Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 30 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable
- Proporcionar un coñecemento básico sobre as técnicas e instrumentos utilizados para a observación de células e tecidos.
- Describir as características das células respecto da súa anatomía, a súa fisioloxía, o seu ciclo vital e as súas interaccións co medio.
- Analizar a especialización celular e as formas en que se asocian os distintos tipos celulares para formar tecidos e órganos.
- Características do microscopio óptico e do microscopio electrónico de transmisión e de barrido. Nocións sobre outros tipos de microscopía.
- Preparación de mostras para o estudo microscópico. Consideracións a ter en conta para a interpretación das imaxes microscópicas.
- Concepto de célula, tecido e órgano e explicación da súa organización nos seres vivos.
- Estudo da célula: estrutura das súas diferentes partes, manifestacións vitais, morte celular.
- Diferenciación e proliferación celular. Células nai.
- Cancro.
- Tecido epitelial: concepto, xeneralidades e compoñentes.
- Tecido conectivo: concepto, xeneralidades e compoñentes. Variedades de tecido conectivo.
- Tecido muscular: concepto, xeneralidades e tipos.
- Tecido nervioso: concepto e xeneralidades.
O contido básico do programa poderá axustarse de acordo coas preferencias e coñecementos básicos que poidan ter os estudantes, e o interese en aspectos concretos.
En cada sesión proporcionaranse diversas ligazóns de internet de consulta libre e títulos de libros de fácil lectura que poidan servir para resolver dúbidas.
Non procede
Sesións interactivas mediante proxección audiovisual. Nas sesións en que sexa posible, empregaranse materiais de prácticas para facilitar a observación de explicacións teóricas. As presentacións envíaranse aos estudantes antes de cada sesión, co fin de que as poidan consultar libremente.
Campus virtual:
Os recursos proporcionados pola USC virtual serán empregados para que o alumno poida dispoñer da documentación necesaria para o seguimento e preparación da materia, así como para a comunicación de novas por parte dos profesores e para o envío de tarefas por parte dos alumnos.
O traballo dos estudantes avaliarase de xeito continuo e periódicamente mediante control de asistencia ás sesións e pola posible elaboración de traballos.
O tempo de docencia activa nas sesión de traballo mais unha cantidade similar de tempo para lectura de material recomendado e posible realización de traballos.
É necesario ter adquirido previamente un coñecemento básico de bioloxía xeral.
Asistencia, seguimento e participación activa nas actividades de ensino programadas.
A docencia presencial da materia impartirase nos dous idiomas oficias da comunidade: galego e castelán.
ASISTENCIA A CLASE. O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES. (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL. En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO. En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI. É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS. É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL. Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE. Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS. No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.