Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 30 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Introducir ó alumno no manexo dos ordenadores e as novas tecnoloxías
• Capacitar ó alumno no emprego de ferramentas informáticas de uso común
Bloque I: Sistema Operativo
•Compoñentes básicos dun ordenador
•Familiarización co Escritorio.
•Utilidades do sistema (capturas pantalla, calculadoras, …).
•Localización de programas e a súa execución.
Bloque II: Arquivos e cartafoles
• Como organizar a información: xestión de arquivos e cartafoles.
• Manipulación do sistema de arquivos en dispositivos de almacenamento externos
Bloque III: Internet
• Introdución a Internet.
• Os navegadores.
• Correo electrónico.
• Almacenamento de información na nube
Bloque IV: Ofimática básica
• Edición de textos con Word:
o Entorno e configuración básica
o Instrumentos básicos de traballo: Selección, copia-pega, búsqueda, etc.
o Formatados: parágrafos, aliñamentos, espazamentos
o Configuración de páxina e saída a impresión.
o inserción de imaxes e creación de táboas sinxelas.
• Folla de cálculo Excel:
o O entorno e configuración básica.
o Operacións básicas sobre unha folla de cálculo.
o Inserción e manipulación de datos.
o Gráficos básicos
•Presentacións co Powerpoint:
o O entorno e configuración básica.
o Construción dunha diapositiva
o Creación de presentacións con texto e imaxes.
o Manexo de deseños preconfigurados
Bibliografía Básica:
- Curso de Informática (http://pedroreina.net/curso/)
Bibliografía complementaria:
- Guía de windows 10 (https://www.aulaclic.es/guia-windows-10/)
- Manual de Windows 10 (https://zofti.com/manual?idm=2809)
- Manual de Office 365 (https://www.pdf-manual.es/office/192-manual-de-office-365.html)
• Ser capaz de aproveitar as oportunidades que ofrece a informática na súa vida cotiá.
• Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as tecnoloxías e fontes de información.
• Traballo en grupo.
• Exposición de contidos teórica mediante medios audiovisuais
• Docencia práctica baseada en pequenos proxectos
• Exposición oral en grupo dos proxectos realizados
• Asistencia e participación nas clases (10%)
• Realización dun proxectos por cada tema (60%)
• Desenvolvemento das tarefas na clase (30 %)
Actividades non presenciais (estimativo):
Lectura e preparación de temas 24
Realización de exercicios 12
Elaboración de traballos de curso 12
Preparación de probas de avaliación 12
• Recoméndaselles asistir ás clases e intervir de xeito activo nelas, así coma no resto de actividades interactivas.
• Tratar de levar o estudo da materia ao día.
• Realizar unhas boas prácticas e esforzarse nos traballos que decida levar a cabo ao longo do curso.
• Resolver por un mesmo os exercicios que se propoñen para resolver na casa. Aconsellase formar un grupo de traballo para levar a cabo esta actividade e non caer no desánimo ante as dificultades.
• Utilizar os apuntamentos e o libro que se aconsella como de texto e logo completalo con outras fontes recomendadas polo profesor en cada bloque temático.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Xose Ramon Fernandez Vidal
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881816428
- Correo electrónico
- xose.vidal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 5512 Aula Informática 1 Facultade de Veterinaria |