Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 5 Clase Interactiva: 1.5 Total: 6.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía e Parasitoloxía, Fisioloxía, Edafoloxía e Química Agrícola, Ciencias Morfolóxicas, Química Inorgánica, Química Física, Química Orgánica, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, Botánica, Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Bioloxía Funcional, Matemáticas, Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría, Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía, Parasitoloxía, Fisioloxía, Edafoloxía e Química Agrícola, Anatomía e Embrioloxía Humana, Histoloxía, Química Inorgánica, Química Física, Química Orgánica, Nutrición e Bromatoloxía, Química Analítica, Botánica, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Farmacoloxía, Fisioloxía Vexetal, Xeometría e Topoloxía, Toxicoloxía, Medicina Preventiva e Saúde Pública, Radioloxía e Medicina Física
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Datos descritivos da materia. Carácter: Formación obrigatoria.
Convocatoria: segundo cuadrimestre.
Créditos: 6 ECTS.
Coordinadora: Patricia Díaz Rodríguez. Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica.; correo electrónico: patricia.diaz.rodriguez [at] usc.es (patricia[dot]diaz[dot]rodriguez[at]usc[dot]es)
Descrición: o Traballo de Fin de Grao (TFG) en Farmacia con nivel 3 de MECES (TFGM3) consiste na realización, presentación e defensa dun proxecto ou estudo que supoña a integración da formación recibida ao longo do grao de Farmacia. Departamentos participantes: Todos os departamentos da USC que imparten docencia no Grao en Farmacia.
2. Requisitos para iniciar o TFG
Poderán iniciar o traballo, elixindo tema e titor, aqueles estudantes aos que quede por superar un máximo de 75 ECTS, incluídas as Prácticas Tuteladas. Será necesario realizar a preinscrición no período indicado no calendario do TFG do curso correspondente publicado na páxina web da Facultade de Farmacia.
1. Actividades formativas
A) Seminarios
• Aspectos básicos na procura e xestión da información para o TFG. Recoméndase a realización do Curso de competencias en información para TFG, nivel avanzado da Área de Ciencias da Saúde, organizado pola biblioteca da USC.
B) Titorías
O estudante terá que manter ao longo do cuadrimestre polo menos dúas sesións co seu titor, polo menos UNHA documentada. Para a documentación das sesións o titor deberá cubrir a información do Anexo I e introducila no campo correspondente da Secretaría Virtual.
C) Realización, presentación pública e defensa do Traballo Fin de Grao
Individualmente, o estudante terá que realizar, redactar e defender un traballo, de forma autónoma e titorizado por un profesor, que pode ser de diferentes tipos.
2. Tipos de traballo.
As diferentes modalidades de Traballo Fin de Grao poden ser:
• Proxecto de investigación
• Traballos de revisión ou investigación bibliográfica.
• Proxecto a realizar durante as prácticas tuteladas.
3. Estrutura do traballo Fin de Grao.
3.1 Formato do traballo
A memoria do traballo poderá redactarse en castelán ou galego.
Deberá ter unha extensión máxima de 10.000 palabras (excluíndo a bibliografía) e incluír os seguintes apartados:
Portada: segundo o modelo unificado (gañador do concurso de portadas anual correspondente da Facultade de Farmacia). Inclúe o título en castelán/galego e en inglés, e o nome do autor.
- Índice: Indicando a páxina correspondente a cada epígrafe.
- Resumo: En castelán ou galego e en inglés (máximo 250 palabras).
- Palabras clave: 5-6 palabras que definan ou sitúen o TFG no seu ámbito de coñecemento.
- Introdución/presentación/contextualización do TFG.
- Obxectivos/hipóteses: Definiranse os obxectivos que o estudante pretende alcanzar coa realización do traballo.
- Material e métodos
- Resultados/desenvolvemento do traballo .
- Discusión (poderá estar incluida nun apartado de "Resultados e Discusión").
- Conclusións: Deberán responder de forma clara e concisa aos obxectivos expostos.
- Bibliografía: As citas e referencias bibliográficas débense redactar seguindo o estilo Vancouver.
- Agradecementos.
A memoria deberá presentarse (no seu formato en papel, encadernado pegado con cantoneira en cor azul) utilizando páxinas tamaño DIN A4, marxes superior e inferior de 3 cm e dereito e esquerdo de 2.5 cm. Interliñado de 1.5. As páxinas deberán ir numeradas na zona inferior central.
A letra seleccionada deberá ser “Sans serif” (sen curvas) (Arial, Calibri, Verdana ou similar). O seu tamaño no texto e os pés de figuras e gráficas non deberá ser inferior a 10.
COÑECEMENTOS:
Con 03. Saber aplicar o método científico e adquirir habilidades no manexo da lexislación, fontes de información, bibliografía, elaboración de protocolos e demais aspectos que se consideran necesarios para o deseño e avaliación crítica de ensaios preclínicos e clínicos.
Con 10. Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia ao autoaprendizaje de novos coñecementos baseándose na
evidencia científica dispoñible.
HABILIDADES OU DESTREZAS:
H/D 28. Utilizar correctamente as fontes de información científica, incluíndo as que se atopan en lingua inglesa.
H/D 29. Analizar e sintetizar a información básica tanto en lingua castelá como en lingua inglesa e resumila de forma correcta e inteligible.
H/D 30. Estruturar, desenvolver e resumir un traballo sobre un aspecto específico da profesión.
H/D 31. Expoñer oralmente de forma clara e sintética un informe sobre un aspecto xeral ou concreto da profesión e defendelo publicamente.
COMPETENCIAS:
Comp 01. Capacidade de análise e síntese.
Comp 02. Capacidade de organizar e planificar.
Comp 03. Comunicación oral e escrita na propia lingua.
Comp 05. Habilidades básicas de manexo do computador.
Comp 06. Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes diversas).
Comp 07. Resolución de problemas.
Comp 10. Capacidade crítica e autocrítica
Comp 18. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp 25. Habilidade para traballar de forma autónoma.
Comp 30. Presentación e Defensa ante o Tribunal universitario dun proxecto fin de grao, consistente nun exercicio de integración dos contidos formativos recibidos e as competencias adquiridas.
.
Elección de tema e titor. Asignación de temas e titores.
O estudante poderá realizar unha proposta propia á comisión de traballos de fin de grao ou elixir un tema para o TFG de entre os propostos polos profesores das áreas que imparten docencia na titulación.
Propostas dos estudantes:
As propostas dos estudantes deberán contar coa aprobación dun titor e incluír un tema, un obxectivo e un plan de traballo, seguindo o anexo III da guía docente. Este anexo III será entregado nas datas previstas no calendario do TFG para o curso académico correspondente.
Propostas das áreas:
Antes do inicio do curso académico correspondente, dende a Facultade de Farmacia solicitaralles aos departamentos con docencia no Grao de Farmacia, un número de temas de TFG cos seus correspondentes titores calculado en función dos créditos ECTS impartidos por cada área no Grao en Farmacia. Así, farase pública unha única lista anual, que incluirá propostas de todos os ámbitos docentes do plan de estudos.
Os estudantes que non presentaran unha proposta propia con anterioridade elixirán unha proposta de entre as presentadas polas áreas. A elección dos temas propostos polas áreas terá lugar nun acto público, que se celebrará na Facultade de Farmacia en dúas ocasións ao longo do curso segundo o calendario de TFG da Facultade de Farmacia, publicado na aula virtual e na páxina web. Para a elección os estudantes ordenaranse en función do seu expediente académico ponderado polo número de créditos superados.
Se o estudante non puidese acudir ao acto público poderá delegar a elección do tema noutra persoa que deberá acudir ao acto cunha copia do DNI do estudante e o anexo II debidamente cuberto e asinado.
O estudante só poderá modificar o titor/a en casos excepcionais, para o que deberá solicitalo de forma razoada mediante un escrito á Comisión do TFG (Anexo IV) a través da Secretaría do Decanato da Facultade. A Comisión analizará o caso, e se procede, realizará unha nova asignación.
Recomendacións para escoller tema de traballo
• Debe tratarse dun tema que sexa orixinal, pertinente, relevante e vinculado coa titulación de Farmacia.
• Debe integrar diferentes coñecementos e habilidades adquiridas no grao.
• Debe contribuír ao avance dun campo do saber e/ou da profesión, ou ser útil socialmente.
• Debe ser beneficioso para a inserción laboral ou profesional do estudante.
1. Exposición e defensa do Traballo Fin de Grao.
A matrícula dálle dereito ao estudante a dúas oportunidades de exame. As datas para a defensa do TFG faranse públicas a través da páxina da Facultade de Farmacia e a USC virtual coa suficiente antelación.
O estudante deberá expor o traballo realizado ante un tribunal de avaliación constituído por tres profesores elixidos, de forma rotativa, entre os que imparten docencia na titulación de Farmacia.
O estudante realizará unha breve presentación oral do seu traballo (máximo 10 min) que incluirá polo menos, os obxectivos, a metodoloxía, os resultados e as conclusións do traballo realizado.
A continuación o estudante responderá as preguntas formuladas polos membros do tribunal.
2. Avaliación dos Traballos Fin de Grao.
A cualificación final do TFG outorgarase en función da rúbrica de avaliación establecida, que considera o informe do titor e a avaliación final do tribunal de avaliación tras a defensa do traballo polo estudante.
Rúbrica de avaliación
1. Avaliación do titor: 20%
1.1. Valoración da memoria (0-5 puntos)
1.2. Valoración da adquisición de competencias (0-5 puntos)
2. Avaliación do tribunal: 80%
Media aritmética das cualificacións dos 3 membros do tribunal
2.1 Valoración da memoria (0-5 puntos)
2.2. Exposición oral e defensa do traballo (0-5 puntos)
2.3. Opción á matrícula de honra.
A cualificación final obterase en función da rúbrica de avaliación mediante a ecuación seguinte:
Cualificación final = Cualificación final do titor * 0.2 + Cualificación final do tribunal *0.8
Cada tribunal de avaliación seleccionará os Traballos Fin de Grao que considere mellores (máximo 2) como candidatos á mención de “matrícula de honra”.
Finalizada a avaliación de todos os traballos da convocatoria, as matrículas de honra serán outorgadas pola Comisión de TFG a proposta da coordinadora xunto cos presidentes dos diferentes tribunais de avaliación.
Actividade ----------------Tempo (h) Metodoloxía
Titorías ------------------- 2 ------------------ Formulación e seguimento do TFG. Valoración dos avances e propostas de mellora
Sesión de Avaliación -----1 ------------------ Presentación oral e defensa do proxecto perante a comisión avaliadora
Traballo persoal----------145---------------- Traballo individual e autónomo do estudante, orientado polo titor
Total 150 horas
Recomendacións de cara á avaliación.
Os criterios de avaliación da memoria, a exposición oral e o desenvolvemento das competencias preséntanse nos anexos V e VI na aula virtual da materia e na intranet da Facultade de Farmacia.
O estudante debe facer un exercicio de autoavaliación da memoria tendo en consideración cada un dos apartados que o titor e os membros do tribunal avaliador van ter en conta para valorar o seu traballo. O estudante debe entregar a memoria cando estea convencido de que obterá unha puntuación alta en cada un dos apartados.
O estudante debe valorar as súas diapositivas en función das instrucións e suxestións para elaborar presentacións de PowerPoint que pode atopar na aula virtual do TFG.
Para que os titores podan avaliar se consideran ou non que o TFG foi plaxiado emplearán a ferramenta antiplaxio Turnitin. Todos os TFG quedarán despois da súa defensa en depósito na plataforma antiplaxio Turnitin.
Toda a información relacionada co Traballo de Fin de Grao aparece na intranet da páxina web da Facultade de Farmacia, no apartado do mesmo nome dentro da Información Académica do curso correspondente e tamén na aula virtual da materia.
Pódese consultar a aula virtual de Traballo Fin de Grao para máis información.