Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="http://assets.usc.gal/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Programa de Doutoramento en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, Xurídica-Forense e do Consumidor e Usuario

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.psicoloxiadotraballo@usc.gal

Este doutoramento pretende ofrecer formación e teses de excelencia nos ámbitos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, a Psicoloxía Xurídica e Forense e a Psicoloxía do Consumidor e o Usuario. A investigación e a innovación constitúen a base do desenvolvemento desta área incipiente, dotando aos investigadores que posúen unha formación especializada de magníficas perspectivas a nivel profesional.

  • Duración: 3 anos académicos
    Código RUCT: 5600518
    Número prazas: 10

    Coordinador-a do título:
    María Dolores Seijo Martínez
    mariadolores.seijo@usc.es

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    05/12/2013

    Data de publicación no BOE:
    11/03/2014

    Data da última acreditación:
    24/05/2021

    Códigos ISCED:
    (310) Ciencias sociales y del comportamiento
    (311) Psicología
    (0313) Psicología

    O Doutoramento en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, Xurídica-Forense e do Consumidor e Usuario pretende ofrecer formación e teses de excelencia en tres ámbitos:

    a) Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, en temas como o emprego, o benestar individual e organzacional,os equipos de traballo, a xestión de RRHH, a xustiza, a igualdade e a non discriminación, a avaliación de riscos psicosociais e saúde ocupacional, a predición do desempeño, as técnicas de medición e en xeral nas aplicacións da psicoloxía no traballo, os recursos humanos e a saúde ocupacional;

    b) Psicoloxía Xurídica e Forense, en temas como a violencia, o testemuño, a toma de decisión legais, a mediación no contexto legal, a psicoloxía criminal e penitenciaria e a interacción entre a psicoloxía e a lei;

    c) Psicoloxía do Consumidor e do Usuario, en temas como a modelización do comportamento do consumidor, a psicoloxía do usuario, a imaxe de marca, a construcción de indicadores de eficacia, a xestión da calidade, e nas temáticas referidas ao comportamento do consumidor e do usuario.

    O Doutoramento en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, Xurídica-Forense e do Consumidor e Usuario pretende ofrecer formación e teses de excelencia en tres ámbitos :

    1. A Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, en temas como o emprego, o benestar individual e organizacional, os equipos de traballo, a xestión de RRHH, a xustiza, a igualdade e a non discriminación, a avaliación de riscos psicosociais e saúde ocupacional, a predición do desempeño, as técnicas de medición e en xeral nas aplicacións da psicoloxía no traballo, os recursos humanos e a saúde ocupacional.
    2. A Psicoloxía Xurídica e Forense, en temas como a xestión e resolución de conflitos, en mediación con orientación de Xustiza Terapéutica; en psicoloxía xurídica da familia e menores; en vitimoloxía, en estudio psicosocial da conducta violenta, en violencia doméstica e de xénero; en intervención social e comunitaria, en prevención e intervención na inadaptación social, en toma de decisións legais, en psicoloxía do testemuño, en psicoloxía criminal e penitenciaria, en neglixencia, abuso e maltrato infantil.
    3. A Psicoloxía do Consumidor e o Usuario tense convertido nos últimos anos nunha liña de traballo cun enorme potencial para profesionais e investigadores do eido da psicoloxía. Empresas e organizacións vencelladas á Publicidade o Marketing, os estudios de mercado e de opinión recoñecen o enorme valor que a Psicoloxía posúe neste ámbito. Por si fora pouco, dende os servizos sociais e as institucións públicas cada vez son máis os psicólogos/as que interveñen directamente no deseño, desenvolvemento e avaliación de programas, así como no aseguramento da súa calidade e a satisfacción de pacientes e usuarios. A investigación e a innovación constitúen a base do desenvolvemento desta área incipiente, dotando aos investigadores que posúen unha formación especializada de magníficas perspectivas a nivel profesional.
  • Manexo avanzado do manual de publicacións da American Psychological Association

    • E3011A01

    Curso de estilo para a redacción de teses, artigos e outros sistemas de difusión dos resultados da investigación

    • E3011A02

    Software estatístico avanzado

    • E3011A03

    Busca en bases de datos e outros sistemas de rexistro e de información científica

    • E3011A04

    Presentacións públicas para a difusión dos resultados da investigación

    • E3011A05

    Seminarios de investigación

    • E3011A06

    Ética e deontoloxía para a investigación científica en ciencias da conduta e as organizacións

    • E3011A07

    Estancias de investigación en centros internacionais de investigación

    • E3011A08

    Congresos, conferencias e xornadas nacionais e internacionais

    • E3011A09

    Desenvolvemento de plans individuais de carreira

    • E3011A10
  • O Doutoramento en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, Xurídica-Forense e do Consumidor e Usuario pretende ofrecer formación e teses de excelencia en tres ámbitos:

    • a) Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, en temas como o emprego, o benestar individual e organzacional,os equipos de traballo, a xestión de RRHH, a xustiza, a igualdade e a non discriminación, a avaliación de riscos psicosociais e saúde ocupacional, a predición do desempeño, as técnicas de medición e en xeral nas aplicacións da psicoloxía no traballo, os recursos humanos e a saúde ocupacional;
    • b) Psicoloxía Xurídica e Forense, en temas como a violencia, o testemuño, a toma de decisión legais, a mediación no contexto legal, a psicoloxía criminal e penitenciaria e a interacción entre a psicoloxía e a lei;
    • c) Psicoloxía do Consumidor e do Usuario, en temas como a modelización do comportamento do consumidor, a psicoloxía do usuario, a imaxe de marca, a construcción de indicadores de eficacia, a xestión da calidade, e nas temáticas referidas ao comportamento do consumidor e do usuario.

    O Doutoramento en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, Xurídica-Forense e do Consumidor e Usuario pretende ofrecer formación e teses de excelencia en tres ámbitos:

    a) Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, en temas como o emprego, o benestar individual e organzacional,os equipos de traballo, a xestión de RRHH, a xustiza, a igualdade e a non discriminación, a avaliación de riscos psicosociais e saúde ocupacional, a predición do desempeño, as técnicas de medición e en xeral nas aplicacións da psicoloxía no traballo, os recursos humanos e a saúde ocupacional;

    b) Psicoloxía Xurídica e Forense, en temas como a violencia, o testemuño, a toma de decisión legais, a mediación no contexto legal, a psicoloxía criminal e penitenciaria e a interacción entre a psicoloxía e a lei;

    c) Psicoloxía do Consumidor e do Usuario, en temas como a modelización do comportamento do consumidor, a psicoloxía do usuario, a imaxe de marca, a construcción de indicadores de eficacia, a xestión da calidade, e nas temáticas referidas ao comportamento do consumidor e do usuario.

  • Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

    A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

    • Bases de datos reunidas

    • Revistas electrónicas

    • Sumarios electrónicos

    • Servizo de préstamo interbibliotecario

    Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

    A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

    A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

    O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

    Outros recursos:

    Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

    Redes de aulas de informática

    Área de xestión de infraestruturas

    Servizo de medios audiovisuais

    Servizo de prevención de riscos

    Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado sete da Memoria do Título

  • Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

  • Coordinador/a
    María Dolores Seijo Martínez

    Secretario/a
    Mercedes Novo Pérez

    Vogais
    Jesus Fernando Salgado Velo
    Ramón Arce Fernández
    Silvia Moscoso Ruibal
    Jorge Sobral Fernández
    Antonio Rial Boubeta

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.09.2023.