Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Total: 0
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Complementos formativos Doutorado RD99/2011
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Física Aplicada, Física de Partículas
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Física Aplicada, Física da Materia Condensada
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo do curso é iniciar ó alumno nas técnicas experimentais empregadas na Ciencia e Tecnoloxía de Materiais desde un punto de vista esencialmente práctico.
1.-METODOS TÉRMICOS.
Aspectos xerais. Introducción e aplicacións da análise térmico. Termogravimetría (TGA). Análise térmico diferencial (DTA). Calorimetría Diferencial de varrido (DSC). Análisis Térmomecánico (TM). Interpretación dos resultados: transicións vítreas, fusións, cristalizacións.
2.- MÉTODOS ESPECTROSCÓPICOS.
2.1.- Espectroscopías moleculares.
Espectroscopía infravermella (IR) visible e ultravioleta (UV)
Espectros de absorción infravermella. Espectrofotómetro infravermello dispersivo. Espectrofotómetro infravermello por transformada de Fourier (FTIR). Espectro de absorción no visible e ultravioleta. Fluorescencia e fosforescencia. Fotómetros. Espectrofotómetros para o espectro visible y ultravioleta.
Espectroscopía Raman
O efecto Raman. Aplicacións. Técnicas experimentais.
2.2.- Espectroscopías atómicas.
Espectroscopias de emisión e de absorción atómicas.
Espectroscopía de Fluorescencia de Raios X.
3.- RESONANCIA MAGNÉTICA NUCLEAR (RMN)
Conceptos básicos. O espectro RMN. Aplicacións o estudo de materiais.
4.- METÓDOS MICROSCÓPICOS
Microscopía Óptica
Microscopio simple e composto. Compoñentes do microscopio óptico. Resolución. Aberracións: cromática, esférica e astimagtismo.
Microscopía Electrónica de Varrido (SEM)
Microscopía óptica vs. electrónica. Esquema dun SEM. Interacción elástica: difracción de electróns. Interacción inelástica: procesos que xeneran raios X.
Microscopía Electrónica de Transmisión (TEM)
Esquema dun TEM. Principios básicos. Difracción de electróns. Interpretación de diagramas de difracción. Tipos de TEM.
Microscopía por Efecto Túnel (STM). Microscopía de Forzas (AFM)
O efecto túnel. Espectroscopía túnel. O microscopio de forzas atómicas.
5.- MÉTODOS DE DIFRACCIÓN.
Difracción de Raios X. Conceptos básicos. Difractómetro de raios X. Compoñentes do Difractómetro. Difracción de electróns. Difracción de neutróns. Aplicacións.
6.- OUTROS METODOS.
Determinación de propiedades mecánicas. Máquinas de ensaio. Medidas de dureza. Determinacións microestructurais: superficie específica, porosidade, tamaño de partícula. Outros ensaios.
A bibliografía da asignatura é demasiado extensa para ser reflexada aquí. Cada técnica das estudadas no programa debería ter dúas ou tres referencias recomendadas, e inclui-las todas aquí é manifestamente imposible.
Bibliografá Básica:
Introducción a la Ciencia de Materiales: Técnicas de preparación y caracterización. Albella, J. M; Cintas, A. M.; Miranda, T.; Serratosa, J. M. Editorial CSIC, 1993.
COMPETENCIAS ACADÉMICAS
1. Coñecemento das tecnicas de análise e caracterización de materiais.
2. Comprensión da naturaleza, fundamento e características destas técnicas.
3. Estudo da aplicación de cada unha das técnicas: a qué se aplican, cómo se aplican, e que problemas resolven.
COMPETENCIAS XERAIS.
A superación da materia contribuirá a mellorar as capacidades dos alumnos na identificación de relacións problemas-teoría-práctica, típicas da Ciencia de Materiais. Así mesmo, e de forma máis xeral, o curso mellorará a capacidade de trabalo en grupo dos alumnos, a habilidade para a redacción de memorias e informes técnicos e o seu coñecemento da industria real.
O alumno recibe unha información básica das principais técnicas de medida e caracterización empregadas no estudo dos materiais. Nas que sexa posible, utilizaranse os servizos xerais da USC y ol Instituto de Cerámica para coñecer in situ as técnicas e realiza-las correspondentes prácticas.
O curso estructúrase sobre a base de 60 horas de clases expositivas e 15 horas de prácticas e seminarios. As clases teóricas impartiranse no aula, con apoios de proxeccións de ordenador e transparencias, e as clases prácticas nos distintos laboratorios de Servizos Xerais da USC, do Instituto de Cerámica, e dos distintos Departamentos implicados.
Os alumnos realizarán varios tipos de traballos:
• Un traballo, realizado en grupos de dous ou tres alumnos, referente á caracterización dun material, e ás técnicas experimentais empregadas para a mesma.
• Unha memoria individual sobre o curso, na que se recolla: o programa da asignatura comentado, un resumen de prácticas e seminarios.
50% evaluación contínua; 50% exámenes. Dentro da evaluación contínua inclúense traballos preparados polo alumno e prácticas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación ao recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”:
Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes."
Distribución das actividades en horas:
Traballo presencial do alumno:
Clases teóricas............................................ .60h
Prácticas......................................................15h
Tutorias de traballos de curso...........................10h
Actividades de evaluación.................................5h
TOTAL traballo presencial.................................90horas
Traballo persoal do alumno
Estudio autónomo............................................20h
Deseño preparación e elaboración de traballos........15h
Lecturas recomendadas.....................................15h
Preparacion de presentacións, debates, etc............10h
TOTAL traballo personal.....................................60horas
É necesario un coñecemento previo de física, química e química-física ademais de, naturalmente, de coñecementos en Ciencia de Materiales.
As tutorías serán presenciais ou en liña, e requerirán cita previa.
Jesus Manuel Mosqueira Rey
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física da Materia Condensada
- Teléfono
- 881814025
- Correo electrónico
- j.mosqueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Juan Manuel Ruso Veiras
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814042
- Correo electrónico
- juanm.ruso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Pablo Taboada Antelo
Coordinador/a- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física da Materia Condensada
- Teléfono
- 881814111
- Correo electrónico
- pablo.taboada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Alvaro Gil Gonzalez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881816879
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade