Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Latina
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer a produción literarias en lingua latina desde as súas primeiras manifestacións ata a morte de Augusto (14 d.C.).
Posuir unha panorámica temporal e xenérica desa produción.
Coñecer de primeira man, aínda que en tradución, obras compostas ao longo do período acotado.
Coñecer os métodos de traballo en literatura latina e os materiais con que podemos contar, nomeadamente bases de datos, repertorios textuais e de manuscritos dixitais, bibliografía xeral e especializada.
Desenvolver un sentido crítico y comparado que nos permita aprezar as sustanciais diferencias que existen entre estes produtos culturais e os proprios da nosa época e ámbito espacial.
Temario:
1. A transmisión dos textos. Prehistoria da literatura latina.
2. Xéneros literarios e autores desde Livio Andrónico ata o século I a.C.
3. A literatura da Baixa República.
4. A literatura da época de Augusto.
A "Eneida" de Virgilio constitue unha lectura obrigatoria sobre a que se fará unha proba específica. Poderanse propoñer outras obras. En todo caso, ao longo do curso o profesor informará que obras ou fragmentos de obras deberán lerse para as clases prácticas.
Bibliografía básica:
-Manuais de historia da literatura:
- von Albrecht, M., Historia de la literatura romana, vol.I, 1997
- Bardon, H., La littérature latine inconnue, I-II, Paris 195
- Bickel, E., Historia de la literatura romana, Barcelona 1982
- Codoñer, C. (1997) (ed.), Historia de la Literatura latina, Madrid.
- Conte, G.B. (e outros) Letteratura latina. Manuale storico dalle origini alla fine dell ' impero romano, Firenze 1992
- Conte, G. B.-Pianezzola, E. (1995), Storia e testi della letteratura latina, 1-3, Florencia.
- Kenney, E. J., y Clausen, W. v., Historia de la Literatura clásica (Cambridge University), II. Literatura latina, versión española de E. Bombín, Madrid 1989.
-Coleccións temáticas:
- Lo Spazio letterario di Roma antica (ed. Cavallo…), vol. I-IV, Roma 1989-91
- Aufstieg und Niedergang der römischen Welt (ANRW), edición progresiva desde 1981
-A serie de Companions to... preparadas por diversas editoriais (Oxford, Cambridge, Routledge, Brill...)
Bibliografía complementaria:
J. GOMEZ PALLARES, Studiosa Roma, Barcelona, Bellaterra 2003.
D. FEENEY, Beyond Greek. The Beginnings of Latin Literature, Harvard University Press, Cambridge (Mas.)- London, 2016.
I. VALLEJO, El infinito en un junco, Siruela, Madrid, 2020.
O profesor proporcionará e recomendará bibliografía específica para cada tema.
Coñecemento dos principais xéneros literarios e dos principais escritores da Literatura latina entre os séculos III a.C.e I d.C.
Desenvolvemento do sentido crítico e estético.
Desenvolvemento da capacidade de lectura e comprensión dunha obra antiga.
Desenvolvemento da capacidade comparativa e crítica.
Nun desexable e prioritario escenario de docencia presencial, a docencia da materia estrutúrase deste xeito:
Clases teóricas:
-Exposición dos temas por parte do profesor.
Clases prácticas:
-Lectura e comentario dos textos proporcionados na clase.
Será utilizado o campus virtual no que se achegarán materiais específicos e complementarios.
O contido da materia será avaliado nun exame final, que suporá o 75% da nota. O exame consistirá nun comentario de texto e algunhas preguntas teóricas. Ao comezo do curso, o profesor achegará todas as cuestións teóricas que poidan aparecer no exame, para que o alumno as prepare a partir das notas tomadas na clase e da lectura da bibliografía. No exame tamén se avaliará o control de lectura ou lecturas obrigatorias.
O 25% restante corresponderá á participación en clase, especialmente nas prácticas, onde se valorará o desenvolvemento por parte do alumno dunha adecuada madurez na interpretación e comentario dos textos propostos.
En todo caso, o alumnado con dispensa de asistencia terá dereito a un único exame, similar ao sinalado anteriormente, que computará o 100% da nota.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o disposto nas “Normas de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión da cualificación”.
Unha media de unha hora diaria.
É moi importante que os estudantes lean, tanto as obras de lectura obrigatoria, como bibliografía recomendada. Procúrase xerar un sentido da responsabilidade individual e da formación propia.
Consulta dos manuais recomendados.
Lectura atenta das obras propostas.
Consulta activa dos materiais proporcionados na aula virtual.
Si por algunha razón, algún alumno ou alumna ten unha dispensa de asistencia ou existe algunha coincidencia horaria con outra materia, será esencial que se poña en contacto co profesor a principio de curso (en ningún caso cando o curso estea xa avanzado)
Joel Varela Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Correo electrónico
- joel.varela.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Adrian Boullosa Fraga
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Correo electrónico
- adrian.boullosa.fraga [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C01 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | C02 |
22.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C12 |
22.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C12 |
27.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C09 |
27.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C09 |