-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 3Horas ECTS Criterios/Memorias
Horas de Titorías: 2
Clase Interactiva: 0.6
Total: 2.6Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e MedicinaÁreas:
EnfermaríaCentro
Facultade de EnfermaríaConvocatoria:
Prácticas en Empresas de Grao e MásterDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
-Introducir ao alumno/a ao método de traballo na investigación sanitaria
-Fomentar o pensamento crítico
-Mellorar a capacidade de traballar en equipo, especialmente naqueles interdisciplinares
-Coñecer as características da carreira investigadoraEn cada curso académico ofertaranse prácticas nas institucións coas que previamente se asinou un convenio de colaboración. As actividades para realizar polo alumnado estarán destinadas a reforzar competencias relacionadas coa investigación en coidados, clínica, e/o biosanitaria nos futuros graduados/as en Enfermería. En cada oferta concretarase un programa de actividades, segundo as características e obxectivos de cada centro e cada grupo de traballo ao que se incorpore o alumno/a.
-Introducción a la investigación en Ciencias de la Salud. Polgar S. Ed. Elsevier. 2021.
-Métodos de investigación clínica y epidemiológica. Pallás A. Ed. Elsevier. 2019.
-Cómo leer un artículo científico. Greenhalgh T. Ed. Elsevier. 2016.
-Diseño de investigaciones clínicas. Hulley S, Cummings S, Browner W, Grady D, Newman T. Ed. Wolters Kluwer. 2014.
-Metodología de la investigación. Bernal CA. Ed. Pearson. 2016.COMPETENCIAS BÁSICAS
- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto
especializado como non especializado.
COMPETENCIAS XERAIS
- Ser capaz, no ámbito da enfermería, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional adecuada ás necesidades de saúde das persoas que atenden, #de acordo con o estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos de cada momento e cos niveis de calidade e seguridade que se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables.
- Planificar e prestar coidados de enfermería dirixidos ás persoas, familia ou grupos, orientados aos resultados en saúde avaliando o seu impacto, a través de guías de práctica clínica e asistencial, que describen os procesos polos cales se diagnostica, trata ou coida un problema de saúde.
- Coñecer os principios de financiamento sanitario e sociosanitario e utilizar adecuadamente os recursos dispoñibles
- Establecer mecanismos de avaliación, considerando os aspectos científico–técnicos e os de calidade.
- Traballar co equipo de profesionais como unidade básica na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal das organizacións asistenciais.
- Coñecer os sistemas de información sanitaria
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
-Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica.
-Capacidade para o traballo en equipo.
-Capacidade para a resolución de problemas.
-Capacidade de análise e síntese.
-Habilidade para traballar de maneira autónoma.
-Habilidades de investigación.
-Habilidades básicas de manexo de computadores.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
- Comprender desde unha perspectiva ontológica e epistemológica, a evolución dos conceptos centrais que configuran a disciplina de enfermería, así como os modelos teóricos máis relevantes, aplicando a metodoloxía científica no proceso de coidar e desenvolvendo os plans de coidados correspondentes
- Capacidade para describir os fundamentos do nivel primario de saúde e as actividades para desenvolver para proporcionar un coidado integral de enfermería ao individuo, a familia e a comunidade. Comprender a función e actividades e actitude cooperativa que o profesional ha de desenvolver nun equipo de Atención Primaria de Saúde. Promover a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde-enfermidade. Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas da contorna, para atender ás persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade. Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos. Aplicar os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde máis relevantes nunha comunidade. Analizar os datos estatísticos referidos a estudos poboacionais, identificando as posibles causas de problemas de saúde. Educar, facilitar e apoiar a saúde e o benestar dos membros da comunidade, cuxas vidas están afectadas por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermidade, incapacidade ou morte.
- Coñecer a lexislación aplicable e o código ético e deontolóxico da enfermería española, inspirado no código europeo de ética e deontología de enfermería. Prestar coidados, garantindo o dereito á dignidade, privacidade, intimidade, confidencialidade e capacidade de decisión do paciente e familia. Individualizar o coidado considerando a idade, o xénero, as diferenzas culturais, o grupo étnico, as crenzas e valores.
RESULTADOS DE APRENDIZAXE
-Desenvolve habilidades básicas de investigación científica
-Coñece a natureza e obxectivos da investigación básica e a investigación clínica
-Coñece as etapas e desenvolvemento da carreira investigadora
-Desenvolve capacidade para o traballar en equipo
-Posúe habilidades de xestión da información científica
-Coñece a estrutura dunha publicación científica
-Posúe espírito crítico para seleccionar e interpretar a literatura científica
-Sabe comunicar, a nivel básico, os resultados dun traballo de investigación
-Coñece a normativa aplicable á investigación sanitaria a nivel nacional e internacional
-Coñece as fontes de financiamento da investigación sanitaria
-Basea as intervencións de enfermería na evidencia científica e nos medios dispoñibles.
-Desenvolve aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.O/a estudante realizará prácticas en grupos de investigación das institucións coas que previamente se asinara un convenio de colaboración. Estará supervisado/a por un titor/a profesional e pola coordinadora da materia.
A avaliación será continua, empleándose follas de avaliación e a realización dunha memoria de prácticas por parte do estudante.
A materia consta de 3 ECTS, o que implica 70 horas de prácticas presenciais e 5 horas de traballo autónomo.
Asistencia con aproveitamento a todas as prácticas programadas, consultando dúbidas ao titor/a profesional e/ou á coordinadora da materia. Consulta de bibliografía recomendada para un maior rendemento das prácticas.
-
Raquel Rodriguez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
-