Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
A materia “Enerxía e Contaminación Atmosférica” ten como obxectivo xeral implicar ao alumno nos procesos asociados á problemática da transformación eficiente dos recursos enerxéticos en relación coa prevención e o control da contaminación atmosférica en todas as etapas, desde a entrada dos recursos ata a dispersión das súas emisións no medio atmosférico.ç.
Obxectivos específicos (por bloques)
A continuación introdúcense os obxectivos específicos de cada bloque da materia, para o que en primeiro lugar detállanse os contidos de cada un e, en relación cos mesmos, resúmense nunha táboa os obxectivos a alcanzar na súa aprendizaxe.
I. Enerxía e emisións atmosféricas
Neste primeiro bloque defínense os sistema enerxéticos, é dicir, aqueles sistemas que necesitan e utilizan os distintos tipos de enerxía e transfórmana. Abórdase posteriormente a eficiencia dos sistemas enerxéticos para minimizar as súas emisións atmosféricas e as estratexias de prevención e control da contaminación. Finalmente, se avalían as súas emisións de contaminantes atmosféricos e estúdanse os inventarios de emisións atmosféricas.
II. Medio ambiente atmosférico e contaminación
Neste segundo bloque introdúcese o medio ambiente atmosférico en relación coa súa contaminación e os principais contaminantes atmosféricos; para a continuación, abordar os distintos procesos físicos e químicos atmosféricos que condicionan os niveis de contaminantes na atmosfera. Incluíndo a tecnoloxía dos modelos de calidade do aire.
III. Modelización da contaminación atmosférica
O terceiro bloque é de carácter práctico, e no mesmo abórdanse casos concretos de estimación de emisións atmosféricas e de aplicación de modelos de calidade do aire á dispersión de contaminantes.
BLOQUE OBXECTIVOS
I. Enerxía e sistemas enerxéticos. Eficiencia enerxética. Emisións atmosféricas.
- Recursos e sistemas enerxéticos.
- Eficiencia e control dos sistemas enerxéticos.
- Inventarios de emisións atmosféricas.
II.. Medio ambiente atmosférico e contaminación. - Os contaminantes na atmosfera
- Procesos físicos e químicos atmosféricos
- Modelos de calidade do aire.
III. Seminarios de modelización da contaminación atmosférica - Cálculo de emisións industriais.
- Cálculo da dispersión atmosférica urbana.
Os contidos que se desenvolven en 3,0 ECTS son os contemplados de forma sucinta no descritor da materia no plan de estudos do Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos, e que son: “Xeración de enerxía: Emisións atmosféricas. Impacto. Dispersión atmosférica. Transformación química e deposición de contaminantes atmosféricos. Modelos de calidade do aire. Aplicacións”.
Tendo en conta estas limitacións, co descritor arriba sinalado o programa estructurase nos seguintes bloques temáticos.
Bloque I. Enerxía e emisións atmosféricas.
Tema 1. Introdución. Enerxía e contaminación atmosférica. Recursos enerxéticos. Sistemas para o uso e transformación da enerxía.
Tema 2. Prevención da contaminación atmosférica. Eficiencia dos sistemas enerxéticos. Prevención e control da contaminación atmosférica en sistemas enerxéticos.
Tema 3. Focos emisores e inventarios de emisións. Focos emisores. Estimación de emisións atmosféricas. Inventarios de emisións atmosféricas. Aplicacións.
Bloque II. Medio ambiente atmosférico e contaminación
Tema 4. Medio atmosférico. Contaminantes atmosféricos. Clasificación. Química en fase gas. Quìmica en fase acuosa. Aerosois. Efectos.
Tema 5. Meteoroloxía e dispersión de contaminantes atmosféricos. Fenómenos meteorolóxicos. Procesos de dispersión. Aplicacións.
Tema 6. Modelos de calidade do aire. Modelos Eulerianos. Modelos Lagrangianos. Modelos Gaussianos. Aplicacións.
Bloque III. Seminario de modelización da contaminación atmosférica
Tema 7. Estimación de emisións atmosféricas. Emisións industriais.
Tema 8. Dispersión de contaminantes atmosféricos. Dispersión a escala urbana.
Bibliografía básica
European Environment Agency “EMEP/EEA air pollutant emission inventory guidebook”. EEA Technical Report, 2016. https://www.eea.europa.eu/publications/emep-eea-guidebook-2016. ISSN 1977-8449.
Jacobson, M.Z. "Atmospheric Pollution". Cambridge: Cambridge University Press, 2002. ISBN: 9780511802287. SINATURA: 222 4.
Bibliografía complementaria
Baumbach, G. “Air Quality Control”. Berlin: Springer-Verlag, 1996. ISBN 10: 3540579923.
Boubel, R.W., Fox, D.L., Turner, D.B., Stern, A.C. "Fundamentals of Air Pollution". London: Academic Press, 1994. ISBN 0-12-118930-0.
Calvert, S. “Air Pollution”. 3a ed., vol. 4, Academic Press, New York, 1977.
Catalá Icardo, M., Aragón Revuelta, P. “Contaminantes del aire: Problemas resueltos”. Valencia: Editorial Universidad Politécnica de Valencia, 2008. ISBN 978-84-8363-224-6.
Finlayson-Pitts, B.J., Pitts Jr., J.N. “Atmospheric Chemistry”. New York: John Wiley and Sons, 1986. ISBN 0-471-88227-5.
Jacobson, M.Z. “Fundamentals of Atmospheric Modelling”. Cambridge: University Press, 2005. ISBN 9780521548656. SINATURA: A220 4 A
Ministerio de Industria y Energía. "Manual de cálculo de chimeneas industriales". Madrid: Servicio de Publicaciones Miner, 1992. ISBN 978-84-7474-635-8.
Pielke, R.A. “Mesoscale meteorological modeling”. Academic Press, New York, 1984. ISBN 9780123852373.
Seinfeld, J.H. "Atmospheric Chemistry and Physics of Air Pollution". New York: J. Wiley & Sons, 1985. ISBN 0-471-82857-2.
Seinfeld, J.H., Pandis, S.N. “Atmospheric Chemistry and Physics”. 2nd edition, New York: John Wiley and Sons, 2006. ISBN 978-0471720171. SINATURA: 220 5.
Sorensen, B. “Renewable Energy”. 4ª edición. Academic Press, 2011. ISBN 9780123750259.
Stull, R.B. "An introduction to boundary layer meteorology". The Netherlands: Kluwer Academic Publishers, 1988. ISBN 978-94-009-3027-8.
US EPA. “Compilation of air pollutants emissions factors – Vol I: Stationary points and area sources”. AP-42, Research Triangle Park, California, 2016. https://www.epa.gov/air-emissions-factors-and-quantification/ap-42-comp…
Vilà-Guerau de Arellano, J., van Heerwaarden, Ch.C., van Stratum, B.J.H., van den Dries, K. “Atmospheric Boundary Layer” New York: Cambridge University Press, 2015. ISBN 9781107090941. SINATURA: 220 7.
Zannetti, P. "Air Pollution Modeling". New York: Computational Mechanics Publications, Van Nostrand Reinhold, 1990. ISBN 978-1-4757-4465-1. SINATURA: A222 7.
Outra documentación
O profesor aportará presentacións dos contidos da materia, na lingua de impartición da mesma.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará una serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da Enxeñaría Quimica e de Procesos en xeral ou específicas da Contaminación Atmosférica en particular. Entre as competencias recolleitas na memoria do título, esta materia desenvolverá as seguintes:
Competencias xerais e básicas:
CB7: Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CG7: Aplicar coñecementos de matemáticas, física, química, bioloxía e outras ciencias naturais, obtidos mediante estudo, experiencia, e práctica, con razoamento crítico para establecer solucións viables económicamente a problemas técnicos.
CG9: Saber establecer modelos matemáticos e desenvolvelos mediante a informática apropiada, como base científica e tecnolóxica para o deseño de novos produtos, procesos, sistemas e servizos, e para a optimización doutros xa desenvolvidos.
Competencias específicas:
CE3: Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados co área de estudo de Enxeñaría Química.
CE4: Capacidade para aplicar o método científico e os principios da enxeñaría e economía, para formular e resolver problemas complexos en procesos, equipos, instalacións e servizos, nos que a materia experimente cambios na súa composición, estado ou contido enerxético, característicos da industria química e doutros sectores relacionados entre os que se atopan o farmacéutico, biotecnolóxico, materiais, enerxético, alimentario ou medioambiental.
CE11: Abordar un problema real de Enxeñaría Química baixo unha perspectiva científica, recoñecendo a importancia da procura e xestión da información existente.
Competencias transversais:
CT4: Capacidade analítica, crítica e de síntese.
CT6: Compromiso ético no marco do desenvolvemento sostible.
Trátase, en suma, de aplicar os seus coñecementos previos a todos os sistemas que utilizan enerxía e a un novo campo para a análise e avaliación cuantitativa da contaminación atmosférica e o deseño de técnicas innovadoras de redución das súas emisións. Á vez que se desenvolven outras competencias máis xenéricas, como a resolución de problemas de carácter interdisciplinar, o traballo en equipo e o manexo de modelos matemáticos sobre ordenador.
Seguirase a metodoloxía da materia equivalente no novo plan de estudos, que oferta docencia presencial:
P4142202 - Contaminación atmosférica industrial
Seguirase o sistema de avaliación da materia equivalente no novo plan de estudos, que oferta docencia presencial:
P4142202 - Contaminación atmosférica industrial
-
Jose Antonio Souto Gonzalez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816757
- Correo electrónico
- ja.souto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor