Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos da materia
Os obxectivos da materia consisten na adquisición e/ou das seguintes competencias:
(1) Dominio dos coñecementos propios da materia, coa capacidade para os explicar, aplicar e incrementar.
(2) Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar lóxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
(3) Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
(4) Capacidade para organizar a información, tomar decisións, e presentar e resolver problemas.
(5) Dominio do razoamento crítico e o compromiso ético.
PROGRAMACION TEORICA
BLOCO I. As filosofías morais helenísticas: dúas propostas exemplares.
1. A ética materialista de Lucrecio.
1.1. O texto: De rerum natura.
1.2. Os contextos teóricos e as linguaxes das tradicións helenísticas, designadamente epicureanas e materialistas.
1.3. Elóxio de Epicúreo e Demócrito. A crítica á relixión.
1.4. O universo, a alma, o mundo.
1.4. De la física (a teoría do clinamen e a declinación dos átomos), á ética (da libertade).
1.5. A crítica do medo á morte e a afirmación da vida.
1.6. A crítica do amor pasional.
1.7. A antropoloxia lucreciana e a cuestión do valor moral do progreso.
2. A ética estoica de Séneca.
2.1. A Roma clásica. Elementos biográficos.
2.2 Os textos: os Diálogos e as Cartas a Lucilio.
2.3. Os contextos teóricos e as linguaxes das tradicións helenísticas, designadamente estoicas.
2.4. Caracterización xeral da súa filosofía moral.
2.5. Vida activa e vida contemplativa.
2.6. A felicidade.
2.7. A moral e a vida boa.
2.8. A virtude.
2.9. Tempo de ocio. Prácticas, disciplinas, rutinas.
BLOCO II. A ética da liberdade de Espinosa
1. Espinosa, entre Aristóteles e Kant
2. A filosofía como forma de vida (emendatio intellectus sive emendatio vitae)
3. O home, ser de desexo. A fenomenoloxía da vida afectiva
4. Soberanía de sí, liberdade e autodeterminación
5. Potencia da razón e goberno dos afectos
6. “O home libre”: contento dun mesmo, fortaleza e xenerosidade.
7. O home en sociedad, a Res publica democrática e a paz como virtude política
8. A actualidade da filosofía moral de Espinosa
BLOQUE I
1. Bibliografía básica (lecturas obrigatorias)
CHAUI, M.: Desejo, paixão e ação na ética de Espinosa, Sao Paulo, Companhia das Letras, 2011.
DELEUZE, G.: En medio de Spinoza, Buenos Aires, Cactus, 2008.
SPINOZA, B.: Ética demostrada segundo a orde xeométrica, Santiago de Compostela, USC - Fundación BBVA, 2015.
2. Bibliografía complementaria de carácter xeral
BODEI, R: Geometría de las pasiones. (Miedo, esperanza, felicidad: filosofía y uso político), México, F.C.E., 1996.
BENNET, J.: Un estudio de la Ética de Spinoza, México, FCE, 1990.
BLANCO ECHAURI, J. (ed.), Espinosa: Ética e Política. Encontro Hispano-Portugués de Filosofía, Santiago de Compostela, Santiago, Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Publicacións e Intercambio Científico, 1999.
CAMPS, V.: El gobierno de las emociones, Barcelona, Herder, 2011.
DELEUZE, G.: Spinoza: filosofía práctica, Barcelona, Tusquets, 2009.
DELEUZE, G.: Spinoza y el problema de la expresión, Barcelona, Muchnik, 1999.
FERNÁNDEZ, E. e DE LA CÁMARA, Mª.L.(eds.): El gobierno de los afectos en Baruj Spinoza, Madrid, Trotta, 2007.
BLOQUE II
1. Bibliografía básica
CANTO-SPERBER, Monique (dir.), Diccionario de ética y de filosofía moral, Ciudad de México: FCE, 2001.
G. SOTO, Luís, Guerra, paz e violencia, A Coruña: Espiral Maior, 2003.
MCMAHAN, Jeff, Repensando la guerra justa (versión original: Rethinking the “just war”, New York: New York Times, 2012).
ZALTA, Edward N. (ed.), Stanford Encyclopedia of Philosophy, 1995-2024, http://plato.stanford.edu
2. Bibliografía complementaria de carácter xeral
CRISP, Roger, Reasons and the good, Oxford: Oxford University Press, 2006.
FIESER, James & DOWDEN, Bradley, Internet Encyclopedia of Philosophy, 1995-2024, http://www.iep.utm.edu
MCMAHAN, Jeff, A Ética no ato de matar: problemas às margens da vida, Porto Alegre: AltMed, 2011.
MCMAHAN, Jeff, Killing in war, Oxford: Oxford University Press, 2009.
PARFIT, Derek, Razones y personas, Madrid: A. Machado Libros, 2004.
SHAFER-LANDAU, Russ, The fundamentals of ethics, New York: Oxford University Press, 2012.
SIDGWICK, Henry, Os métodos da ética, Lisboa: Gulbenkian, 2013.
SINGER, Peter, Escritos sobre uma vida ética, Lisboa: Dom Quixote, 2000.
Serán presentados outros textos para o traballo nas aulas.
1.Xerais e básicas
CX1 - Que os/os graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4 - Que estexan capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CX5 - Que teñan habilidades para recoñeceren, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de seren abordados e resoltos desde a Filosofía.
CX6 - Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
2.Transversais
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
3. Específicas
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver posteriormente esos coñecimientos por medio da
investigación.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas. CE8 - Desenvolvemento do razoamento crítico e o compromiso ético.
CE9 - Sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
Nas aulas impartidas pódese distinguir os seguintes dous tipos:
1) Aulas expositivas. Nestas levarase adiante a explicación dos temas do programa aberta á participación e o debate.
2) Aulas interactivas. Nestas farase unha presentación por parte do alunado dos temas/textos nas distintas sesións. Isto requiere, ademais, a presentación por parte deles das reseñas personais dos temas da parte teórica do programa, co obxecto de debatilos nas aulas de docencia práctica, así como a lectura dialóxica e o comentario conxunto das seguintes obras paradigmáticas da filosofía moral, a saber: Lucrecio: Sobre a natureza das cousas; Séneca: Diálogos e Cartas morais a Lucílio.; Espinosa: Ética demostrada ao modo dos xeómetras, partes III. IV e V.
As presentacións faranse ao fío dos contidos impartidos previamente nas sesións teóricas anteriores e dos textos de lectura obrigatoria. Porén, deixarase lugar á interpretación por parte das alunas ou alunos que leven presentacións a cabo. Tras estas, o resto das e dos estudantes terán que formularlles perguntas e obxeccións, logo do cal abrirase un debate sobre os textos expostos e a materia, orientado en base a varias preguntas que formulará o profesor.
Titorías de grupo
Para a preparación dos ensaios terán lugar titorías de grupo, onde se explicarán todas as cuestións sobre as que haxa dúbidas, se explicará a metodoloxía práctica a seguir para superar a materia e se exporá a bilbiografía que se pode empregar para a preparación do traballo para a superación do curso. Estas terán lugar na metade do curso.
Alén diso, o profesorado atoparase a disposición dos alumnos nos seus despachos, no horario de titorías (que se consignará na páxina do campus virtual da USC), con obxecto de clarificar dun modo personalizado todas as cuestións referentes aos contidos da materia, e supervisará periodicamente o traballo persoal dos alumnos, en orde a maximizar os seus esforzos de aprendizaxe e dispor dun mellor e máis amplo (xunto ás probas obxectivas realizadas nas clases teóricas e nas aulas interactivas) coñecemento dos seus progresos. Ademáis, organizará actividades titorias en grupos (en particular, nas primeiras semanas de clase), en orde a explicar convenientemente todos os aspectos relativos aos modos (formais) de composición dos ensaios e a preparación dos exámes, así como á organización das actividades propias das clases interactivas, estructurando metodolóxicamente o desenvolvemento das mesmas.
Faise notar que para os casos de realización fraudulenta dos exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
En consonancia coa metodoloxía de traballo apuntada no apartado anterior, así como coas ferramentas fundamentais establecidas con carácter xeral para aquilatar a avaliación contínua e que, tradúcense, na parte teórica, na realización de dous ensaios ou de dous exames (o alumno pode elixir que opción prefire), e na parte interactiva, na presentación de pequenos comentarios escritos, realizados no aula, e na participación en todas as sesións prácticas sobre os textos e temas previamente consignados.
Hai tres maneiras de superar a materia. As dúas primeiras, no transcurso do curso; a terceira, no exame final. No transcurso do curso, a materia terá unha parte teórica e unha parte prática. Para superar a materia no transcurso do curso hai que aprobar ambas partes.
PARTE TEÓRICA
A parte teórica pode ser superada de dúas maneiras:
1) Mediante a entrega de dous ensaios sobre o contido impartido no curso, cada un destes virase corresponder con blocos distintos da materia. Este é o método recomendado polo profesor para aproveitar mellor o curso e obter as maiores competencias neste.
Os ensaios cumprirán os seguintes requisitos:
· Consistirán na presentación dunha liña argumental, defendendo unha tese.
· Terán unha estrutura ordeada. Constarán de resumo inicial, introdución expondo a tese, liña argumental e estrutura do traballo, estruturación conseguinte por seccións e conclusión final.
· Incluirán as referencias relativas a cada posición ou argumento dalgunha outra autora ou autor ou da información obtida. Para iso seguirase de maneira consistente ao longo do texto algun dos sistemas de citado aceitados pola revista Ágora: Papeles de Filosofía (o que se prefira), que está disponíbel na hemeroteca do centro e tamén na seguinte ligazón: dspace.usc.es/handle/10347/384
· Seguirán o formato de texto académico estándar (Times New Roman tamaño 12, con notas a rodapé tamaño 10, interlineado 1,5, párrafo xustificado, sen portadas).
· Terán unha extensión de 10 páxinas en diante se son o suficientemente densas en contido.
2) Mediante a realización de dous exames. Como no caso dos traballos, cada un contará 3.
PARTE PRÁCTICA
Nesta parte avaliaranse os resumos e as recensións entregadas ao final de cada unha as aulas interactivas conxuntamente coa participación nestas. Nesta parte 3 pontos da avaliación a constituirán os traballos entregados e 1 a participación activa na aula.
Cada prática á que non se asiste reduce puntuación, se estas baixan da precisa para aprobar a parte prática da materia iso supón que non se pode superar a materia. Malia isto, haberá a posibilidade de recuperar unha prática de cada unha das partes da materia nunha sesión especial adicada a tal efecto.
EXAME FINAL
As persoas que non den superado a materia consonte ás dúas maneiras anteriores poderán concorrer ao exame final. A superación da materia deste xeito conleva unha dificuldade notábel considerando que nela entra o conxunto da materia impartida no curso e dos textos de apoio empregados. Asi, require un traballo que non é menor ao empregado na participación nas aulas e o traballo persoal para a superación da materia no transcurso do curso.
O alumnado exento de asistencia ás clases presenciais serán avaliados, no que atinxe ós contidos teóricos da materia, no exame final programado polo Centro, no cál poderán facer entrega ao profesor do material básico elaborado para as aulas interactivas (ou, no seu caso, o traballo práctico alternativo acordado en persoa co profesor).
DIMENSIÓNS DA AVALIACIÓN
Desta maneira, de se faceren os ensaios ou exames a distribuición da nota fica como segue:
1º ensaio/exame: 3 + 2º ensaio/exame: 3 + Práticas: 4 (resumos: 3 + participación activa: 1).
En ambos casos para superar o curso resulta obrigatorio ter aprovado as práticas.
Para os casos de realización fraudulenta dos exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O tempo de traballo estimado para esta materia, en correspondencia cos 6 créditos que ten, é de 150 horas, distribuidas do seguinte modo:
- Aulas expositivas: 24 horas
- Aulas interactivas: 24 horas
- Actividades titoriales de grupo: 3 horas
(Total: 51 horas)
- Traballo persoal alumno: 99 horas
1) Asistencia diaria e parcipativa nas clases. Participación nas presentacións.
2) Preparación dos temas/textos marcados seguindo as pautas indicadas.
3) Estudo sistemático e periódico dos contidos do programa da materia.
4) Consulta de dúbidas na clase ou nas titorías.
Haberá a obrigatoriedade de uso da conta de correo @rai.usc.gal.
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse a través da aula virtual agás cando se trate de recuperacións individualizadas, o cal será aclarado polo profesor.
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
É obrigatorio para a comunicación o uso da conta de correo rai.
Óscar Horta Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 881812529
- Correo electrónico
- oscar.horta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Alberto Jose Franco Barrera
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Correo electrónico
- albertojose.franco.barrera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Iria Murado Carballo
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Correo electrónico
- iria.murado.carballo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Emma Cepeda Mouriño
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Correo electrónico
- emma.cepeda [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
Mércores | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
20.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
20.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
20.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
24.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
24.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
24.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |