Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Coñecer os distintos niveis de análise gramatical, as diferentes perspectivas de estudo e as correspondentes disciplinas lingüísticas.
• Comprender a complexidade do feito lingüístico e a interrelación entre as distintas compoñentes gramaticais.
• Iniciarse na reflexión lingüística sobre o galego (nas diferentes compoñentes gramaticais) a través da análise de cuestións concretas e, esencialmente, daquelas nas que o alumnado ten traballado desde un punto de vista descritivo.
• Coñecer conceptos e métodos fundamentais de análise gramatical do galego (sintáctica, morfolóxica e fonética).
• Iniciarse na lectura de traballos de investigación lingüística.
• Iniciarse na elaboración de traballos de análise gramatical sobre o galego.
• Consolidar un dominio avanzado na produción de textos galegos orais e escritos.
1. A gramática
1.1. Delimitación das súas disciplinas.
1.2. Orientacións descritiva vs. prescritiva.
2. Morfoloxía
2.1. Unidades e procesos morfolóxicos
2.2. Flexión de palabras vs. creación de palabras.
3. Sintaxe
3.1. Unidades sintácticas e unidades comunicativas
3.2. Constituíntes sintácticos. Análise sintáctica
3.3. As construcións gramaticais
4. Fonética
4.1. Divisións da fonética
4.2. A fonética articulatoria
4.3. O Alfabeto Fonético Internacional e a transcrición fonética.
COMPLEMENTARIA
DICIONARIOS DE LINGÜÍSTICA
Alcaraz Varó, Enrique (2004): Diccionario de lingüística moderna. Barcelona: Ariel.
Crystal, David (1987): The Cambridge encyclopedia of language. Cambridge : University
Simpson, J. M. Y. (1994): The Encyclopedia of language and linguistics. Oxford: Pergamon Press.
Trask, R. L. (2007): Language and linguistics: the key concepts. London/New York: Routledge.
MORFOLOXÍA
Camús, Mario (2022): La formación de palabras. Madrid: Arco.
Dubert García, Francisco (2025): “Inflectional morphology”, en Xulio Sousa e Ernesto González Seoane (eds.), Manual of Galician Linguistics, Berlin/Boston: Walter De Gruyter, 53-76.
González Pereira, Miguel / Francisco Albertuz Carneiro (2000): “Morfoloxía”, en Fernando Ramallo et alii (eds.): Manual de ciencias da linguaxe. Vigo: Xerais, 585-627.
González Seoane, Ernesto (2025): “Word formation”, en Xulio Sousa e Ernesto González Seoane (eds.), Manual of Galician Linguistics, Berlin/Boston: Walter De Gruyter, 77-106.
Matthews, Peter H. (1974): Morfología, Madrid: Paraninfo, 1980.
SINTAXE
Cidrás Escáneo, Francisco (2025): “Syntax”, en Xulio Sousa e Ernesto González Seoane (eds.), Manual of Galician Linguistics, Berlin/Boston: Walter De Gruyter, 107-156.
García-Miguel, José María (1995): Las relaciones gramaticales entre predicado y participantes. Santiago de Compostela: USC.
FONÉTICA
Fernández Planas, Ana María (2005): Así se habla. Nociones fundamentales de fonética general y española. Apuntes de catalán, gallego y euskara. Barcelona: Horsori.
Regueira, Xosé Luís (coord.) (1998): Os sons da lingua. Vigo: Xerais.
Regueira Fernández, Xosé Luís / Elisa Fernández Rei (2025): “Phonetics and Phonology”, en Xulio Sousa e Ernesto González Seoane (eds.), Manual of Galician Linguistics, Berlin/Boston: Walter De Gruyter, 19-52.
• Capacidade para distinguir entre descrición e explicación e mais entre descrición e prescrición.
• A un nivel básico, capacidade para realizar análise gramatical do galego (sintáctica, morfolóxica e fonética).
• Capacidade para buscar e atopar solucións a distintas cuestións lingüísticas a través de diferentes recursos (dicionarios, gramáticas,
bases de datos...).
• Capacidade para comprender e extraer os obxectivos e as conclusións principais de traballos de investigación con pouco nivel de
dificultade comprensiva.
• Capacidade para elaborar pequenos traballos de análise gramatical, correctamente estruturados. Neste sentido:
• Capacidade para ordenar e plasmar adecuadamente as ideas, tanto no nivel oral como no escrito.
• Capacidade para distinguir entre obxectivos, metodoloxía, análise e conclusións.
• Capacidade para elaborar traballos adecuados desde un punto de vista formal (ortografía técnica, bibliografía...).
• Capacidade para elaborar un discurso coherente e ben cohesionado.
• Capacidade para elaborar un discurso que responda ás características do código normativo galego e aos trazos fónicos e prosódicos
do galego.
• Sesións expositivas. Nelas introduciranse os conceptos teóricos e metodolóxicos de análise lingüística. As explicacións do profesorado apoiaranse con frecuencia na lectura e comentario de textos e na exposición e comentario de exemplos. Tamén se lle poderá requirir ó alumnado a lectura dunha serie de textos que reforcen e/ou complementen os contidos expostos.
• Sesións interactivas. Traballarase en ferramentas e metodoloxía que lle axuden ao alumnado a desenvolver a análise lingüística e as actividades do curso.
• Titorías en grupo. Dedicaranse a facer seguimento do traballo de curso.
• Campus virtual. Ofrecerá toda a información relevante do curso, así como o material de lectura e traballo. Así mesmo, tamén se utilizará para a presentación de exercicios, cuestionarios, traballos etc.
1. SISTEMA PRESENCIAL
Atención: a realización dunha soa proba de avaliación (sexa cal for) implicará necesariamente a opción polo sistema presencial, con avaliación continua.
1.1. OPORTUNIDADE ORDINARIA
- Actividades do curso (20% da cualificación global): corresponderá a un ou máis controis das lecturas designadas polos docentes; son controis individuais e de elaboración presencial.
- Exames parciais (80% da cualificación global): realizaranse nas datas establecidas no cronograma da materia.
1.2. OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA
- Rexerase polo mesmo sistema de avaliación cá oportunidade ordinaria. Conservaranse as notas aprobadas na oportunidade ordinaria e no exame final só se recuperarán as probas e actividades suspensas.
2. SISTEMA NON-PRESENCIAL
Para os estudantes que non sigan o sistema presencial, a avaliación consistirá nun exame que suporá o 100% da cualificación e que se realizará na data oficial fixada polo centro, tanto na primeira oportunidade como na segunda. Incluirá preguntas que corresponden ás lecturas obrigatorias (tanto na oportunidade ordinaria coma a extraordinaria).
OBSERVACIÓNS
1. Para superar a materia na oportunidade ordinaria do sistema presencial cómpre obter unha cualificación igual ou superior a 4,5 (sobre 10) na media dos parciais e unha cualificación global igual ou superior a 5 (sobre 10). Cualificarase cun 4,9 a aqueles alumnos e alumnas que alcancen a nota de 5 de media pero que teñan unha nota inferior a 4,5 na media dos parciais. No sistema non-presencial, cómpre obter unha cualificación igual ou superior a 5 (sobre 10) no exame.
2. É requisito imprescindible o dominio do galego, tanto no nivel oral como no escrito, e, moi particularmente, o dominio do código normativo e da coherencia e cohesión textuais. Daquela, na cualificación tanto do exame como das actividades repercutirán negativamente as faltas cometidas (no nivel léxico, ortográfico, sintáctico, textual etc.).
3. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC (art. 16): "a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes" (DOG Núm. 140, 21 de xullo de 2011).
Horas presenciais Horas non-presenciais TOTAL
Sesións
Expositivas 24 48 (9 TD) 72
Sesións de
Seminario 24 36 (12 TD) 70
Sesións de
Titoría 3 3 6
Sesións de
Avaliación 3 9 12
TOTAL 54 96 (21 TD) 150
Para poder superar a materia, débese amosar dominio do galego oral. No caso de que se perciban insuficiencias a este respecto nalgún alumno ou alumna, advertiráselle individualmente e daráselle unha serie de indicacións para solucionar a deficiencia. Ao final de curso as profesoras verificarán que adquiriu o nivel requirido. Caso de non ser así, non poderá superar a materia.
É moi importante que o/a estudante consulte regularmente o seu correo institucional así como a aula virtual da materia, pois a través deses medios difúndese información e documentación fundamental para o seu seguimento.
Ana Isabel Boullon Agrelo
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811812
- Correo electrónico
- ana.boullon [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Francisco Xosé Dubert García
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811895
- Correo electrónico
- francisco.dubert [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Francisco Antonio Cidrás Escáneo
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811905
- Correo electrónico
- francisco.cidras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Vitor Miguez Rego
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- vitor.miguez [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Brais Costas Fragueiro
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- brais.costas.fragueiro [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | Galego | C10 |
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | Galego | C10 |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_06 (S-Z) | Galego | D09 |
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_05 (P-R) | Galego | D10 |
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_04 (M-O) | Galego | D11 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_02 (D-F) | Galego | D09 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_01 (A-C) | Galego | D10 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_03 (G-L) | Galego | D11 |
19.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 (A-C) | C11 |
19.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_02 (D-F) | C11 |
19.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_04 (M-O) | C11 |
19.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_05 (P-R) | C11 |
19.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_06 (S-Z) | C11 |
19.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C11 |
19.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C11 |
19.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_03 (G-L) | C11 |
19.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 (A-C) | C12 |
19.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_02 (D-F) | C12 |
19.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_04 (M-O) | C12 |
19.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_05 (P-R) | C12 |
19.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_06 (S-Z) | C12 |
19.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C12 |
19.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C12 |
19.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_03 (G-L) | C12 |
12.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-C) | C12 |
12.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (D-F) | C12 |
12.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_04 (M-O) | C12 |
12.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_05 (P-R) | C12 |
12.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_06 (S-Z) | C12 |
12.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C12 |
12.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C12 |
12.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (G-L) | C12 |