Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Grega
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ofrecer o coñecemento básico do contexto histórico, social e cultural no que xorden e se desenvolven os xéneros dramáticos en Grecia.
Analizar nos textos dramáticos os elementos que permiten facer a reconstrución do aspecto espectacular.
Presentar os principais problemas, autores e obras do teatro clásico para establecer unha evolución dos xéneros.
1.- Os textos dramáticos como textos espectaculares. A posta en escena
2.- O xénero tráxico: forma e función
3. Prólogos
4. Agón
5. Coro
6.O xénero cómico: forma e función. Parábase. Escenas iámbicas
Csapo, E., Wilson, P., A social and economic history of the theatre to 300 BC, Cambridge 2020.
Dobrov, G.W., Brill's companion to the study of Greek comedy, Leiden-Boston 2010.
Dover, K. - E.L. Bowie - J. Griffin - M.L. West (eds.), Literatura en la Grecia antigua. Panorama del 700 a.C. al 500 d.C., Madrid 1986.
Easterling, P.- B.M.W. Knox (eds.), Literatura Griega, Madrid (Gredos) l990.
Gregory, J. (ed.), A Companion to Greek Tragedy, Malden, MA : Blackwell Pub., 2005.
Harvey, P. (ed.), The Oxford Companion to Classical Literature, Oxford U.P. 1984.
Hughes, A., Performing Greek comedy, Cambridge 2014.
Lesky, A., Historia de la literatura griega, Madrid (Gredos) l968.
López Férez, J.A.(ed.), Hª de la literatura griega, Madrid (Cátedra) l988.
Montanari, F., Storia della Letteratura greca, Roma 1998.
Privitera, G.A. & Pretagostini, R., Storia e testi della Letteratura greca, Milano 1997.
Revermann, M., The Cambridge Companion to Greek Comedy, New York 2014.
Rossi, L.E., Letteratura Greca, Firenze (Le Monnier) 1995.
Swift, L., Greek tragedy : themes and contexts, London 2016
Saïd, S. & Tréde, M. & Boulluec, A., Histoire de la littérature grecque, Paris 1997.
A través da aula virtual irase completando a bibliografía con traballos específicos para cada tema
Obter a capacidade de ver os textos dramáticos como textos espectaculares.
Acadar a capacidade de relacionar os textos dramáticos co desenvolvemento da polis e as ideas que lle serven de alicerce.
Manexo dos métodos e técnicas da análise literaria dos textos dramáticos.
A materia está orientada ao manexo dos textos gregos, polo que as indicacións teóricas serán básicamente as requeridas para facilitar dito obxectivo. Nas lecturas e tarefas que o profesor sinale para o desenvolvemento do comentario é crucial a participación activa dos alumnos coma se ten reflectido no sistema de avaliación.
Empregarase na docencia a aula virtual para a difusión de materiais e recepción de entregas.
A asistencia é obrigatoria e será controlada diariamente.
—Un 50% da cualificación corresponde ao traballo de clase (incluíndo entregas), supervisado polo profesor.
—Un 50% da cualificación corresponde ao comentario integral dun texto acordado ao inicio do curso, que deberá ser entregado na data do exame oficial.
O sistema de avaliación é o mesmo nas dúas oportunidades.
Os alumnos con dispensa oficial de asistencia a clase deberán facer un traballo encargado polo profesor, equivalente ao traballo desenvolvido na aula.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
90 horas
O repaso dos coñecementos adquiridos previamente concernentes á lingua grega (aspectos de fonética, morfoloxía e sintaxe), principalmente acadados en materia de textos gregos, será de grande utilidade para acceder ao texto grego, que é o obxectivo primario da materia.
Cómpre facer as lecturas obrigatorias antes de comezar a exposición teórica na aula.
Maria Teresa Amado Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Grega
- Teléfono
- 881811888
- Correo electrónico
- mariateresa.amado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | C05 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C04 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C04 |
23.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C03 |
23.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C03 |
23.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C03 |
23.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C03 |