Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1) Coñecer os autores, textos e conceptos característicos da investigación do problema do coñecemento tanto na época antiga, como na moderna e contemporánea.
2) Comprender a significación que o problema do fundamento ten en cada época.
3) Desenvolver a capacidade de análise, comprensión e explicación de textos fonte da filosofía.
4) Desenvolver a capacidade de debate encol de temas filosóficos.
Tema 1) Pai e padriño: Aristóteles, Andrónico de Rodas e os destinos da metafísica occidental.
Tema 2) Seis días de fondas meditacións e un novo comenzo: Descartes.
Tema 3) Kant: ontoloxía da experiencia e metafísica da liberdade. Qué é o ‘máis alá’ moral?
Tema 4) Vida ou morte da metafísica? Whitehead vs. Heidegger.
Tema 5) Ontoloxía da vulnerabilidade: Jonas, Riechmann.
OS TITULOS MARCADOS CON ASTERISCO CONSIDERANSE BIBL. BASICA E O RESTO É BIBL. COMPLEMENTARIA.
ARISTOTELES (1982) *Metafísica, edición trilingue de V. García Yebra, Madrid.
— (1982) Categorías, trad. de M. Candel Sanmartín, ed. Gredos, Madrid.
— (1994) *Metafísica, edición de Tomás Calvo Martínez, ed. Gredos: Madrid.
— (2007) Física, ed. Gredos: Madrid.
AUBENQUE, P. (1981) El Problema del Ser en Aristóteles, ed. Taurus: Madrid.
CALVO MARTINEZ, T. (1996) Aristóteles y el aristotelismo, ed. Akal: Madrid.
CANDEL SANMARTIN, M. (2004) Aristóteles y el sistema del saber, en Enciclopedia Iberoamericana de Filosofía, vol. 14, ed. Trotta: Madrid.
— (2004) Metafísica de cercanías, ed. Montesinos: Barcelona.
CORTES MORATO, J/MARTINEZ RON, A. (2000): Diccionario de filosofía en cd-rom, ed. Herder: Barcelona.
DESCARTES, R. (1977): Meditaciones Metafísicas con objeciones y respuestas, Alfaguara, Madrid.
*GILSON, E. (1996) El ser y los filósofos, ed. Eunsa: Pamplona.
FERRATER MORA, J. (1979): Diccionario de filosofía, 4 vols., ed. Alianza: Madrid.
HADOT, P. (1998) ¿Qué es la filosofía antigua?, ed. F.C.E.: México.
*HEIDEGGER, M. (2009): ¿Qué es metafísica?, version de H. Cortés y A. Leyte, ed. Alianza: Madrid.
*HEIMSOETH, H. (1974) Los seis grandes temas de la metafísica occidental, ed. Revista de Occidente: Madrid.
JAEGER, W. (1993) Aristóteles, bases para la historia de su desarrollo intelectual, ed. F.C.E.: México.
*JASPERS, K. (1993-1998): Los grandes filósofos, 3 vols., Madrid, Tecnos.
*KANT, I. (1996) Crítica de la Razón Pura, Alfaguara, México-Madrid.
— (2014) (ed. y trad. Gonzalo Serrano): La Deducción trascendental y sus inéditos, 1772-1788. Bogotá, Universidad Nacional de Colombia.
— (2021) Lecciones de Metafísica según los apuntes de Volckmann, trad., ed., estudio preliminar y notas de Jiménez, A. y Rovira, R., ed. S. XXI: Madrid.
LEYTE, A. (1995) Ensaios sobre Heidegger, ed. Galaxia: Vigo.
MARTINEZ MARZOA, F.: (1973) Historia de la filosofía, 2. vols., Madrid, Istmo.
— (1974) Iniciación a la filosofía, ed. Istmo: Madrid.
—*(1983) «En torno al nacimiento del título 'Filosofía'», en Anales de la filosofía, 1, pp. 177-204.
OÑATE Y ZUBIA, T. y ROMERO, F. (2022) Lecciones actuales de ontología griega arcáica y clásica, ed. Dykinson: Madrid.
PARMENIDES (2018) Poema (edición crítica y version rítmica de Agustín García Calvo), ed, Lucina: Zamora.
REALE, G. (1988) Historia del pensamiento filosófico y científico, Barcelona, Herder.
—Guía de lectura de la Metafísica de Aristóteles, Barcelona: Herder.
*TORRETTI, R. (1980) Manuel Kant, Estudio sobre los fundamentos de la filosofía crítica, ed. Charcas, Buenos Aires.
*WHITEHEAD, A. N. (2021) Proceso y realidad, trad. de Miguel Candel Sanmartín, ed. Atalanta.
WOLFF, Ch. (2000) Pensamientos racionales acerca de Dios, del Mundo y del Alma del hombre, así como sobre todas las cosas en general (Metafísica Alemana), trad. de Agustín González Ruiz, ed. Akal: Madrid.
*ZUBIRI, X. (1995) Los problemas de la metafísica occidental, ed. Alianza: Madrid.
COMPETENCIAS DE TIPO XERAL
CG1 - Que os/as graduados/as posuan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluindo as suas doutrinas, teorías, métodos e aplicacions, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CG2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no eido da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CG4 - Que estean capacitados para continuar a sua formación en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CG5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestions e problemas susceptibeis de ser abordados e resoltos desde a Filosofía.
CB1 - Que os/as estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita encontrarse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posuan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da sua área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da sua área de estudo) para emitir xuizos que incluan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucions a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
COMPETENCIAS ESPECIFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacions e as correntes propias da Filosofía, seguindo a sua historia e nas suas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indicanse nas fichas das disciplinas.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisions, formular e resolver problemas.
COMPETENCIAS TRANVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara problemas de igualdade e medioambientais.
As sesións expositivas adicaranse a desenvolver os contidos por parte da profesora, que colgará na aula virtual materiais acaídos para o estudo de cada tema, complementarios da exposición na aula e fará as indicacións pertinentes para o seu estudo.
As sesións interactivas adicaranse ao traballo de comentario de texto, na modalidade de seminario, da Crítica da razón pura de Kant. A profesora realizará unha introdución aos contidos fundamentais e ás diferentes interpretacións desta obra fundamental do pensamento occidental. Realizará asemade unha introdución á metodoloxía de SEMINARIO (lectura-comentario de textos fonte).
OPORTUNIDADE DE XUÑO
Na oportunidade de xuño existen dúas modalidades de avaliación: continua e non-continua, tal como se detalla a continuación.
AVALIACIÓN CONTINUA
ASISTENCIA: Non computa para a nota pero é un requisito para a avaliación continua. Realizarase en cada sesión control da mesma. A acumulación dun máximo de 3 faltas sin xustificar dará lugar á perda da opción de avaliación continua.
A avaliación continua realizarase atendendo a tres aspectos:
TRABALLO DA MATERIA (VALOR: 40 % da nota): Será obrigatoria a presentación dun traballo escrito que desenvolva algún aspecto significativo das pasaxes da Crítica da razón pura seleccionadas para o traballo de seminario nas aulas interactivas. O traballo terá unha extensión máxima de 10 pxs. (Tipo de letra Times New Roman, interliñado 1,5).
EXAME ESCRITO (VALOR: 50 % da nota): este constará de tres preguntas teóricas de resposta breve sobre os contidos impartidos nas aulas expositivas. Duración 1 h. Duración 1 h. Terá lugar na data oficial fixada pola secretaría do centro.
PARTICIPACION (VALOR: 10 % da nota): a profesora rexistrará a participación axeitada e construtiva nas aulas interactivas. Valorarase asemade neste apartado a participación nos foros da materia. Para acadar a totalidade da puntuación (1 punto) será preciso respostar 2 preguntas dos foros.
AVALIACIÓN NON CONTINUA
Os apartados de cualificación serán idénticos aos da avaliación continua, exceptuando o correspondente á participación, e contando con variacións na asignación de porcentaxe da nota.
TRABALLO DA MATERIA (VALOR: 50 % da nota)
EXAME ESCRITO (VALOR: 50 % da nota): constará de 4 preguntas teóricas de resposta breve sobre os contidos impartidos nas aulas expositivas. Duración 1 h. Terá lugar na data oficial fixada pola secretaría do centro.
ALUMNOS/AS REPETIDORES/AS E CON DISPENSA DE DOCENCIA
Idem avaliación non-continua.
OPORTUNIDADE DE XULLO
A avaliación de xullo terá dous apartados, ca seguinte porcentaxe de cualificación:
TRABALLO DA MATERIA (VALOR 50 % da nota)
EXAME ESCRITO (VALOR 50 % da nota)
As pautas para o traballo da materia e para o exame serán as mesmas que en xullo. O alumnado que se tivera presentado na oportunidade de xuño poderá gardar para xullo aquela nota parcial (ou ben do traballo ou do exame) que superara o límite do aprobado.
A data de entrega do traballo será a contemplada para a realización do exame segundo o calendario oficial fixado polo centro.
Dependendo das capacidades de cada alumno/a, estimase como tempo mínimo impresdincible de dedicación para superar a materia aproximadamente o dobre do horario lectivo (dúas horas de estudo por cada hora lectiva). Enténdese por tempo de estudo o tempo de relectura e ordeación das notas tomadas na aula, de ampliación mediante a lectura da bibliografía e de elaboración de ficheiros e arquivos propios.
Actitude proactiva de cara ao seguimento da materia, á participación nos coloquios e debates na aula e á consulta de dúbidas, tanto na aula como nas titorías. Uso da aula virtual. Emprego axeitado (consulta e estudo) da bibliografía recomendada dende o inicio do curso. Atención á expresión tanto oral (na aula) como escrita (nos traballos e no exame). Cultivo de actitudes dialogantes e de respecto. En xeral, recoméndase manter unha actitude de carácter profesional en relación co cumprimento dos propios obxectivos de formación, evitando a pasividade e a delegación de responsabilidades na profesora. Do mesmo xeito debe tomarse a aula como un espazo de aprendizaxe compartido entre futuros/as profesionais, fuxindo de actitudes propias de idades e etapas de formación anteriores.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Xesus Vazquez Lobeiras
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812514
- Correo electrónico
- mxv.lobeiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
Mércores | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
21.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
21.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 2 |
21.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 2 |
11.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |
11.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 1 |
11.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
21.09.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
21.09.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |
21.09.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 1 |