Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo xeral deste módulo, tal e como ven establecido no plano de estudos, é o de situar ao alumno no núcleo do proceso de ensinanza - aprendizaxe dende unha perspectiva curricular que o capacite para: “planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensinanza e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes así como a orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro” (Orde ECI/3858/2007, de 27 de Decembro).
Pretendemos, a través desta materia, contribuír á formación de docentes capaces e comprometidos coa asunción e posta en práctica de proxectos compartidos a nivel de centro, acompañados inescusablemente dunha responsabilidade individual para levalos a cabo.
Baixo esas premisas, a materia procura especificamente os seguintes obxectivos:
1. Facilitar o coñecemento dos conceptos e a terminoloxía básica da didáctica, da literatura especializada sobre o campo e dos debates actuais no ámbito profesional docente.
2. Favorecer a comprensión das relacións existentes entre os modelos de aprendizaxe, o contexto escolar e as opcións didácticas utilizadas na acción docente.
3. Promover o recoñecemento, análises e atención ás características diferenciais do alumnado, segundo o seu desenvolvemento evolutivo, contextos familiares, sociais e culturais de referencia en tanto que factores que condicionan a aprendizaxe e deben ser tidos en conta, por tanto, polas propostas docentes.
4. Recoñecer o funcionamento e dinámicas propias dos centros de secundaria e as condicións organizativas que fan posible a colaboración con outros profesionais do ámbito educativo e o desenvolvemento dun ensino de calidade.
5. Coñecer os compoñentes básicos das metodoloxías didácticas e do uso didáctico das TIC no ensino secundario.
6. Propiciar unha formación cultural, persoal, ética e social axeitada á educación integral dos adolescentes.
7. Potenciar o uso dos procesos de investigación na aula como base do seu desenvolvemento profesional.
1. Deseño e Desenvolvemento do currículo.
a. Concepto de currículo.
b. Currículo na Secundaria: Normativa Estatal e Autonómica.
c. Do Proxecto de Centro á Programación de aula.
d. As actividades complementarias e extracurriculares.
2. Modelos de ensino e metodoloxía didáctica.
a. Organización e modos de traballo na aula.
b. Deseño de contextos educativos flexibles (atención a diversidade).
c. O clima da aula e interacción didáctica.
d. A innovación educativa.
e. A avaliación formativa e formadora.
3. Os materiais curriculares e as TIC como recurso didáctico.
a. Deseño, selección e uso de medios e materiais didácticos.
b. As TIC no centro escolar.
4. A participación e a xestión nos centros de secundaria.
a. Clima institucional.
b. O Proxecto Educativo de Centro.
c. A toma de decisións nos centros educativos.
d. A participación da Comunidade Educativa e das familias
5. A avaliación da calidade educativa e o desenvolvemento institucional e profesional de centros e profesores.
a. Modelos de avaliación da calidade.
b. Funcións docentes.
c. A formación docente. Modalidades e recursos.
d. Compromiso e ética profesional
*Nota: a secuencia poderá sufrir variacións debido ás peculiaridades de cada grupo.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Alvarez, M. (2010): Liderazgo compartido. Buenas prácticas de dirección escolar. Madrid: WK Educación.
Armengol, C. e Gairín, J. (2008): Estrategias de formación para el cambio organizacional. Madrid: WK Educación.
Bolivar, A. (2012): Politicas actuales de mejora y liderazgo educativo. Málaga: Aljibe.
Martín Moreno, Q. (2010). Contextualización de los centros educativos en su entorno. Madrid: Sanz y Torres.
Rosales, C. (2009). Didáctica: Innovación en la enseñanza. Santiago: Andavira
Santos Guerra, M.A. (1995): Agrupamientos flexibles. Un claustro investiga. Sevilla: Diada Editora.
Santos Guerra, M.A. (1997a): Entre Bastidores. El lado oscuro de la organización escolar. Málaga: Aljibe.
Santos Guerra, M.A. (1997b): La luz del prisma. Para comprender las organizaciones educativas. Málaga: Aljibe.
Torrego, J. (Coord., 2008). El plan de convivencia. Fundamentos y recursos para su elaboración y desarrollo. Madrid: Alianza.
Trillo, F. e Sanjurjo, L. (2008): Didáctica para profesores de a pie. Propuestas para comprender y mejorar la práctica. Rosario: HomoSapiens.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Antunez, S. e Gairin, J. (1996): La organización escolar. Práctica y fundamentos. Barcelona: Graó.
Carbonell, J. (2001): La aventura de innovar. El cambio en la escuela. Madrid: Morata.
Casanova, M.A. (2006): Diseño curricular e innovación educativa. Madrid: La Muralla.
Fernandez Sierra, J. (2011): Formar para la economia del conocimiento vs. educar para la sociedad del conocimiento. Málaga: Aljibe.
Perrenoud, Ph. (2004). Diez nuevas competencias para enseñar: invitación al viaje. Barcelona: Graó.
Santos, M. (2009). La escuela que aprende. En Santos, M. (Coord.). Escuelas para la democracia. Madrid: Kluwer.
Santos Guerra, M.A. (2003): Una flecha en la diana. Madrid: Ediciones Narcea.
Santos Guerra, M.A.(2000): La escuela que aprende. Madrid: Morata.
Santos Guerra, M.A.. (2007): Enseñar o el oficio de aprender. Organización escolar y desarrollo profesional. Madrid: MAD.
Vidal, J. et. al. (1992): El proyecto educativo de centro. Una perspectiva curricular. Madrid: EOS.
VV.AA. (2012): Pensando en el futuro de la educación. Barcelona: Graó.
BIBLIOGRAFÍA PERÍODICA
• Cuadernos de Pedagogía. CISSPRAXIS. http://www.cuadernosdepedagogia.com/
• Organización y Gestión Educativa. Feae. http://www.oge.net/
• Revista Galega de Educación. Consellería de Cultura e Educación.
• Revista Innovación Educativa. USC. http://www.usc.es/revistas/index.php/ie
A) COMPETENCIAS XERAIS
X2. Coñecer o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procesos de ensino e aprendizaxe respectivos.
X3. Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
X5. Contextualizar o currículo a implantar nun centro docente participando na planificación colectiva do mesmo.
X6. Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas tanto grupais como personalizadas, adaptadas á diversidade dos estudantes.
X7. Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, á igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, á formación cidadán e o respecto aos dereitos humanos que faciliten a vida en sociedade, á toma de decisións e á construción dun futuro sostible.
X8. Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudante e promover a súa capacidade para aprender por si mesmo e con outros e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais.
X9. Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula e abordar problemas de disciplina e resolución de conflitos.
X12. Participar na avaliación, investigación e a innovación dos procesos de ensino e aprendizaxe, comunicando as súas conclusións y as razóns que as sustentan á comunidade educativa e outros profesionais da educación.
X13. Coñecer a normativa e organización institucional do sistema educativo e modelos de avance da calidade con aplicación ós centros de ensino.
X.14. Coñecer e analizar as características históricas da profesión docente, a súa situación actual, perspectivas e interrelación coa realidade social de cada época.
X16. Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación
X17. Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ó longo do seu posterior desenvolvemento profesional
X18. Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a contornas educativas novas ou pouco coñecidas.
B) COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E.1. Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións.
E.3. Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
E.5. Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e no centro, abordar e resolver posibles problemas.
E.6. Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo
E.7. Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos
E.8. Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as aportacións dos estudantes.
E.9.A. Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia.
E.9.B. Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
E.10. Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.
C) COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
T1. Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
T2. Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
T3. Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarias
A configuración dos novos graos destaca a importancia do papel do alumnado como axente activo no seu proceso de ensino-aprendizaxe, así como o rol de facilitador e mediador que debe asumir o profesorado. Neste senso, no desenvolvemento da materia combinaranse sesións de carácter teórico-conceptual con sesións de carácter práctico-interactivo, así como traballo autónomo, tal e como se explica a continuación.
AULAS EXPOSITIVAS: desenvolvidas presencialmente na Facultade. Dirixiranse ao traballo co alumnado sobre os contidos de natureza teórico-conceptual. Accións en gran grupo: que inclúen clases de natureza explicativa, dirixidas a introducir e explicar os aspectos xerais dos temas, aclarar os conceptos máis significativos e achegar unha visión global dos contidos dos distintos bloques. Empregaranse materiais de apoio didáctico para faicilitar o seguemento e comprensión do contido por parte do alumnado.
AULAS INTERACTIVAS: que se centrarán en reflexións en grupo e postas en común de diferentes temas ou obxectos de traballo.
Accións en grupo mediano: inclúen sesións para afondar nos contidos da materia mediante actividades de carácter grupal e traballo colaborativo.
TRABALLO AUTÓNOMO fora da aula: dirixido á realización de traballos individuais e/ou de grupo, segundo o caso, que reforcen o desenvolvemento teórico-práctico da materia; empregando o espazo propio de traballo para a materia, habilitado no Campus Virtual.
*Os traballos do alumnado, tanto os individuais como os de grupo, deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación na seguinte convocatoria. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
A avaliación terá un carácter integral, continuo e formativo, abranguendo todas as actividades individuais e de grupo propostas; realizarase tomando en consideración os seguintes aspectos.
AVALIACIÓN CONTINUA. Para acollerse a ela será requisito imprescindible contar coa asistencia a un total mínimo do 80% das sesións, interactivas, dada a súa estreita vinculación coa actividade de aula, e que se controlará nas sesións presenciais.
a) Participación activa nas sesións, ademais da elaboración e entrega en prazo das actividades prácticas propostas, -foros, tarefas...-.
Asistencia e participación suporán un 10% da cualificación final.
Instrumentos de avaliación: control de asistencia, observación do profesor e actividades de clase.
Indicadores/orientacións para a avaliación: valoraranse aspectos actitudinais como atención, actitude colaboradora, participación, etc., así como o contido das actividades realizadas.
b) Informes escritos e outras producións. Isto suporá un 70% da cualificación final.
Instrumentos de avaliación: Traballo en grupo e/ou individual.
Indicadores/orientacións para a avaliación: Con carácter xeral, valorarase a estrutura do informe, organización da información, calidade lingüística, rigor científico dos contidos, manexo de fontes de información, calidade estética da presentación e corrección lingüística. Estes indicadores concretaranse de xeito máis específico nas orientacións do traballo que se facilitará ao alumnado ao comezo de curso. En informes escritos e outras producción, o alumnado debe alcadar 5 sobre 10 que se corresponde con 2,5 sobre 5.
c) Presentacións orais. Suporá un 10% da cualificación final. Instrumentos de avaliación: tomarase en consideración neste apartado a presentación oral dos traballos. Indicadores/orientacións para a avaliación: calidade e coherencia da presentación e capacidades comunicativas.
EXAME FINAL. Unha proba individual final escrita sobre os contidos teórico-conceptuais da materia, recollidos nos materiais de lectura e nas aulas expositivas, e na que o alumnado poderá dar conta das aprendizaxes adquiridas ao longo da materia. Consistirá nunha proba obxectiva que poderá conter preguntas de diferentes tipos: elección múltiple, completar, relacionar, ou ben preguntas breves ou de desenvolvemento. Representa o 10% da cualificación final. Instrumento de avaliación: exame escrito. Indicadores/orientacións para a avaliación: é necesario, para superar a materia, alcanzar no exame final unha cualificación mínima de 5 sobre 10.
**NOTA ACLARATORIA: A detección por parte do docente de producións e traballos copiados / plaxiados ou sen a debida citación de fontes, incorrerá na suspensión automática do apartado b) e a concorrencia á convocatoria extraordinaria de xullo. Por outra parte, o intento de copia no exame final implicará o suspenso automático, debendo o alumno concurrir á seguinte convocatoria.
Para superar a materia será preciso acadar unha puntuación mínima de 5 puntos, debendo obter a cualificación mínima esixida no exame final (5 sobre 10) e en informes escritos e outras producións (5 sobre 10).
OBSERVACIÓNS con respecto á avaliación.
2) O alumnado que, por determinadas causas consideradas na normativa, poderá solicitar unha dispensa de asistencia, que deberá ser aprobada pola Comisión Académica do Máster. Este alumnado deberá asistir á clase ata o momento de solicitar a dispensa, debendo comunicarlle tanto a solicitude como a resolución da mesma ao profesorado responsable da materia nun prazo máximo de cinco días hábiles dende a solicitude e a resolución. Neste caso, as condicións de avaliación serán:
- Proba específica: exame escrito (peso na cualificación: 10%). Será necesario acadar nesta proba unha cualificación mínima de 3 puntos sobre 6. Esta proba incluirá preguntas tipo test e/ou preguntas curtas.
- Informes escritos e outras producións: traballo individual (peso na cualificación: 90%). Valoraranse, a nivel global, a estrutura do informe, organización da información, calidade lingüística, rigor científico dos contidos, manexo de fontes de información e calidade estética da presentación, entre outros. Deberá acadar unha cualificación mínima de 2 puntos sobre 4.
RECUPERACIÓN DA MATERIA: O alumnado que non supere a materia no período ordinario, debera cumplir los mismos criterios
TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNADO: 36 h.
- Clases expositivas: 13,5 h.
- Clases interactivas: 18 h.
- Titorías: 4,5 h.
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO: 76,5 h.
- Estudio autónomo individual: 25,5 h.
- Lecturas a realizar fora da aula: 20 h.
- Realización de traballos da materia: 20 h.
- Preparación de debates, ou exposicións, busca bibliográfica: 10 horas.
• Traballo diario
• Asistencia a clase de acordo coa normativa de USC
De acuerdo co Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, establécese que para poder valorar adecuadamente o traballo desenvolvido nas sesións interactivas, será obrigatoria unha asistencia mínima do 80 %, dado o seu carácter práctico e participativo. Pola súa banda, a asistencia ás clases expositivas non é obrigatoria; con todo, nelas realizaranse tarefas que poderán ser valoradas cun máximo de 1 punto sobre 10 na cualificación final da materia.
O alumnado con Necesidades Educativas Específicas deberá de ser avaliado polo servizo correspondente (SEPIU) co obxecto de poder coñecer con maior fundamento a súa problemática e garantir a igualdade de trato.
Responsabilidade medioambiental:
En relación aos traballos entregados presencialmente, individuais ou de grupo, que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
No desenvolvemento das clases e na realización das diferentes actividades, respectaranse os criterios de igualdade de xénero.
CONSIDERACIÓN AO RESPECTO DA AVALIACIÓN: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de
avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións
O plaxio constitúe unha falta grave contraria á integridade académica. No caso de detectarse unha porcentaxe de coincidencia superior ao 15 % en calquera traballo presentado —excluíndo bibliografía, citas textuais debidamente referenciadas, portada e outros elementos formais—, dito traballo será cualificado cun 0. Esta medida ten como obxectivo fomentar a honestidade académica e o desenvolvemento do pensamento crítico e orixinal por parte do alumnado.
Teresa Susana Vázquez Regueiro
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- teresasusana.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Maria Carmen Gomez Gomez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821077
- Correo electrónico
- mariadelcarmen.gomez.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 22 |
15.12.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |
15.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 27 |