Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Preténdese que o alumno que cursou e superou esta materia teña capacidade para:
- Coñecer a importancia da madeira como materia prima renovable
- Identificar as dificultades e puntos críticos no deseño de industrias forestais
- Coñecer as ferramentas necesarias para acadar un deseño efectivo de industrias forestais
- Integrar os conceptos de calidade e seguridade e hixiene no deseño de industrias forestais
- Plasmar nun anteproxecto un modelo actualizado de industria forestal de primeira transformación
- Entender e detectar a problemática industrial que supón o abastecemento de madeira, os conceptos que interveñen nela e a súa manifestación a niveis global, rexional e local
- Traballar en equipo
A memoria del título contempla para esta materia os seguintes contidos:
• Localización e dimensionado de industrias forestais
• Xustificación de procesos
• Optimización de recursos: materia prima produto e aproveitamento de residuos
• Deseño e calidade: concepto de proxectos modulares evolutivos
• Exemplos de deseño de produtos e procesos
Que serán desenrolados de acordo co seguinte temario:
TEMARIO DE TEORIA.-
1. INDUSTRIA FORESTAL
- Panorama xeral do sector 1 hora
- Clasificación das industrias forestais 1 hora
- Caracterización das principais industrias 3 horas
- Actividades do graduado e do máster na actividade industrial forestal 1 hora
2. PLANIFICACIÓN DA INDUSTRIA FORESTAL (en Seminario)
- Planificación xeral dunha industria forestal 1 hora
- Elección do emprazamento 1 hora
- Superficies e edificacións segundo o tamaño e dispoñibilidade de equipos 1 hora
- Definición da man de obra mínima necesaria 1 hora
- Planificación das operacións a realizar nos diferentes tipos de industrias 1 hora
- Stock de materia prima e de produto elaborado 1 hora
3. DESEÑO: CONCEPTO E CONCEPTUALIZACIÓN
- Concepto xeral de deseño 0,5 horas
- Deseño xeral dunha industria forestal 0,5 horas
- Definición do concepto de capacidade de traballo 0,5 horas
- Análise económica da industria 0,5 horas
- Control de calidade da industria forestal 0,5 horas
- Seguridade na industria forestal 0,5 horas
4. DESEÑO APLICADO DE INDUSTRIAS FORESTAIS (I): INDUSTRIA DE SERRADO (en Seminario)
- Conceptos previos no deseño dun serradoiro 0,5 horas
- Descrición dos modelos base de serradoiros 0,5 horas
- Distribución da maquinaria, equipos e persoal nun serradoiro 0,5 horas
- Estudio económico dunha industria de serrado 0,5 horas
5. DESEÑO APLICADO DE INDUSTRIAS FORESTAIS (I): CALIDADE, SEGURIDADE E HIXIENE (en Seminario)
- Concepto de calidade 0,5 horas
- Concepto de seguridade e hixiene 0,5 horas
- Distribución en planta de conceptos 1 hora
- Deseño e calidade: concepto de proxectos modulares evolutivos 1 hora
- Exemplos de deseño de produtos e procesos 1 hora
TEMARIO DE PRACTICAS.-
Practica nº 1. Análise da evolución do deseño dun produto derivado de la industria forestal. 2 horas
Bibliografía básica
• 1. LA INDUSTRIA MADERERA – Brown-Bethel –Ed. Limusa, 1965.
• 2. TECHNICAL CRITERIA FOR THE SELECTION OF WOODWORKING MACHINES – United Nations Industrial Development Organization – Viena, 1991.
Bibliografía complementaria
• 3. ACABADOS DE LA MADERA. S. W. Gibbía. CEAC.
• 4. Manual de construcción de viviendas en madera, Centro de transferencia tecnológica, Corporación chilena de la madera CORMA, Chile
• 5. Tectónica: monografías de arquitectura, tecnología y construcción, varios números, ATC Ediciones, Madrid, 1996 a 2002
Publicacións electrónicas de consulta recomendada
• www.forestindustries.se
• www.auxitesa.com
• www.finnforest.com
• www.halfen.com
• www.holtza.es
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquer titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría de montes en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas e xerais:
• CG3 - Capacidade para proxectar, dirixir e xestionar industrias e instalacións forestais de primeira e sucesivas transformacións
• CG5 - Capacidade para o desenrolo de técnicas e proxectos no campo das enerxías renovables
• CB6 - Posuir e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenrolo e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
• CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
• CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobor das responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
• CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
• CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que terá que ser en grande medida autodirixido ó autónomo
Competencias transversais:
• CT1 - Capacidade de análise e síntese
• CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
• CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica
• CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva
• CT5 - Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada
• CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
• CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente
• CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece ós demais
• CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC)
• CT10 - Utilización de información bibliográfica y de Internet
• CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira
• CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Competencias específicas:
• CE1 - Capacidade para a redacción, dirección e execución de proxectos de industrias de desenrolo, serrío e moble e para o aproveitamento de enerxías renovables
• CE2 - Capacidade para a redacción, dirección e execución de proxectos de industrias de de celulosa e papel, industrias de taboleiros de fibras, partículas e contrachapado e industrias de destilación da madeira
• CE3 – Coñecementos axeitados e capacidade para proxectar e dimensionar instalacións de industrias e produtos forestais
• CE4 - Coñecementos axeitados e capacidade para desenrolar e aplicar tecnoloxía propia en enerxías renovables no medio Forestal e Natural
É competencia de todo educador proceder a unha elección lúcida entre os diferentes métodos pedagóxicos e os medios específicos que implican. A variedade e complexidade dos contidos a impartir na materia, así como a amplitude e diversidade dos obxectivos que se pretenden acadar mediante a súa docencia, poñen de manifesto a imposibilidade de utilizar un único método de ensino.
Dado o tamaño dos grupos de alumnos, pódese recorrer á lección maxistral como técnica de docencia nunha parte reducida do temario ó resultar máis axeitada e rápida para o desenrolo e exposición. Sen embargo é preciso utilizar tamén outros métodos e técnicas didácticas que favorezan a capacidade de análise e síntese do alumno.
Para que o alumno adquira os coñecementos que conforman a materia e satisfacen as competencias básicas, xerais, transversais e específicas citadas debese poñer á súa disposición toda a información necesaria, auxiliándose para elo nunha serie de técnicas que lle axuden a desempeñar con eficacia as súas funcións docentes, tales como: as clases teóricas (maxistrais e seminarios), as clases prácticas, as titorías (en grupos e persoais), as viaxes de prácticas e os traballos individuais.
Ademáis, a materia integra un elemento moi importante como potencial tema de realización de Proxectos e Traballos Fin de Grado.
Para o idóneo desenrolo da docencia, utilizaranse unha serie de recursos ou medios didácticos que serven para estimular a atención do alumno e facilitarlle a comprensión, asimilación e aplicación dos coñecementos. Dentro destes medios pódense citar os seguintes: bibliografía, apuntes manuscritos, encerado, medios audiovisuais, visitas a instalacións de produción e visita de persoal profesional axeno á universidade.
Este é o reparto horario segundo tipoloxía das actividades:
Clases teóricas (expositivas de grupo grande): 9 horas
Actividades en seminarios (interactivos, con grupos reducidos): 12 horas
Viaxes de Prácticas: 2 horas
Titorías individuais: 3 horas
Actividades de avaliación: 3 horas
Dacordo ás “Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura” elaboradas pola USC, trala crise sanitaria motivada polo COVID-19, convén aclarar que o establecido nesta sección rixe só para o escenario 1 (normalidade adaptada sen restriccións á presencia física). Para os escenarios 2 (distanciamento, con restriccións parciais á presencia física) e 3 (peche das instalacións e imposibilidade de impartir docencia con presencia física), emplearanse medios telemáticos para o seguimento da docencia, tutoría e entrega e/ou presentación de traballos.
Neste caso a docencia será impartida en asíncrono mediante a subida de material audiovisual á plataforma do Campus Virtual da USC, usando esta ferramenta, xunto con MTeams e correo electrónico para a realización de titorías e entrega/presentación de traballos.
1. Méritos básicos non imputables na avaliación numérica
Asistencia a, polo menos, o 80% das clases presenciais (teóricas, titorías, seminarios e prácticas).
2. Méritos imputables na avaliación numérica
Os alumnos examinaranse da parte teórica da materia mediante un exame escrito que terá lugar nas datas aprobadas polo centro, e que será necesario aprobar para superar a materia. O exame constará dun conxunto de entre 10 e 15 preguntas curtas, moi concretas, con espazo limitado para a resposta e relacionadas co explicado en clase.
Por outra parte, elaborarán unha memoria na que analizarán a evolución do deseño dun produto derivado da industria forestal, remarcando aqueles aspectos de deseño do proceso e do produto, márketing e imaxe de marca que foron manexados na clase. Non se poderá aprobar a materia sen ter presentado correctamente esta memoria descritiva.
En resumo, a importancia na avaliación final da materia de cada un dos elementos comentados e a relación entre cada actividade avaliadora e as competencias definidas para a materia, plásmase no seguinte cadro:
Sistema de evaluación Competencias Peso na calificación
Asistencia e participación 10 %
Proba escrita CG3, CG5, CB10, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT11, CT12, CE1, CE2, CE3, CE4 10 %
Trabajo práctico CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, CT1, CT3, CT4, CT5, CT6, CT8, CT9, CT10, CT11 80 %
Todo menos a proba final forma parte da avaliación continua.
Sen embargo o alumnado pode optar por redactar un traballo práctico mais amplo cun peso na avaliación do 90% e que evita ter que facer a proba escrita.
O alumnado que non superasen a materia na convocatoria ordinaria e teñan aprobado o traballo práctico, só terá que realizar o exame da convocatoria de xullo no caso de non optar por superar a materia só co traballo. O alumnado repetidor conservará a nota obtida no traballo práctico para cursos seguintes, podendo realizar os exámenes parciais e/ou o final de seren necesarios.
O estudantado que teña concedida dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas, segundo o disposto na Instrucción 1/2017 da Secretaría Xeral, deben ter en conta que, para aprobar esta materia, é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas sinaladas no horario e programadas na guía docente.
Respeto do plaxio e o uso indebido das tecnoloxías é importante destacar que, para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión das calificacións.
Dacordo ás “Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. Curso 2021-2022” elaboradas pola USC, trala crise sanitaria motivada pola COVID-19, convén aclarar que, o establecido nesta sección rixe para o escenario 1 (normalidade adaptada sen restriccións á presencia física). Para os escenarios 2 (distanciamento con restriccións parciais á presencia física) e 3 (peche das instalacións e imposibilidade de impartir docencia con presencia física), realizarase nas dúas oportunidades unha avaliación formativa continua e probas de carácter telemático anulando a opción da proba escrita e superando a materia só co traballo escrito.
Estímase que por cada hora de docencia teórica se necesitan ó redor de 1.5 horas de adicación á materia, o que supón un total de, aproximadamente 24 horas. A isto sería necesario engadir un complemento de 24 horas para a preparación da memoria na que analizarán a evolución do deseño dun produto derivado da industria forestal.
- Lectura e preparación de temas 9 horas
- Preparación de probas de avaliación 15 horas
- Preparación da memoria de análise da evolución do deseño dun
produto derivado da industria forestal 20 horas
- Viaxe de prácticas 4 horas
- Total horas de estudo e traballo persoal 48 horas
É dicir, son necesarias un total de 48 horas
Trátase dunha materia obrigatoria impartida pola área de coñecemento de Enxeñaría Agroforestal. A materia aportará unha visión ampla no que afecta ó estudo e á organización industrial vinculada ó sector forestal, a súa tecnoloxía e a transcendencia da análise do Ciclo de Vida Útil, a minimización de residuos, a optimización de recursos e o control da calidade do produto final. Sen embargo, abordará de forma sistemática, o estudo de cómo todos eses escenarios inflúen no deseño de procesos e produtos e cómo este deseño condiciona aqueles. Recoméndase a asistencia e a participación activa nas clases, así como as consultas das posibles dúbidas en titorías.
É importante completar os contidos explicados en clase mediante a consulta da bibliografía básica e complementaria, especialmente a lectura da bibliografía referente á próxima clase conforme ás indicacións do profesor. Ademais, vinculado con esa relación profesor – alumno, recoméndase consultar dúbidas durante o desenrolo da clase correspondente ou en titorías, para o que será necesario o repaso da materia explicada en clase e a elaboración dunha síntese esquemática.
Finalmente, recoméndase abordar os traballos elaborados en grupo dende un punto de vista moi práctico, de xeito planificado e anticipado. Tanto estes traballos documentais como a visita á planta de celulosa, permitirán coñecer moito mellor o sector e observar na práctica todo o que foi manexado nas clases teóricas.
Unha información máis ampla sobor deste programa está dispoñible na guía do estudantado da materia: Deseño de Industrias Forestais para o Curso 2023_24.
A materia tamén utiliza a USC virtual: http://www.usc.es/campusvirtual/
Materia en extinción no curso 2024/2025, sen docencia pero con dereito á avaliación co sistema especificado para o estudantado repetidor
Pablo Vila Lameiro
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- pablo.vila.lameiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor