Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Grega
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Tradución, comentario e análise de textos representativos de prosa grega de época clásica de dificultade avanzada.
— Lectura, tradución e comentario filolóxico de textos de Tucídides.
— Como traballo persoal (Relectio) farase o estudo e tradución dunha selección de textos de Tucídides de dificultade media.
— Lectura en tradución desta antoloxía da obra de Tucídides:
Libro 1: 1-44 // 125-144.
Libro 2: 1-23 // 34-54 // 71-79.
Libro 3: 1-29 // 52-68.
Libro 4: 3-22.
Libro 5: 6-11 // 84-116.
Libro 6: 1-61.
Libro 7: 8-18 // 75-87
Libro 8: 1-6.
— Estudo de vocabulario.
Edicións
Alberti, I. B., «Thucydidis Historiae», Romae, 1972-2000
Jones, H.S. & Powell, J. E., «Thucydidis Historiae», Oxford, 1984.
Comentarios
Gomme, A.W., Andrewes, A. - Dover K. J., «A Historical Commentary on Thucydides», Oxford, 1969-1981.
Hornblower, S., «A Commentary on Thucydides, Oxford», 1991-2008.
Pabón, José Manuel, «Tucídides, Libro II», Madrid : Ediciones Clásicas, Madrid, 1991.
Marchant, E.C. & Wiedemann, T., «Thucydides. Book II», Bristol : Bristol Classical Press, 2007
Rusten, J. S., «Thucydides. The Peloponnesian war. Book II», Cambridge, 1989.
Rhode, P. J., «Thucydides, History II». Warminster, 1988.
Obras de referencia:
Balot, R., Forsdyke, S., Foster, E., eds. «The Oxford Handbook of Thucydides», Oxford, 2017.
Rhodes, P. J. , «Thucydides», London, 2015.
Rengakos, A., Tsakmakis, A. eds., «Brill's Companion to Thucydides», Leiden, 2006.
Profundización no coñecemento da lingua en textos de prosa de dificultade avanzada.
Dominio da analise filolóxica de textos.
Comprensión das características literarias da prosa histórica.
O traballo na aula dedicarase á explicación e comentario dos textos que previamente os alumnos terán traducidos. Tamén, ao fío dos textos, irase facendo un repaso do léxico e dos aspectos concretos da gramática grega, pero, correspóndelles aos alumnos repasala completamente como parte do seu traballo persoal. Estas explicacións na aula servirán ao alumno como punto de referencia para o comentario da tradución que ten de facer como traballo persoal.
Empregarase a aula virtual como apoio a docencia e a titoría.
Asistencia e traballo na aula (10 %).
Haberá dous exames de lectura e comentario de textos non preparados previamente: un a finais de outubro (a data fixarase de acordo cos alumnos) e outro na data oficial da 1.ª Oportunidade. A nota final destas dúas probas será a suma da media (50% do total).
Na derradeira semana de novembro terá lugar a Relectio (tradución e comentario) (20%).
A data do exame sobre a lectura de pasaxes seleccionadas da obra de Tucídides sera fixada na aula de acordo cos alumnos (10 %).
A proba de vocabulario será na primeira semana de outubro (10 %).
Na 2.ª Oportunidade os criterios de avaliación serán os mesmos.
Para os alumnos con dispensa de asistencia, o exame final será o único criterio de cualificación (100% da avaliación). O exame consistirá na tradución sen dicionario dun texto obxecto do traballo persoal do alumno (20%), unha tradución con dicionario dun texto non visto (70%) e un exame sobre as pasaxes de lectura obrigatoria (10 %).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Seis horas semanais.
Constancia no traballo diario de lectura e tradución.
Amelia Del Carmen Pereiro Pardo
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Grega
- Teléfono
- 881811887
- Correo electrónico
- ameliadelc.pereiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Elena Garcia Paleo
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Grega
- Correo electrónico
- elenagarcia.paleo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Mércores | |||
---|---|---|---|
14:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | C05 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | C05 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C01 |
16.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C02 |
16.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C02 |
16.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C01 |
16.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C01 |