Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O1. Situar a gramática textual no conxunto de disciplinas que estudan a linguaxe. CE4
O2. Identificar as achegas particulares da gramática textual ao estudo da gramática. CE4
O3. Coñecer as unidades e a terminoloxía propias da gramática textual. CX1, CE1
O4. Coñecer os principais métodos de análise textual. CX1, CE1
O5. Aplicar o coñecemento sobre as unidades e métodos da gramática textual a problemas de gramática galega, estimulando a capacidade argumentativa e a reflexión metalingüística. CX3, CX4, CX5, CE6, CE11
O6. Ampliar a competencia gramatical en lingua galega mediante o coñecemento das características textuais das súas variedades (estándar e non estándar). CE14, CE15
O7. Desenvolver a capacidade de lectura crítica de textos científicos sobre gramática textual. CX3, CX10
O8. Empregar ferramentas informáticas (bases de datos, corpus, dicionarios etc.) que asistan no estudo e análise da gramática textual do galego. CX8, CE17, CE18
1. Introdución ao estudo da gramática textual
1.1. Unidades lingüísticas e unidades comunicativas
1.2. A gramática textual: delimitación
1.3. A coherencia como principio organizador do texto
2. Coherencia referencial
2.1. A referencia: cuestións preliminares
2.2. As expresións referenciais
2.3. Referencia e estrutura informativa: a progresión temática
2.4. Concordancia e variabilidade
3. Coherencia relacional
3.1. As funcións textuais: cuestións preliminares
3.2. Identificación e clasificación das funcións textuais
3.3. As marcas das funcións textuais
3.4. As expresións parentéticas
4. Texto e contexto
4.1. A adecuación textual
4.2. As clasificacións textuais
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Bernárdez, E. (1982). Introducción a la lingüística del texto. Espasa-Calpe.
Calsamiglia, H., & Tusón, A. (2012). Las cosas del decir. Manual de análisis del discurso (3ª ed.). Ariel.
Cuenca, M. J. (2008). Gramàtica del text. Bromera.
Freixeiro Mato, X. R. (2003). Gramática da lingua galega. IV. Gramática do texto. A Nosa Terra.
Fuentes Rodríguez, C. (2024). Macrosintaxis del español. De Gruyter.
Halliday, M. A. K., & Webster, J. (2014). Text linguistics: The how and why of meaning. Equinox.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENARIA:
Tema 1
Coseriu, E. (2007). Hechos que han justificado la creación de una “lingüística del texto”. En Lingüística del texto. Introducción a la hermenéutica del sentido (pp. 95–112). Arco Libros.
Givón, T. (2020). Language, coherence and other minds. En Coherence (pp. 83–104). John Benjamins.
Heine, B. (2019). Some observations on the dualistic nature of discourse processing. Folia Linguistica, 53(2), 411–442.
Koch, I. G. V., & Travaglia, L. C. (2006). A coerência textual (17ª ed.). Contexto. (Data orixinal de publicación 1990)
Tema 2
Ariel, M. (1990). Accessing noun-phrase antecedents. Routledge.
Ariel, M. (2001). Accessibility theory: An overview. En T. J. M. Sanders, J. Schilperoord & W. Spooren (Eds.), Text representation: Linguistic and psycholinguistic aspects (pp. 29–87). John Benjamins.
Cidrás, F. (2023). Sempre concordamos co que pensamos. Unha aproximación á análise da concordancia baseada nos erros. En M. Álvarez de la Granja & V. Míguez (Eds.), Perspectivas sobre a escrita académica en galego. Estudos baseados no corpus CORTEGAL de textos escritos por estudantes (pp. 253–286). USC Editora.
Givón, T. (2017). The story of zero. John Benjamins.
Tema 3
Duque, E. (2016). Las relaciones de discurso. Arco Libros.
Freixeiro Mato, X. R. (2024). Discourse markers. En Manual of Galician Linguistics (pp. 193–216). De Gruyter.
Fuentes Rodriguez, C. (2018). Parentéticos. Arco Libros.
Kaltenböck, G., Heine, B., & Kuteva, T. (2011). On thetical grammar. Studies in Language, 35(4), 852–897.
Mann, W. C., & Thompson, S. A. (1988). Rhetorical Structure Theory: Toward a functional theory of text organization. Text, 8(3), 243–281.
Taboada, M. (2019). The space of coherence relations and their signalling in discourse. Language, Context and Text, 1(2), 205–233.
Tema 4
Kabatek, J. (2012). Tradição discursiva e gênero. En T. Lobo, Z. Carneiro, J. Soledade, A. Almeida & S. Ribeiro (Eds.), Rosae: linguística histórica, história das línguas e outras histórias (pp. 579–588). Edufba.
Koch, P., & Oesterreicher, W. (2007). Oralidad y escrituralidad a la luz de la teoría del lenguaje. En Lengua hablada en la Romania: español, francés, italiano (pp. 20–42). Gredos.
Silva-Domínguez, C. (2023). Procedementos de xeneralización e marcado da implicación no corpus CORTEGAL: entre a linguaxe académica e o rexistro coloquial da lingua. En M. Álvarez de la Granja & V. Míguez (Eds.), Perspectivas sobre a escrita académica en galego. Estudos baseados no corpus CORTEGAL de textos escritos por estudantes (pp. 287–322). USC Editora.
Na Memoria de Verificación (MV) do Grao en Lingua e Literatura Galegas (GLLG) (pp. 5-6) sinálase que o título debe contribuír ao desenvolvemento das cinco competencias básicas establecidas para os títulos de grao no Marco Español de Calificaciones para la Educación Superior (MECES), de dez xerais, vinculadas directamente coas anteriores, e de vinte específicas. Nas fichas correspondentes a cada unha das materias ofertadas no GLLG realízase unha selección dentro deste conxunto, de xeito que a materia Gramática textual do galego debe contribuír ao desenvolvemento das cinco competencias básicas, das dez xerais e de doce específicas. A seguir amosamos, harmonizando a presentación, as competencias xerais e específicas adaptadas á contribución particular que fai a materia Gramática textual do galego á súa consecución. A formulación orixinal das competencias, de carácter máis xeral, pode consultarse na MV (pp. 290-291).
As competencias son entendidas aquí como saberes (coñecementos, capacidades ou actitudes) de carácter complexo que se desenvolven ao longo da formación integral do individuo. Así, a achega da nosa materia debe lerse no marco do proceso formativo global do estudante.
Competencias xerais do grao. Achegas da materia
CX1. Adquirir e comprender coñecementos, métodos científicos e recursos de análise para o estudo avanzado do galego no nivel gramatical.
CX2. Adquirir habilidades para aplicar eses coñecementos e métodos á hora de recoñecer, identificar e resolver problemas tanto no ámbito dos estudos gramaticais como no ámbito profesional (docencia do galego como L1 e LE, corrección lingüística...).
CX3. Ser capaz de reflexionar e de pensar criticamente para describir, interpretar e valorar os feitos lingüísticos no eido textual.
CX4. Ser capaz de aplicar o razoamento indutivo e dedutivo, ao combinar a análise de textos en galego coa argumentación teórica.
CX5. Ser capaz de abstraer, sintetizar e analizar, ao extraer xeneralizacións a partir da descrición dos datos textuais.
CX6. Ser capaz de transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións relativas á gramática textual do galego a un público especializado e non especializado.
CX7. Dominar a expresión oral e escrita en galego en distintos contextos.
CX8. Posuír habilidade no manexo de ferramentas informáticas de interese para o ámbito da gramática textual.
CX9. Posuír habilidade para traballar en colaboración.
CX10. Aprender autonomamente novos coñecementos e técnicas de análise textual.
Competencias específicas do grao. Achegas da materia
CE1. Dominar as bases teóricas, enfoques e recursos elementais de análise do ámbito da Lingüística xeral imprescindibles para abordar o estudo gramatical do texto.
CE4. Identificar e comprender aqueles elementos (obxecto de estudo, metodoloxía, linguaxe e terminoloxía crítica especializada etc.) que definen e articulan a gramática textual como disciplina científica no ámbito das Humanidades.
CE6. Aplicar a metodoloxía científica que permita abarcar os distintos tipos de estudos sobre gramática textual.
CE9. Posuír un coñecemento avanzado da lingua galega mediante o estudo do ámbito textual.
CE10. Comprender a complexidade do ámbito textual.
CE11. Ser capaz de aplicar os coñecementos técnicos e activos do nivel textual da lingua galega, tanto na súa vertente sincrónica como diacrónica.
CE14. Ser capaz de recoñecer as variedades internas da lingua galega no ámbito textual.
CE15. Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega e as súas causas históricas e estruturais, comprendendo a súa repercusión no nivel textual.
CE17. Manexar con habilidade as novas tecnoloxías que faciliten o estudo da gramática textual do galego.
CE18. Usar ferramentas de busca de recursos bibliográficos para o estudo da gramática textual galego.
CE19. Desenvolver a competencia comunicativa.
CE20. Ser capaz de realizar posteriores estudos especializados, tanto nunha disciplina filolóxica centrada no ámbito textual como en calquera das ciencias e técnicas que requiran bos fundamentos de gramática textual.
O proceso de ensino-aprendizaxe vehicularase a través das seguintes vías:
- Exposición de contidos teóricos e metodolóxicos nas aulas expositivas.
- Análise e comentario de textos orais e escritos nas aulas interactivas.
- Lecturas obrigatorias e complementarias.
- Titorías programadas.
- Elaboración de traballos escritos ou orais.
- Probas escritas sobre os contidos da materia.
A avaliación da consecución das competencias realizarase a partir dos seguintes ítems:
1. SISTEMA PRESENCIAL
- Actividades do curso (30% da cualificación global): corresponderá a un ou máis traballos de elaboración presencial ou non-presencial feito(s) individualmente ou en grupo.
- Exame final (70% da cualificación global).
2. SISTEMA NON-PRESENCIAL
Os estudantes que obteñan a dispensa de asistencia á clase por parte da Xunta de Facultade e a acrediten debidamente, así como aqueles repetidores que o soliciten durante o primeiro mes de curso, rexeranse polo seguinte sistema de avaliación, tanto na oportunidade ordinaria como na extraordinaria:
- Actividades do curso (20% da cualificación global): corresponderá a dous comentarios de texto que se deberán entregar a través do Campus Virtual nas datas previamente marcadas.
- Exame final (80% da cualificación global).
3. OPORTUNIDADES ORDINARIA E EXTRAORDINARIA
A oportunidade ordinaria e a extraordinaria rexeranse polo mesmo sistema de avaliación, tanto no sistema presencial como no non-presencial. Na oportunidade extraordinaria, o estudante poderá realizar novos traballos se os primeiros están suspensos ou se non os presentou na primeira oportunidade. Os traballos deberán ser entregados non máis tarde da data do exame oficial. Para as actividades aprobadas, manterase a cualificación obtida na oportunidade ordinaria.
OBSERVACIÓNS
1. Para optar a superar a materia, cómpre obter unha cualificación igual ou superior a 4,5 (sobre 10) no exame e unha cualificación global (media das actividades e do exame) igual ou superior a 5 (sobre 10). Cualificarase cun 4,9 a aqueles alumnos e alumnas que alcancen a nota de 5 de media pero que teñan unha nota inferior a 4,5 no exame.
2. É requisito imprescindible o dominio do galego, tanto no nivel oral como no escrito, e, moi particularmente, o dominio do código normativo e da coherencia e cohesión textuais. Daquela, na cualificación tanto do exame como das actividades repercutirán negativamente as faltas cometidas (no nivel léxico, ortográfico, sintáctico, textual etc.).
3. De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), "a cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a" (DOG Núm. 136, 17 de xullo de 2012).
4. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC (art. 16): "a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes" (DOG Núm. 140, 21 de xullo de 2011).
HORAS PRESENCIAIS
Sesións expositivas: 32
Sesións interactivas: 16
Titorías programadas: 3
Sesións de avaliación: 3
TOTAL HORAS PRESENCIAIS: 54
HORAS NON PRESENCIAIS
Lecturas: 15
Preparación directa de contidos: 47
Preparación de traballos, exposicións e exercicios: 34
TOTAL HORAS NON PRESENCIAIS: 96
TOTAL HORAS: 150
Vitor Miguez Rego
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- vitor.miguez [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C07 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C07 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | Galego | C05 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | Galego | C05 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | Galego | C05 |
27.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C09 |
27.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | C09 |
27.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | C09 |
27.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | C09 |
27.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C10 |
27.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | C10 |
27.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | C10 |
27.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | C10 |
01.07.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C09 |
01.07.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | C09 |
01.07.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | C09 |
01.07.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | C09 |