Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 93 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 46 Clase Interactiva: 8 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas, Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Cirurxía, Medicina
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Saber elaborar unha historia clínica e coñecer a etiología, patogenia, epidemioloxía, manifestacións clínicas, semiología, hipóteses diagnóstica, diagnóstico diferencial, prognóstico e tratamento da fase aguda e crónica e seguimento das enfermidades do aparello cardiovascular.
Coñecer as indicacións, técnica, interpretación, complicacións e limitacións das probas diagnósticas complementarias máis frecuentes na patoloxía do aparello cardiovascular.
Coñecer as indicacións, técnica, resultados e complicacións das intervencións cirúrxicas máis habituais no tratamento da patoloxía do aparello cardiovascular así como o seguimento clínico e prognóstico dos pacientes intervidos.
Coñecer as medidas preventivas máis importantes aplicadas no campo das enfermidades cardiovasculares.
Temario de clases expositivas
Un total de 46 clases teóricas das que 18 son impartidas pola área de Cirurxía e 28 pola área de Medicina
M: Área de Medicina
Q: Área de Cirurxía
1. FACTORES DE RISCO CARDIOVASCULAR. Valoración do Risco CV. Intervencións para reducir o risco CV. M
2. FACTORES DE RISCO CARDIOVASCULAR. Hipertensión Arterial: Fisiopatología. Diagnóstico e Tratamento. Dislipemia: Fisiopatología da aterotrombosis. Diagnóstico, obxectivos terapéuticos e tratamento. M
3. INSUFICIENCIA CARDÍACA. Fisiopatología da Disfunción cardíaca. Etiología e clasificación. M
4. INSUFICIENCIA CARDÍACA. Diagnóstico e Prognóstico. M
5. INSUFICIENCIA CARDÍACA. Tratamento non farmacolóxico. Tratamento Farmacolóxico. Tratamento con dispositivos. M
6. INSUFICIENCIA CARDÍACA. Sistemas de asistencia circulatoria. Transplante Cardíaco. Programas asistenciais. M
7. CARDIOPATÍA ISQUÉMICA. Fisiopatología da isquemia e necrosis miocárdicas. Conceptos de aturdimiento e hibernación. M
8. CARDIOPATÍA ISQUÉMICA. Clasificación clínica da cardiopatía isquémica. Síndromes Coronarias Agudos. Síndrome Coronaria Agudo con Elevación do Segmento ST. Diagnóstico e estratificación do risco. M
9. CARDIOPATÍA ISQUÉMICA. Síndrome Coronaria Agudo con Elevación do Segmento ST. Tratamento da fase Aguda. Estratexia e eficacia da reperfusión. M
10. CARDIOPATÍA ISQUÉMICA. Síndrome Coronaria Agudo con Elevación do Segmento ST. Estratificación do risco. Tratamento hospitalario e prevención secundaria. M
11. CARDIOPATÍA ISQUÉMICA. Síndrome Coronaria Agudo con Elevación do Segmento ST. Shock Cardiogénico. Complicacións do Infarto. Shock Cardiogénico M
12. PRINCIPIOS BÁSICOS DE CIRURXÍA CARDÍACA. Escalas de risco. Circulación extracorpórea. Protección miocárdica. Q
13. CARDIOPATÍA ISQUÉMICA. Etiopatogenia. Diagnóstico. Revascularización miocárdica: indicacións, técnica e resultados. Seguimento postoperatorio. Q
14. COMPLICACIÓNS MECÁNICAS DO INFARTO DE MIOCARDIO. Etiopatogenia. Diagnóstico. Corrección cirúrxica: indicacións, técnica e resultados. Asistencia mecánica circulatoria. Q
15. ISQUEMIA DAS EXTREMIDADES. Síndrome isquémico agudo e crónico. Etiopatogenia. Clínica. Diagnóstico. Tratamento. Complicacións. Q
16. ISQUEMIA DOUTROS TERRITORIOS. Isquemia cerebral de orixe extracraneal. Isquemia mesentérica. Isquemia renal. Etiopatogenia. Clínica. Diagnóstico. Tratamento. Q
17. VALVULOPATÍAS. Estenosis Aórtica. Fisiopatología. Diagnóstico e Tratamento . M
18. VALVULOPATÍAS. Insuficiencia aórtica. Fisiopatología. Diagnóstico e Tratamento. M
19. VALVULOPATÍA AÓRTICA. Etiopatogenia. Diagnóstico. Corrección cirúrxica: indicacións, técnica e resultados. Seguimento postoperatorio. Prótese e substitutos valvulares. Q
20. VALVULOPATÍAS. Valvulopatía mitral. Fisiopatología. Diagnóstico e Tratamento. M
21. VALVULOPATÍA MITRAL E TRICÚSPIDE. Etiopatogenia. Diagnóstico. Corrección cirúrxica: indicacións, técnica e resultados. Seguimento postoperatorio. Q
22. ENFERMIDADES DA AORTA. Disección e aneurismas aórticos. M
23. ENFERMIDADES DA AORTA TORÁCICA. Aneurismas, diseccións e traumatismos. Etiopatogenia. Diagnóstico. Corrección cirúrxica: indicacións, técnica e resultados. Seguimento postoperatorio. Q
24. ANEURISMA DE AORTA ABDOMINAL. Incidencia. Etiopatogenia. Clínica. Diagnóstico. Evolución. Tratamento. Q
25. ANEURISMAS PERIFÉRICOS. Aneurismas de troncos supra- aórticos. Aneurismas de arterias viscerales. Aneurismas de arterias renais. Aneurismas de arterias das extremidades. Q
26. ENDOCARDITIS. Etiología, fisiopatología e Diagnóstico, complicacións e tratamento. M
27. ENFERMIDADES DO PERICARDIO. Fisiopatología das enfermidades do pericardio: taponamento e constrinximento. Pericarditis aguda. M
28. ENFERMIDADES DO PERICARDIO. Taponamento cardíaco: etiología, diagnóstico e tratamento. Pericarditis constritiva: etiología, diagnóstico e tratamento. M
29. ENFERMIDADES DO PERICARDIO. Taponamento. Pericarditis crónica constritiva. Etiopatogenia, diagnóstico e corrección cirúrxica. Tumores do corazón: clasificación, diagnóstico e tratamento. Q
30. MIOCARDITIS. Etiología, fisiopatología, diagnóstico e tratamento. MIOCARDIOPATÍAS. Miocardiopatía dilatada: Etiología, diagnóstico e tratamento. M
31. MIOCARDIOPATÍA HIPERTRÓFICA: Fisiopatología e clasificación. Etiología. Diagnóstico, Prognóstico e Tratamento. Xenética da miocardiopatía hipertrófica. M
32. MIOCARDIOPATÍAS. Miocardiopatía Restritiva. Fisiopatología: Restrición fronte a constrinximento. Etiología, diagnóstico e tratamento. M
33. MIOCARDIOPATÍAS. Displasias. Displasias ventriculares dereitas e canalopatías. M
34. ARRÍTMIAS CARDÍACAS. Mecanismos da arritmogénesis. Clasificación das arrítmias. Arrítmias supraventriculares. M
35. ARRITMIAS CARDÍACAS. Flutter e fibrilación auricular: etiología, diagnóstico e tratamento. M
36. ARRÍTMIAS CARDÍACAS. Taquicardias supraventriculares. Síndromes de pre-excitación. Bloqueos Aurículo- ventriculares. M
37. ARRÍTMIAS CARDÍACAS. Arritmias ventriculares. Etiología, diagnóstico e tratamento. M
38. ESTIMULACIÓN ELÉCTRICA DO CORAZÓN. Marcapasos. Desfibriladores. Resincronización. Q
39. CARDIOPATÍAS CONXÉNITAS NO NENO. Embrioloxía. Fisiopatología. Clasificación. Ductus arterioso. Defectos septales. Coartación de aorta. Estenosis pulmonar. Q
40. CARDIOPATÍAS CONXÉNITAS NO NENO. Transposición das grandes arterias. Coartación de aorta. Estenosis aórtica. Hipoplasia de cavidades esquerdas. Tetralogía de Fallot. Atresia tricúspide. Q
41. CARDIOPATÍAS CONXÉNITAS DO ADULTO (I) Clasificación, diagnóstico. Hipertensión pulmonar. M
42. CARDIOPATÍAS CONXÉNITAS DO ADULTO (II). Hipertensión pulmonar. M
43. ARTERITIS E ANGIODIPLASIAS. Tromboangeítis obliterante. Angiopatía diabética. Pé diabético. Enfermidades vasoespásticas. Síndrome do desfiladeiro costoclavicular. Síndrome de atrapamiento poplíteo. Clínica. Diagnóstico. Tratamento. Tumores vasculares. Traumatismos vasculares. Diagnóstico. Tratamento. Complicacións. Q
44. INSUFICIENCIA VENOSA CRÓNICA. Etiopatogenia. Clínica. Diagnóstico. Tratamento. Evolución. Síndrome varicoso esencial. Incidencia. Clínica. Diagnóstico. Complicacións. Tratamento. Q
45. TROMBOSE VENOSA. Incidencia. Etiopatogenia. Clínica. Diagnóstico. Complicacións. Tratamento. Profilaxe. Q
46. PATOLOGIA DOS VASOS LINFÁTICOS. Linfedema das extremidades. Etiopatogenia. Clínica. Diagnóstico. Tratamento. Complicacións. Q
Temario de clases interactivas (seminarios).
Un total de 8 seminarios cun catálogo de casos clínicos nos que se discute o conxunto das patoloxías. Dous seminarios serán explicados pola área de Cirurxía e 6 seminarios polo *Ärea de Medicina. A distribución é a seguinte.
M: Área de Medicina
Q: Área de Cirurxía
Seminario 1. M
Seminario 2. M
Seminario 3. M
Seminario 4. Q
Seminario 5. M
Seminario 6. M
Seminario 7. M
Seminario 8. Q
Textos: Braunwald, Hurst, Textbook da Sociedade Europea de Cardioloxía, Farreras, Cecil e Harrison,
- Guías de Práctica Clínica da Sociedade Europea de Cardioloxía.
- Townsed, C. M., Sabiston. Tratado de Cirurxía, Ed. Mc Graw Hill.
- Durán Sancristán, H., Compendio de Cirurxía, Ed Mc Graw Hill Interamericana.
- Schwartz, S., Principios de Cirurxía, Ed Mc Graw Hill Interamericana.
- Guías de práctica clínica da Sociedade Europea de Cirurxía Cardio-Torácica
Comprender e recoñecer os axentes causantes, factores de risco e mecanismos patogenéticos no desenvolvemento das enfermidades do aparello cardiovascular.
Saber orientar a estratexia diagnóstica e diagnóstico diferencial dos principais síntomas en patoloxía cardiovascular: disnea, dor torácica, dor das extremidades inferiores, edemas.
Saber indicar e interpretar as probas diagnósticas máis frecuentes na patoloxía cardiovascular: electrocardiografía, radiografía de tórax, tomografía computarizada, ecocardiografía, Doppler vascular, angiocardiografía.
Saber orientar e establecer un plan de diagnóstico e tratamento na patoloxía do aparello cardiovascular en fase aguda e en fase crónica así como a estratificación do risco, prognóstico e seguimento clínico.
Presencial
Ensino expositivo (46 horas): nas sesións de ensino expositivo, os profesores explicarán os principais aspectos teórico-prácticos dos contidos, baseándose en presentacións multimedia. Para cada un dos temas, indicarase un documento que contén con máis detalle o coñecemento do tema que debe coñecerse. Este documento pode ser un capítulo dos libros mencionados anteriormente ou outros, ou outro documento facilmente accesible do nivel apropiado para un estudante de terceiro ano do Grao en Medicina.
Ensino interactivo (8 horas): as sesións de docencia interactiva terán formato de seminario no que grupos reducidos de alumnos debaterán tutelados polo profesor sobre os temas propostos ou casos clínicos representativos co fin de completar a mensaxe sobre os aspectos teóricos explicados nas clases expositivas. Os profesores explicarán desde unha perspectiva eminentemente clínica en formato de seminario os principais síntomas reitores das enfermidades cardiovasculares e os principais cadros clínicos con con unha certa forma de presentación clínica baseada en materiais audiovisuais. Poderanse utilizar os materiais proporcionados pola aula de Habilidades Clínicas da Facultade de Medicina.
Titorías (15 min aproximado): Estarán destinadas a solucionar dúbidas dos alumnos e asesorarlles no estudo da materia. As titorías serán fundamentalmente de carácter presencial, aínda que, poderanse levar a cabo por vía telemática.
Avaliación (exame final): 2 horas
Non presencial (traballo persoal do alumno)
Estudo persoal dos libros e documentos recomendados, elaboración das tarefas encomendadas polos profesores e preparación dos seminarios e do exame (94 horas).
Primeira convocatoria (primeira e segunda oportunidade)
A cualificación de cada alumno levará a cabo mediante valoración continua e realización dun exame final:
a) A valoración continua terá un valor ponderado como máximo do 10% da nota final. Valorarase a asistencia e a participación nas clases expositivas e interactivas. Tamén é posible a realización de controis parciais non liberatorios sobre contidos explicados nas clases expositivas e interactivas así como a elaboración de tarefas encargadas polos profesores: comentario crítico de artigos científicos, análises de casos clínicos etc.
b) A proba final: Terá carácter presencial e un valor ponderado como mínimo do 90 % sobre a nota final. Consistirá nun exame escrito composto por 100 preguntas de tipo elección múltiple. Cada pregunta contestada correctamente terá un valor de 1 punto. As preguntas en branco ou contestadas incorrectamente non restarán. Do total das 100 preguntas 40 corresponderán á parte da materia explicada pola área de Cirurxía e 60 á explicada pola área de Medicina.
Para superar a materia requírese alcanzar unha nota de 7 sobre 10. No caso de que o alumno non realice a proba final a cualificación do mesmo será Non Presentado.
Seguintes convocatorias
Nas demais convocatorias levará a cabo unha proba final única cun valor ponderado do 100%.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Esta materia tiene un peso total de 6 créditos ECTS (150 horas de trabajo total del alumno) distribuidas entre docencia presencial y no presencial.
La docencia presencial es de 56 horas repartidas en clases expositivas, clases interactivas (seminarios), exámenes y tutorías del siguiente modo:
Docencia presencial (56 horas)
Clases expositivas: 46 horas
Clases interactivas: 8 horas
Examen final: 2 horas
Tutorías (voluntarias): 15 minutos aproximadamente mediante cita previa, concertada directamente durante las clases o por e-mail.
Docencia no presencial (94 horas)
La docencia no presencial incluye el estudio personal del alumno para revisión de los conceptos y consulta de la bibliografía, preparación de las clases interactivas y del examen.
Estudio personal del alumno: 94 horas.
A asistencia ás clases expositivas e interactivas é fundamental para o seguimento e superación da materia. O estudo dos documentos recomendados para cada tema tamén se considera importante para superar a materia. Así mesmo os alumnos deberán seguir as indicacións do profesorado e estudar diariamente os conceptos tratados nas clases.
Jose Ramon Gonzalez Juanatey
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- joseramon.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Angel Luis Fernández González
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Cirurxía
- Correo electrónico
- angelluis.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Maria Garcia Acuña
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Teléfono
- 981950690
- Correo electrónico
- josemaria.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Diego Jesus Caicedo Valdes
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Cirurxía
- Correo electrónico
- diegojesus.caicedo.valdes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Carlos Peña Gil
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- carlos.pena.gil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Francisco Javier Garcia Seara
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- franciscojavier.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Jose Luis Martinez Sande
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- joseluis.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Maria Del Pilar Mazon Ramos
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- mariadelpilar.mazon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Javier Villaverde Rodriguez
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Cirurxía
- Correo electrónico
- javier.villaverde.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Eduardo Barge Caballero
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- eduardo.barge [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Víctor Xesús Mosquera Rodríguez
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Cirurxía
- Correo electrónico
- victorxesus.mosquera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Jose Manuel Martinez Cereijo
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Cirurxía
- Correo electrónico
- josemanuel.martinez.cereijo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Jose Joaquin Cuenca Castillo
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Cirurxía
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 7 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 8 |
Mércores | |||
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 7 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 8 |
Xoves | |||
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 7 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 8 |
Venres | |||
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 7 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 8 |
03.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
03.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
03.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
03.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
03.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
03.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
18.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
18.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
18.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
18.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |