Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 39 Clase Interactiva: 19 Total: 60
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A asignatura pretende que o futuro farmacéutico sexa quén de interpreta-lo estado de saúde a partires dos resultados das probas do laboratorio clínico de tipo bioquímico, con algunha das seguintes finalidades:
a) Ofrecer información. para unha mellor comprensión dun problema de saúde.
b) Orientar ó pacente, cara a unha pronta recuperación.
c) Recomendar a visita ó médico/especialista, cando sexa oportuno.
Por elo, os diferentes temas presentan as probas bioquímicas, os especímenes axeitados, a interpretación das probas e as limitacións que se han considerar cando se usan como unha ferramenta para a detección, diagnóstico, seguemento ou o pronóstico dun cadro clínico.
TEORÍA:
As clases impártense na modalidade presencial. Os condidos divídense en dous bloques:
Grupo Temático I: Principios Xerais de Funcionamento do Laboratorio de Análise Clínicao-Bioquímico.
Este primeiro grupo de temas revisa aspectos xerais do mostreo e o análise, estudo das principais fontes de erro e proporciona as claves para comezar na interpretación clínica dos resultados.
Tema 1. A aplicación e exemplos.
Tema 2. Análise rápida na oficina de farmacia: dispositivos de autodiagnóstico.
Tema 3. Fontes de variación nos resultados.
Tema 4. Informes de resultados e fundamentos da interpretación clínica.
Grupo Temático II: Exploración Funcional de Órganos e Sistemas.
Presenta conxuntos de probas bioquímicas para a avaliación funcional dos principais órganos e sistemas. Cada tema aborda o perfil bioquímico, o material biolóxico a analizar e as posibles interpretacións dos resultados. Conclúe cunha explicación dunha estratexia de avaliación funcional baseada na aplicación do perfil.
Tema 5. Exploración do equilibrio ácido-base
Tema 6. Exploración do equilibrio hidroelectrolítico.
Tema 7. Avaliación do metabolismo óseo e mineral.
Tema 8. Avaliación da función renal.
Tema 9. Avaliación da función e integridade hepatobiliares.
Tema 10. Utilidade clínica das proteínas plasmáticas.
Tema 11. Enfermidade cardíaca: fenotipo dislipémico e risco cardiovascular
Tema 12. Diagnóstico e seguimento da diabetes mellitus.
Tema 13. Exploración das enfermidades pancreáticas e intestinais
Tema 14. Programa de detección precoz de enfermidades endócrino-metabólicas.
SEMINARIOS
Sesións interactivas (IC) e presenciais na aula. Presentan exemplos prácticos do contido teórico e estratexias para interpretar os resultados.
CI-1: Mostreo: Visualización do equipamento e revisión dalguns procedementos.
CI-2: Interpretación dos resultados: posiblemente resultado dun sano ou dun non sano.
CI-3: Caso clínico. Estratexia diagnóstica no equilibrio ácido-base.
CI-4: Caso clínico. Avaliación dun trastorno electrolítico
CI-5: Caso clínico. Investigación dunha posible insuficiencia renal
CI-6: Caso clínico: Diagnóstico diferencial da proteinuria.
CI-7: Caso clínico. Interpretación do perfil hepatobiliar
CI-8: Detección da diabetes e do risco cardiovascular na oficina de farmacia.
PRÁCTICAS
Sesións no laboratorio práctico situado nas instalacións do Departamento de Bioquímica no Pavillón A do edificio de Farmacia (1ª Planta) en quendas de mañá e tarde. Organizadas polo Equipo Directivo da Facultade, están programadas para o mes de novembro.
Práctica 1. Realización e interpretación de análises de urina.
Práctica 2. Análise bioquímica: Cuantificación da actividade encimática: FAL como exemplo.
Práctica 3. Exploración de dislipidemias na farmacia.
Práctica 4. Determinación da HbA1c. Diagnóstico e seguimento de pacientes con diabetes.
Realizarase unha avaliación práctica individual o último día de cada quenda (ver Sistema de avaliación).
BASICA:
a) Principios de Bioquímica Clínica y Patología Molecular. Alvaro González Hernández. 3ª edición. Elsevier. Barcelona-2019. ISBN 978-84-9113-389-6
Libro con alto grao de concordancia có plantexamento dos temas e de contidos. Axeitado como libro de texto para o estudo da materia.
b) Contemporary Practice in Clinical Chemistry. 4th Ed. William Clarke and Mark A. Marzinke. Elsevier-Academic Press, 2020. ISBN978-0-12-815499-1.
Texto avanzado que actualiza e profundiza nas últimas tendencias da medicina do laboratorio.
c) Laboratorio Clínico: Indicaciones e Interpretación de los resultados. Kathleen Pagana, Timothy Pagana. Primera Edición en Español. Traducido por Martha Elena Buschbeck para Editorial El Manual Moderno S.A. Mexico-2015. ISBN 978-607-448-508-0
Texto traducido da versión inglesa que revisa aspectos fisiopatolóxicos e moleculares dos procesos que afectan ós
órganos e sistemas do corpo humano.
d) Lab Test online. (https://labtestsonline.es/acerca-de-esta-web)
Páxina web da Sociedad Española de Química Clínica (SEQC) e de consulta gratuíta. Trátase dunha traducción española realizada pola SEQC da homónima orixinaria da American Association for Clinical Chemistry (AACC). Nela Recóllese información, en continua actualización, sobre as probas dos laboratorios en diferentes escenarios fisiolóxicos e patolóxicos. Útil desde a perspectiva de guías
clínica de consulta rápida das probas diagnósticas do laboratorio clínico como información elemental.
COMPLEMENTARIA:
a) Bioquímica Médica. John W. Baynes & Marek H. Dominiczak. 5ª Edición. Elsevier. –Barcelona-2019. ISBN 978-84-9113-406-0
Util nó repaso dos coñecementos da Bioquímica xeral aplicados a medicina. Conta con exemplos de explicación bioquímica para algunhas das enfermidades comúns.
b) Clinical Chemistry Edition1: Fundamentals and Laboratory Techniques. Donna Larson Eds. Elsevier-2016. ISBN: 9781455742141
Baséase no coñecemento da fisiopatoloxía das enfermidades máis comúns para presentar a abordaxe diagnóstica desde o laboratorio clínico e inclúe unha sección dedicada ós fundamentos das técnicas analíticas.
c) Henry’s Clinical Diagnosis and Management by Laboratory Methods. 23rd Ed. Richard A. McPherson & Matthew R. Pincus. Elsevier-Saunders, 2017. ISBN 978-0-323-29568-0.
Texto expecializado orientado ós coñecementos da metodoloxía analítica e na interpretación diagnóstica dende o punto de vista dó laboratorio.
d) Mosby: Guía de Pruebas Diagnósticas y de Laboratorio. Edición 15. By Kathleen Deska Pagana, Timothy J. Pagana, Theresa Noel Pagana. Elsevier-2023. ISBN: 9788413822082.
Recolle toda a información de interese das probas de diagnóstico clínico nun formato práctico, no que as probas se presentan ordenadas alfabéticamente, e de rápido acceso.
COÑECEMENTOS
Con 01. Coñece-la orixe, naturaleza, e como diseñar, obtener, analizar, controlar e producir principios activos, fármacos e medicamentos, así como outros productos e materias primas de interese sanitario de uso humano o veterinario.
Con 02. Conoce-los efectos terapéuticos e tóxicos de sustancias con actividade farmacológica.
Con 06. Adquirir conocimientos básicos en gestión clínica, economía da saúde e no uso eficiente dos recursos sanitarios para promove-lo uso racional dos medicamentos e productos sanitarios.
Con 07. Conocer, evaluar e valora-los problemas relacionados con fármacos e medicamentos, así como participar nas actividades de farmacovixilancia.
Con 08. Conoce-las actividades da farmacia clínica e social, seguindo o ciclo de atención farmacéutica.
Con 10. Conoce-las propias limitacións e a necesidade de manter e actualiza-la competencia profesional, prestando especial importancia ó autoaprendizaxe de novos coñecementos basándose na evidencia científica disponible.
Con 19. Conoce-las estructuras das biomoléculas e as transformacións na célula.
Con 32. Conocer e comprende-los fundamentos básicos das análises clínicas e as características e contidos dos dictámenes do diagnóstico de laboratorio.
Con 33. Conoce-los efectos de sustancias con actividade farmacológica.
Con 37. Conoce-la estructura e función do corpo humano, así como los mecanismos xerais da enfermidade, alteracións moleculares, estructurais e funcionais, expresión sindrómica e ferramentas terapéuticas para restaura-la saúde.
Con 39. Conoce-las técnicas analíticas relacionadas có diagnóstico de laboratorio, tóxicos, alimentos e medioambente.
Con 44. Conoce-los principios éticos e deontolóxicos e actuar segundo as disposicións lexislativas, regramentarias e administrativas que rexen o exercicio profesional colaborando con otros profesionais da saúde e adquirindo habilidades de traballo en equipo.
Con 48. Conoce-las técnicas de comunicación oral e escrita que permitan informar ós usuarios dos establecementos farmacéuticos en términos intelixibles e axeitados ós diversos niveis culturais e entornos sociales.
HABILIDADES E DESTREZAS
H/D 01. Intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención da enfermidade, no ámbito individual, familiar e comunitario; con una visión integral e multiprofesional do proceso saúde-enfermidade.
H/D 03. Evalua-los efectos toxicolóxicos de sustancias e diseñar e aplica-las probas e análises correspondentes.
H/D 05. Desenvolver habilidades de comunicación e información, tanto orais como escritas, para tratar cos pacentes e os usuarios do centro donde desempeñe a actividade profesional.
H/D 09. Estima-los riscos asociados á utilización de sustancias químicas e procesos do laboratorio.
H/D 14. Estima-los riscos biolóxicos asociados á utilización de sustancias e procesos do laboratorio implicado.
H/D 18. Promove-lo racional do medicamento e productos sanitarios.
H/D 20. Evalua-los efectos toxicolóxicos de sustancias e diseñar e aplica-las probas e análises correspondentes.
COMPETENCIAS
a destaca:
Comp 01. Capacidade de análise e síntese.
Comp 07. Resolución de problemas.
Comp 08. Toma de decisiones.
Comp 13. Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas.
Comp 16. Compromiso ético.
Comp 17. Capacidade de aplica-los conocimientos na práctica.
Comp 19. Capacidade de aprender.
Comp 20. Capacidade para adaptarse a novas situacións.
Comp 24. Habilidade para traballar de forma autónoma.
Comp 27. Preocupación po-la calidade.
Comp 28. Motivación de logro.
Na docencia empréganse catro elementos formativos:
a) Clases expositivas. Son sesións presenciais, cunha duración de 55 minutos, adáptanse ao horario e á programación aprobados polo Centro. Deseñado para ser impartido polo profesor na aula, con apoio audiovisual.
O alumnado participa seguindo explicacións, facendo preguntas e respondendo oralmente a cuestións de razoamento formuladas polo profesor, ou en modo escrito as preguntas puntuables sobre o contido xa explicado no tema. Permítese o acceso aos apuntamentos persoais da clase para responder, pero debido a que se cualifica como avaliación continua non se permite a interacción con outros estudantes.
B) Clases interactivas. Son sesións na aula de 55 min. de duración, con calendario e distribución organizados polo Centro.
Nelas o profesor presenta un caso clínico, ou contido similar a unha consulta de atención farmacéutica sobre resultados das análises, coas que poñer en práctica os contidos das clases teóricas. Tamén haberá preguntas para a avaliación en condicións similares ás do punto anterior.
C) Clases prácticas de laboratorio. Concibidas como unha actividade presencial obrigatoria para a adquisición ou mellora das destrezas no laboratorio e a interpretanción dos resultados. Realízanse nas instalacións das que dispón o Departamento de Bioquímica da Facultade de Farmacia.
As sesións prácticas esténdense ao longo dunha semana, con sesións diarias de duración variable. O Centro organiza e coordina a programación con outras materias troncais do curso.
Para cada práctica, o profesor preséntaa no contexto da materia, guía o grupo polas etapas do proceso analítico e aclara os cálculos e as interpretacións. Ofréceselle ó estudantado unha guía-resumo para cada práctica, que debe completar coa información necesaria para crear un caderno de procedementos do laboratorio có o que acudir a realización do examen.
Estas sesións tamén inclúen preguntas puntuables sobre contidos aplicables.
D)Tutorías de pizarra. Concebidas como sesións presenciais na aula de 55 min de duración en subgrupos de seminarios, destinadas a clarexar dúbidas sobre os contidos teóricos-prácticos vistos ata ese momento. A asistencia ás tutorías mon é obrigatoria para os estudantes, pero están programadas e con calendario establecido pola Dirección do Centro.
Para a cualificación da materia, téñense en conta tres bloques de información relativos ao nivel de aprendizaxe acadado polo estudante. Descríbense nos seguintes puntos:
a) Avaliación continua (AC) ata un máximo de 15 puntos. Integra os puntos obtidos por cada estudante nas preguntas puntuables ou pola súa destacada participación nas actividades plantexadas nas sesións presenciais. A asistencia á clase non se puntuará (acollendo o indicado no apartado "d" do artigo 1.2 do Regulamento de asistencia á clase do 24/11/2024). En caso de ausencia xustificada a unha actividade puntuable, a avaliación contínua prorratearase segundo a participación e o nivel de éxito acadado polo estudante (en consonancia có artigo 3.1 do Regulamento de Asistencia antes mencionado).
b) Examen práctico (EP): Trátase da execución individual de partes do desenvolvemento práctico visto. Será necesario recoñecer materiais biolóxicos, reproducir procesos e cálculos, así como interpretar os resultados obtidos durante as prácticas.
A duración estimada da proba é de 10-15 minutos e permítese o acceso ó "caderno de laboratorio" persoal.
Para supera-las prácticas terase en conta habelas realizado no turno de chamada, a actitude, a calidade de execución, a profundidade e claridade da interpretación, a orde e a limpeza no posto de traballo. Al finalizar a proba informarase da cualificación alcanzada, xa sea un APTO (válida para os próximos 5 anos) ou un NO APTO, que se repescará na nova oportunidade á que decida presentarse, salvo que non se fixeran.
c) Exame Teórico (ET): Exame individual sen acceso ao contido teórico-práctico da materia. Consta de 45 preguntas de opción múltiple e 5 preguntas de resposta curta, que se deben completar nun máximo de 105 minutos, para unha puntuación máxima de 50 puntos. Ningunha das preguntas terá un valor negativo, e requírese un mínimo do 25 % de respostas correctas por tema ou grupo para que se teñan en conta.
En todo momento, e para os diferentes tipos de probas de avaliación, será de aplicación ó disposto no Regulamento da Institución para a “Avaliación do Rendemento Académico do Alumno e Revisión de Cualificacións”, no que se indica que a realización fraudulenta das actividades ou probas de avaliación penalízase cunha nota de Suspenso (0.0) na OPORTUNIDADE de avaliación da infracción, sin descartar a aplicación de calquer outra medida disciplinaria.
A calificación final da asignatura ten en cuenta a oportunidade de avaliación e a tipoloxía do estudante, como se describe:
1º. OPORTUNIDADE:
No "procedemento ordinario", para aprobar o curso requírese unha puntuación mínima de 35 puntos no ET e tamén o cumprimento de duas condicións:
1) Ter unha puntuación mínima en cada tema/agrupación indicada no exame.
2) Ter unha cualificación de APROBADO no exame práctico, EP.
O valor decimal da cualificación obtense sumando os puntos acumulados na teoría e na avaliación continua (P= ET+ AC) que se transformarán nunha nota decimal co seguinte algoritmo: [Nota= 0,0013*P^2+0,102*P-0,23]. A cualificación máxima de MH poderá outorgarse, de acordo coas disposicións establecidas pola USC, entre cualificacións superiores a Sobresaliente (9.5).
Se non se supera a avaliación, a nota decimal asígnase en función da puntuación obtida en ET, sen considerar a puntuación AC, aplicando o algoritmo antes mencionado. No caso de que na proba EP obtivera un NON APTO, ou non acadase a puntuación mínima para as materias no ET, o valor máximo da cualificación no arquivo será Suspenso (4,0).
Nesta 1ª Oportunidade, consideranse dous tipos especiais de avaliación:
1) Estudantado con Dispensa de Docencia (concedida polo Centro). Cualificarase en función do ET e debe cumprir os mesmos criterios que o procedemento ordinario. A puntuación a considerar obtense como se describe para a 2ª Oportunidade na primeira excepción (ver máis abaixo) e de acordo cos criterios acordados pola Xunta de Facultade a este respecto.
2) Estudantado Repetidor. Deberán informar ó coordinador da materia, a través da ligazón correspondente no Campus Virtual, do método de avaliación que escollan: "Procedemento ordinario" ou "Alumnado con Exención de docencia". Se non rexistra unha opción dentro do prazo establecido, aplicarase por defecto o "procedemento ordinario".
2º. OPORTUNIDADE:
En termos xerais, o procedemento a seguir é similar ó descrito para a 1ª Oportunidade con dúas diferenzas:
a) Non se emprega a avaliación continua (AC). Tomando a puntuación do ET como base, esta aumenta nun valor máximo de 10P por unha recalificación (RC), na que se obten "un punto extra" en cada unha das respostas ás 10 preguntas máis difíciles.
b) Nesta ocasión, non se outorgará a cualificación máis alta do Cadro de Honra (CM).
En canto a tipos especiais de avaliación:
Nesta ocasión, considérase o caso especial do alumno que na 1ª OP fora cualificado cun Suspenso (4.0) como consecuencia dun "NON APTO" na EP e unha puntuación global de 48 ou máis puntos P (ET+EC). Agora, de conquerir un APTO na repesca do EP, cualificará coa cualificación que correspondería á 1-OP, agás na súa cualificación máxima de MH.
Coa avaliación garántese que o alumno acade os Coñecementos, Habilidades e Competencias arriba descritas, segundo se indica no seguinte cadro:
Tipo de Proba_______ Tipo de Resultado_______ Código do Resultado___________________________
Avaliación Continua...... Coñecemento.................... Con-07; Con-08; Con-10; Con-37; Con 39; Con-44; Con-48
..................................... Habilidade/Destreza........... H/D-01; H/D-05; H/D-18; H/D-20
..................................... Competencia::.................... Comp-01; Comp-07;Comp-08; Comp-13; Comp-19; Comp-20; Comp-28; Comp-29
Examen de Teoría......... Coñecemento.................... Con-01; Con-02; Con-06; Con-07; Con-08; Con-10; Con-19; Con-32; Con-33; Con-37;
................................................................................ Con 39; Con-44; Con-48
..................................... Habilidade/Destreza........... H/D-01; H/D-03; H/D-05; H/D-09; H/D-14; H/D-18; H/D-20
..................................... Competencia::.................... Comp-01; Comp-07;Comp-08; Comp-13; Comp-16; Comp-17 Comp-19; Comp-20; .
................................................................................. Comp-28; Comp-29
Examen de Prácticas.... Coñecemento.................... Con-06; Con-08; Con-32; Con-37; Con 39; Con-48
..................................... Habilidade/Destreza........... H/D-01; H/D-03; H/D-09; H/D-14; H/D-20
..................................... Competencia::.................... Comp-01; Comp-08; Comp-16; Comp-17; Comp-25+; Comp-28; Comp-29
TRABALLO PRESENCIAL,.................................... DURACION
Clases de Teoría na aula ........................................ 30
Clases interactivas en grupos reducidos ................ 8
Titorías individual, ....................................................2
Prácticas de laboratorio, ........................................16
Exames e revisións, ............................................... 4
Total de horas de traballo presencial, ....................60
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO,………………….DURACION
Autoestudio, individual ou grupal, .............................66
Resolución de exercicios,.supostos prácticos............ 16
Orientación e resolución de dúbidas, ..........................4
Elaboración do caderno de laboratorio, ......................2
Realización e revisión do exame .................................2
Total de horas de traballo persoal do alumno/a, .......90
Aprender a interpreta-la información contida nas análises clínicas é como aprender unha nova lingua, onde o vocabulario e as regras gramaticais son, respectivamente, os parámetros bioquímicos e os algoritmos e estratexias que, como as frases e os parágrafos, conteñen a información da mensaxe. Do mesmo xeito que a mensaxe depende da secuencia e a combinación de palabras nas frases, a interpretación dunha análise tamén depende da secuencia e combinación de probas nun algoritmo. Esa información poderá ser útil, dende o punto de vista dun profesional farmacéutico, para decatarse dun problema de saúde, monitoriza-la progresión da enfermidade ou avalia-la eficacia da resposta terapéutica.
Para supera-la asignatura requírese entender o "por qué?”, o "para qué?” e o " cómo?" dos cambios dos marcadores bioquímicos en diferentes cadros clinico-patolóxicos, xa que así resultará máis doado lembrar " ónde usalos" e "qué información" aportan.
E moi recomendable unha particiapación activa nas clases, e ir revisando a materia cada día ou, no seu defecto, cunha periodicidade semanal, por un dobre interese:
1.- Dispoñer da información necesarias para as actividades da Avaliación Continua que supón unha mellora da cualificación final dos que superen o examen de teoría.
2.- Identifica-los apartados do temario que lle ofrezan maior dificultade, e para os que pedir unha titoría.
Aconséllase, tamén, a visita frecuente ó complemento virtual da asignatura que ademáis de canle de comunicación entre o profesorado e o alumnado e o lugar no que se pode atopar artigos e outra información complementaria ás explicacións dadas na aula.
Para o estudo desta materia é desexable ter coñecementos suficentes de Química Analítica e Técnicas Instrumentais, e tamén de Bioquímica I e II, Inmunoloxía, Fisioloxía Humana I, II e Fisiopatoloxía.
Manuel Felix Camiña Darriba
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881814933
- Correo electrónico
- felix.camina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Lisa Kay Busch
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- lisa.busch [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Juan Jose Nieto Fontarigo
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816936
- Correo electrónico
- juanjose.nieto.fontarigo [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Ricardo Villa Bellosta
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881815370
- Correo electrónico
- ricardo.villa [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo A/CLE_01 | Galego | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
16:00-17:00 | Grupo B/CLE_02 | Galego | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo A/CLE_01 | Galego | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
16:00-17:00 | Grupo B/CLE_02 | Galego | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo A/CLE_01 | Galego | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
16:00-17:00 | Grupo B/CLE_02 | Galego | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo A/CLE_01 | Galego | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
16:00-17:00 | Grupo B/CLE_02 | Galego | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo A/CLE_01 | Galego | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
16:00-17:00 | Grupo B/CLE_02 | Galego | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |