Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Lóxica e Filosofía da Ciencia
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Adquirir un coñecemento xeral sobre o que é a Filosofía Analítica, tanto polo que estritamente concierne á corrente histórica desa denominación que aplicou o “xiro lingüístico” na primeira parte de s. XX, como polo que de maneira máis xeral ten que ver cunha liña de elucidación de problemas filosóficos que afunde as súas raíces nesa corrente.
• Analizar, para comprender e coñecer, algúns textos de clásicos da Filosofía Analítica, como traballo práctico concreto.
• Propiciar a adquisición das competencias previstas para a materia.
Os contidos desta materia están compostos por unha introdución histórica á filosofía analítica e as súas temáticas principais, así como polo estudo do propio método analítico á luz dunha serie de textos considerados clásicos dentro da corrente analítica, tratando de abordar o tema analítico dende textos de diferentes temáticas (filosofía da linguaxe, filosofía da mente, epistemoloxía e metafísica analítica). No curso 2024-2025 traballaranse textos de Stebbing, Quine, Carnap, Ruth Barcan Marcos, Kripke e Putnam.
Os contidos do curso dividiranse, pois, nos temas que a continuación se relacionan, a cada un dos cales se lles asignará un número de sesións específico, que variará segundo os casos e que se dará a coñecer ao comezo do curso. As dúas sesións iniciais estarán dedicadas a presentar o tema e explicar cales foron as orixes históricas da filosofía analítica, así como cal foi o seu desenvolvemento e cales foron os seus temas. Tamén se abordará a cuestión de como definir ou caracterizar a filosofía analítica e o denominado “método analítico”. Para iso facilitarase unha serie de materiais ao comezo do curso. Tras estas sesións introdutorias, o curso consistirá no estudo e comentario dunha serie de textos considerados “clásicos”, todos os cales, agás un (cuxa versión a comentar é en inglés), teñen tradución ao castelán.
1. Introdución á filosofía analítica: a súa natureza, a súa historia e os seus temas.
2. Quine, sobre o que hai.
3. Cuestións ontolóxicas internas/externas: marcos lingüísticos carnapianos.
4. Ruth Barcan Marcus: Una mirada retrospectiva a las animadversiones de Quine a la modalidad.
5. A semántica de Kripke dos nomes propios.
6. Putnam: o significado do significado.
No curso 2024-25 traballarase sobre os seguintes textos:
- Stebbing, L. S. (1932). “The Method of Analysis in Metaphysics”. Proceedings of the Aristotelian Society, 33, 65–94. http://www.jstor.org/stable/4544216
-Quine, W.V.O. (1948/53): “On what there is”, cap. 1 de From a logical Point of View, Cambridge, Mass.: Harvard University Press, pp. 1-19 (Versión cast.: “Acerca de lo que hay", en Desde un Punto de Vista Lógico. Barcelona: Ariel, cap. 1).
-Carnap, R. (1950): “Empiricism, Semantics, and Ontology”, Revue Internationale de Philosophie, 4(11): pp. 20–40, recogido luego en R. Carnap (1956): Meaning and Necessity: A Study in Semantics and Modal Logic, second edition, Chicago: University of Chicago Press, pp. 205–221. (Vers. cast.: “Empirismo, semántica y ontología”, trad. de A. Deaño, en J. Muguerza (selecc., 1974): La concepción analítica de la filosofía, vol. II, Madrid: Alianza Universidad, pp. 401-419.)
-Barcan Marcus, Ruth (1993). “Essential Attribution” en Modalities Philosophical Essays. Oxford: Oxford University Press
-Kripke, S. A. (1972/80): Naming and Necessity, Lecture I (Jan. 20, 1970). Oxford: Basil Blackwell, pp. 22-70. (Vers. cast.: Kripke S. (2005): El nombrar y la necesidad, 1ª conferencia. México D.F.: Instituto de Investigaciones
Filosóficas /UNAM).
-Putnam, H. (1975): “The Meaning of ‘meaning’”, orig. publ. en Minnesota Studies in the Philosophy of Science VII, y recogido en H. Putnam: Mind, Language and Reality.
Collected Papers vol. 2, Cambridge: C.U.P., 1975, 214-271. (Vers. cast.: “El significado de ‘significado’”, trad. de J.J. Acero, Teorema XIV: 3/4 (1984), 345-405).
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Beaney, M. (ed., 2013): The Oxford Handbook of the History of Analytic Philosophy Oxford Universtiy Press, Oxford (especialmente el cap. 1, pp. 3-29).
Dummett, Michael (1993): Origins of Analytical Philosophy, Harvard University Press, Cambridge, Mass.
Follesdal, Dagffin (1996): "Analytic Philosophy: What is it and Why should one engage in it?", Ratio IX: 3, 193-208.
Glock, H. (2008): What is Analytic Philosophy? Cambridge, Cambridge Univ. (Vers. Cast.: ¿Qué es la Filosofía Analítica?, Madrid: Tecnos, 2012, especialmente caps. 2 y 5).
Soames, Scott (2003): Philosophical Analysis in the Twentieth Century, Volume 1: The Dawn of Analysis, Volume 2: The Age of Meaning, New Jersey: Princeton University Press, Princeton, 2003.
Soames, Scott (2014): Analytic Philosophy in America, Princeton University Press, Princeton, 2014.
Stroll, Avrum (2002): La filosofía analítica del siglo XX, Siglo XXI, Madrid, 2002.
Urmson, J.O., 1956, Philosophical Analysis: Its Development between the Two World Wars, Oxford: OUP.
Competencias básicas
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da
educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén
algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as
competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Competencias xerais
CG1. Que os/os graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CG2. Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CG3. Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CG4. Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
Competencias transversais
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
Competencias específicas
CE1.Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas.
CE2. Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE3. Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
CE4. Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE6. Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7. Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas.
CE10. Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
- Clases teóricas ou expositivas
Presentación introdutoria xeral da Filosofía Analítica, a súa historia e os seus temas.
Presentación por parte dos profesores responsables da materia das autoras ou dos autores textos a traballar ao longo do curso, é presentación do texto que se vai traballar.
- Clases prácticas ou interactivas
Serán sesións de seminario interactivo nas que se discutirán e comentarán os textos para traballar ao longo do curso.
Establecerase semanalmente as tarefas para realizar fora do horario de clases e a entregar aos profesores ou a presentar en clase (exercicios/cuestionarios/ exposiciones de textos).
Proporcionarase aos alumnos unha metodoloxía de análise de textos a ter en conta.
Realizaranse un exame parcial presencial correspondente a primeira parte do temario.
Nota: A presentación dos exercicios/cuestionarios sobre os textos e os exame parcial presenciais son condición necesaria para poder acollerse á avaliación continua.
-Titorías individuais e grupais:
Teñen o obxecto de solucionar dúbidas relacionadas co contido do curso, así como cos cuestionarios e exames da avaliación continua.
Plataforma virtual da USC
Haberá materiais dispoñibles no campus virtual. O campus virtual utilizarase como ferramenta complementaria que non SUBSTITUIRÁ EN NINGÚN CASO Á DOCENCIA PRESENCIAL.
Prevese o traballo en grupo en dous sentidos: (1) algúns dos exercicios/cuestionarios a realizar en casa sobre cada texto visto en clase serán para traballar en grupo, e (2) eventualmente, usaranse foros de discusión no Campus Virtual sobre algún tema visto á luz dos textos.
A avaliación para a cualificación farase a partir de:
-Exercicios/cuestionarios dos textos traballados. Estes exercicios/cuestionarios serán para realizar en casa (15 % da cualificación)
-2 exames parciais presenciais (75 % da cualificación). O primeiro farase durante o semestre, o segundo na data do exame final, data fixada pola facultade.
-Participación activa nas clases prácticas ou interactivas e, eventualmente, nas discusións nos foros do Campus Virtual. (10 % da cualificación)
En principio dedicaranse dúas sesións iniciais á presentación xeral da Filosofía Analítica e varias sesións dedicadas a cada texto (o número de sesións depende de cada texto, especialmente da súa densidade e lonxitude). Destas últimas polo menos una das sesións será de presentación do texto e o autor por parte dos responsables. En principio, o resto das sesións serán de seminario e requirirán traballo interactivo por parte dos/ as alumnos/ as. Os exames e exercicios/cuestionarios realizaranse en datas a determinar ao comezo do traballo sobre cada texto.
Os alumnos que non superen a materia polo procedemento de avaliación continua deberán facelo nun exame final, segundo o calendario. Os exercicios/cuestionarios subiranse ao Campus Virtual e terán unha data límite de entrega a especificar en cada caso. Os dous exames parciais son presenciais. O aprobar o primeiro parcial exime de facer esa parte no exame final.
Os/as alumnos/ as que non aproben o parcial, deberán realizar o final para recuperar a materia. O primeiro exame parcial conterá preguntas sobre Stebbing, Carnap e Quine. O segundo, preguntas achega do resto de autores, vistos na segunda parte.
As competencias básicas, xerais e específicas relacionadas cos coñecementos propios da materia (véxase 3.1.) avaliaranse por medio dunha serie de cuestionarios e exercicios que remitirán ás distintas lecturas que servirán de soporte para adiscusión dos temas principais vistos en clase, así como por medio dos exames parciais (ou, no seu caso, do exame final). As competencias, xerais e específicas, relacionadas co dominio de ferramentas (3.2.) avaliaranse a través destes mesmos cuestionarios e exames e, ademais, por medio das distintas intervencións orais e, eventualmente, nos foros do Campus Virtual, destinadas particularmente a avaliar a mellora das capacidades e destrezas argumentativas, así como das expositivas e expresivas. As competencias relacionadas con valores e actitudes (3.3.) avaliaranse, sobre todo, a través das intervencións orais, pero tamén a través dos cuestionarios e probas escritas. Finalmente, as competencias transversais (3.4.) avaliaranse nos cuestionarios acerca de textos en inglés –cuxa lectura se estimulará sempre que se poida- así como polo seguimento das distintas tarefas subidas ao campus virtual, que deberán utilizar para acceder ás mesmas e logo subir as súas respostas e traballos.
Asistencia Obrigatoria:
Controlarase a asistencia. Se se superasen tres faltas non xustificadas, perderase o dereito a avaliación continua.
Dispensa de asistencia a clases presenciais :
Para os/ as alumnos/ as que dispoñan de dispensa académica de asistencia a clase resulta prescriptiva a realización dun exame final, e esta será no seu caso a única forma de avaliación.
TRABALLO PRESENCIAL: Horas do/da estudante
Clases expositivas 24
Participación activa en clase (clases interactivas) 24
Actividades tutoriales 3
TOTAL (parcial) 51
TRABALLO NON PRESENCIAL: Horas do/da estudante
Seguimento (Estudo persoal, lecturas, documentación, indagación, tarefas, probas, traballos etc.) 99
TOTAL (parcial) 99
TRABALLO DO/DA ESTUDANTE:
TOTAL GLOBAL 150
É imprescindible unha asistencia regular e entrega de tarefas nos prazos indicados para unha avaliación continua. Por tanto, para superar a materia por esta vía resulta imprescindible un traballo constante da materia e, concretamente, das lecturas obrigatorias e tarefas previstas ao longo do cuadrimestre. Os/as estudantes que non procedan a traballar desta forma deberán superar a materia mediante un exame final. Observacións É importante para o seguimento adecuado desta materia ter en conta os coñecementos adquiridos en cursos previos de lóxica e filosofía da linguaxe.
- É importante para o seguimiento adecuado desta materia ter en conta os coñecementos adquiridos en cursos previos de lóxica e filosofía da linguaxe.
- REQUERIMENTO DE ORIXINALIDADE
O/A alumno/a debe atender ao código de boas prácticas da USC, que di que hai que trabajar con honestidade intelectual e seriedade no contraste das citas, respetando o traballo dos demais, evitando todo tipo de plaxio e apropiación indebida e actuando co máximo respeto á propiedade intelectual o industrial. A non observancia desta norma conlevará non superar a materia nas dos convocatorias anuais.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
− Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
− Para a comunicación cos docentes é obrigatorio o uso da conta de correo rai.
− É Obrigatorio o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, MS-Teams e outras ferramentas institucionais.
− Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
− É preciso cumprir coa Normativa de protección de datos
Maria De La Concepcion Martinez Vidal
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812530
- Correo electrónico
- mconcepcion.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Enrique Latorre Ruiz
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881813822
- Correo electrónico
- enrique.latorre.ruiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Seminario Butler (108) |
Mércores | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Seminario Butler (108) |
02.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |
02.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
27.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
27.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |