Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O/A alumno/a deberá:
O-1 Coñecer a estructura diacrónica xeral da historia de Galicia dende finais do século XVIII.
O-2 Coñecer os procesos de continuidade e cambio: políticos, económicos, sociais e culturais
O-3 Entender criticamente os factores/axentes que foron configurando a sociedade actual, e a través deles o presente.
O-4 Coñecer as distintas perspectivas e principais debates historiográficos según os períodos e contextos, a fin de poder desenvolver unha actitude crítica e de tomar conciencia de que o saber histórico é unha disciplina en permanente construcción e en diálogo consigo mesma.
O-5 Saber analizar o presente dun xeito crítico a través da súa perspectiva histórica e dotarse de elementos para os problemas e debates do mundo no que vivimos (relacións Galicia/Estado, concepto de nación, crise ecolóxica, dialéctica movementos sociais / institucións políticas...).
Tema 1
DO ANTIGO RÉXIME A CONTEMPORANEIDADE: a realidade foral de Galicia
1. Introdución: a Ilustración e o Barroco
2. O goberno: división territoriais e novas institución
3. Mundo rural e sistema foral: clero, fidalguía e labregos
Tema 2
A INSTITUCIONALIZACIÓN DO LIBERALISMO EN GALICIA
1. A Guerra de Independencia (1808-1814): a loita contra os franceses
2. O regreso de Fernando VII (1814-1833): conspiracións liberales e carlismo
3. Do Estatuto real (1834) ao Sexenio revolucionario (1868-1874)
4. Provincias e concellos, desamortización e foros
5. O galeguismo: do provincialismo ao rexionalismo
Tema 3
ECONOMÍA E SOCIEDAD LIBERAL: obreiros e emigrantes
1. O nacemento do movemento obreiro: motíns e ludismo
2. O obrerismo de fin de século
3. A emigración: causas e efectos
Tema 4
A RESTAURACIÓN BORBÓNICA (1874-1931)
1. Alfonso XII e rexencia de María Cristina de Habsburgo (1874-1902): caciquismo e crisis
2. O agrarismo
3. O rexionalismo
4. O reinado de Alfonso XIII (1902-1931): monarquía y dictadura
5. O surximento do nacionalismo galego
6. A Galicia exterior: o comezo da gran emigración
Tema 5
DEMOCRACIA E REPÚBLICA NOS ANOS TRINTA (1931-1936)
1. A chegada da democracia republicana: cambios e continuidades
2. O subsistema de partidos galego. A xeneración dunha nova cidadanía
3. Unha dinámica política acelerada: bienio reformista e a dereita no poder (1931-1936)
4. A Fronte Popular (febrero-xullo 1936)
Tema 6
AS DIFERENTES CARAS DO FRANQUISMO (1936-1975)
1. A sublevación militar
2. A guerra civil na retaguardia da fronte militar. A construcción do ‘Nuevo Estado’
3. A Segunda Guerra Mundial: o papel de Galicia
4. O exilio cultural e político
5. As diferentes caras do franquismo
Tema 7
TRANSICIÓN E DEMOCRACIA (1975…)
1. Contexto social e económico na Galicia dos setenta.
2. A construcción da democracia. A Unión de Centro Democrático. O proceso estatutario.
3. Política e transición: o novo sistema de partidos galego.
4. A Era Fraga: o dominio do Partido Popular.
BIBLIOGRAFÍA
Alonso Álvarez, L.; Industria y conflictos sociales en la Galicia del Antiguo Régimen, 1750-1850, Akal, Madrid, 1977.
Balboa, X.; O monte en Galicia. Problemas xurídico-administrativos e individualización campesiña, Xerais, Vigo, 1990.
Barreiro Fernández, X.R.-Villares Paz, R.; A Gran Historia de Galicia, La Voz de Galicia-Fundación Caixa Galicia, 2007.
Barreiro Fernández, X.R.; Historia de Galicia. IV: Idade Contemporánea, Galaxia, Vigo, 1981.
Barreiro Fernández, X.R.; Liberales y absolutistas en Galicia, Ediciós Xerais, Vigo, 1982.
Barreiro Fernández, X.R.; El carlismo gallego, Pico Sacro, Santiago, 1976.
Barreiro Gil, X.; Propiedade y atraso na Galicia do primeiro tercio do século XX, Xunta de Galicia, Santiago, 1990.
Baz Vicente, Mª X.; El patrimonio de la Casa de Alba en Galicia en el siglo XIX, Lugo, Diputación Provincial, 1991.
Beramendi González, X.; De Provincia a Nación, Xerais, Vigo, 2007
Beramendi, X.- Nuñez Seixas, X.M.; O nacionalismo galego, A Nosa Terra, Vigo, 1995.
Cabana, A.; Xente de orde. O consentimento cara ao franquismo en Galicia, tresCtres, 2010.
Cabo Villaverde, M.; O agrarismo, A Nosa Terra, Vigo, 1998.
Carmona, X.; El atraso industrial de Galicia. Auge y liquidación de las manufacturas textiles, 1750-1900, Ariel, Barcelona, 1990.
Durán, J.A.; Historia de caciques, bandos e ideologías en la Galicia no urbana, Madrid, 1972.
Fernández Prieto, L.; Labregos con ciencia. Estado, sociedade e innovación tecnolóxica na agricultura galega, 1850-1939, Ediciós Xerais, Vigo, 1992.
Gónzalez Encinar, J.J.; Galicia: sistema de partidos y comportamiento electoral (1976-1981), Akal, Madrid, 1982.
González Mariñas, P.; Las diputaciones provinciales en Galicia: del Antiguo Régimen al Constitucionalismo, A Coruña, 1978.
Iglesias Amorín, A.; Imagen y repercusiones de la Guerra de Cuba en Galicia, Premio Cátedra Juana de Vega - USC, Santiago de Compostela, 2008.
Juana, J. de- Prada, J. (coords.), Historia Contemporánea de Galicia, Ariel, 2005.
López Taboada, X.A.; Economía e poboación en Galicia, A Coruña, 1979.
Maiz Suárez, R.; O Rexionalismo galego. Organización e ideoloxía, 1886-1907, Ediciós do Castro, Sada, 1984.
Rodríguez Galdo, Mª.X.-Dopico, F.; Crisis agrarias y crecimiento económico en Galicia en el siglo XIX, Ediciós do Castro, Sada, 1981.
Saavedra Fernández, P.; La vida cotidiana en la Galicia del Antiguo Régimen, Crítica, Barcelona, 1994.
Villares Paz, R.; Historia de Galicia, Alianza, 2004.
Villares Paz, R.; La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936, Siglo XXI, Madrid, 1982.
Villares, R.; Foros, frades e fidalgos. Estudios de historia social de Galicia, Edicións Xerais, Vigo, 1982.
Específicas
CE-1 Contextualizar en termos históricos a realidade política, social, económica e cultural contemporánea e os acontecementos e problemáticas actuais.
CE-2 Analizar criticamente realidades sociais complexas pasadas e presentes do mundo actual.
CE-3 Coñecemento e asimilación da identidade galega na súa etapa contemporánea.
CE-4 Comparar en termos históricos distintas realidades históricas e espaciais partindo da complexidade e da diversidade que conforman os procesos evolutivos.
CE-5 Dominar a base conceptual específica dos procesos históricos referidos ós séculos XIX e XX.
CE-6 Insistir na percepción do pasado do noso país non como algo alleo a nós, senón de grande actualidade e de enorme influencia no presente.
Transversais
O/A alumno/a será capaz de:
CT-1 Localizar e seleccionar dun xeito crítico a información que se precise a nivel de bibliografía e de fontes históricas, así como facer un uso axeitado dos recursos dixitais, cribando, xeraquizando e organizando de forma axeitanda e crítica a información e materiais disponibles
CT-2 Aprendizaxe autónoma.
CT-3 Elaborar por escrito e expoñer oralmente contidos históricos co rigor conceptual e as formalidades de presentación propias da ciencia histórica.
CT-4 Razoar de forma crítica a partir dunha lectura reflexiva tanto dos acontecementos en si mesmos como da información disponible –fontes, monografías, exposicións, etc.-.
CT-5 Organizarse e traballar en equipo
-Nas clases expositivas e interactivas os estudantes afondarán nos temas sinalados. Os métodos poden ser variados: comentarios críticos, asistencia a conferencias, proxección documentais e películas, comentario de gráficos e imaxes, exposición e debates respecto dos traballos individuais e de grupo.
-A docencia expositiva será fundamentalmente de carácter presencial.
A avaliación será continua, combinada con probas finais; constará de tres partes:
- Traballos persoais e/ou en grupo de entrega obrigatoria (40% da cualificación final). Algunhas ou todas as prácticas de entrega poden ser avaliadas sen aviso previo.
- Proba escrita (60% da cualificación final)
- Asistencia e participación (mínimo 80% asistencia para poder examinarse). Existiría a posibilidade de facer unha saída de campo.
-Será preciso ter aprobadas ambas partes (interactivas e expositivas) para que estas poidan sumar.
PARA O CASO DE ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA CONCEDIDA: Na avaliación non se computará a "participación na aula", pero os/as alumnos/as terán a obriga de desenvolver os exercicios prácticos obrigatorios e de facer o exame oficial da materia, en momento y hora establecidos.
CRITERIOS conforme ós que se cualificarán os comentarios/traballos dos alumnos:
1.- Nivel de dominio dos contidos.
2.- Nivel de dominio da terminoloxía histórica xeral e específica da materia ou período abordado.
3.- Capacidade de síntese e de xerarquización dos aspectos relevantes na elaboración dun tema.
4.- Capacidade de análise crítica e razoamento interpretativo.
5.- Capacidade de relación e/ou comparación, segundo proceda, á hora de elaborar un tema.
6.- A presentación e organización en xeral dos exercicios.
7.- O nivel de dominio das técnicas de presentación formal dos traballos.
8. Penalizarase o emprego acrítico e sen citar de material obtido da rede.
Mecanismos de seguemento:
-Comentarios de documentos históricos
-Titorías
-Participación na aula
Na SEGUNDA OPORTUNIDADE, o alumno/a debe concorrer en todo caso na data, hora e lugar fixados para o exame, aínda que a casuística pode ser variada, en función do que se precise recuperar:
1. Realización da parte teórica da proba escrita para recuperar o 60% da cualificación final e mantendo no 40% restante vinculado ás aulas interactivas a cualificación obtida na primeira oportunidade.
2. Viceversa, realización da parte práctica da proba escrita, intentando recuperar o 40% da cualificación e mantendo para o 60% restante a cualificación obtida na primeira oportunidade.
3. Realización do total da proba escrita, a parte práctica e a teórica, intentando recuperar a totalidade da cualificación da materia (100%).
De acordo coa Memoria do Grao de Historia, a distribución das horas dedicadas polo estudante á materia serían:
Traballo presencial:
Actividades en grupo completo, isto é, de exposición teórica: 30 horas
Actividades en grupo reducido, isto é, de aulas interactivas: 15 horas
Titorias en grupo moi reducido (personalizada): 2 horas
Avaliación: 3 horas
Subtotal: 50 horas
Traballo persoal:
Estudo: 40 horas
Redacción de traballos: 30 horas
Preparación de actividades en grupo reducido: 30 horas
Subtotal: 100 horas
TOTAL: 150 horas.
CRITERIOS conforme ós cuales se calificarán os traballos dos alumnos
1.- Nivel de dominio dos contidos.
2.- Nivel de dominio da terminoloxía histórica xeral e específica da materia ou período abordado.
3.- Capacidade de síntese e de xerarquización dos aspectos relevantes na elaboración dun tema.
4.- Capacidade de análise crítica e razonamento interpretativo.
5.- Capacidade de relación e/ou comparación, segundo proceda, á hora de elaborar un tema.
6.- A presentación e organización en xeral dos exercicios.
7.- O nivel de dominio das técnicas de presentación formal dos traballos.
8. Penalizarase o emprego acrítico e sen citar de material obtido da rede.
Mecanismos de seguemento:
-Comentarios de documentos históricos
-Titorías
-Asistencia e participación nas aulas
- A recomendación básica é a lectura da bibliografía xeral ou especializada que proporcionan os profesores co programa, pero tamén aquela máis específica que se subministra para obter unha visión máis completa que a que é posible ofrecer nas clases expositivas.
É convinte, así mesmo:
- A realización persoal de comentarios de texto, cadros, gráficas, táboas estatísticas, etc., para obter un dominio nesas materias e unha mellor comprensión do contido da materia.
- Lectura de prensa de calidade e de revistas históricas.
- A asistencia regular á clase considerase imprescindible para acadar un bo resultado para unha avaliación positiva.
- Aclarar con preguntas na aula, ou nas titorías, as dúbidas que poidan xurdir durante o período de aprendizaxe ou no transcurso da resolución dos casos prácticos anteriormente mencionados.
-Lingua: Galego. No caso de que número significativo de alumnos/as matriculados/as non fosen galego falantes, a materia impartiríase en castelán.
-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na ‘Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de caulificacións’.
Emilio Francisco Grandio Seoane
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812681
- Correo electrónico
- emiliofrancisco.grandio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Margarita Barral Martinez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812575
- Correo electrónico
- margarita.barral [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 10 |
Xoves | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 10 |
13.01.2025 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
13.01.2025 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
23.06.2025 18:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |