Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Antropoloxía Social
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Achegar os conceptos e categorías teóricas coas que se articula a definición de xénero como unha construción social.
2. Resaltar o papel do xénero como elemento estructurador das relacións sociais como relacións de poder.
3. Coñecer as liñas xerais do desenvolvemento do movemento feminista e as súas propostas.
4. Afondar nas achegas realizadas desde a perspectiva de xénero á filosofía e á teoría social.
5. Identificar e abordar críticamente enfoques androcéntricos e patriarcais no pensamento filosófico e na teoría social.
6. Resaltar o papel das construcións simbólicas no mantemento dos estereotipos e roles de xénero.
1. Xénero, feminismo e análise da sociedade
1.1. Orixe e construción histórica do concepto de xénero
1.2. Dos estudios “da muller” aos estudios “de xénero”
1.3. Definicións e dimensións do xénero
1.4. Revisións e críticas actuais: o xénero en disputa
2. Historia do feminismo
2.1. Feminismo premoderno
2.2. Feminismo moderno
2.3. Feminismo contemporáneo
2.4. Feminismos críticos desde o posmodernismo e a deconolialidade
3. Variabilidade cultural das relacións de xénero
3.1. O papel da antropoloxía nos estudos de xénero e feministas
3.2. Antropoloxía dos xéneros
3.3. A deconstrución dunha ciencia androcéntrica: o mito do matriarcado
3.4. A subordinación das mulleres como problema antropolóxico
4. Estereotipos de xénero
4.1. Definición e función dos estereotipos
4.2. Violencia de xénero e violencia simbólica
4.3. Feminidades, masculinidades e diversidades
5. Antropoloxía de xénero na cidade
5.1. O concepto de xénero e a análise do espazo como construcións socioculturais
5.2. A memoria social da cidade: estatuas e nomes de rúas, muralismo, performance
5.3. A transformación dos espazos urbanos en espazos de igualdade
6. Feminismo e transformación social
6.1. Axenda internacional, feminismo institucional e políticas públicas
6.2. O enfoque sobre os coidados
Básica
Cobo Bedía, Rosa (1995) “Género”, en C. Amorós (dir.), 10 palabras clave sobre mujer, Estella: Verbo. pp. 55-83.
Kottak, Conrad Phillip (ed.) (1994), "Género" en Antropología. Una exploración de la diversidad humana, Madrid, MacGraw-Hill, pp. 31-330.
Lamas, Marta (2013) [1996] “La antropología feminista y la categoría género”, en Lamas, M. (comp.) El género. La construcción cultural de la diferencia sexual, México: PUEG.
Maquieira, Virginia (2001) “Género, diferencia y desigualdad” en E. Beltrán y V. Maquieira (eds.) Feminismos. Debates teóricos contemporáneos. Madrid: Alianza Editorial. pp. 127-184.
Miguel, Ana de (1995) “Feminismos” en C. Amorós (dir.), 10 palabras clave sobre mujer, Estella: Verbo Divino, pp. 216-255.
Complementaria
Agra, Mª Xosé (2008): “Feminismo” en Diccionario enciclopédico do Pensamento Galego, Vigo: Xeráis, pp. 450-475
Blanco, Carmen (1995) “O contradiscurso das mulleres”. Historia do feminismo, Vigo: Nigra.
Blanco López, Juan e Valcuende del Río, José Mª (2003), Hombres: la construcción cultural de las masculinidades, Madrid: Talasa.
Bourdieu, Pierre (2000), La dominación masculina, BCN: Anagrama
Butler, Judith (2001), El Género en disputa. El feminismo y la subversión de la identidad, México: Paidós.
Chodorow, Nancy (1984) El ejercicio de la maternidad. Psicoanálisis y sociología de la maternidad y paternidad en la crianza de los hijos. BCN: Gedisa.
Comas d´Argemir, Dolors (1995), Trabajo, género y cultura, BCN: Icaria.
Del Valle, Teresa (1997) Andamios para una nueva ciudad, Madrid: Cátedra.
Del Valle, Teresa (ed.) (2000), Perspectivas feministas desde la antropología social, Barcelona: Ariel.
Feliu, Paz (1997) "Da ficción do matriarcado á economía informal: modelos e relacións de xénero na cultura galega", en X.M. González Reboredo, F. Rodríguez Iglesias (eds.) Galicia Antropología. A Coruña: Hercules, pp. 264-297.
Haraway, Donna (1995) “Conocimientos situados: la cuestión científica en el feminismo y el privilegio de la perspectiva parcial”, Ciencia, ciborgs y mujeres. La reinvención de la naturaleza, pp. 317-346.
Herrero Pérez, N. (2014) “Violencia simbólica contra as mulleres e estereotipos de xénero” en Suárez Golán, F e Cabana Iglesia, A. (coords.) Historia, cultura, violencia. Actas do X Curso de Primavera, Lugo 22-25 de abril de 2014, Santiago de Compostela, USC, pp. 217-227.
Kelley, Heidi (1994) “The Myth of Matriarchy: Symbols of Womanhood in Galician Regional Identity”. Anthropological Quarterly, 67(2), pp. 71-80.
Luengo González, María Rosa e Gutiérrez Esteban, Prudencia (2011), Los feminismos en el siglo XXI: Pluralidad de pensamientos. Brocar. Cuadernos de Investigación Histórica, 35, pp. 335-351
Martín Casares, Aurelia (2006) Antropología del género: culturas, mitos y estereotipos sexuales, Madrid: Cátedra.
Méndez, Lourdes (1988) “Cousas de mulleres”: campesinas, poder y vida cotidiana (Lugo 1940-1980), BCN: Anthropos.
Méndez, Lourdes (2007) Antropología feminista, Madrid: Síntesis.
Moncó, Beatriz (2011) Antropología del género, Madrid: Síntesis.
Moore, Henrieta (1991) Antropología y feminismo, Madrid: Cátedra.
Narotzky, Susana (1995), Mujer, mujeres, género. Una aproximación crítica al estudio de las mujeres en las ciencias sociales, Madrid, CSIC.
Ortner, Sherry (1979) “¿Es la mujer con respecto al hombre lo que la naturaleza a la cultura?”, en O. Harris y K. Young (eds.) Antropología y Feminismo. BCN: Anagrama, pp. 109-131.
- Competencias xerais e básicas
CX1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado
CX4 - Que estean capacitados/as para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía
CX5 - Que teñan habilidades para recoñeceren, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de seren abordados e resoltos desde a Filosofía
CX6 - Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
CB1 - Que os/as estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os/as estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
- Competencias transversais
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade medioambientais.
- Competencias específicas
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas
CE8 - Desenvolvemento do razoamento crítico e o compromiso ético
CE9 - Sentido social, fomentando a cooperación e a mediación
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos
Os obxectivos e competencias adquiriranse mediante o conxunto de actividades previstas na materia: asistencia e participación nas clases, estudo e comprensión de contidos, lectura de textos, elaboración de traballos encomendados. A súa consecución progresiva será avaliada mediante a participación do alumnado nas clases expositivas e, sobre todo, interactivas, así como mediante os exercicios e traballos curtos realizados durante o curso. O exame achegará unha valoración complementaria e dirixida a avaliar a consecución de resultados globais da materia.
Os contidos teóricos serán presentados nas clases expositivas polas profesoras. As clases interactivas e o traballo autónomo do alumnado servirán para afondar e comprender os contidos, así como adquirir e practicar as competencias da materia mediante a realización ao longo do curso dunha serie de traballos curtos (descrición etnográfica, comentario de texto, comentario de película, imaxes e publicidade, traballo de campo, recensión de obras). As sesións interactivas dedicaranse a deseñar e avanzar na elaboración progresiva das distintas tarefas asociadas a estes traballos mediante a presentacións orais por parte do alumnado, a posta en común e o traballo en grupo. De acordo co calendario-programación que se publicará na aula virtual o alumnado deberá presentar individualmente o resultado final destes traballos noutros tantos entregables que serán a base da avaliación continua.
É necesario ter presente a importancia das horas estipuladas para o traballo persoal autónomo no conxunto de horas totais da materia, segundo o cómputo indicado máis abaixo, e realizar este traballo con disciplina, constancia e regularidade. As titorías individuais servirán para apoiar o traballo persoal do alumnado. As titorías de grupo utilizaranse para revisar a marcha do curso e reforzar tanto aspectos teóricos como metodolóxicos. O traballo en todos estes ámbitos estará apoiado e reforzado co uso da aula virtual.
1. Avaliación continua
A) Traballo persoal, participación e presentacións nas clases interactivas: 40% da nota final.
Como xa se indicou no apartado da metodoloxía o alumnado deberá entregar varios traballos curtos ao longo do curso. Para elaborar estes traballos facilitaranse os materiais necesarios e daránse indicacións precisas nas clases interactivas que se dedicarán tamén a presentación e corrección de borradores. Tanto as valoracións destes traballos como as datas para entregalos indicaranse no documento Calendario e Programación de Actividades que será establecido para cada curso e publicado na aula virtual.
Valoración de competencias CX1, CX2, CX5, CX6, CB2, CB3, CB4, CT01,CT02, CT03, CE8, CE9, CE10
B) Exame final para o alumnado con asistencia: 60% da nota final.
Valoración de competencias CX1, CX2, CX4, CX6, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT01, CT03, CE1, CE4, CE5, CE6, CE7, CE8
Na modalidade de avaliación continua será preciso superar tanto a parte A como a B.
Segundo os Estatutos da Universidade, no seu artigo 130.2, o estudantado ten o deber da “asistencia e participación naquelas actividades formativas que se establezan como obrigatorias na programación docente”.
A asistencia é obrigatoria e O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao EEES. http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…
Na mesma exponse os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos e alumnas poderán solicitar exención oficial de docencia ou ben matricularse na modalidade de dedicación parcial aos seus estudos para facilitar a conciliación.
A acumulación de máis de tres faltas non xustificadas de acordo coa normativa, supón a perda do dereito á avaliación continua e a aplicación da modalidade de evaluación non continua.
2. Avaliación non continua
Para o alumnado que perda a avaliación continua o valor da proba final escrita será do 100%.
3. Avaliación de alumnado con dispensa de asistencia.
O alumnado que teña dispensa de asistencia a clase concedida pola facultade poderá optar entre as modalidades de avaliación continua ou pola realización do examen final. No primeiro caso deberá realizar os mesmos traballos e probas indicados para o alumnado asistente apoiando o seu traballo persoal en titorías e nas orientacións facilitadas a través da aula virtual. Os criterios serán os mesmos establecidos para o alumnado asistente. No caso de optar pola realización de exame final o seu valor será do 100%.
Clases expositivas= 24 horas
Clases interactivas= 24 horas
Titorías de grupo=3 horas
Total horas presenciais: 51
Non presenciais (*preparación de traballos máis *estudio e preparación de exames)= 99 horas
Iso supón un total de 150 horas de dedicación á materia.
Será responsabilidade do alumnado detectar desde o principio de curso dificultades e debilidades nas destrezas intelectuais que esixen a comprensión dos contidos e a elaboración dos traballos, de cara a deseñar estratexias para a súa superación. Facer un seguimento continuado da materia e manter un ritmo de traballo axeitado e constante ao longo do curso. O alumnado deberá facer uso das titorías para apoiar a súa aprendizaxe.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: tódalas comunicacións realizaranse a través do correo RAI e empregaranse as ferramentas tecnolóxicas institucionais como Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola universidade. Será responsabilidade do alumnado seguir as distintas canles de comunicación.
- O proceso de ensinanza-aprendizaxe (clases, titorías, email, comunicacións...) é un proceso privado de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Nieves Herrero Pérez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Teléfono
- 881812531
- Correo electrónico
- mnieves.herrero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Guadalupe Jimenez Esquinas
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Teléfono
- 881812532
- Correo electrónico
- guadalupe.jimenez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 4 |
Xoves | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 4 |
19.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
19.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
19.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
19.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |
19.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
19.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |
19.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 5 |
19.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
17.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
17.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
17.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |
17.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |