Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 84 Horas de Titorías: 9 Clase Expositiva: 47 Clase Interactiva: 10 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. A Farmacoloxía, pola súa metodoloxía e contido, contribúe á mellor comprensión e afianzamento das bases biolóxicas da Medicina (Fisioloxía e Bioquímica) e da Patoloxía.
2. Introdución á comprensión dos mecanismos xerais de acción dos fármacos (Farmacodinamia) e do seu destino no organismo (Farmacocinética).
3. Coñecer as principais clases de fármacos en relación co seu uso clínico e os seus efectos a nivel de tecidos, órganos ou sistemas, adquirindo un coñecemento razoable do seu perfil farmacolóxico, mecanismos de acción, reaccións adversas e as consecuencias das interaccións farmacolóxicas.
CLASES EXPOSITIVAS
PARTE I: PRINCIPIOS XERAIS DE ACCIÓN DOS FÁRMACOS
Tema 1: Farmacoloxía. Conceptos básicos. División e importancia desde o punto de vista médico.
Tema 2: Farmacocinética: Paso dos fármacos a través das membranas biolóxicas. Vías de administración de fármacos. Absorción. Distribución.
Tema 3: Farmacocinética: Biotransformación e excreción dos fármacos.
Tema 4: Farmacocinética: Conceptos xerais. Modelos farmacocinéticos.
Tema 5: Farmacodinamia: Mecanismo de acción dos fármacos. Interacción fármaco-receptor. Curva dose-resposta
Tema 6: Reaccións adversas: Clasificación. Mecanismos de produción.
Tema 7: Interaccións farmacolóxicas: Mecanismo de produción. Interaccións con maior relevancia clínica.
PARTE II: FARMACOLOXÍA DO SISTEMA NERVIOSO AUTONOMO E DA PLACA MOTORA
Tema 8: Introdución á farmacoloxía do sistema nervioso autónomo e periférico.
Tema 9: Fármacos agonistas e antagonistas adrenérxicos.
Tema 10: Fármacos agonistas e antagonistas colinérxicos.
Tema 11: Fármacos relaxantes musculares.
Tema 12: Anestésicos locais.
PARTE III. FARMACOLOXÍA DA INFLAMACIÓN, A DOR E A FEBRE
Tema 13: Mediadores da inflamación. Dianas farmacolóxicas.
Tema 14: Fármacos analxésicos-antiinflamatorios non esteroideos.
Tema 15: Fármacos antigotosos. Fármacos antirreumáticos.
Tema 16: Fármacos analxésicos opioides.
PARTE IV: FARMACOLOXÍA DO SNC
Tema 17: Fármacos anestésicos xerais.
Tema 18: Fármacos ansiolíticos e hipnóticos.
Tema 19: Fármacos antidepresivos e antimaníacos.
Tema 20: Fármacos antipsicóticos.
Tema 21: Fármacos anticonvulsivantes e antiepilépticos.
Tema 22: Farmacoloxía dos trastornos neurodexenerativos.
PARTE V: FARMACOLOXÍA CARDIOVASCULAR
Tema 23: Fármacos diuréticos.
Tema 24: Farmacoloxía da hipertensión arterial.
Tema 25: Fármacos útiles no tratamento da insuficiencia cardíaca.
Tema 26: Fármacos antiarrítmicos.
Tema 27: Fármacos antianxinosos.
Tema 28: Fármacos hipolipemiantes.
PARTE VI: FARMACOLOXÍA DO SANGUE
Tema 29: Fármacos antianémicos. Factores de crecemento hematopoiético.
Tema 30: Farmacoloxía plaquetaria, da coagulación e da fibrinólise.
PARTE VII: FARMACOLOXÍA DO APARELLO RESPIRATORIO
Tema 31: Fármacos broncodilatadores e antiasmáticos. Mucolíticos e expectorantes. Antiusíxenos.
PARTE VIII: FARMACOLOXÍA DO APARELLO DIXESTIVO
Tema 32: Farmacoloxía da secreción gastrointestinal.
Tema 33: Farmacoloxía da motilidade gastrointestinal. Farmacoloxía do vómito. Fármacos laxantes e antidiarreicos.
PARTE IX: FARMACOLOXÍA DO SISTEMA ENDÓCRINO
Tema 34: Farmacoloxía da hipófise e do hipotálamo.
Tema 35: Hormonas tiroideas. Fármacos antitiroideos.
Tema 36: Farmacoloxía do metabolismo óseo.
Tema 37: Farmacoloxía da diabetes.
Tema 38: Hormonas do cortex suprarrenal: Glucocorticoides. Mineralocorticoides.
Tema 39: Hormonas sexuais: Estróxenos e proxestágenos. Andróxenos. Anticonceptivos hormonais. Farmacoloxía uroxenital.
PARTE X: NEOPLASIA E INMUNIDADE
Tema 40: Fármacos inmunomoduladores.
Tema 41: Fármacos antineoplásicos.
PARTE XI: FARMACOLOXÍA DOS PROCESOS INFECCIOSOS
Tema 42: Fármacos antibacterianos.
Tema 43: Fármacos antivirais.
Tema 44: Farmacoloxía das infeccións por micobacterias. Fármacos antifúnxicos. Fármacos antiparasitarios.
SEMINARIOS
Seminario 1: Uso de fármacos en situacións especiais.
Seminario 2: Redacción de prescricións médicas e elaboración dunha orde de tratamento.
PRÁCTICAS
Práctica 1: Simulación informática dun experimento de órgano illado para a análise das curvas doses resposta.
Práctica 2: Efecto de fármacos sobre a presión arterial e a frecuencia cardíaca. Vídeo explicativo e simulación informática.
Práctica 3: Accións de fármacos no Sistema Nervioso Central.
LIBROS
- Ritter JM, Flower R, Henderson G, Kong Loke Y, MacEwan D, Robinson E, Fullerton J (eds.). Rang & Dale Pharmacology, 10th ed. Elsevier, 2023.
- Brunton L, Knollmann BC (eds.). Goodman & Gilman's Las bases Farmacológicas de la Terapéutica, 14ª ed. Mc Graw Hill, 2023.
- Wecker L, Ingram S (eds.). Brody's Human Pharmacology. Mechanism Based Therapeutics, 67th ed. Elsevier Health Sciences Division, 2024.
- Stevens CA (ed.). Brenner and Stevens’ Pharmacology, 6 ed. Elsevier, 2022.
- Florez J. Armijo JA, Mediavilla A (eds). Farmacología Humana, 6ª ed. Elsevier-Masson, 2013.
- Lorenzo Fernández PL, Moreno González A, Leza Cerro JC, Lizasoain Hernández I, Moro Sánchez MA, Portolés Pérez A (eds). Velázquez. Farmacología Básica y Clínica, 19 ed. Editorial Panamericana, 2018.
PÁXINAS WEB
- National Institute of Health and Clinical Excellence (UK) http://www.nice.org.uk
- Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios http://www.agemed.es
- European Medicines Agency http://www.ema.europa.eu
- Food and Drug Administration (USA) http://www.fda.gov
- NIH Pubmed http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/
Servizo de EZproxy que permite o acceso a recursos electrónicos subscritos por BUSC e os subscritos a través do Consorcio BUGALICIA, para todos os membros da comunidade universitaria.
COMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA:
- Comprender os fundamentos de acción, indicacións e eficacia das intervencións terapéuticas, baseándose na evidencia científica posible.
- Coñecer, valorar críticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
- Saber utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación nas actividades clínicas, terapéuticas, preventivas e de investigación.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA:
- Coñecer os principais grupos de fármacos, doses, vías de administración e farmacocinética.
- Interaccións e efectos adversos.
- Farmacoloxía dos diferentes aparellos e sistemas.
- Fármacos analxésicos, antineoplásicos, antimicrobianos e antiinflamatorios.
CLASES EXPOSITIVAS, INTERACTIVAS DE SEMINARIO E TUTORIAS
- Expositiva: presencial na aula.
- Interactivas de seminario: presencial na aula.
CLASES PRÁCTICAS
- Prácticas: presenciais en Aula Laboratorio do Departamento Farmacoloxía.
AVALIACIÓN CONTINUADA (representará o 30% da cualificación final)
- Avaliación continuada de coñecementos e participación en clase ao longo do curso (representará o 10% da cualificación final).
- Seminarios (representará o 10% da cualificación final): realizarase unha avaliación continuada de competencias específicas a través da tutorización do traballo que o estudante realice a proposta do profesor. É obrigatorio a asistencia a todos os seminarios para poder superar a materia.
- Clases prácticas (representará o 10% da cualificación final): avaliarase a adquisición dalgunhas competencias específicas. É obrigatorio a asistencia a todas as prácticas para poder superar a materia.
EXAME FINAL (representará o 70 % da cualificación final):
- O exame tipo test será con catro opcións de resposta e só unha verdadeira. Por cada resposta errónea descontarase 0,33 das respostas acertadas. É necesario a obtención dunha cualificación igual ou maior a 5 sobre 10 no exame para aprobar a materia. O alumno deberá superar polo menos o 25% da cualificación correspondente á materia de cada profesor.
- Na segunda convocatoria, o tipo de exame e a puntuación para aprobar a materia será igual que na primeira convocatoria.
PRESENCIAIS: 68 horas distribuídas en:
- Clases expositivas: 47
- Interactivas seminarios: 4
- Interactivas laboratorio: 6
- Titorías: 9
- Proba de avaliación: 2
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO: 82 horas
- Asistencia a todas as actividades presenciais relativas á docencia da materia.
- Seguimento e lectura periódica dos textos e demáis materiais recomendados polo profesor.
- Utilización das titorías para resolver as dúbidas que teña o estudante en relación cos contidos impartidos.
- Por último, o alumno deberá centrar o seu estudo na comprensión dos conceptos impartidos e na súa posible aplicación no ámbito médico, non limitándose nunca á simple asimilación da información.
Jose Gil Longo
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881814897
- Correo electrónico
- jose.gil.longo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ma Del Pilar Fernandez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881812401
- Correo electrónico
- mdelpilar.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Freire-Garabal Nuñez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881812248
- Correo electrónico
- manuel.freire-garabal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria De Los Angeles Castro Perez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881815457
- Correo electrónico
- marian.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Anton Leandro Martinez Rodriguez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881815484
- Correo electrónico
- antonleandro.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
08:30-09:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
09:30-10:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
Mércores | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
09:30-10:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
Xoves | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
09:30-10:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
Venres | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
09:30-10:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
02.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 2 |
02.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
02.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
02.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
02.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
02.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
02.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
30.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
30.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
30.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
30.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |