Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Latina
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
(a) Acadar un nivel de comprensión profunda dos textos do período tardorrepublicano e augusteo mediante o traballo continuado con algúns dos autores máis representativos.
(b) Adquirir un dominio fluído dos mecanismos lingüísticos característicos dos textos latinos do período, tanto en prosa coma en verso.
(c) Aprender a descubrir as peculiaridades literarias dos textos, con particular incidencia nos procedementos retóricos da súa elaboración.
(d) Coñecer o trasfondo ideolóxico, cultural e simbólico dos textos desta época.
A. Teóricos:
1.Cicerón: (106 a.C.- 46 a.C.), orador e pensador.
2. Horacio (65 a.C.- 8 a.C.).
3. Ovidio (43 a. C. - 18 d. C.).
B. Teórico-prácticos
Lectura e interpretación de partes escollidas das obras seguintes:
1.Cicerón:
1.a. O soño de Escipión
1.b. Catilinarias
2. Horacio, Odas, Epodos.
Outros textos poderán ser comentados de forma complementaria.
C. Prácticos
1. Utilización de instrumentos filolóxicos: dicionarios, léxicos, comentarios e bibliotecas electrónicas; obras de consulta de gramática e literatura.
2. Prácticas de adquisición e fixación do vocabulario.
LECTURA OBRIGATORIA:
Ovidio, Metamorfoses (en tradución).
1. Edicións, traducións e comentarios dos autores:
1.1.Cicerón:
Orationes in L. Catilinam quattuor / M. Tullius Cicero ; recensuit Tadeusz Maslowski, München : K. G. Saur, 2003.
Cicerón, Marco Tulio, Orationes in Catilinam. Catilinarias ; Tratado das leis / [traductor, Xoán Carlos Rodríguez Pérez], Laracha : Xuntanza, 2001.
Cicerón, Marco Tulio, Orationes in Catilinam, Cuarta edición revisada por Francisco Campos Rodríguez, Madrid : Gredos, [1973].
Cicerón, Somnium Scipionis, Ed. J. G. F. Powell (2006) Oxford: Oxford University Press, pp. 134-147.
-Trad. A. D’Ors (1991) Biblioteca Clásica Gredos, pp.158-171.
1.2. Edicións de Odas e Epodos de Horacio:
Q. HORATI FLACCI Opera. Recognovit brevique adnotatione critica instruxit E. C. Wickham. Editio altera curante H. W. Carrold, Collegii Mertomensis Socio, Oxford, 1901.
HORACIO, Epodos y Odas. Traducción, introducción y notas de V. Cristóbal López, Madrid, 1985.
HORACIO, Odas. Canto secular. Epodos. Introducción general, traducción y notas de J. L. Moralejo Álvarez, Madrid, 2007.
1.3. Edicións e traducións das Metamorfoses de Ovidio:
Ovidio, Metamorfosis, edición de Consuelo Álvarez y Rosa María Iglesias, Madrid, Cátedra, 2001.
Ovidio, Metamorfoses, edición de Xosé Antonio Dobarro, Colección Clásicos en Galego, Galaxia, Vigo, 2004.
Ovidio Nasón, Publio, Metamorfosis, Madrid : C.S.I.C., Madrid, 1969-1988
2. Obras complementarias:
Con independencia das que se poidan facilitar puntualmente ao longo do curso, serán de utilidade nalgún momento as seguintes:
M. BASSOLS DE CLIMENT, Sintaxis latina, 2 vols., Madrid, 1956.
L. BIELER, Historia de la literatura romana, Madrid, 1968 (hai varias reproducións).
A. ERNOUT-F. THOMAS, Syntaxe latine, Paris, 1933 (2ª ed.)
P. GRIMAL, Diccionario de mitología griega y romana, Barcelona, 1991 (hai varias reproducións).
H. LAUSBERG, Manual de retórica literaria: fundamentos de una ciencia de la literatura, Madrid, 1966 (hai varias reproducións)
MORFORD, M. (2002). Cicero and his contemporaries. En M. Morford, The roman philosophers: from the time of Cato the Censor to the death of Marcus Aurelius (pp. 34-97). Routledge.
L. D. REYNOLDS-N. G. WILSON, Copistas y filólogos, Madrid, 1986.
(a) Capacidade metodolóxica para a comprensión directa dos textos latinos da época tardorrepubilicana e augustea, tanto poéticos coma en prosa.
(b) Competencia para o manexo da gramática dos textos.
(c) Habilidade na utilización dos instrumentos filolóxicos: léxicos e dicionarios, bases de datos, estudos históricos, estudos gramaticais, tratados de retórica e poética, dicionarios mitolóxicos.
(d) Desenvolvemento da sensibilidade literaria e da capacidade para a interpretación dos textos.
A actividade presencial incluirá os seguintes apartados:
(a) Os temas teóricos serán obxecto dunha presentación de carácter xeral por parte das profesoras.
(b) As clases interactivas consistirán na presentación xeral dun texto e no contraste das diferentes interpretacións propostas polos alumnos, ata acadar a compresión profunda dese texto.
(c) As clases prácticas orientadas á adquisición do manexo de instrumentos filolóxicos terán lugar na parte inicial do curso e levaranse a cabo traballando directamente cos grandes dicionarios e materiais informáticos. As destinadas á adquisición e á fixación dos coñecementos léxicos faranse mediante exercicios sobre os textos xa traballados en clases anteriores.
Poderase facer uso da aula virtual.
Nas dúas oportunidades oficiais, os criterios de avaliación serán os seguintes:
(a) A asistencia e participación activa nas clases presenciais representará o 20% da cualificación final. Tomarase en consideración a regularidade da asistencia e as intervencións mediante preguntas e comentarios, así como a preparación dos textos utilizados na aula. Dentro da porcentaxe atribuída a este apartado, o 15% corresponderá á verificación da lectura do Soño de Escipión de Cicerón.
(b) Na proba final de avaliación, os alumnos darán conta da súa capacidade de comprensión lingüística e de valoración literaria dos textos propostos. Nesta proba verificarase tamén a lectura da obra de Ovidio. No conxunto da cualificación, esta proba representará o 80%.
En calquera dos dous apartados será preciso acadar unha cualificación mínima de 5 sobre 10 para poder superar a materia.
N. B.: Os alumnos que teñan dispensa de asistencia, someteranse á proba prevista no apartado b), incluíndo nela O Soño de Escipión de Cicerón, que suporá o 100% da cualificación final. Estes estudantes deberán poñerse en contacto coa profesora a principio de curso.
Os estudantes que teñan coincidencia horaria entre materias deberán tamén contactar coa profesora a principio de curso. Tamén deberán comunicar o antes posible eventuais coincidencias nos exames.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
A materia consta de 6 créditos ECTS equivalentes a 150 horas de traballo do estudante: 75 horas (50%) serán de traballo obrigatorio dirixido polo profesor e 75 horas (50%) serán de traballo autónomo do estudante.
As 75 horas de traballo dirixido distribuiranse en 51 horas presenciais e 24 horas non presenciais :
1. Clases expositivas: 15 horas presenciais e 11 horas non presenciais.
2. Clases interactivas: 30 horas presenciais e 13 horas non presenciais. Pola natureza das clases interactivas, recoméndase que a maior parte do tempo de traballo autónomo se dedique á preparación dos textos, polo menos 1 hora por cada clase.
3. Titorías programadas en grupo: 3 horas presenciais.
4. Avaliación: 3 horas presenciais.
É recomendable que os alumnos sigan a orde sucesiva establecida no plano de estudos do Grao en Filoloxía Clásica para cursar as materias de lingua.
Helena Rosa De Carlos Villamarin
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Teléfono
- 881811878
- Correo electrónico
- helena.decarlos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Lua Blanca Garea Garrido
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Correo electrónico
- luablanca.garea.garrido [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C05 |
Venres | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | C01 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | C01 |
21.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D12 |
21.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D12 |
19.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B10 |
19.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B10 |