De la Oliva, D., Martín, E. e Vélaz de Medrano, C. (2005). “Modelos de intervención psicopedagógica en centros de Educación Secundaria: identificación y evaluación”. Infancia & Aprendizaje, 28 (2), pp. 115-140.
14. Lago, J. R. e Onrubia, J. (2008) Una estrategia general de asesoramiento para la mejora de la práctica educativa, Profesorado. Revista de currículum y formación del profesorado, 12:1, pp. 1-13.
15. Pardo, J.C. e García Tobío, A. (1997). Modelos de escuela y modelos de orientación. T.E., 185, 5-8.
16. Renau, Mª D. (1998). La respuesta psicológica. Consideraciones generales. En Mª D. Renau, ¿Otra psicología en la escuela? Un enfoque institucional y comunitario. Barcelona: Paidós-Papeles de Pedagogía.
17. Solé, I. (1998). Un modelo educacional-constructivista de intervención psicopedagógica. En I. Solé, Orientacion educativa e intervención psicopedagógica. Barcelona: ICE-Horsori.
18. Monereo, C. e Solé, I. (1996). El modelo de asesoramiento educacional-constructivo: dimensiones críticas. En C. Monereo e I. Solé (Coords.), El asesoramiento psicopedagógico: una perspectiva profesional y constructivista. Madrid: Alianza Psicología.
19. Renau, Mª D. (1998). El trabajo comunitario. En Mª D. Renau, ¿Otra psicología en la escuela? Un enfoque institucional y comunitario. Barcelona: Paidós-Papeles de Pedagogía.
20. Sandoval, M, Simón, C. e Echeíta, G. (2019). Un marco de referencia para contribuir desde la orientación al desarrollo de una educación más inclusiva. En M. Sandoval, C. Simón e G. Echeíta, Educación inclusiva y atención a la diversidad desde la orientación educativa. Madrid: Editorial Síntesis.
21. Greco, M.B., Alegre, S. e Levaggi, G. (2014). Intervenciones institucionales entre Equipos de Orientación y escuelas. En M.B. Greco, S. Alegre e G. Levaggi, Los equipos de orientación en el sistema educativo. La dimensión institucional de la intervención. Buenos Aires: Ministerio de Educación.
• Básicas e xerais
CG1 – Coñecer os contidos curriculares das materias relativas á especialización docente correspondente.
CG8 - Adquirir estratexias para estimular o esforzo do alumnado e promover a súa capacidade para aprender por si mesmo e con outros e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais.
CG13 - Coñecer a normativa e organización institucional do sistema educativo e modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros de ensinanza.
CG16 - Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.
CG17 - Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ao largo de seu posterior desenvolvemento profesional.
CG18 - Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a contornos educativos novos ou pouco coñecidos
CG23 - Identificar os servizos públicos e entidades comunitarias coas que poida colaborar o centro e promover e planificar, en colaboración co equipo directivo, as accións necesarias para unha mellor atención do alumnado.
CB7 - Que o alumnado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que o alumnado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta o limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á
aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que o alumnado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que o alumnado posúa as habilidades de aprendizaxe que lle permita continuar estudando dun modo que terá que ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
• Transversais
CT1 - Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet
CT2 - Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións
CT3 - Potenciar a capacidade para o traballo en contornos cooperativos e pluridisciplinares
• Específicas
CEG16 - Coñecer a evolución dos diferentes sistemas de orientación e asesoramento psicopedagóxico.
CEE24 - Coñecer e analizar as características, organización e funcionamento dos servizos de orientación educativa e asesoramento psicopedagóxico que operan nos diferentes niveis do sistema educativo (Infantil, Primaria, ESO, FP e Bacharelato).
CEE25 - Identificar demandas, establecer obxectivos e participar no deseño de plans de intervención acordes cos resultados.
CEE27 - Coordinar as actuacións na zona ou sector con todos os axentes educativos e outros servizos, con especial atención aos servizos sociais, de saúde e laborais para unha intervención coordinada.
CEE32 - Analizar criticamente as formulacións conceptuais e ideolóxicas da inclusión e exclusión socioeducativa.
CEE33 - Identificar as barreiras e os facilitadores dunha educación inclusiva tanto no centro escolar como no resto dos contextos que inflúen sobre o desenvolvemento e a educación do alumnado.
CEE45 - Coñecer investigacións e innovacións relevantes e actuais no ámbito da orientación e identificar os foros adecuados para difundir los resultados das mesmas.
A actividade principal que dá sentido á organización e dinámica do curso é a elaboración dun informe-síntese (non superior a 10 páxinas), no que se articulen de forma comprensiva os contidos traballados sobre os núcleos citados anteriormente.
O informe-síntese ha de responder á pregunta que se formula na introdución do programa ampliado (ver a Guía Docente que figura no Campus Virtual), e que se enuncia aquí no apartado final de observacións.
A dinámica base pola que se opta é a do curso-seminario que esixe a constitución de grupos estables de entre 4-6 alumnas/os, aos que se lle propón o modo de traballo colaborativo para a elaboración do informe-síntese, facendo uso dos procedementos habituais de traballo intelectual: confección dun ficheiro, con fichas resume e fichas conceptuais, do que se valerán para dar forma ao esquema da síntese e para redactala.
O citado modelo de curso-seminario adoptará unha estrutura cíclica cos seguintes constituíntes:
1. O traballo sobre cada bloque de contido iníciase cunha exposición clarificadora, coa que o profesor presenta unha visión integradora dos temas e das proposicións conceptuais máis relevantes contidos nos textos.
2. A partir de aquí, e no número de sesións que se determine, os Equipos de Traballo desenvolverán de forma colaborativa actividades de reflexión crítica e discusión sobre os documentos e, de cara á elaboración do informe-síntese, organizarán o traballo correspondente: elaboración de resumes, fichas conceptuais, mapas de conceptos, esquemas, etc.
3. O traballo sobre o núcleo temático remata cun debate de Gran grupo, que deberá ser preparado previamente por cada Equipo de Traballo, que determinará as cuestións que considere relevantes para a discusión.
No transcurso do traballo en pequenos grupos, é función do profesor orientar o traballo que os Equipos desenvolven na aula.
Nesta materia utilízase o Campus Virtual, onde figura a planificación completa do traballo de ensinanza e aprendizaxe desde o inicio do curso.
Nesta materia non se contemplan Prácticas de campo.
De acordo coa organización e dinámica do curso exposto no apartado sobre a metodoloxía, prevense catro instrumentos de avaliación:
1. Informes-síntese.
2. Base de datos documental: Fichas resumo e conceptuais, mapas de conceptos, esquemas
3. Observación continuada da actividade desenvolta polos grupos de traballo, e participación individual nas sesións de debate.
4. Autoavaliación realizada polo Equipo de Traballo.
Toda a documentación presentarase en formato dixital.
A cualificación final será o resultado da media ponderada da avaliación dos documentos de síntese (nos que, de acordo coa Guía docente, valorarase a relevancia do contido, a estrutura e a organización do discurso, a integración e relación conceptual, a expresión adecuada e a reflexión), da comprensión mostrada en relación co documento individual do traballo aportado ó grupo, das estratexias de aprendizaxe valoradas a través da confección da base de datos documental, das observacións realizadas polo profesor, e a avaliación realizada polo Equipo de Traballo sobre cada un dos seus compoñentes.
A Instrucción núm. 1/2017, do 27 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da USC sobre a dispensa de asistencia á clase obriga a que os programas contemplen o dereito á avaliación de alumnos e alumnas aos que, por diversas circunstancias, se dispense da asistencia á clase. Por este motivo, nesta materia óptase por propoñer a este alumnado a realización das mesmas probas, exame, traballos monográficos que se programen de forma xeral na Guía Docente, salvo aquelas actividades que necesitan da asistencia continuada á clase. Deste modo, tratamos de asegurar que se cumpran condicións similares de aprendizaxe tanto para o alumnado asistente como non asistente.
“En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).”
1. Clases expositivas e clases interactivas (traballo en pequenos grupos e debates en gran grupo): 15 horas
2. Lectura individual e elaboración de fichas resume e conceptuais: 25 horas
3. Reunións do grupo de traballo para a redacción do informe-síntese: 35 horas
• Sobre a asistencia ás sesións programadas:
Polas características da programación do curso, especificadas no apartado anterior, é imprescindible a asistencia ás sesións previstas no programa da materia. Para garantizar o funcionamento adecuado dos grupos, para o cal é necesario o compromiso activo de cada un dos seus compoñentes, establécese como condición a asistencia de polo menos ao 80% das sesións programadas.
Para a participación no traballo en pequenos grupos e para os debates programados de Gran grupo, é necesaria a lectura dos documentos, segundo a secuencia establecida no programa amplo desta materia.
O alumnado non asistente por dispensa académica ten que realizar a mesma actividade básica (lectura, selección e organización de información do dosier bibliográfico obrigatorio, elaboración de fichas conceptuais e creación do informe-síntese) que o alumnado asistente.
Propoñemos ao alumnado de "Modelos de Orientación na Intervención" indagar sobre o papel e as funcións que os profesionais da orientación e intervención psicopedagóxica deben desempeñar no seo das institucións educativas formais que buscan mellorar a educación, que buscan fórmulas para procurar o máximo desenvolvemento persoal e social do alumnado, nun contexto crítico, enredado cunha multiplicidade de problemas que terminan por incidir de forma grave sobre as escolas, un contexto de maior complexidade, de maiores esixencias sociais con respecto ao traballo que se desenvolve nos centros escolares e nas aulas. A diferencia entre definir adecuadamente este novo papel e estas novas funcións do profesional da orientación e intervención psicopedagóxica ou non facelo, marca os límites entre chegar a ser un membro significativo e valorado polas súas aportacións para a mellora educativa ou ser, simplemente, irrelevante.
Unha versión ampla deste programa está dispoñible no Campus Virtual, no contexto da planificación completa e secuenciada para todo o curso dos procesos de ensinanza e aprendizaxe.
Outras observacións:
1. Responsabilidade ambiental: Nesta materia pídese ao alumnado que presente en formato pdf, word ou libreOffice os traballos, tanto individuais como grupais, previstos na programación.
2. Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso dunha linguaxe inclusiva e non sexista, tanto no traballo habitual da aula como nos traballos académicos. Máis información en: https://www.usc.es/export9/ sites/ webinstitucional/ gl/ servizos/ oix/descargas/ linguaxe_ non_sexista_publicado_WEB_USC.pdf
3. É obrigatorio o uso do correo rai.
4. Recoméndase o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Plataforma Firgoa, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC (Lifesize, etc.).
5. Non se poderá utilizar o teléfono móbil, salvo como instrumento de traballo seguindo as indicacións do/a docente. O alumnado será responsable das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun uso non adecuado do mesmo.
6. Debe terse en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases, titorías) é un proceso privado de comunicación e intercambio entre a docente e o alumnado.
7. Debe cumprirse a normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidade- proteccion-datos
8. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Juan Carlos Pardo Perez
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813726
- Correo electrónico
- juancarlos.pardo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
20.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
27.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |