Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
· Identificar os temas, recursos e formas características de distintos períodos e movementos da historia do cinema.
· Explicar os recursos de linguaxe cinematográfica e as estratexias de posta en escena e montaxe empregadas en distintas épocas.
· Interpretar os significados implícitos e sintomáticos dos casos de estudo comentados en clases.
· Desenvolver discursos críticos sobre unha serie de obras relevantes na historia do cinema e do audiovisual.
1. CINEMA SILENTE (1895–1931)
- o nacemento de Hollywood
- o cinema de avangarda
2. CINEMA CLÁSICO (1931-1959)
- o sistema de estudos e os xéneros clásicos en Norteamérica
- as industrias europea e xaponesa na metade do século XX
3. CINEMA MODERNO (1959 - 1981)
- a quebra do paradigma clásico: neorrealismos e manierismos
- os novos cinemas en Europa e Latinoamérica
- o Novo Hollywood e o cinema independente norteamericano
4. CINEMA POSMODERNO (1981-2005)
- a hibridación xenérica
- a tardomodernidade
- o retorno ao real
5. AUDIOVISUAL CONTEMPORÁNEO (2005-2025)
- a emerxencia dos cinemas asiáticos
- a transmodernidade e o cinema dixital
· Práctica de campo: visita á Casa do Cinema Manoel de Oliveira e ao Batalha Centro de Cinema do Porto (Portugal). Data proposta: 24 de abril de 2026.
LECTURA OBRIGATORIA
· Buñuel, L. & Carrère, J. C. 1982. Mi último suspiro. Barcelona: Plaza & Janés.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
· Araújo, N. (coord.). 2021. História do cinema. Dos primordios ao cinema contemporáneo. Edições 70.
· Aumont, J. & Marie, M. (1988). 1990. Análisis del Film. Paidós.
· Cousins, M. (2004). 2005. Historia del cine. Blume.
· Cousins, M. 2011. The Story of Film: An Odyssey. 5 DVD.
· Labarrère, A. Z. & O. (2002). 2009. Akal - Atlas del Cine. Akal.
· Sánchez Noriega, J. L. 2018. Historia del cine. Teoría, estéticas, géneros. Alianza.
· Rodríguez Vela, A. 2019. Breve historia del cine. Nowtilus.
· VV. AA. 1995-1998. Historia general del cine. 12 volumes. Cátedra.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
· Balló, J. 2000. Imágenes del silencio. Los motivos visuales en el cine. Anagrama.
· Bordwell, D.; Staiger, J. & Thompson, K. (1985). 1997. El cine clásico de Hollywood: estilo cinematográfico y modo de producción hasta 1960. Paidós.
· Bordwell, D. & Thompson, K. (1994). 1995. El arte cinematográfico. Una introducción. Paidós.
· Chion, M. 1993. La audiovisión: introducción a un análisis conjunto de la imagen y el sonido. Paidós.
· Cousins, M. 2018. Women Make Film: A New Road Movie Through Cinema. 5 DVD.
· Cueto, R. & Weinrichter, A. 2004. Dentro y fuera de Hollywood. La tradición independiente en el cine americano. Intitut Valencià de Cinematografia Ricardo Muñoz Suay.
· Font, D. 2002. Paisajes de la Modernidad. Cine europeo 1960-1980. Paidós.
· Lagny, M. (1992). 1997. Cine e Historia. Problemas y métodos en la investigación cinematográfica. Bosch Casa Editorial.
· Nichols, B. (2001). 2013. Introducción al documental. UNAM.
· Pena, J. 2020. El cine después de Auschwitz. Representaciones de la ausencia en el cine moderno y contemporáneo. Cátedra.
· Coñecer as principais tendencias, filmes e cineastas da historia do cinema a través de exemplos concretos para poder identificar e distinguir as estratexias formais e discursivas asociadas con distintos xéneros e estilos, e saber así situar as obras audiovisuais nos seus respectivos contextos históricos.
· Comprender, analizar e interpretar o significado dun filme dende unha perspectiva semiótica e discursiva.
· Adquirir, coñecer e utilizar técnicas de análise fílmica para o coñecemento e valoración de filmes e obras audiovisuais.
· Construír argumentacións dende unha perspectiva crítica e analítica a través da linguaxe oral e escrita.
· Comprender as relacións entre o cinema e outras artes contemporáneas para poder avanzar no estudo doutras materias relacionadas coa historia do cinema e do audiovisual.
· Bloque conceptual: sesións expositivas para explicar contidos empregando fragmentos de filmes
· Bloque analítico: sesións interactivas para cada grupo de seminario, nas que os estudantes farán –de forma oral e individual– a presentación, proxección e comentario dunha secuencia dunha peza audiovisual relacionada co programa.
· Titorías personalizadas destinadas á resolución de dúbidas e consultas presentadas polo estudantado durante o seu proceso de aprendizaxe.
Actividades avaliábeis:
1. Comentario crítico dalgún filme de Luis Buñuel a partir das ideas expostas na súa autobiografía 'Mi último suspiro'. Extensión: 1000 – 2000 palabras. Porcentaxe na avaliación final: 30% (3 puntos)
2. Presentacións orais nas clases interactivas de fragmentos de filmes para identificar e explicar os seus elementos formais e conceptuais. Duración: 15-20 minutos. Porcentaxe na avaliación final: 30% (3 puntos).
3. Exame final: comentario dun texto audiovisual. Será obrigatorio facer as presentacións orais e os traballos escritos para poder realizar o exame final. Porcentaxe na avaliación final: 40% (4 puntos).
Segunda oportunidade: entrega dun traballo escrito individual de análise fílmica (50%) e realización dun exame similar ao da primeira oportunidade (50%).
Dispensa: os estudantes aos que se lles outorgue unha Dispensa de asistencia (seguindo o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado por acordo do Consello de Goberno do 25/11/2024), serán avaliados a partir dun traballo individual de análise comparativa (50%) e da realización dun exame similar ao da primeira oportunidade (50%).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
A dedicación ás clases presenciais será de 51 horas. A dedicación persoal dos estudantes (estudo teórico, visionado de películas, realización de traballos en grupos e individuais) será de 99 horas ao longo do cuadrimestre.
Esta materia dá continuidade á materia de primeiro ano 'Linguaxe e Discurso Cinematográfica e Audiovisual'. Dadas as súas características, e tendo en conta que o alumnado non adoita estar moi familiarizado coa historia do cinema e coa análise fílmica, cómpre asistir ás aulas, especialmente para comprender a dinámica das actividades avaliábeis.
O Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e de máster da Universidade de Santiago de Compostela (https://hdl.handle.net/10347/38041) establece no seu artigo 1 que "a asistencia a clase configúrase como un dereito/deber do estudantado, sendo a programación docente de cada materia a que determina e concreta a súa valoración e establece as actividades formativas obrigatorias". Neste sentido, a asistencia ás aulas terá incidencia no sistema de avaliación na medida en que resulta obrigatorio participar nas sesións dedicadas ás actividades avaliábeis (nomeadamente, ás sesións interactivas nas que se realizarán presentacións orais).
Fernando Pérez Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812596
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xose Ivan Villarmea Alvarez
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- ivan.villarmea [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU