Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Medieval
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
OBXECTIVOS XERAIS:
1.Proporcionar un coñecemento racional e crítico do pasado da humanidad a fin de comprender o presente.
2. Proporcionar un coñecemento preciso dos acontecementos e dos procesos de cambio e continuidade nunha perspectiva diacrónica.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DA MATERIA:
1. Proporcionar ao/a alumno/a a capacidade para examinar as dimensións económicas, sociais e institucionais dunha determinada sociedade ao longo do tempo histórico, constatar a amplitude dos cambios operados e avaliar axeitadamente o concepto historiográfico de “sociedade feudal” mediante o manexo de fontes primarias e secundarias.
2. Desenvolvemento de cuestións transversáis coma cerne dos cambios nas sociedades do pasado.
TEMARIO E CONTIDOS. A materia atenderá ao espazo europeo, pero non só a el. Percorreremos así formas de sociedade e poder en Europa medieval, pero tamén Asia, ou Oriente Próximo e Lonxano. E atenderemos igualmente ao individuo, á xente, e a súa percepción do poder. Deste xeito, o contido ven organizado nos seguintes temas e liñas temáticas:
1. O poder na sociedade medieval. Construción dunha cuestión transversal.
2. Os protagonistas do poder nas sociedades medievais: entre o colectivo e as individualidades.
3. As sociedades medievais e o exercicio do poder (séculos VIII-XII): articulación e dimensión simbólica.
4. O poder e a construción da monarquía no Occidente medieval (séculos V-XIII).
5. Poder sobre o territorio. As dimensións político-administrativas do pleno poder medieval: entre feudo, coto e señorío.
6. Grandes potencias e poderes universais na Idade Media: a Igrexa, o Imperio, o califato e o Shogun (e outros).
7. As dimensións sociais do poder medieval (séculos IX-XV): grupos, individuos e as súas relacións.
8. Na construción do Estado. Cambios na articulación institucional do poder medieval dende o século XIII.
9. A percepción do poder na baixa Idade Media. Mulleres e homes nas formas cambiantes dunha sociedade en evolución.
ÁLVAREZ BORGE, I.: Monarquía feudal y organización territorial: alfoces y merindades en Castilla (siglos X-XV), Madrid, 1993.
ÁLVAREZ BORGE, I.: Poder y relaciones sociales en Castilla en la Edad Media. Los territorios entre el Arlanzón y el Duero en los siglos X al XV, Salamanca, 1996.
ÁLVAREZ BORGE, I.: La plena Edad Media: Siglos XII-XIII. Madrid. Síntesis, 2003.
ÁLVAREZ PALENZUELA, V. A.: Historia de España de la Edad Media, Barcelona, 2011.
AYALA MARTÍNEZ, C., RÍOS SALOMA, M.: Fernando III, tiempo de cruzada. Madrid. Sílex, 2012.
BENITO MARTÍN, F.: La formación de la ciudad medieval: La red urbana en Castilla y León, Valladolid, 2000.
BERMÚDEZ BELOSO, M., O espazo do occidente peninsular e a súa organización territorial ca. 700-ca. 1250, Universidad de Santiago de Compostela, 2017.
BLOC, M.: La sociedad feudal, Madrid, Akal, 1987.
BONNASSIE, P., P. GUICHARD y M. C. GERBET: Las Españas Medievales, Barcelona, 2001.
CARVAJAL CASTRO, A., Bajo la máscara del regnum. La monarquía asturleonesa en León (854-1037). Madrid, Consejo Superior de Investigaciones Científicas, 2017.
COLLINS, R.: España en la Alta Edad Media (400-1000), Barcelona, 1986.
COLLINS, R.: Califas y Reyes, Barcelona, 2013.
DESWARTE, Th., De la destruction à la restauration. L'idéologie politique du royaume d'Oviedo-Léon (VIII-XI siècles), Turnhout, 2003.
DOMÍNGUEZ ORTIZ, A. (dir.), Historia de España. 3: Al-Andalus, musulmanes y cristianos (siglos VIII-XIII), Barcelona, 1988.
FERNÁNDEZ CONDE, F. J., Estudios sobre la monarquía asturiana, Gijón, 2015.
GARCÍA DE CORTÁZAR Y RUIZ DE AGUIRRE, J. A.: Sociedad y organización del espacio en la España medieval, Granada, 2004.
GERBET, M. C.: Las noblezas españolas en la Edad Media. Siglos XI-XV, Madrid, 1997.
ISLA FREZ, A., La Alta Edad Media, Madrid, 2002.
JULAR PÉREZ-ALFARO, C., Los adelantados y merinos mayores de León: siglos XIII-XV. León, Universidad de León, 1990.
JULAR PÉREZ-ALFARO, C., "Alfoz y tierra" a través de documentación castellana y leonesa de 1157 a 1230: Contribución al estudio del "dominio señorial", Studia Historica. Historia medieval, 9 (1991), pp. 9-42.
La Historia Medieval en España: un balance historiográfico (1968-1998), XXV Semana de Estudios Medievales de Estella, Pamplona, 1999.
LADERO QUESADA, M. A., La formación medieval de España, Madrid, 2004.
MARQUES, A. H. DE OLIVEIRA: História de Portugal 1. Das Origens ao Renascimento, Lisboa, 1999.
MATTOSO, J.: Identificaçâo de um país. Ensaio sobre as origens de Portugal 1096-1325, Lisboa, 1985.
MATTOSO, J.: História de Portugal. I. Antes de Portugal, Lisboa, 1997.
MATTOSO, J.: História de Portugal. II. A Monarquia Feudal (1096-1480), Estampa, Lisboa.
MÍNGUEZ, J. M., Las sociedades feudales. 1. Antecedentes, formación y expansión. Historia de España II. Madrid, 1994.
PALLARES MÉNDEZ, M. C. y E. PORTELA SILVA: La reina Urraca, San Sebastián, 2006.
PÉREZ RODRÍGUEZ, F. J., Los monasterios del Reino de Galicia entre 1075 y 1540: de la reforma gregoriana a la observante. Santiago de Compostela, Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, 2019, 2 vols.
PORTELA SILVA, E.: García II de Galicia, el rey y el reino (1065-1090), Burgos, 2001.
REILLY, B. F., The kingdom of León-Castilla under queen Urraca. 1109-1126, Princeton, 1982.
REILLY, B. F., El reino de León y Castilla bajo el rey Alfonso VI. 1065-1109, Toledo, 1989.
REILLY, B. F., The Kingdom of León-Castilla Under King Alfonso VII, 1126-1157 [Recurso electrónico], Philadelphia, [2016].
SÁNCHEZ CANDEIRA, A., Castilla y León en el siglo XI. Estudio del reinado de Fernando I, Madrid, 1999.
SIRANTOINE, H., Imperator Hispaniae: les idéologies impériales dans le Royaume de León (IXe-XIIe siécles, Madrid, 2012.
Bibliografía complementaria
Os volúmenes da serie Fuentes y Estudios de Historia Leonesa.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
Xa no último cuadrimestre da carreira, trátase de consolidar e perfeccionar as seguintes:
CG1 – Coñecer e analizar a estrutura diacrónica da historia
CG2 – Usar, ordenar e interpretar as fontes históricas.
CB4 – Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
TRANSVERSAIS
Tamén, neste caso, trátase de consolidar e perfeccionar as seguintes:
CT1 – Aplicar pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo demostrando dotes de innovación
CT2 – Traballar de forma autónoma con responsabilidade e iniciativa
CT3 – Traballar en equipo de forma colaborativa e responsabilidade corporativa
CT4 – Comunicar información e ideas de maneira clara e efectiva en público
ESPECÍFICAS
A materia préstase a fortalecer as seguintes competencias:
CE3 – Coñecer e interpretar a historia como disciplina en construción
CE4 – Coñecer e analizar os temas e problemáticas obxecto de debate historiográfico
CE5 – Conciencia crítica da relación entre as dimensións social, económica e institucional do pasado
CE7 – Comprender, interpretar e elaborar textos historiográficos ou documentos orixinais na propia lingua
Co obxecto de facilitar e racionalizar a impartición da materia, a docencia distribuirase en:
-CLASES EXPOSITIVAS: nas que se desenvolverán os contidos teóricos básicos da materia e as fontes mais sinificativas.
-CLASES INTERACTIVAS: dedicaranse a sesións de traballo en cada grupo reducido. As sesións estarán adicadas á discusión de lecturas realizadas polos alumnos, así como á preparación e seguimiento da marcha do traballo final. O contido das clases interactivas terá como obxectivo o afondamento no coñecemento de aspectos de especial relevancia para a comprensión da evolución de diferentes aspectos da Sociedade e o Poder na Idade Media.
-Abrirase un curso no Campus Virtual no que se contará con diversos materiais de apoio de apoyo e utilizaranse recursos como CODOLGA e GALLAECIAE MONUMENTA HISTORICA.
A avaliación se fará tendo en conta a asistencia e participación nas aulas (o 40% da nota final) e o resultado dunha proba escrita consistente na elaboración dun ensaio orixinal na propia lingua, na cal se poderá elixir entre varias opcións de formulación evidente e se poderán levar materiáis de apoio (apuntamentos, etc.). Esta ponderará o 60% da nota final. Para superar a materia será preciso alo menos un 1 na avaliación da parte interactiva.
Para a cualificación da convocatoria de segunda oportunidad manterase a nota obtida por asistencia e participación nas aulas (40%).
Para aquelas persoas con dispensa únicamente computará a proba escrita (100%) e tendrán a obriga de acudir a unha tutoría personalizada o menos unha vez cada mes, previa cita co profesor da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Cada hora de docencia expositiva deberá ir acompañada por un traballo complementario do alumno/a de unhas duas horas.
Paralelamente, para cada unha das horas de docencia interactiva, o alumno/a deberá empregar como mínimo unhas catro horas de traballo persoal.
Tendo en conta a carga docente da asignatura e as previsións indicadas, considerase que o tempo de traballo persoal do alumno/a debería rondar as 150 horas.
Estudar diariamente coa axuda de material bibliográfico. Leer atentamente a parte teórica ata asimilala.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións". En caso de fraude académica tal como se define no artigo 42 da Lei de Convivencia da USC de marzo de 2023 aplicaranse as sancións previstas no artigo 11 de producirse plaxio en traballos académicos ou exames ou ben emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial
Xose Manoel Sanchez Sanchez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Correo electrónico
- xosemanuel.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mariña Bermudez Beloso
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Teléfono
- 881812620
- Correo electrónico
- marinha.bermudez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 13 |
Venres | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 13 |
19.05.2025 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
30.06.2025 18:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |