Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="http://assets.usc.gal/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Programa de Doutoramento en Turismo

  • Nova oferta
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.turismo@usc.gal

O turismo tense consolidado como un dos sectores máis relevantes desde o punto de vista económico e social, non so en España senón tamén a nivel mundial. No contexto das disciplinas de carácter social, o turismo é un obxecto de coñecemento interdiciplinar que abrangue un amplo abano de actividades desenvolvidas por empresas privadas e institucións públicas, con impacto sobre a vida das persoas, tanto residentes como visitantes. Este programa de doutoramento achega dúas singulariedades que o fan especialmente atractivo: a participación de 12 universidades españolas cunha dilatada traxectoria nos estudos turísticos, creando sinerxias e estímulos para o estudantado; e o carácter interdisciplinar coa implicación activa de numerosas áreas de coñecemento que contribúen a enriquecer o Programa a través dunha variada oferta de liñas de investigación.

  • Duración: 3 anos académicos
    Código RUCT: 5601390
    Número prazas: 10

    Coordinador-a do título:
    Xose Manuel Santos Solla
    xosemanuel.santos@usc.es

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Malaga

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Alacant Universidade de Estremadura Universidade de Cádiz Universidade de Santiago de Compostela Universidade Complutense de Madrid Universidade de Malaga Universidade de La Laguna Universidade de Sevilla Universidade de Vigo Universidade Antonio de Nebrija Universidade Rey Juan Carlos Universitat Oberta de Catalunya

    Data de publicación no BOE:
    22/01/2021

    Data da última acreditación:
    19/07/2019

    Códigos ISCED:
    (812) Viajes, turismo y ocio
    (310) Ciencias sociales y del comportamiento
    (1015) Viajes, turismo y ocio

    - Contribuír á formación de doutores/as e investigadores/as en turismo para potenciar o crecemento sustentable dunha actividade fundamental para a nosa contorna social e económica.

    - Fomentar a investigación para poder levar adiante unha xestión eficiente da información que permita adaptar a xestión ao perfil do consumidor turista.

    - Desenvolver técnicas de análise e investigación para a súa adaptación á evolución da sociedade da información.

    - Favorecer a cooperación entre universidades e a mobilidade de estudantes e profesorado.

    - Colaborar na innovación e competitividade no campo do turismo.

    - Desenvolver un modelo de currículo académico completo e complexo que aposte polo carácter multidisciplinar da formación turística na universidade.

    - Adaptar o nivel dos estudos universitarios de turismo ao existente na Unión Europea e noutros países da contorna.

    - Acadar a normalización dos estudos superiores de turismo a respecto do que existe noutros sectores económicos e profesionais.

    - Desenvolver perfiles de especialización en áreas que permitan ter en conta as necesidades de innovación que precisa a xestión empresarial e de destinos turísticos.

  • Ferramentas para a xestión e recuperación da información

    • E3121A01

    Modelos de comunicación científica

    • E3121A02

    Modelos de transferencia do coñecemento

    • E3121A03

    Seminarios e talleres de investigación en turismo

    • E3121A04

    Seminarios de traballo conxunto entre estudantes do doutoramento en turismo

    • E3121A05

    Presentación de comunicacións científicas a congresos nacionais e internacionais dedicados a aspectos do turismo

    • E3121A06

    Mobilidade e estancias en universidades e centros de investigación superior no tema de investigación

    • E3121A07
  • O alumnado que non cumpra co perfil de acceso, e que proveña de másteres das áreas das Ciencias Sociais e Xurídicas e Artes e Humanidades, non especializados na formación en turismo, haberán de cursar necesariamente complementos específicos. A Comisión Académica do Programa, segundo a titulación de acceso e previo informe do titor, debe decidir que complementos formativos son os máis acaídos para cada estudante. Esta decisión poderá estar baseada nas materias ofertadas polos Graos en Turismo e/ou Másteres Oficiais que dan acceso directo a este Programa de Doutoramento.

    En todo caso, os devanditos complementos terán carácter obrigatorio para aquel alumnado que acceda ao Programa estando en posesión unicamente dun título de graduado ou graduada de 300 ECTS ou más, que non inclua créditos de investigación no seu plan de estudos.

    Coa finalidade de que os complementos de formación sexan axeitados e coerentes co perfil de ingreso, co ámbito científico e cos obxectivos do Programa, a oferta de materias a cursar como complementos debe atender ás necesidades do Programa e corresponderá aos seguientes ámbitos específicos de coñecemento: -Planificación e xestión de destinos turísticos. -Turismo e sociedade local. -Análise económico do sector turístico. -Xestión e innovación en organizacións turísticas. -Patrimonio turístico. -Intelixencia no ámbito turístico

    Para o estudantado orixinario das áreas de Enxeñaría e Arquitectura, a Comisión Académica do Doutoramento ditaminará sobre os complementos de formación que será obrigatorio cursar de entre os indicados no parágrafo anterior

    • E3121L01 Planificación e xestión de destinos turísticos, turismo e sociedade local
    • E3121L02 Análise económica do sector turístico
    • E3121L03 Xestión e innovación en organizacións turísticas
    • E3121L04 Turismo e patrimonio
    • E3121L05 Intelixencia no ámbito turístico. TICs e análise de datos
    • Contribuír á formación de doutores/as e investigadores/as en turismo para potenciar o crecemento sustentable dunha actividade fundamental para a nosa contorna social e económica.
    • Fomentar a investigación para poder levar adiante unha xestión eficiente da información que permita adaptar a xestión ao perfil do consumidor turista.
    • Desenvolver técnicas de análise e investigación para a súa adaptación á evolución da sociedade da información.
    • Favorecer a cooperación entre universidades e a mobilidade de estudantes e profesorado.
    • Colaborar na innovación e competitividade no campo do turismo.
    • Desenvolver un modelo de currículo académico completo e complexo que aposte polo carácter multidisciplinar da formación turística na universidade.
    • Adaptar o nivel dos estudos universitarios de turismo ao existente na Unión Europea e noutros países da contorna.
    • Acadar a normalización dos estudos superiores de turismo a respecto do que existe noutros sectores económicos e profesionais.
    • Desenvolver perfiles de especialización en áreas que permitan ter en conta as necesidades de innovación que precisa a xestión empresarial e de destinos turísticos.

    - Contribuír á formación de doutores/as e investigadores/as en turismo para potenciar o crecemento sustentable dunha actividade fundamental para a nosa contorna social e económica.

    - Fomentar a investigación para poder levar adiante unha xestión eficiente da información que permita adaptar a xestión ao perfil do consumidor turista.

    - Desenvolver técnicas de análise e investigación para a súa adaptación á evolución da sociedade da información.

    - Favorecer a cooperación entre universidades e a mobilidade de estudantes e profesorado.

    - Colaborar na innovación e competitividade no campo do turismo.

    - Desenvolver un modelo de currículo académico completo e complexo que aposte polo carácter multidisciplinar da formación turística na universidade.

    - Adaptar o nivel dos estudos universitarios de turismo ao existente na Unión Europea e noutros países da contorna.

    - Acadar a normalización dos estudos superiores de turismo a respecto do que existe noutros sectores económicos e profesionais.

    - Desenvolver perfiles de especialización en áreas que permitan ter en conta as necesidades de innovación que precisa a xestión empresarial e de destinos turísticos.

  • Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

    A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

    • Bases de datos reunidas

    • Revistas electrónicas

    • Sumarios electrónicos

    • Servizo de préstamo interbibliotecario

    Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

    A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

    A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

    O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

    Outros recursos:

    Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

    Redes de aulas de informática

    Área de xestión de infraestruturas

    Servizo de medios audiovisuais

    Servizo de prevención de riscos

    Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado sete da Memoria do Título

  • Título Data de lectura Autoría Dirección
    Turismo e desenvolvemento local de Santo André de Teixido. Mención doutoramento internacional 30/10/2024 Sergio Muiño Freire Xose Manuel Santos Solla
  • Coordinador/a
    Xose Manuel Santos Solla

    Secretario/a
    Adolfo Carballo Penela

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.09.2023.