Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 94 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 18 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Os obxectivos están deseñados para abordar o coñecemento e a comprensión da morfoloxía humana xeral do home vivo e san, e da globalidade do complexo deseño do aparello locomotor, o seu funcionalismo, é dicir, o rendemento e a súa proxección dende a normalidade ata o campo da patoloxía.
1. XENERALIDADES
TEMA 1.- Concepto da Anatomía. A Anatomía humana. División da Anatomía. A Anatomía no contexto histórico. A Anatomía humana no conxunto das ciencias médicas: a súa importancia. Fontes bibliográficas
TEMA 2.- Concepto de Morfoloxía. Estudo da forma. Estudo da estrutura. Simetría. Homoloxía e proporción. Organización xeral do corpo humano
TEMA 3.- Concepto xeral do aparello locomotor. Estudo xeral do óso, articulacións e músculos TEMA 4.- Estudo xeral do sistema vascular: sistema arterial. Sistema venoso. Sistema linfático TEMA 5.- Estudo xeral do sistema nervioso: sistema nervioso central. Sistema nervioso periférico. Sistema nervioso vexetativo
TEMA 6.- Estudo xeral dos demais aparellos e sistemas
2. ANATOMÍA DO APARELLO LOCOMOTOR
2.1. PROGRAMA DA CABEZA ANATOMIA DO MACIZO CRANIOFACIAL
2.1.1 ESTRUTURA ESQUELETICA DA CABEZA HUMAN
TEMA 7.- Estudo xeral da cabeza. Desenvolvemento dos ósos do cranio: neurocranio. Frontal. Etmoides
TEMA 8.- Esfenoides
TEMA 9.- Temporal
TEMA 10.- Occipital. Parietal
TEMA 11.- Esplacnocranio: desenvolvemento. Maxilar Superior. Palatino
TEMA 12.- Malar. Unguis. Ósos propios do nariz. Cornete Inferior. Vómer. Maxilar inferior
TEMA 13.- Cavidades craniofaciais: o seu concepto. Cavidades orbitarias
TEMA 14.- Fosas nasais
TEMA 15.- Fosa ptérigo-maxilar. Fosa pterigoidea. Fosa Cigomática. Bóveda palatina
2.1.2 ARTICULACIONS DA CABEZA E MUSCULOS DA MASTICACION E DA MIMICA
TEMA 16.- Articulacións dos ósos do cranio e da cara. Articulación témporo-mandibular
TEMA 17.- Músculos derivados dos arcos farínxeos
2.1.3 VASCULARIZACION DO SISTEMA MUSCULO-ESQUELETICA DA CABEZA
TEMA 18.- Sistema arterial da carótide externa
TEMA 19.- Sistema arterial da carótide interna. Arteria vertebral. Polígono arterial de Willis
TEMA 20.- Veas da cabeza. Clasificación e estudo dos seos craniais. Sistema vascular linfático da cabeza e do pescozo
2.1.4 NERVIOS CRANIAIS
TEMA 21.- Nervios craniais periféricos. A súa clasificación e concepto funcional
2.2. PROGRAMA DO PESCOZO E DO TRONCO
TEMA 22.- Concepto xeral do pescozo e do tronco. Columna vertebral: desenvolvemento. Características rexionais das vértebras. Curvaturas da columna vertebral: fisiolóxicas e patolóxicas. Clasificación e estudo
TEMA 23.- Vértebras cervicais. Vértebras dorsais. Vértebras lumbares. Sacro-Coccix. Características individuais e vértebras especiais
TEMA 24.- Articulacións da columna vertebral: articulacións intersomáticas. Disco intervertebral. Articulacións das apófises articulares. Articulacións da cabeza coa columna vertebral. Articulacións do pescozo propiamente ditas
TEMA 25.- Músculos do pescozo. División topográfica. División aponeurótica: Aponeurose cervical superficial, media e profunda. Espazos aponeuróticos
TEMA 26.- Rexión lateral do pescozo
TEMA 27.- Estudo do aparello hioideo: rexión ventral do pescozo: superficial e profunda
TEMA 28.- Rexión posterior do pescozo ou caluga
TEMA 29.- Esterno. Arcos costais. Cartilaxes costais. Articulacións torácicas
TEMA 30.- División e estudo muscular do tórax. Rexión antero-lateral do tórax. R costal. Rexión posterior do tórax
TEMA 31.- Diafragma tóraco-abdominal
TEMA 32.- Rexións musculares do abdome. Aponeuroses abdominais e formacións dependentes. Traxectos herniarios
TEMA 33.- Vascularización do Sistema Músculo-esquelético do Tronco.
TEMA 34.- Inervación do Sistema Músculo-esquelético do Tronco.
2.3. PROGRAMA DO MEMBRO SUPERIOR
TEMA 35.- Estudo xeral e concepto do membro superior. Cintura escapular: osteoloxía. Clavícula. Omoplata
TEMA 36.- Brazo: osteoloxía. Estudo do úmero
TEMA 37.- Antebrazo: osteoloxía. Estudo do radio e do cúbito
TEMA 38.- Man: osteoloxía. Rexión carpiana. Rexión metacarpiana. Rexión falánxica. Ósos sesamoides
TEMA 39.- Concepto do ombreiro funcional: clasificación articular e mecánica do conxunto. Articulación esterno-costo ou condro-clavicular. Articulación acromio-clavicular. Ligamentos córaco-claviculares. Ligamentos propios da Escápula. Sisarcose escápulo-torácica. Articulación escápulo-humeral
TEMA 40.- Articulación do cóbado: concepto morfolóxico e concepto funcional. Articulacións do antebrazo: radio-cubitais superior e inferior
TEMA 41.- Articulación do pulso. Man articular: articulacións carpo-metacarpianas. Articulacións inter-metacarpianas. Articulacións metacarpo-falánxicas. Articulacións inter-falánxicas
TEMA 42.- Músculos e aponeurose do ombreiro
TEMA 43.- Músculos e aponeurose do brazo
TEMA 44.- Músculos e aponeurose do antebrazo
TEMA 45.- Corredeiras óso-fibrosas. Vaíñas e sinoviais
TEMA 46.- Músculos e aponeurose da man
TEMA 47.- Sistema arterial do membro superior
TEMA 48.- Sistema venoso do membro superior. Sistema linfático do membro superior
TEMA 49.- Plexo braquial. Concepto dos eixes neuro-musculares do membro superior
TEMA 50.- Técnicas de imaxe no membro superior
2.4. PROGRAMA DO MEMBRO INFERIOR
TEMA 51.- Estudo xeral e concepto do membro inferior. Cintura pélvica: osteoloxía. Estudo do coxal
TEMA 52.- Coxa: osteoloxía. Estudo do fémur
TEMA 53.- Perna: osteoloxía. Estudo da tibia. Estudo do peroné. Estudo da rótula
TEMA 54.- Pé: osteoloxía. Ósos do tarso. Ósos do metatarso. Ósos falánxicos. Ósos sesamoides
TEMA 55.- Concepto da pelve funcional. Clasificación articular e mecánica do conxunto. Articulacións sacroilíacas, Articulación da sínfise púbica. Articulación coxo-femoral
TEMA 56.- Articulación do xeonllo. Articulacións tibio-peróneas
TEMA 57.- Articulación do nocello
TEMA 58.- Articulacións do pé: articulación medio-tarsiana. Articulacións intertarsianas. Articulacións tarso-metatarsianas. Articulacións intermetatarsianas. Articulacións metatarso-falánxicas. Articulacións interfalánxicas
TEMA 59.- Músculos e aponeurose da cadeira e pelve. Chan pélvico
TEMA 60.- Músculos e aponeurose da coxa. Estudo da vaíña dos vasos femorais
TEMA 61.- Músculos e aponeurose da perna
TEMA 62.- Músculos e aponeurose do pé. Corredeiras tendinosas e sinoviais do membro inferior TEMA 61.- Estudo da vascularización arterial do membro inferior
TEMA 63.- Estudo da vascularización venosa do membro inferior. Estudo da vascularización do membro inferior
TEMA 64.- Plexo lumbo-sacro. Concepto de eixes neuromusculares do membro inferior
TEMA 65.- Técnicas de imaxe no membro inferior
Disporase dun enlace na aula virtual da materia para o acceso ás versións electrónicas daqueles manuais e atlas que estean accesibles a través da biblioteca universitaria.
I. Bibliografía básica
Manuais
1. Profesorado de la materia. “Manual de Anatomía del Aparato Locomotor”. Campus na Nube; 2025.
2. Profesorado de la materia. “Cuaderno Práctico de Anatomía del Aparato Locomotor”. Campus na Nube; 2025.
3. García-Porrero JA, Hurlé AJM. “Anatomía Humana”. 2ª ed. Editorial Médica Panamericana; 2019.
4. Drake RL, Mitchell AW, Vogl W. “Gray Anatomía para estudiantes”. 5ª ed. Elsevier; 2024.
Atlas
1. Elsevier. “Complete Anatomy”. Elsevier; \[fecha de acceso: 2025]. Disponible en: [https://www.elsevier.com/es-es/connect/innovacion-tecnologica-salud/com…](https://www.elsevier.com/es-es/connect/innovacion-tecnologica-salud/com…)
2. Netter FH. “Atlas de Anatomía Humana. Abordaje por sistemas”. 8ª ed. Elsevier; 2023.
II. Bibliografía complementaria
Manuais
1. Feneis H, Dauber W. “Nomenclatura Anatómica Ilustrada”. 11ª ed. Elsevier; 2021.
2. Llusá Pérez M, Merí Vived À, Ruano Gil D. “Manual y atlas fotográfico de anatomía del aparato locomotor”. 1ª ed, 1ª reimp. Editorial Médica Panamericana; 2021.
3. Kapandji IA. “Cuadernos de fisiología articular”. 6ª ed. Editorial Médica Panamericana; 2012.
4. Rouvière H, Delmas A. “Anatomía humana: descriptiva, topográfica y funcional”. 11ª ed. Masson; 2005.
5. Latarjet M, Ruiz Liard A. “Anatomía Humana”. 5ª ed. Editorial Médica Panamericana; 2019.
6. Moore KL, Dalley AF, Agur AMR. “Anatomía con orientación clínica”. 9ª ed. Wolters Kluwer; 2022.
Atlas
1. Schünke M, Schulte E, Schumacher U. “Prometheus. Texto y Atlas de Anatomía”. 5ª ed. Editorial Médica Panamericana; 2022.
2. Paulsen F, Waschke J. “Sobotta. Atlas de Anatomía Humana”. 25ª ed. Elsevier; 2024.
III. Recursos electrónicos e páxinas web
1. Anatomía: Bolígrafo de Juan y lápiz de Fernando. \[Fecha de acceso: 2025]. Disponible en: [https://www.youtube.com/channel/UCitDdJrZjW4WhB8p9hgIz1A?app=desktop](h…)
O alumno deberá coñecer os aspectos xerais da anatomía do home vivo; ademais deberá coñecer, distinguir e diferenciar os distintos compoñentes dos varios aparellos e sistemas que configuran o organismo, e especialmente e en profundidade, do aparello locomotor, desde o óso, as articulacións, os músculos, a vascularización así como o concepto e proxección funcional aplicada dos eixos neuromusculares, coas peculiaridades de cada rexión, desde a cabeza e o tronco, ata os membros superior e inferior; tanto desde unha proxección teórica como práctica, que lle permita así, coñecendo os aspectos de normalidade poder aplicalos no futuro sobre o campo da patoloxía tanto desde perspectivas clínicas como cirúrxicas.
I. Docencia expositiva
A metodoloxía expositiva empregada na materia desenvolverase a través de clases maxistrais.
Clases maxistrais
O profesorado exporá os contidos teóricos do programa co apoio de recursos audiovisuais, ferramentas informáticas e a elaboración de esquemas ou debuxos na lousa. Durante estas sesións destacaranse os aspectos máis relevantes de cada tema e proporcionarase orientación sobre a bibliografía recomendada. Como complemento á exposición teórica, proporanse cuestionarios e exercicios prácticos relacionados cos contidos tratados. Estas actividades teñen como obxectivo reforzar a aprendizaxe, facilitar a asimilación de conceptos e fomentar a participación activa do alumnado.
II. Docencia interactiva
A docencia interactiva desenvolverase mediante sesións prácticas, empregando metodoloxías activas como a resolución de problemas e a aprendizaxe colaborativo.
Recoméndase que o estudantado revise previamente o material dispoñible (vídeos, guías, etc.) relacionado cos contidos prácticos antes da realización destas, co fin de optimizar o aproveitamento das sesións.
Prácticas de laboratorio
Durante as prácticas de laboratorio, o alumnado estudará e identificará as estruturas anatómicas abordadas nas clases maxistrais, utilizando diversos recursos como ósos reais da osteoteca do departamento, maquetas, preparacións cadavéricas e actividades de disección.
Para facilitar a aprendizaxe, tamén se empregarán aplicacións anatómicas interactivas de simulación tridimensional. Estas actividades permitirán desenvolver, ademais, competencias e destrezas no uso axeitado da linguaxe anatómica.
III. Aula virtual e foro de titoría pública
A materia disporá dunha aula virtual na que o estudantado terá acceso a material didáctico complementario, incluídos vídeos, que profundan nos aspectos máis relevantes e/ou complexos dos contidos da materia..
Na aula virtual, e para favorecer unha comunicación fluída estudantado/equipo docente, establecerase un foro de titoría pública
A avaliación dos coñecementos, habilidades e competencias adquiridos na materia realizarase mediante unha proba final práctica, unha proba final teórica e a avaliación continua.
Para superar a materia, é obrigatorio aprobar por separado tanto a proba final teórica como a proba final práctica. Só en caso de reunir estes requisitos terase en conta a cualificación obtida na avaliación continua para o cálculo final da nota.
As cualificacións obtidas non se conservarán para cursos académicos posteriores.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación e rendemento académico dos estudantes e de recisión das cualificacións.
I. Proba final práctica
— Esta proba ten CARÁCTER PRESENCIAL
— Nesta proba valóranse os coñecementos, destrezas e habilidades adquiridas nas clases prácticas
— Suporá un 20% da cualificación total da materia
— Realizarase sobre o material traballado nas prácticas, e consistirá no recoñecemento de estruturas anatómicas e preguntas curtas acerca da estrutura identificada.
— Para superar a proba é necesario obter unha puntuación mínima do 70% en cada un dos bloques prácticos por separado (membro superior, membro inferior, tronco e cabeza).
II. Proba final teórica
— Esta proba ten CARÁCTER PRESENCIAL
— Nesta proba valóranse os coñecementos, aptitudes e habilidades adquiridos nas clases expositivas.
— Suporá un 70% da cualificación total da materia
— Consistirá nun exame de preguntas obxectivas (test de elección múltiple con resposta única, no cal se penalizarán os erros. Cada resposta correcta suma 1 punto. Por cada tres respostas incorrectas, descóntase 1 punto do total. As respostas en branco nin suman nin restan puntos).
— Para superar a proba é necesario obter unha puntuación mínima do 50% en cada unha das unidades temáticas por separado (membro superior, membro inferior, tronco e cabeza).
III. Avaliación continuada
— Suporá un 10% da cualificación total da materia
— Poderase ter en conta a resolución de exercicios e/ou cuestionarios, e a entrega de traballos e informes de prácticas durante as clases expositivas e interactivas. Estas actividades poderán realizarse ou ben presencialmente ou ben a través dos recursos das plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams)
IV. Asistencia a clase
A asistencia e participación nas sesións prácticas é obrigatoria, salvo no caso do estudantado que estea a repetir a materia, para quen, aínda que non é obrigatoria, si é recomendable.
— Tempo de estudo individual dos contidos do programa: 70 horas
— Tempo de preparación das prácticas: 20 horas
— Tempo de elaboración de traballos e resolución de cuestionarios: 3 horas
As titorías terán carácter presencial e/ou telemática e os recursos bibliográficos poderán ser utilizados en versión papel e/ou dixital (recursos electrónicos da biblioteca universitaria).
Pablo Garrido Gil
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Correo electrónico
- pablo.garrido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
09.01.2026 16:00-18:30 | Grupo de exame | Medicina-Aula 2 |
09.01.2026 16:00-18:30 | Grupo de exame | Medicina-Aula 3 |
09.01.2026 16:00-18:30 | Grupo de exame | Medicina-Aula 4 |
09.01.2026 16:00-18:30 | Grupo de exame | Medicina-Aula 5 |
09.01.2026 16:00-18:30 | Grupo de exame | Medicina-Aula 6 |
09.01.2026 16:00-18:30 | Grupo de exame | Medicina-Aula 7 |
09.01.2026 16:00-18:30 | Grupo de exame | Medicina-Aula 8 |
09.01.2026 16:00-18:30 | Grupo de exame | Medicina-Aula 9 |
09.01.2026 16:00-18:30 | Grupo de exame | Medicina-Aula 10 |
01.07.2026 09:30-12:00 | Grupo de exame | Medicina-Aula 4 |
01.07.2026 09:30-12:00 | Grupo de exame | Medicina-Aula 5 |
01.07.2026 09:30-12:00 | Grupo de exame | Medicina-Aula 7 |
01.07.2026 09:30-12:00 | Grupo de exame | Medicina-Aula 8 |