Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Avanzar no coñecemento daqueles procesos, grandes liñas evolutivas e conceptos que faciliten ao alumnado unha comprensión global do século XX, e que o capaciten intelectualmente para analisar de xeito crítico o devir, tanto histórico como do tempo presente.
Fornecer un coñecemento preciso dos acontecementos e dos procesos de mudanza e continuidade nunha perspectiva diacrónica.
Xerar un coñecemento racional e crítico do pasado da Humanidade, coa finalidade de comprender o presente de maneira cabal.
Educar nos valores de igualdade, a paridade de xénero e a non discriminación, através do coñecemento da loita por eses valores nos diferentes momentos históricos.
Adquirir un coñecemento básico dos principais métodos, técnicas e instrumentos de análise do oficio de historiador/a.
Analisar os procesos sociais históricos e contemporáneos: comprender e/ou explicar problemáticas humanas e ofrecer solucións.
I. A I Guerra Mundial (1914-18) e a nova configuración mundial
1. Causas e natureza do conflito: Unha nova forma de violencia de masa.
2. As consecuencias da guerra: os Tratados de Paz a a Orde de Versalles.
II. O mundo de entre as guerras (1918-1939).
1. A revolución rusa e a construción do socialismo na URSS.
2. O momento wilsoniano e o mundo extraeuropeu.
3. A crise das democracias parlamentarias.
4. Fascismo e ditaduras.
5. As guerras civís europeas: de Finlandia a España.
6. Nacionalidades e minorías no periodo de entre as guerras.
III. A II Guerra Mundial e nova orde internacional.
1. Evolución da II Guerra Mundial: un conflito global.
2. Violencia de masa e Holocausto
3. Un mundo bipolar: a Guerra Fría
4. A descolonización e os novos Estados
5. A economía: do Benestar ás crises.
BEEVOR, A., La Segunda Guerra Mundial, Barcelona: PasadoPresente, 2014.
CASANOVA, J., Europa contra Europa, 1914-45 Barcelona: Crítica, 2011.
COOK, C., e STEVENSON, J., Guía de Historia Contemporánea de Europa, Madrid: Alianza, 1994.
FONTANA, J., El siglo de la revolución. Una historia del mundo desde 1914. Barcelona: Crítica, 2017.
— Por el bien del Imperio. Una historia del mundo desde 1945, Barcelona: Pasado y Presente, 2011.
HOBSBAWM, E., Historia del siglo XX, Barcelona: Crítica, 1998.
JUDT, T., Posguerra. Una Historia de Europa desde 1945, Madrid: Taurus, 2006.
KERSHAW, I., Descenso a los infiernos. Europa, 1914-1939, Barcelona: Crítica, 2016.
KERSHAW, I., Ascenso y crisis. Europa, 1950-2017. Un camino incierto, Barcelona: Crítica, 2019.
LOWE, K., Continente salvaje: Europa después de la Segunda Guerra Mundial, Barcelona: Galaxia, 2016
NÚÑEZ SEIXAS, X. M., Las utopías pendientes. Una historia del mundo desde 1945, Barcelona: Crítica, 2019 [2ª ed.].
NÚÑEZ SEIXAS, X. M., El frente del Este. Historia y memoria de la guerra germano-soviética, 1941-1945, Madrid: Alianza, 2018.
PAYNE, S. G., Historia del fascismo, Barcelona: Planeta, 1995.
PROCACCI, G., Historia general del siglo XX, Barcelona: Crítica, 2001.
SEVILLANO CALERO, F., La Europa de entreguerras, Madrid: Síntesis, 2020.
SNYDER, T., Tierras de sangre: Europa entre Hitler y Stalin, Barcelona: Galaxia Gutenberg, 2011.
STEVENSON, D., 1914-1918: Historia de la Primera Guerra Mundial, Barcelona: Debate, 2013.
TOBOSO SÁNCHEZ, P., Diccionario de historia del mundo actual, Madrid: Alianza, 2005.
VILLARES, R. e BAHAMONDE, A., El mundo contemporáneo, siglos XIX y XX, Madrid: Taurus, 2001.
WEINBERG, G. L., La Segunda Guerra Mundial. Una historia esencial, Barcelona: Planeta, 2018.
ZAMAGNI, V., Historia económica de la Europa Contemporánea, Barcelona: Crítica, 2001.
4.1. Específicas.
-Coñecer, analisar e interpretar en detalle un ou máis períodos específicos do pasado da humanidade, conceptualizando os fenómenos históricos.
-Coñecer e interpretar a historia como disciplina en construción.
-Consciencia crítica da relación entre as dimensións social, económica e institucional do pasado.
-Comprender, interpretar e elaborar textos historiográficos ou documentos orixinais a partires da formulación de preguntas, plantexamento de hipóteses e obxectivos, e desenvolvemento da argumentación correspondente.
-Capacidade para conceptualizar os fenómenos históricos da época e poder dilucidar as raiceiras históricas dos feitos presentes. Capacidade para relacionar e xerarquizar os coñecementos históricos.
-Coñecer e analisar as principais claves explicativas da Historia Contemporánea Universal dende a Primeira Guerra Mundial até finais do século XX.
-Comprender e interpretar mapas, gráficos, textos e fontes históricas relativas ao período de estudo.
4.2. Transversais.
-Traballar de maneira autónoma con responsabilidade e iniciativa, desenvolvendo capacidades de xestión da información, organización e planificación.
-Aplicar o pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo.
-Capacidade de síntese e concreción para a elaboura de traballos escritos; manexo dos aspectos formais e de presentación.
-Aprendizaxe na procura e utilización da bibliografía xeral e específica recomendada polo persoal docente, ben como dos recursos de información vencellados ás TICs.
-Desenvolvemento de competencias discursivas para a presentación oral dos traballos realizados.
4.3. Actitudinais.
-Achegamento a outros universos culturais, fomento do seu estudo e respecto pola diferenza.
- Sensibilidade cara aos problemas centrais na historia universal, nomeadamente os relativos a cuestións como a igualdade, a diversidade, os dereitos humanos e o medio ambiente.
-Disposición cara á aprendizaxe, o traballo persoal e a leitura, de face a cumprir cos obxectivos da materia.
-Disposición para o traballo en grupo e con responsabilidade compartillada.
-Disposición cara ao debate continuo (participación na aula) e específico (a partires do traballo propio), con capacidade para o razoamento, a exposición de argumentos e a autocrítica.
-As aulas expositivas consistirán basicamente na explicación do temario da materia polo persoal docente, co apoio de diferentes materiais didácticos e co emprego de TICs.
-As aulas interactivas terán un carácter teórico-práctico, e permitirán completar os contidos da materia mediante a leitura e interpretación de textos históricos, gráficas, cadros e mapas.
-As titorias individualizadas, ou en grupos reducidos, permitirán atender ao estudantado para debater cuestións concretas en relación coas tarefas encomendadas, resolver dúbidas ou ampliar a explicación sobre aspectos puntuais.
Farase un exame final na data que sinale o calendario oficial elaborado pola Secretaría da Facultade, no que o alumnado haberá responder as preguntas relacionadas cos temas do programa desenvolvido nas clases expositivas e interactivas, computando o 60% da cualificación final.
Para que esta nota sexa tida en conta, o alumno terá que obter no exame unha cualificación mínima de 5 sobre 10. De non acadar esta nota, terá que volver examinarse desta parte na segunda oportunidade.
Un 10% da nota obteráse da cualificación obtida polo traballo do libro de leitura. O alumnado poderá escoller entre calquera destes libros:
1) Faraldo, José Mª, La Revolución rusa: Historia y memoria, Madrid, Alianza Editorial, 2017
2) Traverso, E., A sangre y fuego. De la guerra civil europea, Valencia, PUV, 2009
O 30% restante obtense polas diferentes cualificacións obtidas nos controis escritos, non fixados no calendario, traballos, actitude e participación na aula e outras actividades. Para poder facer media coa cualificación do exame, o alumno ten que obter unha cualificación media global de 5 sobre 10. A realización das práticas individuais é condición de obrigado cumprimento para poder presentarse aos exames de maio e xullo. Aqueles/as alumnos/as que non teñan acadado a nota esixida terán que examinarse da parte prática na segunda oportunidade.
O alumnado con dispensa concedida haberá realizar o exame final da materia na data indicada para o resto, e deberán realizar unha serie de traballos de carácter individual que lle serán sinalados ao comezo do curso.
A asistencia do alumnado ás aulas é obrigatoria. Xa que logo, unha ausencia reiterada e inxustificada ás mesmas superior ao 20%, suporá a imposibilidade de que o/a alumno/a ser avaliado/a, o que se comunicará mediante a publicación dunha listaxe na que figuren os/as alumnos/as excluidos/as por ese motivo.
De acordo coa Memoria do Grao de Historia, a distribución de horas adicadas polo estudante á materia (sempre tendo en conta as capacidades de cadaquen) son:
Traballo presencial:
Actividades en grupo completo, isto é, de exposición teórica: 30 horas
Actividades en grupo reducido, isto é, de aulas interactivas: 15 horas
Titorias en grupo moi reducido (personalizada): 2 horas
Avaliación: 3 horas
Subtotal: 50 horas
Traballo persoal:
Estudo: 40 horas
Redacción de traballos: 30 horas
Preparación de actividades en grupo reducido: 30 horas
Subtotal: 100 horas
Total: 150 horas.
- A recomendación básica é a lectura da bibliografía xeral ou especializada que proporciona o profesor co programa, pero tamén aquela máis específica que se subministra con cada tema para obter unha visión máis completa que a que é posible ofrecer nas clases expositivas.
- É conveniente, así mesmo, a realización persoal de comentarios de texto, cadros, gráficas, táboas estatísticas, etc., para obter un dominio nesas materias e unha mellor comprensión do contido da materia.
- Lectura de prensa de calidade e de revistas históricas.
- Consulta de atlas históricos e dicionarios de termos históricos.
- A asistencia regular á clase considerase imprescindible para acadar un bo resultado para unha avaliación positiva.
- Aclarar con preguntas na clase, ou nas titorías, as dúbidas que poidan xurdir durante o período de aprendizaxe ou no transcurso da resolución dos casos prácticos anteriormente mencionados.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de
avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Xose Manoel Nuñez Seijas
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812681
- Correo electrónico
- xoseml.nunez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Antonio Miguez Macho
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812579
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | G5021328/CLE_02 | Galego | Aula 05 |
Martes | |||
11:00-13:00 | G5021328/CLE_02 | Galego | Aula 05 |
Mércores | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 12 |
Venres | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 12 |
10.01.2025 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
10.01.2025 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
18.06.2025 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |