Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O obxectivo desta materia é proporcionar ao alumnado formación sobre as diferentes ferramentas básicas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade investigadora nas súas distintas etapas, partindo da busca de información, planificación da investigación e análise dos resultados obtidos, difusión dos propios e unha solicitude de financiamento para levala a cabo.
Os contidos que se desenvolven na materia son os indicados no descriptor da mesma na Memoria verificada do Máster Universitario en Enxeñería Química e Bioprocesos:
• Ferramentas estatísticas de análises de datos.
• Planificación da experimentación baseada no deseño de experimentos.
• Fuentes de información en Enxeñería Química.
• Técnicas de redacción de artigos.
• Planificación e solicitude dun proxecto de I+D.
A materia estrutúrase en tres secciones diferentes que se avaliarán separadamente.
Sección 1 .- FERRAMENTAS PARA A PLANIFICACIÓN DA EXPERIMENTACIÓN E ANÁLISE DE RESULTADOS
• Correlación e regresión lineal. Comparacións entre medias (proba t, ANOVA).
• Introdución ao deseño estatístico de experimentos. Comparación co método tradicional. Procedemento de aplicación.
• Definición de factores e de dominios de interese. Matriz de deseño.
• Planificación da experimentación. Elección do deseño experimental.
• Deseños ortogonales de primeira orde. Deseños factoriais completos e fraccionados.
• Deseños de segunda orde. Deseño Central Composto ( CCD) e Box- Behnken.
• Interpretación dos resultados. Análise de varianza.
• Metodoloxía das superficies de resposta.
A distribución da docencia no Tema 1 é a seguinte: Sesións expositivas (4 h), sesións interactivas de seminario (2 h), sesións interactivas de aula informática (4 h).
Profesora: Julia González Álvarez.
Sección 2 .- TÉCNICAS DE REDACCIÓN E REVISIÓN DE ARTIGOS E INFORMES
· As etapas do método científico e a importancia da comunicación científica dos resultados da investigación. A redacción científica. O estilo na comunicación científica
· Comprender o problema ou cuestión que é obxecto da investigación
· Establecer unha hipótese e un procedemento de razoamento/decisión de tipo deductivo
· Identificación dos elementos preliminares: Título, Autores e Resumo.
· Introdución e Materiais e métodos.
· Resultados. Táboas e gráficos. Notas ao pé de páxina.
· Discusión e Conclusións.
· Bibliografía (Referencias) e información de soporte ou adicional
· Procura de información bibliográfica sobre traballos científicos en Enxeñaría Química mediante o uso de bases de datos e revistas científicas
· Revisión crítica de artigos científicos
Profesor: Enrique Roca Bordello
Sección 3 .-ELABORACIÓN E AVALIACIÓN DE PROXECTOS DE I+D+i.
• Técnicas para a preparación de proxectos de investigación e innovación. Proxectos individuais e consorciados.
• Elaboración dun proxecto. Rexistro de propiedade de resultados.
• Avaliación de proxectos. Mecanismos de avaliación.
Profesor: Enrique Roca Bordello
SECCIÓN 1
Bibliografía básica
BOX, G. E. P., W. G. HUNTER y J. S. HUNTER. Estadística para investigadores. Introducción al diseño de experimentos, análisis de datos y construcción de modelos. Barcelona: Reverté, 2005. ISBN: 9688708405
BOX, G.E.; J.S. HUNTER Y W.G. HUNTER. Estadística para investigadores. Diseño, innovación y descubrimiento 2ºEd. Barcelona: Reverté, 2008. ISBN: 9788429194234
Artigos publicados en diversas revistas.
http://sfx.bugalicia.org/san/az/
Bibliografía complementaria
LAZIC, Z.R. Design of experiments in chemical engineering : a practical guide. Weinheim: Wiley-VCH, 2004. ISBN: 3527311424
https://onlinelibrary.wiley.com/doi/pdf/10.1002/3527604162
SECCIÓN 2
Bibliografía básica
Jalongo, M.R., Saracho, O.N. Writing for Publication. Transitions and Tools that Support Scholars’ Success. Suiza: Springer, 2016. ISBN 978-3-319-31648-2 ISBN 978-3-319-31650-5 (eBook) DOI 10.1007/978-3-319-31650-5.
Ebel, H. F. (2004). The Art of scientific writing: from student reports to professional publications in chemistry and related fields. Weinheim : Wiley-VCH, 2004 ISBN: 978-3-527-29829-7 ES:RB 28
Bibliografía complementaria
Peat, J. (2002). Scientific writing: easy when you know how BMJ Books. ISBN: 978-0-727-91625-9. ES: C 106
SECCIÓN 3
Para a sección traballarase sobre unha propuesta de convocatoria de proxectos de investigación, innovación ou demostración, como modelo.
Competencias básicas e xerais:
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en contornos novos ou descoñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e o coñecemento e as últimas razóns que os apoian a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e inequívoco.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan seguir estudando dun xeito autodirixido ou autónomo.
CG3 - Ser capaz de predicir e controlar a evolución de situacións complexas desenvolvendo novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao campo específico científico / investigador, tecnolóxico ou profesional, xeralmente multidisciplinar, no que desenvolven a súa actividade.
CG6 - Ten a capacidade de resolver problemas descoñecidos, incompletamente definidos e con especificacións competitivas, considerando os posibles métodos de solución, incluídos os máis innovadores, seleccionando o máis adecuado e sendo capaz de corrixir a implementación, avaliando as diferentes solucións de deseño. .
CG8 - Realizar a investigación axeitada, emprender o deseño e dirixir o desenvolvemento de solucións de enxeñaría, en entornos novos ou pouco coñecidos, relacionando creatividade, orixinalidade, innovación e transferencia de tecnoloxía.
CG9 - Saber establecer modelos matemáticos e desenvolvelos a través dunha computación adecuada, como base científica e tecnolóxica para o deseño de novos produtos, procesos, sistemas e servizos e para a optimización doutros xa desenvolvidos.
CG14 - Xestionar a investigación, o desenvolvemento e a innovación tecnolóxica, atendendo á transferencia de tecnoloxía e dereitos propiedades e patentes.
Competencias específicas:
CE2.- Ter desenvolvida a autonomía suficiente para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas dentro do campo temático da Enxeñaría Química e Bioprocesos, en contextos interdisciplinares e, no seu caso, cun alto compoñente de transferencia de coñecemento.
CE3.- Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa área de estudo da Enxeñaría Química.
CE7.- Conceptualizar modelos de enxeñaría, aplicar métodos innovadores na resolución de problemas e aplicacións informáticas adecuadas para o deseño, simulación, optimización e control de procesos e sistemas.
CE11.- Abordar un problema real en Enxeñaría Química desde unha perspectiva científica, recoñecendo a importancia de buscar e xestionar a información existente.
Competencias transversais:
CT1.- Desenvolver habilidades asociadas ao traballo en equipo: cooperación, liderado, saber escoitar. Dirixir e definir equipos multidisciplinares capaces de resolver cambios técnicos e necesidades directivas en contextos nacionais e internacionais.
CT2.- Adaptarse aos cambios, sendo capaz de aplicar novas e avanzadas tecnoloxías e outros avances relevantes, con iniciativa e espírito emprendedor.
CT4.- Capacidade analítica, crítica e de síntese.
Seguirase a metodoloxía da materia equivalente no novo plan de estudos, que oferta docencia presencial:
P4142110 - Planificación da investigación
Seguirase o sistema de avaliación da materia equivalente no novo plan de estudos, que oferta docencia presencial:
P4142110 - Planificación da investigación
-
Julia Gonzalez Alvarez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816761
- Correo electrónico
- julia.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Enrique Roca Bordello
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816774
- Correo electrónico
- enrique.roca [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade