Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Grega
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Coñecer a gramática do grego antigo con nivel suficiente para acometer a tradución dos textos do nivel proposto.
-Adquirir un vocabulario básico de certa extensión.
-Adquirir un nivel adecuado na lectura, comprensión e tradución de textos gregos en prosa de dificultade moderada.
- Tradución e comentario na aula dunha antoloxía de textos de prosa de dificultade moderada, con especial atención aos aspectos morfolóxicos e sintácticos e insistindo na aprendizaxe de léxico.
- Tradución dunha antoloxía de textos que o alumno debe facer pola súa conta.
- Vocabulario básico que se lles facilitará aos alumnos
- Repaso de morfoloxía e estudo da sintaxe do nivel necesario para a comprensión dos textos propostos.
J. Berenguer Amenós, Gramática griega, Barcelona 2005
FERNÁNDEZ-GALIANO, M. (1971), «Manual práctico de morfología verbal griega», Madrid
SMYTH, H. W. (1956), «Greek Grammar», Cambridge (Mass.)
LEJEUNE, m. (1972), Phonétique Historique du Mycénien et du Grec Ancien, Paris
CHANTRAINE, P. (1961) Morphologique historique du Grec Ancien, Paris
GILDERSLEEVE, B. L., (1900), Syntax of Classical Greek from Homer to Demosthenes», New York [www.perseus. tufts.edu]
GOODWIN, W. W. (1889), Syntax of the Moods and Tenses of the Greek Verb», London [www.perseus. tufts.edu]
LASSO de la VEGA, J. S. (1968), «Sintaxis Griega I», Madrid
RIJKSBARON, A. (2007), «The Syntax and Semantics of the Verb in Classical Greek», Chicago, 3ª ed.
RYDBERG-COX, J. A., «Overview of Greek Synta»x, Edición electrónica, 2000 [www.perseus. tufts.edu]
F. Sebastián Yarza, Diccionario Griego-Español, Barcelona 2002.
J.M. Pabón, Diccionario manual Griego clásico-Español, Barcelona 2007.
BAILLY A., Dictionnaire grec-français, Paris, 1894; reimpr. 2000 .
DGE = Diccionario Griego-español, F. R. Adrados (coord.), CSIC, Madrid.
LIDDELL H.G. - SCOTT R.- JONES H. S. A Greek-English Lexicon with a Supplement, Oxford, 1996 (9ª ed.).
http://www.dicciogriego.es
http://www.perseus.tufts.edu
Toda esta bibliografía é accesible na Biblioteca da Facultade, apartado de "frecuentes".
O labor de aulas poderá incluír indicación de bibliografía relativa ós temas estudados.
1.- Capacidade para a análise gramatical dos textos.
2. Adquisición de vocabulario que mellore a capacidade para traducir con máis fluidez e textos mais amplos e complexos que os vistos en Lingua Grega 1.
3. Dominio dos instrumentos de consulta: gramáticas, dicionarios, etc.
4. Lectura e comprensión dos textos propostos para a materia.
Tres horas de clase presencial á semana en dous eixos:
- Explicacións de gramática.
- Lectura, comentario e tradución de textos.
A Aula Virtual empregarase para proporcionarlles os materiais aos alumnos e para a proposta e entrega de tarefas.
- Unha proba de cuestións gramaticais e de vocabulario que se realizará a mediados do cuatrimestre. Para superala haberá que contestar correctamente polo menos o 80% das cuestións. É imprescindible superar esta proba para poder aprobar a materia.
- O 10% da nota corresponderá ao traballo realizado en clase e aos exercicios que se lles irán poñendo aos alumnos ao longo do curso para entregar. Hai que recordar que a asistencia ás aulas é OBRIGATORIA E SE CONTROLARÁ DIARIAMENTE.
- O 70% da nota corresponderá a un exame de tradución dun texto de dificultade parecida aos realizados nas aulas con comentario sintáctico, na data oficial do exame.
- Un 20% da nota corresponderá a un exame da antoloxía de textos que os alumnos teñen que facer pola súa conta.
Para superar a materia haberá que ter superadas todas as probas.
Na segunda oportunidade os criterios serán os mesmos.
Os alumnos con dispensa oficial de asistencia ás aulas examinaranse ao final do cuatrimestre. O exame terá unha proba de cuestións gramaticais e de léxico que se superará contestando correctamente polo menos o 80% das cuestións. É imprescindible superar esta proba para poder aprobar a materia. Un exame de tradución dun texto de dificultade parecida aos realizados nas aulas con comentario sintáctico que suporá o 80% da nota. Un exame da antoloxía de textos que os alumnos teñen que facer pola súa conta, que suporá o 20% da nota.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
150 horas de estudo de vocabulario e gramática e tradución dos textos propostos.
É moi importante a constancia diaria na tradución.
Amelia Del Carmen Pereiro Pardo
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Grega
- Teléfono
- 881811887
- Correo electrónico
- ameliadelc.pereiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Julia Hombre Iglesias
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Grega
- Correo electrónico
- julia.hombre.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D11 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C11 |
05.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D08 |
05.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D08 |
05.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D08 |
05.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D09 |
05.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D09 |
05.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D09 |
09.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D08 |
09.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D08 |
09.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D08 |