Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 30 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Descubrir o mundo que nos rodea, os continentes, os océanos, os distintos países, a súa riqueza, a súa cultura, a súa descrición física…, foi sempre unha inquedanza do ser humano. De feito, o propio ser humano chegou ata os confíns da Terra para facela súa e coñecer todos os seus recunchos e misterios.
Neste contexto, ofrécese esta materia do IV Ciclo no Campus de Lugo, que pode ser atractiva para o alumnado ao propoñer un percorrido polo mundo en clave xeográfica, non exento de cuestións científicas, pero tamén divulgativas e de carácter popular.
Trátase en definitiva de viaxar polo mundo, o máis lonxano e o máis cercano, fixándonos no máis sobresaínte que nos podemos atopar en cada rexión do planeta.
Os seus contidos farán unha incursión nas Xeografías Política, Física e Humana mundiais, e tamén en certa medida na Económica, de arriba abaixo, é dicir, comezando polo conxunto do planeta e indo logo ao noso contexto europeo e español máis próximo, para rematar cunha descrición máis detallada da Xeografía de Galicia. Todo isto, adaptado ao tempo dispoñible para a súa impartición e aos intereses e aptitudes do alumnado do Programa.
1. O planeta Terra.
2. Os continentes e os océanos.
3. O continente americano, o dos grandes contrastes.
4. Asia e os países emerxentes.
5. África: o continente esquecido.
6. Oceanía: o continente insular.
7. Europa: a Unión Europea, os pequenos estados e os países do Leste.
8. A España das autonomías.
9. Xeografía de Galicia:
a. Os seus ríos e montañas.
b. A súa distribución territorial.
c. A súa poboación.
d. A súa economía.
AZCÁRATE, Mª V.; SÁNCHEZ, J. 2013. Geografía de Europa. UNED, Madrid.
AZCÁRATE, B.; AZCÁRATE, Mª.V.; SÁNCHEZ, J. 2009. Grandes espacios geográficos. Subdesarrollo y países emergentes. UNED, Madrid.
CARRASCAL GALINDO, I. E. 2007. Metodología para el análisis e interpretación de los mapas. Instituto de Geografía UNAM, México DF.
CEBRIÁN ABELLÁN, A. (coord.). 2001. Geografía de Iberoamérica. Moralea, Albacete.
ESTÉBANEZ, J. 1982. Tendencias y problemática actual de la geografía. Cincel, Madrid.
FRANCO ALIAGA, T. 2010. Geografía de España (Física Humana y Económica). Proyectos Córydon, Madrid.
KING, C. A. M. 1984. Geografía Física. Oikos Tau. Barcelona.
LOIS GONZÁLEZ, R. C.; ALDREY VÁZQUEZ, J. A. 2010. Breve Xeografía de Galicia. Ed. A Nosa Terra. Vigo
MENDEZ, R.; MOLINERO, F. 1998. Espacios y Sociedades. Introducción a la geografía regional del mundo. Ed. Ariel, Barcelona, 6ª ed. revisada.
NATIONAL GEOGRAPHIC. 2007. Gran Atlas del Mundo. RBA Libros, S.A, Barcelona.
REVERTE, J. 2002. Los caminos perdidos de África. Random House Mondadari, Barcelona.
REVERTE, J. 1996. El sueño de África: en busca de los mitos blancos del continente negro. Anya & Mario Muchnik, Madrid.
ROMERO, J. (coord.). 2007. Geografía Humana. Ariel, 2ª ed., Barcelona.
SANTOS SOLLA, X. M.; PIÑIEIRA MANTIÑÁN, M. J. (coord.). 2011. Nova Xeografía de Galicia. Ed. Xerais. Vigo.
Conseguir que o alumnado acade unha certa visión xeográfica do Mundo actual no seu conxunto, e de España e Galicia en particular, que lle axude a coñecer mellor a súa contorna, tanto a máis inmediato como a máis remoto.
Farase unha análise a grandes rasgos das súas características físicas, humanas e económicas, salientando aqueles aspectos máis chamativos de cada rexión, e que máis interese poidan ter para o alumnado.
Ao longo das horas de clase iranse explicando os contidos da materia, empregando habitualmente material audiovisual de apoio.
Propoñeranse debates e exercicios prácticos que permitan unha maior comprensión destes contidos e a participación do alumnado na clase.
Se os recursos o permiten, farase tamén unha saída ao campo cara ao final do curso para descubrir e analizar algunhas compoñentes importantes da Xeografía de Galicia, tanto Humana como Física.
Con carácter voluntario, o alumnado poderá facer un pequeno traballo relacionado con algún dos temas tratados no desenvolvemento da materia, individualmente ou en grupo. De facerse, a sua avaliación terá un peso do 30% na nota final.
Farase tamén un test ao final do curso para avaliar os coñecementos adquiridos por parte do alumnado, cunha corrección posterior na clase para facer fincapé naqueles aspectos máis importantes e para despexar as dúbidas que puideran aparecer na súa realización. Esta proba terá un peso na nota final do 70% (ou do 40% no caso de facerse o traballo de curso).
O 30% restante o aportará a asistencia regular e a participación activa no desenvolvemento da materia.
Dicir por último que ante a realización fraudulenta da proba e traballo comentados será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
A asistencia regular presencial, xunto co repaso das notas de clase e a lectura dalgúns artigos da bibliografía recomendada, serían suficientes para a superación da materia, cunha dedicación media semanal de dúas ou tres horas.
Non se fai ningunha recomendación específica, aínda que sería conveniente ter unha certa curiosidade e inquedanza por coñecer o mundo que nos rodea dende diferentes puntos de vista (físico, humano, económico...).
Observacións informativas recollidas no Regulamenteo da USC:
ASISTENCIA A CLASE:
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa do Centro, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS:
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI:
É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS:
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas polo Centro e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL:
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE:
Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS:
No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
Francisco Javier Lopez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Expresión Gráfica da Enxeñaría
- Teléfono
- Ext.23211
- Correo electrónico
- franciscojavier.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Colaborador
Xoves | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 5512 Aula 4 pl baixa Facultade Ciencias |