Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Latina
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Comprensión e interpretación integrais dos textos latinos de época imperial propostos no programa.
Consolidación do dominio dos elementos lingüísticos, literarios e culturais que ofrecen eses textos, tomando en consideración a evolución da lingua latina.
A. Teoría:
1. Marcial e os seus "Epigramas".
2. Tácito e a súa obra.
3. Apuleio.
B. Práctica:
1. Lectura, tradución e comentario dunha selección dos "Epigramas" de Marcial e dos "Annales" de Tácito
2. Lectura, tradución e comentario de partes das "Metamorfoses" de Apuleio.
1. EDICIÓNS E TRADUCIÓNS DE MARCIAL
Ed. W. M. LINDSAY (1929/1987), Oxford: Clarendon Press
Ed.-trad. H. J. IZAAC (1930-1933/1969-1973), 3 vols., Paris: Les Belles Lettres
Ed.-trad. M. DOLÇ (1949-1960), 5 vols., Barcelona: F. Bernat Metge
Ed. W. HERAEUS-I. BOROVSKIJ (1982), Leipzig: Teubner
Trad. D. ESTEFANÍA (1991), Madrid: Cátedra
Ed.-trad. D. R. SHACKLETON BAILEY (1993), 3 vols., Cambridge-Mass.: Harvard University Press
Ed. J. P. SULLIVAN (1993), New York: Garland
Trad. J. A. FERNÁNDEZ VALVERDE-A. RAMÍREZ DE VERGER (1997), 2 vols., Madrid: Gredos
Ed.-trad. A. VEIGA ARIAS (1999), 2 vols., Vigo: Galaxia
Ed.-trad. J. FERNÁNDEZ VALVERDE-E. MONTERO CARTELLE (2004-2005), Madrid: CSIC
2. EDICIÓNS E TRADUCIÓNS DOS "ANNALES" DE TÁCITO
Ed.-trad. F. SOLDEVILA-M. DOLÇ (1930-1970), 6 vols., Barcelona: Fundació Bernat Metge
Ed. C. D. FISHER (1959), Oxford: Clarendon Press
Ed.-trad. P. WUILLEUMIER (1975-1978), 4 vols., Paris: Les Belles Lettres
Trad. J. L. MORALEJO (1979-1980), 2 vols., Madrid: Editorial Gredos
Ed.-trad. E. HELLER (1982), Darmstadt: Wissenschaftliche Buchgesellschaft
Ed. S. BORZSAK-K. WELLESLEY (1986-1992), 2 vols., Stuttgart: Teubner
Trad. C. LÓPEZ DE JUAN (1993), Madrid: Alianza
Ed.-trad. J. TAPIA ZÚÑIGA (2002-2009), 3 vols., México: Universidad Nacional Autónoma de México
Trad. B. ANTÓN MARTÍNEZ (2007), Madrid: Akal
3. EDICIÓNS E TRADUCIÓNS DAS METAMORFOSES DE APULEIO
Las metamorfosis o el asno de oro / Apuleyo de Madauros ; introducción, texto latino, traducción y notas de Juan Martos, Madrid : Consejo Superior de Investigaciones Científicas, 2003.
O Asno de ouro / Apuleio ; traducción Estrella Fernández Graña, Santiago de Compostela : Xunta de Galicia, Servicio Central de Publicacións ; [Vigo] : Galaxia, 2001.
Metamorphoses / Apuleius ; with an English translation by J. Arthur Hanson, Cambridge (MA) : Harvard University Press, 1989-1996.
Las Metamorfosis o El Asno de oro / Apuleyo ; edición de José María Royo, Madrid : Cátedra, D.L. 1991.
El asno de oro / Apuleyo ; edición de Francisco Pejenaute Rubio, Torrejón de Ardoz (Madrid) : Akal, cop. 1988.
El Asno de oro / Apuleyo ; introducción de Carlos García Gual ; [traductor, Diego López de Cortegana, (1513)], Madrid : Alianza, D.L. 1987.
Capacidade de acceder con soltura á lectura, tradución e comentario filolóxico dos textos latinos obxecto de estudo, pertencentes ao período imperial da literatura latina.
Capacidade de identificar e analizar os principais aspectos dos textos estudados: lingüísticos, literarios e culturais.
Habilidade no uso de tódalas ferramentas necesarias para a análise filolóxica dos textos latinos.
Nas sesións expositivas a profesora presentará os aspectos fundamentais relativos aos autores e ás obras obxecto de estudo.
Nas sesións de seminario os estudantes terán que participar activamente na lectura, interpretación e comentario dos textos estudados, ata lograr unha comprensión completa deses textos. É conveniente, pois, que o estudante dedique un mínimo de 1 hora á preparación do texto que será analizado e traducido en cada sesión.
Cada estudante deberá preparar de forma especial a tradución e o comentario exhaustivo dalgún fragmento das obras obxecto do programa. Os resultados serán presentados e debatidos en sesións de seminario.
Os alumnos/-as deberán ler pola súa conta o texto indicado no apartado "Contidos" B.2.
Utilizarase a Aula Virtual da USC para aloxar materiais e para a realización dalgunhas actividades prácticas.
Nas dúas oportunidades de avaliación os aspectos, criterios e métodos que se terán en conta para a avaliación das aprendizaxes serán os seguintes:
1. A presentación dun fragmento das obras obxecto de estudo, segundo a programación e organización que a profesora explicará ao principio do curso suporá un 15% da cualificación total. Para que esta parte da avaliación poida ser tida en conta, será necesario acadar como mínimo 5 puntos sobre 10 no exame final descrito no punto seguinte.
2. Un exame final escrito permitirá acadar o 85% da cualificación total. Nese exame haberá que traducir e comentar un fragmento das obras obxecto do programa e haberá que responder a algunha pregunta sobre os temas de teoría e sobre a lectura do "Asno de Ouro" ou "Metamorfoses". O exame puntuarase sobre 10 e o reparto entre as distintas partes será o seguinte: a tradución permitirá acadar ata 6 puntos e valoraranse a exactitude e a calidade do texto resultante; o comentario permitirá acadar ata 2 puntos e valoraranse a cantidade, calidade e pertinencia dos aspectos do texto comentados; as preguntas de teoría permitirán acadar ata 2 puntos e valoraranse a exactitude e a claridade das respostas.
Os estudantes con dispensa oficial de asistencia a clase serán avaliados en calquera das dúas oportunidades exclusivamente mediante o exame final antes descrito. Ese exame suporá, polo tanto, o 100% da cualificación total.Estes estudantes deberán poñerse en contacto coa profesora a principio de curso.
Os estudantes que teñan coincidencia horaria entre materias deberán tamén contactar coa profesora a principio de curso. Tamén deberán comunicar o antes posible eventuais coincidencias nos exames.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
A materia consta de 6 créditos ECTS equivalentes a 150 horas de traballo do estudante: 75 horas (50%) serán de traballo obrigatorio dirixido polo profesor e 75 horas (50%) serán de traballo autónomo do estudante.
As 75 horas de traballo dirixido obrigatorio repartiranse en 45 horas (60%) de actividades presenciais e 30 horas (40%) de actividades non presenciais.
A distribución de horas entre as distintas actividades dirixidas previstas será a seguinte:
1. Clases expositivas: 12 horas presenciais.
2. Clases de seminario: 27 horas presenciais e 12 horas non presenciais dedicadas á preparación especial dalgún fragmento das obras obxecto do programa de acordo co explicado no apartado "Metodoloxía".
3. Titorías programadas: 3 horas presenciais e 18 horas non presenciais dedicadas á lectura de "O Asno de Ouro".
4. Avaliación: 3 horas presenciais.
Véxanse os apartados "Metodoloxía da ensinanza" e "Tempo de estudos e de traballo persoal".
Helena Rosa De Carlos Villamarin
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Teléfono
- 881811878
- Correo electrónico
- helena.decarlos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | D05 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | D12 |
19.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C04 |
19.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C04 |
24.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C04 |
24.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C04 |