Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 2do curso (Si)
- Adquirir, a partir dunha perspectiva historiográfica, un coñecemento xeral da literatura galega desde comezos do século XX ata a actualidade.
- Coñecer os diferentes movementos literarios, figuras, liñas creativas, autores/as e obras do período estudado.
- Realizar unha achega ao contexto social, cultural e lingüístico en que se desenvolve a literatura galega dos séculos XX-XXI.
- Identificar as particularidades que caracterizan a literatura galega na etapa a tratar.
- Afondar na lectura analítica e reflexiva de textos fundamentais do período estudado.
- Entender a literatura galega como unha produción viva e dinámica para comprender os principais mecanismos do seu funcionamento no momento actual.
1. A literatura do primeiro terzo do século XX.
1.1. O contexto socio-político. As Irmandades da Fala.
1.2. O Grupo Nós: concepto, autores e textos.
1.3. As Vangardas.
2. A literatura galega durante o franquismo.
2.1. A guerra civil e o exilio da literatura.
2.2. A recuperación literario-cultural dos anos 50.
2.3. A narrativa e a poesía de posguerra: movementos, autores/as e obras.
3. De 1975 ao século XXI.
3.1. Contexto(s), tendencias e grupos xeracionais.
3.2. A narrativa.
3.3. A poesía.
3.4. O teatro.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Carballo Calero, Ricardo (1981): Historia da literatura galega contemporánea, Vigo: Galaxia.
Pena, Xosé Ramón (2016-2019): Historia da literatura Galega, vols. III (De 1916 a 1936. A xeira das Irmandades) e IV (De 1936 a 1975: A longa noite). Vigo: Xerais.
Tarrío Varela, Anxo (1994): Literatura galega (aportacións a unha historia crítica). Vigo: Xerais.
Vilavedra, Dolores (1995-2004): Dicionario de literatura galega, vols. 1 (Autores), 3 (Obras) e 4 (Termos e institucións). Vigo: Galaxia.
VV. AA. (1996-): Enciclopedia Historia da Literatura Galega, AS-PG, https://literaturagalega.as-pg.gal/.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Bernárdez, Carlos L., Insua, Emilio X., Millán Otero, Xosé M., Rei Romeu, Manuel, & Tato Fontaíña, Laura (2001): Literatura galega. Século XX. Vigo: A Nosa Terra.
Biblioteca Virtual Galega, Universidade da Coruña, www.bvg.udc.es.
González-Millán, Xoán (1994): Literatura e sociedade en Galicia (1975-1990). Vigo: Xerais.
Maceira Fernández, Xosé Manuel (1995): A literatura galega no exilio. Consciencia e continuidade cultural. Vigo: Edicións do Cumio.
Poesíagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura. GAAP/Consello da Cultura Galega, http://www.poesiagalega.org/
Rodríguez, Francisco (1990): Literatura galega contemporánea: problemas de método e interpretación. Vigo: Edicións do Cumio
Rodríguez Fer, Claudio (1994): A literatura Galega durante a Guerra Civil. Vigo: Xerais.
Tato Fontaíña, Laura (1999): Historia do teatro galego (das orixes a 1936). Vigo: A Nosa Terra.
Vilavedra, Dolores (1999): Historia da literatura galega. Vigo: Galaxia.
Villanueva Prieto, Darío (coord.) (2000): Galicia. Literatura. A Coruña: Hércules de Ediciones.
Villares, Ramón (2016): Historia de Galicia. Vigo: Xerais.
Consonte o recollido na Memoria de Verificación do Grao en Lingua e Literatura Galega, esta materia contribuirá á consecución dunha serie de competencias básicas, xerais e específicas. A relación completa pode ser consultada no mencionado documento, polo que nos limitamos neste punto a indicar a contribución concreta da materia ao desenvolvemento dalgunha das competencias específicas da titulación:
CE4 - Identificar e comprender aqueles elementos (obxecto de estudo, metodoloxía, linguaxe e terminoloxía crítica especializada, etc.) que definen e articulan os estudos literarios galegos como disciplina científica no ámbito das Humanidades.
CE5 - Recoñecer o carácter interdisciplinario dos estudos literarios.
CE6 - Aplicar a metodoloxía científica que permita abarcar os distintos tipos de estudos literarios.
CE7 - Dominar os diversos enfoques e métodos que permiten a comprensión crítica da obra literaria.
CE8 - Coñecer os/as escritores/as e obras máis importantes e representativos de xéneros, correntes ou tendencias de cada un dos períodos da historia da literatura galega desde inicios do século XX ata a actualidade.
CE9 – Posuír un coñecemento avanzado da lingua galega mediante a análise de textos literarios.
CE10 - Comprender a complexidade das obras literarias, aprender a apreciar os seus valores estéticos e extraer o caudal informativo que encerra o texto literario.
CE12 - Interpretar con rigor as obras máis importantes e representativas de xéneros, correntes ou tendencias de cada un dos períodos da historia da literatura galega desde comezos do século XX ata hoxe.
CE13 – Coñecer a teoría e o pensamento estético no seu discorrer histórico en tanto condicionante de xéneros, estilos, morfoloxía e técnicas do discurso literario.
CE16 - Coñecer as características das diversas manifestacións da creación literaria, incardinándoas no contexto sociocultural en que se xestan y conectándoas con outras formas de expresión artística.
CE17 - Manexar con habilidade as novas tecnoloxías que faciliten o estudo da literatura galega.
CE18 - Empregar ferramentas de procura de recursos bibliográficos para o estudo da literatura galega e manexar as fontes documentais e bibliográficas propias da literatura.
CE19 - Desenvolver a competencia comunicativa.
CE20 - Ser capaz de realizar posteriores estudos especializados, tanto nunha disciplina filolóxica como en calquera das ciencias e técnicas que requiran bos fundamentos filolóxicos.
-Sesións expositivas: onde o profesorado presentará contidos teóricos co apoio de materiais complementarios (textuais, audiovisuais, recursos dixitais etc.) que estarán dispoñibles no Campus Virtual.
-Seminarios: sesións interactivas dedicadas á realización de actividades prácticas, de carácter individual ou grupal, ben como ao comentario e análise de textos tanto literarios como críticos.
-Sesións de titorías programadas: dedicaranse a facer un seguimento do proceso de ensino-aprendizaxe, con especial atención ás actividades e traballos que o alumnado deberá realizar.
-Traballo autónomo: o alumnado deberá realizar, como parte do seu traballo autónomo, unha serie de lecturas obrigatorias que o profesorado indicará no comezo de cada tema e sobre as que se traballará posteriormente nas sesión presenciais.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
A avaliación das competencias esixidas terá en conta:
1) Asistencia e participación activa do alumnado, tanto na aula como nos foros do Campus Virtual e noutras actividades que se propoñan ao longo do curso: 30% da cualificación global. Para a avaliación esíxese un mínimo dun 80% de asistencia.
2) Exame escrito dos contidos da materia, a realizar na data oficial establecida polo centro: 70% da cualificación global. Para superar a materia a cualificación do exame non deberá ser inferior a 4.
O alumnado que non poida asistir regularmente ás aulas debe obter unha dispensa oficial, conforme o procedemento establecido na normativa da Facultade, e deberá realizar unha serie de traballos e lecturas personalizadas, que suporá o 30% da cualificación global correspondente ao antedito punto 1. O 70% restante será avaliado mediante o exame, nas mesmas condicións que se recollen no punto 2.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Na segunda oportunidade, o alumnado terá dúas posibilidades:
a) Solicitar que se lle manteña a cualificación obtida no punto 1, na porcentaxe indicada (sempre que tivese unha asistencia regular, non inferior ao 80%), e realizar o exame na data oficial establecida, o cal suporá o 70% da cualificación global.
b) Exame final que suporá o 100% da cualificación.
OBSERVACIÓNS Á AVALIACIÓN:
-Para superar a materia, en todos os casos, a cualificación na parte correspondente ao exame (punto 2) non deberá ser inferior a 4.
-De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), "a cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a".
-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
HORAS PRESENCIAIS
Sesións expositivas: 32
Sesións de seminario: 16
Titorías programadas: 3
Sesións de avaliación: 3
HORAS NON PRESENCIAIS
Lecturas: 50
Preparación de actividades e exames: 40
Outras actividades: 6
TOTAL HORAS: 150
- O alumnado terá material que debe consultar ao seu dispor no Campus Virtual, organizado por bloques de contido. A exploración e manexo destes recursos é fundamental.
- É recomendable estudar a materia conforme se vaia desenvolvendo o temario, asistir ás aulas e realizar as lecturas obrigatorias con carácter previo ás sesións presenciais para poder participar nos debates formulados e realizar as actividades propostas.
- As indicacións sobre as lecturas, así como as instrucións sobre os traballos e actividades de aula serán dadas oportunamente no inicio do curso. As datas de entrega deben ser respectadas.
-A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, as alumnas e alumnos poderán solicitar a exención oficial de docencia e beneficiaranse do a exención oficial de docencia e beneficiaranse do sistema de avaliación anteriormente especificado para tales circunstancias. O alumnado con dispensa debe contactar co profesorado nas primeiras semanas de clase, tan pronto como sexa posible, para que este lle poida indicar as directrices específicas para o cumprimento do programa e a superación da materia.
-É obrigatorio o uso da conta de correo institucional rai para todas as comunicacións relacionadas coa materia. Igualmente, será obrigatorio o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais (Campus Virtual, Teams etc.)
Diego Rivadulla Costa
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- diego.rivadulla.costa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C07 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Galego | C07 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Galego | C07 |
21.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C08 |
21.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C08 |
21.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C08 |
21.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C09 |
21.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C09 |
21.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C09 |
25.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C08 |
25.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C08 |
25.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C08 |