Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 45 Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva Seminario: 5 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable
Esta materia esta pensada para ser a continuación natural de Informática. Nela pretendese dotar ao estudantado de habilidades que lles permitan desenvolverse, cun nivel medio-baixo, coas ferramentas informáticas máis comúns.
OBXECTIVOS:
• Que o alumnado sexa capaz de administrar o seu ordenador
• Capacitar ó alumno para que aproveite os servizos da rede e a información que a administración pública po ao seu alcance
• Espertar a súa curiosidade en ferramentas de edición fotográfica e de debuxo dixital
CONTIDOS
Bloque I: Administración
- Instalación e configuración de programas
- Panel de control e a configuración do sistema.
- Manipulación de dispositivos externos: impresora, …
- Realización de copias de respaldo
Bloque II: Internet
- Búsqueda selectiva de información: filtros.
- Servizos da Rede: viaxes, reservas entradas, compras, …
- Accesos acreditados con DNI-e na Administración: cartofol cidadán, catastro, etc.
- Conexión Escritorio con apps de móbiles: Whatsapp, Oruxmaps, ...
Bloque III: Ofimática avanzada
- Formatado de textos de Word: columnas, sección, imaxes e retoque, debuxos, táboas de contidos, manexo de bibliografía e citas, combinación correspondencias, etc.
- Manexo da folla de cálculo Excel: Entorno de trabalo. Celas e denominación. Fórmulas e funciones. Gráficos e tipoloxía.
Bloque III: Deseño dixital
- Introdución ao retoque fotográfico con Gimp
- Introdución ao debuxo dixital con Inkscape
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA on-line
- Guía de windows 10 (https://www.aulaclic.es/guia-windows-10/)
- Manual de Windows 10 (https://zofti.com/manual?idm=2809)
- Manual de Office 365 (https://www.pdf-manual.es/office/192-manual-de-office-365.html)
- Manual de introducción a Gimp (https://tutorialesenpdf.com/descarga/?file=manual-de-introduccion-a-gim…)
- Curso de Inkscape: Inkscape Logo a Logo (https://archive.org/details/CursoDeInkscapeInkscapeLogoALogo/page/n7/mo…)
• Ser capaz de aproveitar as oportunidades que ofrece a informática na súa vida cotiá.
• Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as tecnoloxías e fontes de información.
• Traballo en grupo.
• Exposición de contidos teórica mediante medios audiovisuais
• Docencia práctica baseada en pequenos proxectos
• Exposición oral en grupo dos proxectos realizados
• Asistencia e participación nas clases (10%)
• Realización dun pequeno proxecto en cada tema (50%)
• Desenvolvemento das tarefas na clase (40%)
Actividades non presenciais (estimativo):
Lectura e preparación de temas 24
Realización de exercicios 12
Elaboración de traballos de curso 12
Preparación de probas de avaliación 12
• Recoméndaselles asistir ás clases (obrigatorias) e intervir de xeito activo nelas, así coma no resto de actividades interactivas.
• Tratar de levar o estudo da materia ao día.
• Realizar unhas boas prácticas e esforzarse nos traballos que decida levar a cabo ao longo do curso.
• Resolver por un mesmo os exercicios que se propoñen para resolver na casa. Aconsellase formar un grupo de traballo para levar a cabo esta actividade e non caer no desánimo ante as dificultades.
• Utilizar os apuntamentos e o libro que se aconsella como de texto e logo completalo con outras fontes recomendadas polo profesor en cada bloque temático.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.